Luís Seoane.
Dende a morte de Castelao en 1950, Seoane é o centro de toda cultura galega do seu tempo dende Buenos Aires. Alí saca adiante, en 1954, esa gran revista que foi “Galicia Emigrante”: consegue as firmas dos exiliados e tamén dos autores do interior con Otero á cabeza. Pero a revista é tamén moi crítica: lean o editorial do seu número 4, “El dinero de América”, onde conta como se reclaman cartos de América para todo tipo de iniciativas na Galicia da Terra. E non hai ricos na Terra, pregúntase Seoane? Non hai cartos nas cámaras de comercio, grupos patronais, industriais, comerciantes e banqueiros galegos? Por que a magnanimidade dalgúns ricos emigrantes fronte á nada dos do interior? Seoane dá esta explicación: as fortunas de aló saíron de abaixo, traballando de sol a sol. Os outros herdaron os seus comercios e rendas, sen esforzo persoal, pensando só neles mesmos.
4 comentarios:
Parabéns por este post tan humano e honesto, e que ao mesmo tempo ensalza a un personaxe ilustre e representativo de Galiza como é Luís seoane.
Unha aperta
O don da oportunidade, amigo Valcárcel, cando hoxe La Voz de Galicia dá noticia de colas no consulado español en Venezuela de emigrantes ou fillos ou netos de emigrantes preparando papeis para non se sabe ben. Ou si?
Sábese ben.
Para marchar ante o temor que lles produce o telepredicador "Chaves", amigo do vello sátrapa do Caribe. Como cando foi Fidel, os intereses da maioría dos galegos e dos progresistas locais,encóntranse de fronte.
O don da oportunidade foi casualidade hoxe, pois aínda non lera a Voz. Só preparaba a páxina do LECER de 1954, que mando o luns ou martes, e tiven que revisar algo a colección que teño na casa de GALICIA EMIGRANTE, unha marabilla, sen dúbida. Aínda que tamén é actualidade, por aí se podía afondar, polas difíciles relacións que seguen a existir entre o mundo da empresa e do galeguismo, aínda hoxe, aquí.
Publicar un comentario