8 feb 2007


Pobre Darwin, de novo

(Andoliña 8 febreiro)

De cando en cando saen na prensa novas sobre a propaganda intensiva das teses creacionistas en diversas zonas dos Estados Unidos, onde aínda se reproducen os debates decimonónicos arredor da orixe do home e onde se ridiculizan as teses evolucionistas de Darwin, caricaturizado tantas veces como un simio: hai poderosas igrexas fundamentalistas protestantes que seguen a facer cuestión desta batalla intelectual, algunhas moi próximas a Bush e ó poder político.
Recentemente chegou a centos de institutos e universidades francesas un libro luxosamente editado, O atlas da Creación, dun autor turco, Harun Yahya, que sostén tamén as teses creacionistas, apoiándose no Corán, citado acotío. Os libros, malia ser moi caros, chegan gratis, enviados dende Turquía e Alemaña. O Ministerio de Educación galo xa alertou que o volume antidarwinista non debe figurar nos institutos por non corresponderse cos programas oficiais.
Nun capítulo do libro vincúlase o darwinismo con “ideoloxías sanguinarias como o fascismo e o comunismo”; noutro lugar acusan os darwinistas, baixo unha foto do 11-S, de perpetuar o terror no mundo. Non se sabe quen financia os envíos, pero non é difícil de imaxinar...
(Imaxe de F.Picabia)

7 comentarios:

Xosé Manuel Carreira dijo...

Como din os rapeiros de Ordes, os Dios ke te crew, como pode ser que Bush non crea na teoría de Darwin se ten unha cara de mono que non se lambe?, haha.

Anónimo dijo...

Por favor, amigo Carreira, non insulte ao digno grupo dos grandes simios.

:-)

Anónimo dijo...

O creacionismo encontrou un importante impulso en USA, cando no estado de Arkansas, un grupo de profesores aducindo a cientificidade do creacionismo, pretendeu que se ensinase a par que o evulunionismo. A polémica chegou a Corte e houbo un xuixo. O famoso xuiz Overton, chamou a especialistas e desenvolveuse un interesante proceso onde participaron importantes científicos e filosofos da ciencia. Figura tan importantes como Larry Laudan, criticaron a sentencia do xuiz Overton, que fallou a favor dos evolucionistas, No é queLaudan defendera o cracionismo nin moito menos, o que preocupaba a Laudan era o argumento no que se fundaba o veredicto porque se basaba nun criterio de demarcación entre conocimiento cientifico e o que non o é. A xuizo de Laudan, como de moitos filosofos da ciencia de hoxe, ese criterio non pode existir, e calquera proposta dun criterio deste tipo, leva consigo unha concepción errónea da ciencia. Overtón tivo mais en conta os testimonios de Michael Ruse. A polémica sobre esta distinción continua, e semella qeu os creacionistas se adican a pesca no rio revolto.
Jimy de Rairo

Marcos Valcárcel López dijo...

Non me digan que non é mono, o "mono" de Picabia. Que pensa ó respecto o noso artista oficial, sr. Jimmy de Rairo?

Anónimo dijo...

Picabia aprendeume a mirar como miro, é do mellor da plastica dadaista xunto con Kurt Schwitters. Ten para min un sucesor en W. de Koonning. Hai outra admosfera na súa obra, unha luminosidade e un atrevemento formal que cautiva o ollo e forza a mente a xogar no seu terreo, na sorpresa. Lembro cadros seus nunha itinerante qeu vin en Roma, eran cabezas. Cabezas que xurdían entre botóns, moedas, plumíns, na que cada elemento ameazaba con irse do que significaba, estaba e non estaba, nunha tensión que semellaba cautivar o instante para sempre.
O mono é extraordinario, entre formas tan primitivistas, cautivanos a cabeza do simio, e presos dela observamos como se o movimento do espírito concetrada na face estilizase e lle dese un sentido vivo e tan proximo a todo o dibuxo.
Hai movemento, deixese o espcectador cautivar por el.
Un acerto Marcos, relacionado co tema.
A ver si algún día colgas algo de Klee, nunca me canso de ollar para a súa obra e de encontrar, encontrar o que sempre se escapa.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Gústame iso que di de Picabia e de Lee, señor de Rairo. Non só iso: enriquece a miña visión de Picabia, a quen nunca lle prestara excesiva atención.

Anónimo dijo...

"Lee" non, claro: Klee