Mellorar o uso da lingua
Houbo tempos, dicía eu onte, nos que case non existían instrumentos útiles para perfeccionar o galego que usaba cada cidadán: lembremos a linguaxe clandestina dos panfletos dos anos 70 ou de moitos libros daquela época. Admitamos, porque esa foi a realidade, que case non había daquela materiais onde acudir: os cursos de galego nas asociacións culturais facíanse coa Gramática elemental del gallego común de Carballo Calero (Galaxia, 1966) ou logo, dende 1971, cos métodos Gallego 1, 2 e 3 do Instituto da Lingua Galega, pensados estes para neofalantes que accedían ó noso idioma dende o castelán.
Hoxe a situación é moi outra: métodos de galego, TVG, prensa en galego, galego na escola. Por iso os falantes con presenza pública, os que deitan opinión na televisión e nos xornais, os que nos representan a todos nos parlamentos, xa non poden xustificarse detrás da ignorancia do código lingüístico. E o certo é que algúns deles falan un galego tan deficiente como aquel, marcado polo descoñecemento, dos primeiros 70: un galego cos pronomes átonos mal colocados; con teísmos e cheísmos; confundindo a forma ‘saúdao’ cun incorrecto ‘saúdalle’; con formas verbais compostas, etc. Un galego para mellorar.

Andoliña xoves 22 febreiro
Moito que mellorar.
O Manifesto do E, do que falei antonte, está a provocar un pequeno debate sobre a calidade do galego que usan os nosos políticos. Está nos xornais e nos blogs: sobre o tema opinaron estes días Antonio Piñeiro, Xosé M. Sarille ou Monxardín, entre outros. Moitas opinións piden un galego máis enxebre e menos artificioso. E iso é posible, respectando a variedade de rexistros propia de toda lingua, deturpando erros como os que apuntei onte neste curruncho e volvendo ás raíces do idioma. E hai moito camiño para mellorar: todos, tamén este cronista. Por exemplo, velaí a ausencia cada vez maior de infinitivos conxugados, tan propios da nosa lingua. Ou a escaseza dunha fraseoloxía galega, limitándonos a traducir os ditos casteláns. Ou o necesario respecto á pronunciación e ás melodías do idioma. Ou o esquecemento do pronome de solidariedade. Si, hai moito que mellorar.
Pan por Pan xoves 22 febreiro.
(Imaxe de Laxeiro, dos fondos da Galería Elvira González)
4 comentarios:
Conformaríame con máis correcto e menos castelán.
O malo é que -tamén entre os ensinantes- algúns están máis pendentes de foderlle a moral ao persoal co sempiterno debate das vogais abertas e as pechadas que en centrarse no meritorio "labor docente" de inculcarlle aos paisanos (algúns, futuribles politiquillos) unha correcta sintaxe e, en consecuencia, un aceptable uso do idioma patrio.
Publicar un comentario