8 mar 2007


Barreiros.

(Pan por Pan xoves 8 marzo)

De certo foi unha sorte que Mariluz Barreiros lograse convencer a Hugh Thomas, historiador de sona internacional, para que este abordase a biografía do seu pai, un nome fundamental na historia da empresa neste país. Un home saído dunha Galicia atrasada, case sen estudos, que tivo a suficiente fe nas súas ideas, unha gran intuición e unha forte tenacidade para erguer o seu soño industrial: tivo tamén un gran sentido da oportunidade, ofrecéndolle ó país que renacía da fame e da autarquía o que máis precisaba naquel momento: motores para automoción. Segundo dixo o propio Thomas antonte no Foro La Región, o franquismo tampouco lle deu demasiadas facilidades: os ministros económicos desconfiaban da empresa libre e do espírito independente do empresario. Unha parte da historia ourensá, das súas páxinas negras e das súas páxinas brancas, está neste libro de Thomas.

1 comentario:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Mari Luz Barreiros e Hugh Thomas son parella desde hai un par de anos, despois de deixar a Jesús de Polanco.