8 mar 2007


A poeta Luz Pozo xa ten unha rúa na Coruña

Segundo contaba onte El Correo Gallego, o concello coruñés homenaxeou o Día da Muller cun acto no que o alcalde, Javier Losada, descubriu a placa dunha rúa dedicada á poetisa galega Luz Pozo Garza. O rueiro da cidade herculina amplíase así para render homenaxe a outras mulleres egrexias, como Dolores Ibarruri, Victoria Kent, Federica Montseny e Clara Campoamor. Así, tamén na zona de Eirís, en A Regueira, hai unha rúa dedicada a Dolores Ibarruri, a Pasionaria, e outra á xurista malagueña Victoria Kent.
Dende aquí os meus parabéns para tan xusta e meritoria iniciativa e un saúdo moi cordial á autora de Códice Calixtino.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois alégrame moito esta noticia, porque Luz Pozo é, con Xohana Torres, a gran dama da poesía galega. E unha gran dama, sen máis, aínda que non escribise poesía. Ela procede dunha vila luguesa cun puntiño aristocrático xa moi diluído, Viveiro, pero Luz quédalle moi ben á Coruña e A Coruña a ela.

Anónimo dijo...

Leituga, Luz Pozo naceu en Ribadeo e alí vivía cando comezou a Guerra Civil, lle encarceraron o pai en Lugo e tivo que botar algunha tempada aquí. Despois foi para Viveiro e non debeu volver moito á vila de nacenza; así e todo, lembro eu participar na entrega de premios dun concurso ribadense no que ela foi mantedora, hai vinte e pico anos. Evocara, por certo, nenez e adolescencia.

Parece, Leituga, coma se eu lle andase á busca da gralla. Desculpe logo.

Anónimo dijo...

Por favor, non me sinto molesto en absoluto. Ao contrario, agradézolle a súa puntualización.