31 mar 2007

Caso Gómez-Valadés: expulsión aprazada, situación confusa

Segundo La Voz de Galicia, o caso Gómez-Valadés, en canto á súa expulsión, queda de momento aprazado. Se foi así, temos que entender que as persoas que nos mobilizamos no seu apoio e en defensa da liberdade de expresión dentro do nacionalismo, fomos cando menos en parte escoitadas.
En cambio, segundo Brétemas, a situación é moi confusa e a maioría da militancia viguesa estaba pola expulsión, quizais adiada por simple oportunismo electoral.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Dos datos que nos dan os medios (La Voz por unha banda, La Opinión pola outra), eu deduzo que a Dirección de Vigo -seguramente con xestións previas desde ámbito nacional- comunicou que, cos estatutos do BNG na man, non procedía expulsar a Valadés. E que houbo, desde a afiliación, unha proposta de esixir con todo a expulsión. A proposta sería votada e apoiada maioritariamente.

Desde logo, penso que os comentarios realizados nesta casa e outras non provocaron precisamente indiferencia. Lamento non poder participar no hipotético debate ou diálogo que se produza aquí, porque non terei acceso durante varios días; á volta, se segue isto en portada, lereivos.

Probablemente analice a situación en Xornal; a ver se o luns. Dígoo por se interesa e non imos xa demasiado cansos co tema. Léveno ben.

Anónimo dijo...

N'A Nosa Terra desta semana o artigo de Carlos Aymerich é unha carta aberta ao señor Valadés. Coido que aporta unha posición a ter en conta neste "affaire", recolle a posición que podemos chamar sen lugar a erros maioritaria do BNG. Eu asino punto por punto o dito nesa carta ademais do xa manifestado noutros fíos sobre este asunto, e porque non tamén volvo asinar o que xa dixen sobre o conflito en Palestina. Xa que se fala de evitar a banalización da Shoá, opción que eu aplaudo e na que estaré ao carón do señor Gómez-Valades, coido que polo menos tan importante, porque ademais é unha realidade actual, non pasada, é evitar a banalización do que o Estado de Israel lle está a facer aos palestinos. As afirmacións que fixen de que Israel exerce, entre outras cousas, apartheid sobre os palestinos, foron nos últimos días recollidas por un informe de Nacións Unidas. Hai evidentemente moitos matices de grises e os brancos e negros son escasos, porén neste caso os opresores e os oprimidos están claros, máis alá das etiquetas e cualificativos que lles queiramos pór.

Anónimo dijo...

http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2349&pIdSeccion=4&pIdNoticia=98927&pVar=1175318076938

Anónimo dijo...

Volvo un momento. O artigo de Aymerich contén expresión de singular importancia e inequívoca semántica: “Dixen, e reitero, que espero compartir contigo aínda moitos anos de militancia e de discrepancia”.

Paréceme claro que a dirección nacional do BNG non quere expulsar a Valadés. O asunto segue. E agora si que marcho, xa falaremos.

Anónimo dijo...

"...,estamos a centrar o debate nunha expulsión que non existe nin en Vigo nin en ningures. O apoio a Valadés neste extremo que el mesmo promoveu falsamente nos medios, está a ser utilizado para sumar adesións á "lexítima causa do Estado de Israel" (sic). Quen estea de acordo con ela, perfecto. Quen non, está a deixarse manipular. Sobre ese debate político, sobre o conflicto palestino-israelí, é sobre o que hai que pronunciarse. Todo o matizadamente que se queira, precisamente o que non fai a AGAI."
O texto anterior está collido dun comentario dunha persoa que asina Marcos a un artigo de Xosé M. González sobre o caso Valadés en Xornal.com

Marcos Valcárcel López dijo...

O autor do último comentario citado por Anónimo asina alí Marco e non Marcos. Por se coubese algunha dúbida, obviamente non son eu, que sempre asino co meu nome ou como Marcos de Auria.

Anónimo dijo...

Ao parecer os acordos da asemblea comarcal foron tres resolucións, as tres aprobadas por maioría:

1. Unha resolución de consenso, proposta polo Consello Comarcal, na que se reproba formal e taxativametne a actitude de PGV e que desmarca publicamente ao BNG da actividade de AGAI cuxos intereses como entidade entran en colisión coa posición histórica defendida polo BNG arredor do conflito.

2. Unha resolución, proposta por un afiliado, na que se insta a que PGV renuncie voluntariamente aos seus cargos, como membro da executiva e do consello comarcal.

E por último unha resolución na que a Asemblea Comarcal insta ao consello comarcal a proceder á apertura do expediente de expulsión. Esta última resolución acadou o dobre de votos a prol que en contra.

De todas maneiras o resultado da asemblea non puido ser pior para PGV, quen foi censurado por activa e por pasiva, e que só recibiu o apoio de dúas tímidas intervencións que sairon na súa defensa, nunha asemblea na que falaron máis de 30 persoas.

Agora será o Consello Comarcal o que decida que determinación tomar, pero non hai precedente de que un organismo rexeite unha resolucion proposta pola asemblea...

Anónimo dijo...

Entrevista | Pedro Gómez-Valadés
LA VOZ DE GALICIA, 3 abril
«Quintana debe aclarar se un xudeu pode militar no BNG»
O presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel quere poder discrepar «sen medo ao acoso»

Firma: E. V. Pita | Lugar: vigo)
O presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) e xefe comarcal de Esquerda Nacionalista -partido político integrado no BNG- en Vigo vive unha situación «desagradable» porque moitos compañeiros do Bloque pediron a súa cabeza na última asemblea.

-¿Cómo se sinte?

-Mal. Quero concluír este despropósito. Está nas mans do BNG dar unha mensaxe clara que diga que calquera militante pode participar nesta asociación lícita sen medo ao acoso. Senón irei ao xulgado. Dar a calada por resposta é ser cómplice deste linchamento.

-¿Que defende AGAI?

-Non somos un club de fans do Goberno israelí senón do seu pobo. A solución pasa por crear dous Estados. A esperanza dos palestinos é a democracia israelí, non as teocracias da zona.

-Hai dúas semanas o embaixador de Israel enviou unha carta a Anxo Quintana. ¿Hai resposta?

-O vicepresidente da Xunta non contestou, o que é un signo de paletismo político. Podería alegar que era un asunto interno, pero non caer nesta falta de cortesía. Falamos de alguén que goberna Galicia e non ten o mínimo de protocolo.

-Onte dixo Feijoo, dirixente do PP galego, que lle preocupa o comportamento antisemita do Bloque.

-Non todo aquel que critique a Israel é antisemita. Pero na asemblea comarcal houbo quen dixo que a solución do conflito pasa por que Irán tire a bomba atómica en Israel e algúns aplaudiron. Un informe da UE do 2004 di que España é o país máis antisemita de Europa. O cidadán galego non é antisemita, senón algúns compañeiros do BNG con actitudes malsáns. Parte da esquerda agocha posicións antisemitas baixo a careta politicamente correcta do antisionismo ou o antiimperialismo.

-¿É vostede xudeu?

-Non quero responder a esa pregunta porque queda dentro da parte privada da miña vida. En Galicia, hai unha ducia de xudeus, algúns exiliados de esquerda fuxidos da ditadura arxentina. Doulle a volta a pregunta: Se eu son xudeu, ¿podo militar no BNG? Quintana debe aclarar isto.

-¿É axente do Mossad?

-É unha imbecilidade.

Anónimo dijo...

EL CORREO GALLEGO 2 abril
Carta aberta a Carlos Aymerich
XOÁN MANUEL RAMA TRILLO (*)
Prezado Carlos: Hai uns días lin no xornal semanario A Nosa Terra un artigo teu encamiñado ao compañeiro Pedro Gómez Valadés e a súa ( mais tamén doutros compañeir@s do BNG, entre outros) Asociación de Amizade Galiza-Israel. Non querendo igual que ti entrar no conflicto palestino-israelí, aínda que si tendo unha posición persoal de apoio á resolución do conflicto, o antes posí bel, por acordo de ambas partes; xa que, desgraciamente, se converteu nun conflicto con demasiadas variábeis para dicer todo é negro ou branco; eles teñen que buscar o acordo, e nós apoialo, afastándonos de sermos máis papistas que o Papa (moi español, por outro lado). Semella que en algo andan e agardo que cheguen ao entendemento axiña e non devagariño, moitos sofren tal dilación.

Carlos, noutros lugares do mundo hai multitude de conflictos, e con todo a nosa posición como BNG é e foi sempre apoiar e respectar o acordo entre as partes como mellor solución a ditos conflictos ( Ex. Euskadi- España, Irlanda- Gran Bretaña, Córsega-Francia ...).

Mais vaiamos ao que quixera compartir contigo no tocante ao conflicto Pedro Valadés. Como ben sabes, que che vou explicar... Es administrativista da Escola do Meilán Gil (Opus Dei), polo que non se che escapa a diferencia entre a forma e o fondo dos asuntos. Nas formas, até o de agora, "cero patatero", para aqueles e aquelas compañeiras da Asemblea de Vigo que tiveron o atrevemento de insultalo ( a Pedro ), vilipendialo, linchalo verbalmente... Claro, até aí chegaramos: asasino, impresentábel, "sionista" e un longo rosario de amábeis epítetos que prefiro non enumerar por pudor organizativo, chegando algún ao delirio pedindo que a bomba atómica do Irán se botase sobre o Israel para excelso balbordo e aplauso dos que estaban producindo semellante acto deleznábel, inxustificábel; agardo a dirección tome nota sobre semellantes feitos e aperciba seriamente a estes animados hooligans. O Guillerme axudou ao ambiente dun xeito irresponsábel, todos sabemos dos seus gostos, especialmente, no Berbés vigués, non sei como se atreve. Aos vellos do lugar recórdanos épocas pretéritas ás que xa tiñamos xurado non voltar.

Incomprensibelmente os compañeir@s responsábeis da organización do BNG en Vigo deixaron facer ao seu antollo a estes compañeiros e compañeiras en pleno aquelarre, logo de ser aprobado un acordo entre as partes en conflicto, ratificado tanto polo Consello Comarcal como pola Executiva Nacional do BNG

Dentro das formas, se a apertura de expediente fose adiante, agardo así non sexa, polo ben de tod@s e do BNG no seu conxunto...; se fose adiante, digo, espero e coincidirás comigo se nomee un xuíz instructor do caso, un secretario... ( independentes, quero dicer limpos con criterio e coa mans brancas) e se lle dean (a Pedro) todas as medidas garantistas que todos os demócratas queremos para nós. Abundo nisto porque aínda hai pouco o Consello Nacional expulsou a un compañeiro -do Ferrol , lembro- sen a máis mínima, só tivo a contestación da man erguida; non sei como se pode alzar a man tan alegremente, e sen remorsos de conciencia. Vaia papel para a Comisión de Garantías. Bon, xa veremos.

Dentro do fondo direiche e tamén concordarás comigo que o BNG está composto por unha policromía de ideoloxías, a grande maioría no mundo da esquerda, desde a socialdemocracia até o comunismo -con diferentes matices-. Así tamén os liberais. Mais tamén dentro das organizacións sociais nos topamos cun simpar de compañeiros e compañeiras próximas a elas ou os seus pensamentos que terían cabida ou non na nosa organización segundo quen observe as súas actitudes, temos policías nacionais, temos policía local, membros e parentes do Opus Dei, temos proiraquís, temos proiranís, temos proisraelitas, temos propalestinos, temos procubanos, temos profranceses, temos proportugueses, temos curas, temos cristiáns, temos membros de CCOO, temos heterosexuais, temos homosexuais, temos do Madrid, temos do Barcelona, temos, temos , temos... case de todo.

Entendo queremos, entre tod@s construír o noso pobo como persoas libres, que poidan discutir e formarse e informarse libremente, meu amigo Carlos, niso cremos.

Carlos, non dubido de que se este sen sentido camiña cara a diante como xa camiñaron moitos outros antes do nacemento do BNG e despois do nacemento do mesmo ( hai pouco, defenestrar ao Manolo Portas con razón ou sen ela mais con moitos... alzando a man e outros acochándose nas silveiras ), mais sempre dentro do noso amado nacionalismo galego, sexamos garantes dun proceso impío e cristalino, mellor non for, mais se for, Xustiza, que menos pedir, verdade amigo Carlos.

(*) Membro do consello nacional do BNG

Anónimo dijo...

Anxo Quintana, no Faro de Vigo:

El líder del BNG defiende el derecho a criticar al militante proisraelí, pero descarta su expulsión.


X. M. del Caño / Ourense / A Coruña

La amenaza de expulsión a un militante del BNG Pedro Gómez-Valadés por presidir una organización que simpatiza con el pueblo judío ha desembocado en un conflicto entre la organización frentista y el Gobierno israelí. Después de que la embajada de este país en España remitiese una carta al vicepresidente de la Xunta y portavoz nacional del Bloque, Anxo Quintana, interesándose por la situación de Gómez-Valadés, el líder nacionalista ha respondido con duros reproches. "Francamente no creo que sea producto del buen sentido de la diplomacia internacional inmiscuirse en las cuestiones internas de una organización política soberana de un estado soberano", aseguró ayer Quintana.

El número dos de la Xunta calificó de "inaudito" y "absurdo" que el Gobierno israelí, a través de su embajada, "tome partido" en los asuntos internos del BNG. "Me parece auténticamente impropio y fuera de lugar", sentenció desde Ourense.

El conflicto surgió en febrero cuando el Consello Comarcal del BNG de Vigo -en el que Gómez Valadés es responsable del área de Cultura y Lengua- propuso su expulsión por presidir una organización "imperialista" y, por lo tanto, "contraria" al ideario del Bloque.

Aunque finalmente se optó por no expulsarlo, el órgano local de dirección del Bloque se vio obligado a reconsiderar su decisión después de que una asamblea de militantes propusiese echarlo fuera del partido.
Aún está pendiente la reunión del Consello Comarcal de Vigo para decidir el futuro de Gómez-Valadés, pero el líder del Bloque ya avanzó ayer que no será expulsado del partido. "No hubo ni hay ningún expediente de expulsión contra ningún compañero del BNG por pertenecer a ninguna organización o asociación proisraelí", recalcó.

Pluralismo
Según aclaró el máximo dirigente de los nacionalistas gallegos, lo que ocurrió fue que una asamblea comarcal "recriminó la actitud de un compañero por tener determinadas actitudes en relación con el conflicto de Israel con Palestina". Para Anxo Quintana, este gesto es "una actitud democrática" que demuestra el "pluralismo" del Bloque. Por eso considera que nadie "se debe rasgar las vestiduras".
Así, el líder del Bloque instó a que cese "la campaña de victimismo infundada" generada en torno a Pedro Gómez-Valadés y aconsejó, al mismo tiempo, a este militante de Vigo que "acepte la crítica y obre en consecuencia, en la línea y en la dirección que él considere oportuno".

Anónimo dijo...

Lembreime estes días en Toledo de Gómez Valadés (a quen non coñezo).

Agora chego, boto unha ollada sobre este asunto e atopo que a senrazón, o dislate e a brutalidade campa de novo ás súas anchas.

Ese tipiño infame que na reunión do BNG-Vigo propuxo que tirasen unha bomba atómica a Israel vai quedar dentro da organización e Valadés fóra?

Miñas donas e meus señores: os inquisidores non morreron, os linchadores só estaban agochados, agardando o momento oportuno para saír á luz coa súa inquina, a súa soberbia e a súa ignorancia.

Na dirección do BNG debe haber -e ten que haber- xente con sentido común, con criterio, que sexa quen de parar dunha vez esta tremebunda persecución, esta caza e captura de "herexes".

Tempos menesterosos estes, nos que que cómpre loitar polo evidente!

Anónimo dijo...

O BNG e Israel
José Henrique Pérez Rodríguez


(domingo 08 de abril de 2007) Xornal.com

No ano 2002 Mona Baker, coñecida profesora de estudos de tradución da Universidade de Manchester, de orixe exipcia, decidía eliminar do corpo de conselleiros académicos da revista The Translator os profesores israelenses Gideon Toury e Miriam Schlesinger. Tal decisión, que se inscrebía nunha suposta campaña de boicote ás institucións académicas de Israel, mereceu a seguinte resposta por parte de Umberto Eco desde as páginas do New York Times:

No transcurso dos séculos, a través de terríbeis episodios de intolerancia e ferocidade dos Estados, sobreviviu unha comunidade de doutos, que procuraron alicerzar os sentimentos de comprensión entre as persoas de todos os países. Se se quebrar esta ligazón universal, haberá unha traxedia. Que Mona Baker non teña comprendido este ponto, cáusame pena (…) Non se pode censurar un país porque se estexa en desacordo co seu goberno, sen ter en conta as divisións e contradicións que existen naquel lugar (…) En ningún lugar do mundo todas as vacas son negras, e consideralas todas da mesma cor chámase racismo.

A atinada resposta do célebre intelectual e escritor, catedrático de semiótica da Universidade de Boloña, resulta moi axeitada tamén para a situación que nestes días axita internamente o BNG: a decisión da asemblea comarcal de Vigo de pedir a expulsión de Pedro Gómez Valadés, actual responsábel de lingua e cultura na executiva comarcal do partido. O seu pecado, presidir a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI). Os partidarios de expulsar a Valadés aducen que a militancia nun partido político que se define como “antiimperialista” nos seus estatutos sería contraditoria coa pertenza a unha asociación de amizade cun país que, para eles, encarna nitidamente o “imperialismo”.

Trátase dun debate de ideas, un debate interno, que ao propio BNG e aos diversos partidos que o constitúen corresponde solucionar da maneira máis axeitada. Será ese partido (ou partidos) o(s) que, de xeito democrático, deberá(n) decidir cal vai ser a súa orientación futura, ou como é que desexa(n) precisar o alcance de conceitos como “imperialismo” ou “nacionalismo”. Mais o que o conxunto da sociedade non pode permitir é que ese debate se resolva mediante purgas inxustificadas, ou que por ocasión desa controversia se manifesten sentimentos antisemitas tan deplorábeis como os que afloraron na última asemblea comarcal do BNG. Presidir unha asociación de amizade con Israel, ou con Cuba, non supón necesariamente estar de acordo ou identificarse con todas as decisións políticas que toman no día a día os gobernantes deses países, como ben nos lembraba Umberto Eco. A consideración do BNG como un partido democrático capaz de gobernar este país correrá serio perigo se non é capaz de asumir con rotunda claridade esa realidade.

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo co texto anterior.

É que é tan difícil entender o que Eco expresa con claridade: "Non se pode censurar un país porque se estexa en desacordo co seu goberno"?