31 mar 2007


Xornadas da memoria histórica en Fisterra: homenaxe ó alcalde republicano Cipriano Fernández
Da crónica de La Voz de Galicia (ed. Carballo. Foto Xesús Búa, LVG): (a crónica completa)

El primer invitado a hablar sobre la época fue el escritor, historiador y académico Márcos Valcárcel, quien aportó abundante documentación sobre esos convulsos años de la historia de España y de Galicia, proyectando numerosas fotografías de entonces.Valcárcel habló sobre el desarrollo cultural entre 1900 y 1936. «Foi o momento máis rico da historia da cultura en Galicia», dijo, refiriéndose tanto al desarrollo de la literatura como a la defensa de Galicia.Valcárcel repasó los hitos históricos que marcaron esa época. La fundación de la Academia Galega (el primer discurso en gallego se pronunció en 1909), el entierro de Curros, la primera vez (1910) en que abrió el curso universitario con un discurso en gallego (a cargo de Lois Porteiro) o la creación de la primera cátedra de gallego-portugués, en 1912, en Madrid. «Foi un momento moi plural, onde confluían vías moi diferentes», dijo. Para el historiador, en aquello años «había vontade explícita de facer unha nación». Fue la época de la creación de editoriales como Céltiga o Lar, que buscaban llegar a las masas y en las que no sólo publicaron galleguistas. «A construcción da identidade foi obra de moitísimas mans», dijo el historiador, que también habló de la figura imprescindible, para entender el galleguismo, de Manuel Murguía.

P.S.: Nas mesmas xornadas participarán o luns 2 e mércores 4 de abril Miro Villar, Xosé Luís Axeitos, Carlos Etxeberría, Luís Lamela García, Xesús Alonso Montero e un amplo abano de poetas galegos (no recital do mércores).
Como nota curiosa, facer constar que na inauguración, presidida polo alcalde, estiveron presentes tamén membros doutros grupos, como a concelleira do BNG. Chamou a atención, en cambio, a ausencia do candidato e concelleiros do PSdG-PSOE e mesmo se correu o ruxe-ruxe de que existira consigna socialista de non asistir por estar o acto encabezado por un alcalde do PP, que preside o concello que patrocinaba todos estes actos.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Que vaian tomando exemplo outros concellos do país nun tema tan delicado e necesario para a nosa democracia. Non é común que pobos coma Fisterra -tan historicamente afastados deste tipo de actos- participen dunha homenaxe a un republicano vítima da barbarie. É, porén, un logro da nosa sociedade, do noso interese por recuperar o que fomos, o que somos e o que seremos.
Grazas, amigo Marcos, en nome da liberdade e da democracia por acompañarnos nesta xustísima cita coa historia.

Marcos Valcárcel López dijo...

CIPRIANO FERNÁNDEZ.
(Marcos Valcárcel; La Región, 2 abril)
Como xa lles contei a pasada semana, estiven nesta fin de semana en Fisterra. Tocoume participar nunhas xornadas sobre a Memoria Histórica dedicadas a don Cipriano Fernández, alcalde da vila fisterrá durante case toda a Segunda República e militante de Izquierda Republicana, que ten o dubidoso honor de ser o único alcalde da Costa da Morte “paseado” naqueles anos. Quizais, dicían alí, non só por motivos políticos, senón tamén por vinganza persoal: de todo houbo naquel estoupido da barbarie. Falei eu alí do impresionante esplendor cultural da Galicia de 1900 a 1936 en todos os campos: da literatura ás artes plásticas, da música ó teatro, do cine ó pensamento, da loita pola normalización da lingua ó labor cotián na emigración. Unha arela consciente de “construír un país” dende perspectivas democráticas e galegas. Algúns non queren que se lembre todo iso, nin sequera que o fagan os netos da xeración que foi vítima da guerra e da represión. Pero ese labor de reencontro coa nosa historia é necesario, útil e inevitable. En Fisterra estaban Luís Lamela, o mellor coñecedor da represión naquela comarca, e os amigos poetas Miro Villar, Alexandre Nerium e Modesto Fraga, que foi quen me convidou. Á charla inaugural asistiron todos os que debían estar, incluídos varios concelleiros do PP e do BNG. Sorprendeu, iso si, a ausencia dos edís socialistas e corría o ruxe-ruxe de que mesmo houbera consigna nesa casa para boicotear o acto; o motivo ben pueril: na inauguración estivo o alcalde do PP e o concello, con bo sentido, patrocinaba as xornadas.

Moralla dijo...

Agardo estas xornadas sexan todo un éxito. Cipriano Fernández, o seu vil asasinato e a memoria da República así o merecen.
Saúdos

Anónimo dijo...

Dende Fisterra, Gracias por dar un puco máis de luz a esta terra, tan fermosa pola mán da natureza e tan siniestra , as veces, pola mán do home.A charla resultou interesante i enriquecedora.Con respeto a ausencia de membros do Psoe na Charla era de esperar.Hai xente que non está á altura das circunstancias, pois o seu ego é maior que o raciocinio e a busca do ben colectivo.

Anónimo dijo...

Estou de acordo con todos vós. É unha auténtica aberración que o PSOE, partido que impulsou e aprobou a Lei da Memoria Histórica o pasado ano, manteña unha actitude tan lamentable e patética no que concerne aos actos en memoria dun alcalde republicano vilmente asasinado pola barbarie franquista. Con todo, non penso caer tan baixo como para xeneralizar e prefiro atribuir esta inxustificable postura ao ámbito estritamente local xa que, estou convencido de que a maioría dos votantes deste partido, están a favor da recuperación da nosa memoria histórica. Lamentablemente, manterse á marxe deste evento debilita o noso sistema democrático e contribúe a que os antidemócratas campeen ás súas anchas, pero, en fin. Alá cada un.

Anónimo dijo...

Nesta cuestión da recuperación da memoria histórica e sobre o que sostén Marcos Valcárcel sobre o periodo máis fértil da historia de Galicia, convén facer sempre unha análise socioeconómica daqueles tempos. Sempre se plantexa todo desde un punto de vista cultural, por outra parte o máis coñecido, pero a mín me atrae a atención o número de empresas, comercios, actividades económicas en xeral que comezan os seus pasos por eses anos. As contradiccións sociais eran poderosas (e en aumento), pero non é menos importante que desde un punto de análise macroeconómico foron anos de progreso, de creación de postos de traballo, de capitalización da vida económica. É posible que entendamos mellor ese renacemento cultural en relación coa creación dunha clase media burguesa, que procede dos anos anteriores da restauración borbónica, de clara mentalidade ilustrada, que pode estudiar e adicar o tempo á investigación ou a percurar un coñecemento máis profundo do país no que vivían. Eu non lles sei moito desto, pero é imposible explicar ese frolecemento sen termos en conta as condicións económicas favorables deses anos (comparadas en termos xerais cos de anos e séculos anteriores) e sen desprezar as cada vez máis inxustas desigualdades sociais que se producen en moitos sectores da poboación. E para ser as 9 da mañán, xa é rollo dabondo. Felicidades, en todo caso, polas vosas iniciativas. Outro día falarei eu do meu familiar toupa (alcalde socialista dun pobo de Valladolid) que viviu máis de trinta anos agochado na súa propia casa.