(Como aquilo que din dos Césares: lembra que só es un ser humano...)
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
11 comentarios:
Home, tamén lembro unha cita das moitas de Einstein que dicía que todos somos ignorantes mas non todos ignoramos as mesmas cousas.
Esa sentancia aplicaríaselle aos malos intelectuais. M. Blanchot dicía que un intelectual é "aquel que se desenvolve maxistralmente por riba do que non sabe". A sentencia é farto inxenua, é dicir pouco inxeniosa. Arrecende a precepto antigo, a unha sabedoiría eclipsada pola refinada simulación posmoderna.
Jimy de Rairo
Dúas boas citas, sen dúbida, sobre todo a de Einstein: apuntareinas no meu caderno -informático- de citas.
Non son moi partidario dos libros de citas, que os hai no mercado.
Son máis partidario de ir recolléndoas dos libros que se van lendo, anotando os datos completos (autor, título, editorial, ano, páx.). Mais como son un vago para este labor (en realidade, para moitos labores), case nunca o fago.
e que é o mellor señor APC. que opere a memoría implicita, que cando emerxe a consciencia vai rodeada de todo un contexto relacional que ao operar con el descubre novas relacións e aí o coñecimento.
O contrario, a memorística o metodo na aplicación do coñecimento arquivado de pouco sirbe, é mais pode ser operabel por maquinas, non hai relación senón condicionamento, función. Eís a diferencia.
Jimy de Rairo
O mellor é a memoria implícita, como di Jimy de Rairo. Pero unha axudiña externa pode axudar, sobre todo se un a foi construíndo pouco a pouco, como di APC. Un posible truco: abrir un arquivo no ordenador propio, en forma de cadro, onde se poden ir pegando as citas que nos chamen a atención, cunha entrada por categorías temáticas e,se se quere, citando a procedencia. Logo o ordenador pode clasificalas alfabeticamente e xa temos o noso libro persoal de citas.
Moitas gracias pola orientación metodolóxica Marcos, non me vai vir mal.
Jimy de Rairo
Pero permítaseme que insista:
A exploración, a clasificación a formación de potróns é unha actividade contiua, tanto no estado consciente, no semiconsciente e no inconsciente, dámola por sentada apenas nos percatamos de que ocorre. Mais cando distinguimos unha conexión inesperada, un novo patrón (pattern), experimentamos unha profunda satisfacción. O intento de crear novos conxuntos, de descubrir novas conexións entre datos que, ata a data, non gardaban ningunha relación enter si se se percibe sempre como unha actividade mental superior, xa que implica algo máis que unha resposta instintiva ou automática, ou rutinaria e inmediata aos estímulos que inciden. Cando se descubre un novo esquema, éste acostuma a ter moita importancia para o descubridor, e apara todos os que o comprenden e aprecían. Esto é valido non ó para as teorías científicas e outros intentos intelectuais por encontrar un sentido ao universo, senón tamén para as obras de arte que son algo máis que unha mera repetición das súas precursoras. E exclamamos...esto é a hostia!...ante o pracer de descubrir unha nova Gestalt, ainda que ésta non teña unha aplicación cotidiana.
Jimy de Rairo
Eu tamén creo que, na creación de todo tipo, é máis importante o fondo escuro onde dormitan os olvidos, que a luz onde se perfilan as lembranzas. Aprender é enviar as ideas á penumbra e permitir que crezan, se reproduzan e fagan, silenciosamente, o seu traballo.
Agora que lembro, outra do Einstein moi boa é só hai dúas cousas infinitas a estupidez humana e o universo e da segunda non estou moi certo.
Unha máis enxebre do popular autor chamado Anónimo é o carro que mais canta é o que vai baleiro.
Bo dito o do carro. Sen embargo, os egos elevados son característicos de case todos os creadores, literatos, pintores, académicos ou actores e directores de cinema. Adoita ser un feito inevitábel. O crítico de literatura polaco establecido na Alemaña Marcel Reich-Renicki, nun libro de memorias excelente ("Mi vida", editado hai uns anos por Galaxia Gutenberg), dicía que "todos os escritores son uns porcos egoístas. Para eles o máis importante é a súa obra, por iso son egoístas. Pero, porco por porco, háinos con talento e sen talento. Eu quédome cos que teñen talento". O dito podíaselle aplicar a todos os creadores. Cómpre desenganarse, pois. Quedémonos cos pocros con talento. Outra cousa é que dentro deses os haxa que disimulan mellor ou peor.
Publicar un comentario