7 mar 2007


Homenaxe a Carlos Casares. Convite á blogosfera galega

O próximo venres, 9 de marzo, vanse cumprir cinco anos da morte de Carlos Casares, falecido en Vigo o 9 de marzo do 2002. Carlos Casares foi un excelente escritor, un magnífico conversador e tertuliano e, para moitos/as, un amigo e un referente moral.
Propóñovos, se vos parece ben, facerlle unha pequena homenaxe dende a blogosfera galega (refírome a todos os blogs de galegos, de nacemento e de corazón, que se reparten por todo o planeta). Ó cabo, Carlos era un apaixonado dos aparatos e trebellos tecnolóxicos máis orixinais e tamén estaba entusiasmado co mundo virtual e as posibilidades de Internet. Non chegou a escribir un blog, pero tiña un xeito de blog nos xornais (“Á marxe” en La Voz de Galicia), co que comunicaba todos os días con milleiros de galegos e galegas, sendo o columnista máis seguido da prensa galega. Consta ademais que moitos dos seus amigos e colegas chamábano a cotío dándolle datos ou comentarios sobre os temas que trataba nas súas columnas: o equivalente ó que hoxe son os comentarios ós nosos textos nos blogs.
En fin, que se vos parece pertinente, sería moi fermoso que o 9 de marzo todos os blogs que queiran publiquen un pequeno texto en homenaxe a Carlos Casares, lembrando a súa obra e a súa personalidade. Queda feito o convite.

19 comentarios:

Chexire dijo...

Boa iniciativa ;)

besbe dijo...

Conta comigo :)

Anónimo dijo...

Acepto o convite e prégolle as musas inspiración para estar a altura das circunstacias

Saúdos

Mr Tichborne dijo...

Agardo sumarme á iniciativa ese día. Dende Ningures, todo o meu apoio.

torredebabel dijo...

tamen eu direi presente!

Anónimo dijo...

Unha boa iniciativa. Mágoa que eu non teña blog para secundala. Con todo, expreso a miña humilde homenaxe dende aquí.

Marcos Valcárcel López dijo...

Graciñas a todos/as pola vosa receptividade. Esquecín engadir que convén redifundir a convocatoria para que chegue a un máximo de xente. Grazas de novo.

Ra dijo...

Gracias por la invitaciòn, de una gallega de sangre y corazòn.

rosa enriquez dijo...

hola. Primeira vez que entro aquí. Acepto a proposta para a homenaxe a Carlos Casares. Un saúdo.(valdeorosa)

Brétemas dijo...

Beizóns, Marcos. Participaremos na difusión de tan atinada iniciativa.

Anónimo dijo...

Eu tampouco teño blog. Pero exprésolle ao señor valcárcel os meus parabéns por esta idea bonita e cariñosa.

Anónimo dijo...

Me parece una gran iniciativa. Así lo haré...

Ana Bande dijo...

Grazas Marcos, por nos lembrar esta data. Participarei a través do blog e tamén montarei unha exposición de libros sobre Casares na biblioteca. Unha aperta.

bouzafria dijo...

Como non podo mañá, anticipeime a hoxe. Convite realizado.

Suso Díaz dijo...

Únome a túa iniciativa que me parece moi oportuna, e engadirei un comentario sobre Carlos Casares.
Moitas grazas e unha aperta.

Anónimo dijo...

(A ver se sae isto e non se me borra...)

Ola.

Noraboa ao amigo Marcos pola súa iniciativa.

Vaia tamén desde aquí todo o meu afecto para o recordo de Carlos e para a plena vixencia da súa obra literaria.

Saúdos a todos.

ALMIRAL MOUCHEZ

(Eu non teño blog, tampouco, agradézolles a súa hospitalidade.)

Unknown dijo...

Graciñas, Marcos, por lembrar
de forma tan garimosa e acaída
a tan bo amigo...

Belén dijo...

Débollo.

josé cunha-oliveira dijo...

presente!