7 mar 2007


Políticos e comic.
(Pan por Pan mércores 7 marzo. Na imaxe, a Valentina de Guido Crepax).

Francia é un país onde a banda deseñada é moi popular, cunha longa historia na arte dos tebeos. Por iso non é estraño que, segundo conta a prensa, a campaña electoral francesa estea animada por grandes tebeos dedicados a Sego ou a Sarko que se serven deste rexistro para destripar as vidas e defectos dos candidatos. Nicolás Sarkozy, o candidato da dereita, ten que aturar duras sátiras sobre a súa estatura e sobre certos riscos delicados da súa traxectoria amorosa, como a fuga da súa muller cun publicitario. Os tebeos electorais son os bestseller da temporada francesa. Aquí os políticos peléxanse por estar nos monicreques da TV, pero ninguén probou a fórmula do comic. Como copiamos moitas cousas de Francia, isto tamén chegará. Benvido sexa se funciona como risoterapia: calquera cousa mellor que a crispación absurda e demagóxica que domina o clima político.

3 comentarios:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Estou xa agardando por saber quen vai facer de Valentina. Admítense suxerencias.

Anónimo dijo...

É que Guido Crepax facía unhas mulleres moi sensuais e misteriosas. Vostede si que entende, amigo Arume!

Anónimo dijo...

Demasiado masoca para o meu gusto.

Prefiro o Corto Maltés. Xa saben, a vea épico-lírica do nacionalismo.