Pascual Veiga.
(Pan por Pan domingo 4 marzo)
Celebrouse en Compostela un encontro sobre Pascual Veiga, o compositor da musica do Himno Galego (con letra de Pondal). Esta cita trouxo varias novidades sobre a súa vida e a súa obra, que é o mellor que pode pasar nun congreso deste tipo. Vexamos algunhas delas. Estas xornadas conmemoraban o centenario da primeira interpretación en público do Himno Galego, na Habana, en 1907. Pois ben, o musicólogo Fernando López-Acuña sostén que tal composición xa se escoitara en 1896, once anos antes. Tamén se revelou nestas xornadas a estreitez económica que padeceu o músico, que tiña embargado polos acredores o seu soldo de profesor en Madrid. Na prensa do XIX hai moitos lamentos pola penuria dos nosos autores. O caso de Veiga foi dos peores: a familia non podía afrontar os custos do enterro e só coa presión popular logrouse traer o seu cadáver de Madrid a Mondoñedo.
4 comentarios:
Co ben que podería vivir hoxe cos seus dereitos de autor sobre o himno!!! Que inxusta é vos a vidiña!!!
O que eu non entendo é que, sendo profesor de conservatorio, estivese tan cheo de débedas. Tan pouco cobraban daquela?
Eu o que non entendo é por qué lle mandóu esa modulación ó "paralelo menor" onde se canta "do teu verdor cinguido..."
Que alguén me explique cómo se xustifica...
Ay,non...xa me esquenÇía..."non lhe dédes de comer ó troll,nin de beber,nin vestilo,nin o enterredes se morre..."
O Troll ágrafo
E xa que falamos de Harmonía,recordar aquela frase de Arnold Scönberg,amante das disonancias: Convén comer de vez en cando unha UVA VERDE pra que gosten máis as UVAS MADURAS...
O Troll ágrafo (Uva verde)
Publicar un comentario