4 mar 2007


Cambio climático.

(Pan por Pan sábado 3 marzo)


Hai só uns anos algúns estudos e películas ridiculizaban as teses ecoloxistas sobre o cambio climático provocado polo home. Hoxe hai datos xa incuestionables de que tal proceso se está a dar e de que o home é o causante do maior problema medioambiental do planeta. Lémbranolo David Attenborough, naturalista e divulgador científico que leva 54 anos facendo documentais sobre a natureza (moitos deles, da BBC, emitidos na TVE-2), en España nestes días para recibir o premio da Sociedade Xeográfica Española. Xa non podemos parar o cambio climático, di con contundencia este naturalista, non sexamos ilusos: o máis que podemos aspirar é a impedir os seus desastres e non prexudicar demasiado as novas xeracións. O planeta non pode seguir a recibir contaminación e lixo ó ritmo actual: isto tamén é un problema político, o meirandes reto do mundo no que vivimos.

6 comentarios:

Xosé Manuel Carreira dijo...

E quen será o varudo político que tome a impopular decisión de dicirlle claramente á sociedade: señores, hai que gastar menos?

Porque a sociedade proclámase moi ecoloxista mas, por exemplo, eu fun dos pouquiños que fixen a carreira indo sempre en bus, deixando o coche na casa. Quen desligará o ar condicionado no verán? Quen será que renunciará a quentarse no inverno para aforrar gas? Cantos dirán non ao seu jacuzzi?

As comodidades da sociedade capitalista son perversas e esta sociedade está aburguesada.

Anónimo dijo...

Home, eu digo sen problema non ao meu jacuzzi. Calquera se dará conta de por qué.

Anónimo dijo...

Alguén pode orientarme sobre unha monografía, breve, concisa e efectiva sobre o tema?
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Mais o problema vai máis alá. Hai uns meses estiven nun congreso no que facían un suposto de que as emisións de CO2 se eliminasen por completo neste ano, imposible claro. Pois ben, os resultados da simulación amosaban que a temperatura do planeta continuaría subindo polo menos durante vinte anos máis. Xa podedes imaxinar o que ocorrerá en realidade, onde as emisións de CO2 aumentan cada ano.

Pablo

Anónimo dijo...

Ademais do reto en si que temos como humanidade ante o cambio climático, temos que evitar respostas que crean outros problemas que non debemos nin podemos aceptar. Por unha banda está o lobby nuclear que ve o momento de volver coa construción de novas centrais nucleares, cando a fisión nuclear por máis segura que poida ser non deu resolvido o problema dos residuos, e por outra banda está o tema dos biocombustíbeis que de seren considerados en grande escala van traer máis fame. A crise mexicana polo prezo da fariña de millo é un exemplo do que pode pasar se agora se potencian os cultivos para o seu uso enerxético, co engadido de que en ningún caso os cultivos enerxéticos serán capaces de substituír o gasto de combustíbeis fósiles. Hai poucos días lía que cumpría toda a superficie de Europa dedicada a tales cultivos para fornecer o 30% do combustíbel gastado en transporte. A soberanía alimentaria vai ser nos vindeiros anos unha reivindicación máis necesaria que nunca. Unha cousa é o aproveitamento de biomasa de diversas orixes para fins enerxéticos e outra pensar en substituír os combustíbeis fósiles por combustíbeis vexetais.

Anónimo dijo...

Ola.
Non sei nada do cambio climático.
Nin sequera se é antrópico.
¿Cales eran as industrias contaminantes dos dinosaurios para que se producisen os perídos glaciares e interglaciares?
Era todo a peidos xigantes cheos de metano?
Hai que estudar o tema con sentido, sobre todo neste ano da antártida. Teño medo de que sexa real e que haxa influencia humana no tema, pero non sei.
O que si sei é que non me gustan as térmicas. Que me gustan as nucleares francesas... todas igualiñas e sen ningún problema nunca. Que tanto me ten ter unha nuclear en Tolouse como en Zaragoza ou en Porto. O aire non ten fronteiras.
Creo que é imprescindible deixar de medrar. Si. Hai que repartir. Non me gusta tirar as botellas da birra nin sequra nos contedores do vidro. Non soporto tirar as botellas de viño en vez de lavalas e recorchalas. Non soporto el corte inglés sen fiestras e sempre luz. Non me gustan as secadoras de roupa, prefiro o sol...
Ao meu jacuzzi tamén renuncio contento... Hai que medrar menos. O planeta non soportaría que todos os cidadáns do mundo vivisen coma nós. Cociña eleutrica, coches dous por parella. Cafena no inverno, ducha quente sempre... sete kg de lixo por persoa día... onde imos parar?
Menos consumo. Menos consumismo. Máis falar. Mais nucleares. Menos térmicas. OS avións tamén son perigosos e mais vamos neles... Se can... pero non can... As nucleares... se rebentan... pero non rebentan... só aos bobalicóns dos rusos... ou ao liberalismo selvaxe de Harrisburg alá nos USA...
Nucleares... nada de muiños inútiles feitos con aspas de grafito hipercontaminante no proceso de elaboración... nada de muiños eleutricos cuxo almacenaxe e transporte da electricidade é hipercontamintante... Claro que non tanto como as térmicas... pero máis contaminante que as nucleares.
Viva o átomo