4 mar 2007







CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL: 1957
O artigo completo
(Na imaxe superior, parte do Grupo Galaxia nos Ancares: Domingo García Sabell, Francisco Fernández del Riego, Celestino Fernández de la Vega, Ánxel Fole e Ramón Piñeiro)

Nace en Buenos Aires Follas Novas, librería e distribuidora do libro galego, da man de X.Neira Vilas e Anisia Miranda. E o Teatro Popular Galego de Blanco Amor. E a Editorial Citania. E libros como “Non agardei por ninguén”, de R. de Valenzuela; “Mito e realidade da Terra Nai”, de Xoán Rof Carballo; “A roseira da soidade”, de Antón Zapata García; a “Antoloxía Poesía Galega” de Galaxia, século XIX (Del Riego). O “Merlín” en castelán e a primeira parte de “Los gozos y las sombras” de Torrente. E “Literatura gallega actual” de Xavier Costa Clavell.
E nace tamén a colección Illa Nova en Galaxia. E publícase “Do sulco” de Xoana Torres, e “Voce na néboa”, de Ferrín, e o “Auto do taberneiro” de Manuel María.
Inaugúrase o monumento a Rosalía de Castro no Espolón de Padrón, realizado por José María Mateos, discípulo de Asorey.
Nacían Os Tamara e o Conservatorio de Música en Ourense, e Música en Compostela. Rodábanse tres películas en Galicia, entre elas “Camarote de lujo” de Rafael Gil (sobre un relato de Fernánde Flórez, e “Orgullo y pasión” de Stanley Kramer, que traía a Galicia a Cary Grant, Sofía Loren e Frank Sinatra.
Nacen, entre outros, Manuel Rivas, Bieito Iglesias, Ramón Caride, Ramiro Fonte, Antón Reixa, Alberto Avendaño, Gonzalo Navaza, Pilar Pallarés, Joâo Guisan, Xavier Queipo, Luísa Villalta, Francisco Leiro, Antón Patiño, Nancho Novo, Xosé M. Olveira "Pico", Xosé M. Piñeiro, Alberte Ansede, Xosé M. Pazos, Caetano Díaz, Paulino Pereira, etc. (vaia fornada de luxo!!).

16 comentarios:

Anónimo dijo...

A que a pinta de pailán do Fole dá gloria vela?

Marcos Valcárcel López dijo...

A pinta de Fole é de pailán auténtico, claro que si, e a moita honra, diría el: "Si, señor". Por certo, con esta mesma pinta retratouno Ramón Conde na estatua que está en Lugo (nunha das mellores pezas do escultor ourensán). E, fóra deste tema, importaríalle ó amigo XMG dicirnos de qué quinta é a súa señoría: non sei se chego a tempo para incluilo nos "Cen anos...", pero iría en calquera caso en futuras ampliacións.

Anónimo dijo...

A miña señoría é da quinta do 54, pero os méritos non son aínda para tan ilustre compaña. Só a mesma idea constitúe honra grandemente satisfactoria.

Por certo, na peza de Ramón Conde o Fole aparece ancho de ombros de máis. Con todo, cada vez que paso por alí de noite (detrás hai un parque onde levo a miúdo un fillo de cinco anos), teño sempre o reflexo de que stá alí. Non é infrecuente que lle diga algo.

Anónimo dijo...

Non sabía que Cary Grant estivera en Galicia, aínda que un amigo meu que debe de ser da quinta do 58 tenche un ar. Non sei.
Sábese por que garitos andivo o SInatra? Esto si que sería unha nova interesante.
O único que eu pensaba é que Galicia sí que pasara pola Loren; eses seus ollos fenicios, que adoitan ter as mulleres da ría de arousa, non poden ter outra orixe, por moi napolitana que poda parecer.

Anónimo dijo...

Picado (perdón) pola curiosidade, busco por Internet información sobre a película e a súa rodaxe en Galicia (parece que só aparece a Praza do Obradoiro) e atopo esta noticia, que confirma as miñas suposicións:
Sobre «Orgullo y pasión», que dirigió Stanley Kramer, dice Tedy Villalba que pesa toda una serie de leyendas urbanas que ha llegado a nuestros días: «Es cierto que hubo líos de faldas y de pantalones -dice discreto-. Pero no es cierto que quisieran tirar abajo la muralla de Ávila. Había una parte muy deteriorada y propusieron utilizar esa zona para después reconstruirla, recuperarla. Se preparó una doble muralla instalada en primer término de la cámara. Había dos mil extras y estaba invitado el cuerpo diplomático, que se sentó en unas tribunas puestas a tal efecto, pero fallaron los efectos especiales ingleses y la primera jornada de trabajo fue un desastre. Hubo bastante «movimiento» y algunas situaciones se dispararon. Frank Sinatra había aceptado la película para venir a España y poder reconquistar a Ava Gardner, pero ella se fue a Inglaterra. Estuvo de mal humor casi todo el tiempo. Cary Grant era una persona deliciosa, un hombre que procuraba «no privarse de nada», pero lo hacía con mucha discreción».

Anónimo dijo...

Entre o estilo canalla de Franky Blue Eyes e o estilo gentleman de Cary, sinceramente non sei con cal quedarme.

Hai que volver aos clásicos!

Anónimo dijo...

Nunha biografía de Cary Grant que tiña por casa, leo:
A los pocos días, SInatra, que se había convertido en el bufón del grupo, empezó a dar lecciones de inglés a Sofía Loren, y la actriz iba por el plató diciendo, por ejemplo: "Ha sido acojonante" o saludando con un ""¿Qué tal tienes la polla?" a cualquier varón que encontrase. A Sofía, que desde el principio había quedado prendada de Sinatra, cuya melodiosa voz la entusiasmaba,le ofendió tanto la tomadura de pelo del actor que en cuanto lo descubrió no perdió ni un instante en calificarle ante toda la compañía, de "abusón y repugnante hijo de puta".

Anónimo dijo...

Pois case non debe soar iso mal en napolitano...

Anónimo dijo...

É que Sinatra era moito Sinatra. Quizais a mellor voz do século XX. Que lle parece, amigo González, vostede que entende tanto de timbres vocálicos?

Anónimo dijo...

Excelentes facultades, grande personalidade -así coma sen darse a notar- as do Sinatra. Ora ben, voces, o que se di voces haille moitas. Sen necesidade de ir á ópera, nin moi lonxe no espazo, ao José Afonso non o sobarda calquera. E se falamos de mulleres... Edith Piaf, algunhas negras (con perdón)... Hai moitos que son os mellores.

Anónimo dijo...

Antes de que a divagación nos afaste irremediablemente, quería volver por un momento á foto e adxectivar os outros presentes: García-Sabell, comerciante da rúa do Vilar en paseo vespertino; Paco del Riego, mountain-climbing scholar ou cottage proprietor; Celestino, británico tamén, pero orwelliano ou sportman; Piñeiro, así coma fuxidío, e non sería a única vez.

Espero non parecer así malintencionado.

Marcos Valcárcel López dijo...

Moito saben vostedes de todo, de música, de cine, do que se poña... As anécdotas rescatadas por Arume sobre Cary Grant, Frank Sinatra e Sofía Loren son magníficas (nalgún momento usareinos nalgún artigo, co seu permiso). Eu de neno lembro ler, nalgunha revista que andaba por casa, algunha reportaxe sobre Sinatra e Dean Martin que os relacionaba moi a fondo coa mafia. Nunca volvín sobre ese tema. Seguro que saben se era certo ou só lenda.
A foto do grupo Galaxia é magnífica, para min, e ben aguda a descrición que engade X.M. Gzez.
Ah! Os datos sobre películas rodadas en Galicia recollinos do estudo de Miguel Anxo Fernández, "Rodado en Galicia, 1916-2004". Na ficha de "Orgullo y pasíón", ambientada nas guerras napoleónicas, figuran como exteriores Santiago, Ávila, Segovia, Cuenca e outros lugares. E vense fotogramas ambientados na Praza do Obradoiro e outro que se ve Compostela dende a Ferradura (a típica postal de sempre) cun carro en primeiro plano. E debe haber moitas anécdotas máis sobre a rodaxe. P.ex. Franco visitou os escenarios da película e na mesma sae (supoño que como extra ou super secundario) un mozo cebreireño de 23 anos que se chamaba Adolfo Suárez. Xa ven...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Se vas a usar os comentarios, por aquilo do rigor e dos dereitos de autor, a cita é de "Cary Grant, un toque de distinción", de Warren G. Harris, Ultramar Editores, Barna, 1988 (primeira edición).
Engado outra máis:
Sinatra, "añorando las juergas con sus compinches y harto de no poder siquiera hablar con ellos debido al patético estado de las comunicaciones telefónicas en la España de Franco, regresó a Hollywood. Tras varias semanas de frenéticas negociaciones, durante las cuales Kramer intentó resolver la papeleta haciendo que Cary Grant rodase con un maniquí las escenas en que tenía que aparecer junto a Sinatra, el astro fugitivo accedió a completar su trabajo si las secuencias que faltaban se filmaban en Hollywood, exigencia que causó un retraso de varios meses, porque tanto Cary Grant como Sofía Loren tenían ya firmados otros compromisos, que no abandonaron para trabajar con Frank Sinatra.
Resulta curiosa a circunstancia de que a muller de Cary Grant veu con el a España, pero, un pouco molesta polo caso que o seu marido lle facía á xovencísima Loren, decidiu embarcar en Xibraltar para os EE. UU. no trasatlántico Andrea Doria, coa mala fortuna de que naufragou perto das costas americanas. A súa muller, Betsy Drake (qué nome!), non morreu, pero quedou trastornada pola traxedia. Mentres en Madrid, Grant gastaba os cartos en froles para o camerino da Loren.

Anónimo dijo...

Extraordinaria anécdota a que conta Arume de Cary Grant e a súa dona.

Cita Valcárcel a mítica Rat Pack (Pandilla de Ratas). Xa saben: aquel grupo de hedonistas, vividores e bebedores que capitanearon artistas da talla de Frank Sinatra, Dean Martin e Sammy Davis Jr., dende mediados dos anos cincuenta até os sesenta.

Tiñan o seu principal centro de traballo en Las Vegas, lugar no que era imposible non relacionarse con mulleres de dubidosa reputación (lembremos á Sharon Stone de “Casino”, amigo Arume) e manter boas relacións coa Mafia.

Tamén pertencía ao grupo o mediocre actor Peter Lawford, que era quen lle subministraba féminas ao presidente J.F. Kennedy, quen, coitado, padecía de priapismo agudo e que necesitaba imperiosamente unha muller cada noite.

Cabe considerar á Rat Pack un grupo politicamente incorrecto para a época puritana na que vivían e na que campaba ás súas anchas a discriminación racial. Non só as súas festas e curdas eran antolóxicas, senón que facían gala dunha promiscuidade e dunha mestura de “razas” (sic.) inconcebible para a época: Sammy Davis Jr. era, como saben, negro, e logrou cos seus amigos non só non entrar pola porta de atrás dos garitos de Las Vegas, senón manter un escandaloso romance cunha actriz branca ben coñecida (lástima que non lembre agora o nome) ante unha opinión pública escandalizada ante tal “atrevemento”.

Vamos, que levaban unha vida ben diferente á dos provectos señores que aparecen na foto que encabeza este post!

Anónimo dijo...

Extraordinaria anécdota a que conta Arume de Cary Grant e a súa dona.

Cita Valcárcel a mítica Rat Pack (Pandilla de Ratas). Xa saben: aquel grupo de hedonistas, vividores e bebedores que capitanearon artistas da talla de Frank Sinatra, Dean Martin e Sammy Davis Jr., dende mediados dos anos cincuenta até os sesenta.

Tiñan o seu principal centro de traballo en Las Vegas, lugar no que era imposible non relacionarse con mulleres de dubidosa reputación (lembremos á Sharon Stone de “Casino”, amigo Arume) e manter boas relacións coa Mafia.

Tamén pertencía ao grupo o mediocre actor Peter Lawford, que era quen lle subministraba féminas ao presidente J.F. Kennedy, quen, coitado, padecía de priapismo agudo e que necesitaba imperiosamente unha muller cada noite.

Cabe considerar á Rat Pack un grupo politicamente incorrecto para a época puritana na que vivían e na que campaba ás súas anchas a discriminación racial. Non só as súas festas e curdas eran antolóxicas, senón que facían gala dunha promiscuidade e dunha mestura de “razas” (sic.) inconcebible para a época: Sammy Davis Jr. era, como saben, negro, e logrou cos seus amigos non só non entrar pola porta de atrás dos garitos de Las Vegas, senón manter un escandaloso romance cunha actriz branca ben coñecida (lástima que non lembre agora o nome) ante unha opinión pública escandalizada ante tal “atrevemento”.

Vamos, que levaban unha vida ben diferente á dos provectos señores que aparecen na foto que encabeza este post!

Anónimo dijo...

Moi boa a comparación entre os galácticos e o Rat Pack. Botei unhas boas risas coa súa ocurrencia, amigo APC.