22 mar 2007

Segundo Alvarado.
Pan por Pan 22 marzo
Ten o seu lugar propio na historia do xornalismo ourensán das últimas décadas, sen dúbida. Fixo un pouco de todo: crónica diaria da vida política e cidadá, seguimento das artes plásticas e da actividade teatral, deportes nalgunha época (na Hoja del Lunes de Orense). Ourensanía e teatro, xornalismo escrito e radio, foron claves da súa longa vida profesional. As súas opinións foron polémicas ás veces, mesmo contestadas, pero iso é inevitable cando se vive co afán de comunicación que el demostrou: o pensamento é libre e Alvarado usou desa liberdade segundo o seu propio criterio. No seu xornalismo cultural, fixo tamén de intemediario cos personaxes que volvían de América e do exilio, ós que entrevistou – Blanco Amor, Xosé Conde, Alberto Vilanova, etc.- e ós que convidou tamén a colaborar en La Región. Sería bo, agora, recoller esas entrevistas en formato libro.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Paréceme moi interesante esa proposta xa que é unha mágoa que todas esas aportacións queden nas hemerotecas co perigo de esquecemento que eso supón. Veume a memoria ao fío desta idea o traballo que tamén fixo outro ourensán que hoxe inexplicablemente figura case totalmente esquecido. Estou a falar de Manuel Blanco Guerra que adicou horas, días, anos e décadas a dar a coñecer a nosa cultura, historia e tradicións e que colaborou tamén no xornal La Región con moitísimos artigos que darían para un bo e interesante libro sen esquecer o seu papel a fronte do Museo Arqueolóxico ou na posta en valor que fixo do castro de San Tomé ou na iniciativa de erguer un monolito conmemorativo adicado a Cuevillas, Xocas e Hermida polo seu magnífico traballo etnográfico sobre a parroquia de Velle a finais dos sesenta. Labor todo el levado a cabo nuns tempos nos que a sensibilidade pola nosa cultura non era comparable ós tempos actuais.

Anónimo dijo...

E logo, morreu Alvarado?

Anónimo dijo...

Marcos, cando escribín o meu post descoñecía o falecemento de Alvarado polo que se debe entender a miña redacción nese contexto. En ningún momento pretendía facer algún tipo de comparación entre ambos.

Anónimo dijo...

Non sabía que morrera. Vaian, pois, as miñas condolencias para Lourdes, Paco e demais familia.

Ana Bande dijo...

Veño de falar con Lourdes e Paco, dos mellores amigos que teño en Auria. Non coñecín ao pai de Lourdes persoalmente pero sei da súa traiectoria e o seu interee por dinamizar a vida cultural de esa Auria amada. Leínlle a Lourdes por teléfono unha cita de Casares referida ao seu pai como lembranza póstuma e me lembrou que aínda andaba
relanzando tertulias entre a mocidade. Dende este recuncho un abrazo a tódolos que dalgún xeito estamos relacionado con esta fabulosa familia, e unha apertíssssima para Lourdes e Paco que aínda que non lles chegue esta mensaxe, e grazas por esta lembranza.