15 mar. 2007


Zapatero. España e Portugal. Galicia e Extremadura.

Revista das Letras dedica o seu número desta semana a R.Zapatero, cunha ampla entrevista con Suso de Toro, tres páxinas, e artigos de Caetano Díaz e Herminio Barreiro.

E tamén me pareceu interesante este artigo de Galicia Hoxe:
España e Portugal prefiren Estremadura a Galiza (ANGELO GONÇALVES VICENTE).
A caricatura de Rodríguez Zapatero é de Fico Molina.

20 comentarios:

XM Carreira: Caixa do Mendinho dijo...

E que en realidade en Extremadura fálase de Portugal sen complexos e o portugués é leccionado de maneira normal no ensino secundario. Na Galiza a palabra lusista ten connotacións mesmo pexorativas.

Xabier dijo...

Moi interesante o artigo de Angel Gonçalves Vicente. Non debemos culpar da situación unicamente ao estado español xa que os portugueses nunca mostraron moito entusiasmo por esa aproximación galaico-portuguesa a pesar de compartir tantas cousas. Coido que se debería facer moito máis neste senso e que compre moita máis vontade e tamen menos prexuicios.

Xosé M. González dijo...

Nos últimos anos encóntrase en bastantes portugueses un cambio de actitude, denotan que Galicia existe e que poden ter connosco relación particular e espacial.

Véxoo, nas miñas tres viaxes ao ano (máis ou menos), na prensa, en crónicas e artigos de opinión. Nótoo na actitude lingüística de portugueses tan sobranceiros e ilustrados coma Jorge Sampaio. No cambio de actitude lingüística de, por exemplo, a Dulce Pontes. Na expresión ("irmandade galaico-portuguesa") dalgún presentados-estrela da TV. En empatías de mozos.

Avanzouse, falta que se institucionalice, e por parte nosa. A min non me estraña nada que Extremadura sexa escollida polo Estado como panca ou ponte de relación preferente; aínda que só sexa porque eles apostaron por Portugal e o portugués no sentido que di o Meendinho. Doerá, pero se temos colectivamente un comportamento de pailáns, outra cousa non merecemos.

Apréndase.

marcel swann dijo...

Vai ser difícil establecer unha relación cultural estreita con Portugal se seguimos a empregar esta ortografía "demótica" (Xabier Alcalá, moi atinadamente, dixit) respectada por moitos, entre os que me encontro, por patriotismo.
Recoméndolles que, se dan clases de galego a rapaces, empreguen os rexistros sonoros das falas do Minho que se conteñen nesta páxina do Instituto Camões http://www.instituto-camoes.pt/CVC/hlp/geografia/mapa06.html Ou esta reportaxe da televisión portuguesa sobre a malla na zona de Braga: http://www.youtube.com/watch?v=_6cItBr86qQ
Que poñan a orella a como falan os paisáns. Se cadra levan unha boa sorpresa, e algunhas barreiras mentais e lingüísticas empezan a caer.

arume dos piñeiros dijo...

Amigo Swann, se vostede souber o que o membro de Brais dicia sobre estas cuestións, entendería o meu comentario.

Xabier dijo...

Tamén e verdade que as linguas teñen un compoñente económico importantísimo e non só cultural e histórico. De ser Portugal unha potencia económica a altura de Alemaña etc imaxino que outros ventos empuxarían para axudar a esa aproximación galaico-portuguesa.

a.p-c. dijo...

Creo saber quen é esa pinta (de Brais Pinta) que Arume insinua. Meleniña quizais?

a.p-c. dijo...

Quería dicir, obviamente, de Brais Pinto.

Alfredo Ferreiro dijo...

Suspeito que tamén hai un bocadiño de promoción do eixo Lisboa-Madrid, aproveitado por estremeños, en detrimento de Porto-Santiago, que ao final comunica Portugal coa Europa (e a España) menos desenvolvida.
Afinal, a Corte está en Madrid, e a Galiza ainda nen comunicacións boas ten cos territorios españois mais fortes economicamente.

arume dos piñeiros dijo...

A explicación ven hoxe en EL PAíS, con outras razóns, non mal explicadas. Eu a este tipo de pelexas non lles vexo moito froito: serve para entreter as elites intelectuais e compracer a estes persoeiros dos poderes fácticos máis entregados á gomina ca o traballo, de cargos políticos, de bágoa permanente e laio lastimoso, ou de presidentes de cámaras de comercio, tan necesitadas de desapareceren.

arume dos piñeiros dijo...

Sobre o Brais Pinto, digo, como Quevedo: "dejo a las malicias de mi silencio remitidas las conjeturas".

marcel swann dijo...

Teña coidado, arume, que logo salta anónimo-político cultural para lle preguntar que por que ten esas teimas anti-brais-pintiás.

a.p-c. dijo...

Non se enfade, Marcel, que o que lle dixen da mitificación era unha brincadeira.

Roi queimado dijo...

Obviamente segue pesando, e moito, o eixo Lisboa-Madrid, e obviamente Badaxoz quedavos no medio e medio deste eixo. Elemental.

roi queimado dijo...

Por certo, se hai alguén centralista é o goberno de Lisboa...Porto? Lisboa, sempre. Non nos esquezamos diso.

Leituga 1 dijo...

É certo que dende Lisboa se observa con suspicacias e certa prevención o asunto da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Porto foi a única cidade portuguesa onde o "SIM" obtivo un 50% dos votos no referendum sobre a rexionalización do Estado de hai uns cantos anos. Creo que é unha fantasía sen moito fundamento adxudicarlle os méritos da decisión a favor da ubicación do Secretariado Técnico a Badajoz a que os extremeños estuden algo máis de portugués.

arume dos piñeiros dijo...

Suso de Toro, que debe de ler este blog, e se nono fai, está perdido, escribe hoxe a súa opinión: http://www.elpais.com/articulo/Galicia/quiere/Galicia/Portugal/elpepuespgal/20070318elpgal_11/Tes
Unha nota aclaratoria (ou dúas): Ikea non está en Porto nin en Xixón: está en Lisboa e en Oviedo. A partir de aí a súa suposición cae estrepitosamente, sobre todo se temos en conta que a xente de Vigo prefire ir
á tenda de Lisboa cás outras: son catro horas longas por autoestrada.

marcel swann dijo...

Máis aló do exemplo de Ikea que menciona (aínda que creo que van abrir unha ben logo en Matosinhos), concordo co que di Suso de Toro no artigo.

Anónimo dijo...

Lin en Arroutada que o Ikea de Asturias está en Granda, Siero, a carón de Parque Principado (Eroski).

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Para os que coñezan Asturies, Parque Principado queda na carretera que vai cara Santander. Probablemente non sexa conceyu d'Uvieu mesmo, pero a tódolos efectos Ikea está en Uviéu.
Sobre o fondo do artigo, comparte Suso de Toro a idea da superioridade arrogante de Galicia (o novo rico) con respecto a Portugal. Unha arrogancia, ao parecer, secular, que remonta mesmo os reis católicos. Non son experto en cuestións psiconacionais, pero non acredito, desde un punto de vista científico, o necesario vencello da xeografía coa Historia ou coa política. A Historia de Galicia (malia nosa tendencia a querer outra cousa), desde un punto de vista política e económico, aparece relacionada (voluntaria ou involuntariamente, máis ben esto último, con dúbidas) desde a idade media ata hoxe á España. O imaxinario, esa cousa, en palabras de Rosalía, que vive e que non se ve, ten que ver cunha poderosa realidade histórica. Os nosos vencellos con Portugal son escasísimos, por non dicir nulos. Por moito que desexemos hoxendía procuralos cun certo voluntarismo intelectual.
O artigo de Suso de Toro presenta unha soa idea, bastante chá desde o meu punto de vista, sobre esa lonxanía. Nos xornais destes días pódense atopar aproximacións bastante máis ricaces, complexas e interesantes sobre o tema.