6 abr 2007










Cregos comprometidos (pecha unha parroquia)

Pois vaise poñer de moda iso de non aceptar premios ou mesmo devolvelos. Hai unhas semanas comentei aquí como o xornalista Buenafuente, en defensa da dignidade da súa profesión, se negou a recoller un premio que tamén lle daban a Jiménez Losantos. Agora outro xornalista de fuste, cun perfil inmaculado na loita pola verdade, Vicente Romero, decidiu devolverlle un premio ó arcebispado de Madrid en solidariedade coas protestas dos cregos da parroquia de San Carlos Borromeo, que monseñor Rouco quere pechar. Quizais porque se aposta alí por unha igrexa dos pobres, que atende máis á marxinación e á exclusión social que a convocar manifestacións en defensa de posicións políticas reaccionarias. Hai un par de anos estivo en Auria este xornalista (www.vicenteromero.com) falando das miserias de África. Aquí tamén hai miserias: doutro tipo, iso si.
(Na imaxe, O Profeta, de Emil Nolde)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hablando de la Parroquia de San Carlos Borremeo, os invito desde este foro, si os parece oportuno, enviarles algún mensaje de apoyo; la dirección:Sancarlosborremeo.org

Anónimo dijo...

Poderíase facer unha colecta e mandarlles unha caixa ou dúas de rosquillas de Gondomar, non sexa o demo que queden sen materia prima para o miracle da transubstanciación...

Anónimo dijo...

Movementos coma este son mostra de vitalidade no ámbito humano (social, institucional) no que actúan. Devanceiros do que con tempo -pouco,habitualmente- se volve corrente.

Iso si, ao primeiro igual escandalizan no ámbito do establecido. Quen son os vellos e quen os novos -e non falo de idade física- está ben claro. O anuncio do futuro é notorio.

Iso si, as roscas do Cristaleiro son demasiado grandes para o indicado. (Broma inocente que non debe ser tomada en sentido irrespectuoso; ben lonxe diso).