4 abr. 2007


Iris (Iris Murdoch)
Hai uns meses un amigo recomendoume con entusiasmo a película “Iris” (2001), de R. Eyre, biografía da escritora irlandesa Iris Murdoch. Botárona esoutro día a horas imposibles na tele e graveina para vela logo. Polo xeral non me convencen as películas sobre vidas de escritores, pero “Iris” é outra cousa.

Conta en paralelo a vida da autora cando nova, no Oxford dos anos 50, e o declive fatal da súa vida, corenta anos despois, cando padece alzheimer: o seu marido, o crítico John Bayley, o outro protagonista da historia, é representado como un personaxe simpático e desamañado, pouco dado ás cousas útiles da vida, que ó cabo ten que ocuparse dunha situación que lle supera. A película é dura, como o tema que trata, iso é obvio. Pero é sobre todo unha película de amor. Tamén a historia dunha muller creativa, chea de vida, coa que a fortuna se asañou inxustamente.

1 comentario:

Moralla dijo...

Coma sempre, cando se fala de mulleres combativas e creativas que estiveron no anonimato, non hai comentarios.
Grazas por escribir este post.
Eu vin este filme hai tempo. Ten esceas moi poéticas. A historia de amor é preciosa. Cando Iris enferma de alzheimer, nos primeiros momentos, o marido amosa unha sensibilidade e unha paciencia sobrecolledoras. Aínda así, penso que é máis recomendable encherse e impregnarse da obra de I.Murdoch, pois a película ten bastantes ausencias e fallos, pero polo menos lembra a figura dunha gran muller a tamén aos que padecen unha enfermidade que está a asolagar a moitas vítimas hoxe en día.