¿Cuánto vale?
Un artigo simpático de Luís Ventoso (La Voz de Galicia 6 abril)
O pasado venres, na contra de LVG, publicábase este simpático artigo, co cal Luís Ventoso, aproveitando a sobada anécdota do café de Zapatero, facía un atinado repaso da retórica dos nosos tres magnos lídes: Touriño, Quintana e Feijóo.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
7 comentarios:
Si que é simpático, si.
Tamén eu botei unhas risas.
Pero é que son tan previsibles...
Lin o artigo. Está xenial.
Tamén eu rin moito co artigo.
Ventoso é a mellor pluma periodística da Voz de Galicia. Un tipo culto, razonable e con sentido do humor.
Hai tempo que non o leo, e fago mal. De cando sempre ía á súa columna, conservo a imaxe corporativa (made in La Voz): pericia técnica e enorme autoestima (no colectivo) que propiciaba visión do país desde as alturas. Hai algún tempo, en ocasión particular, dedicáralle un breve artigo -http://www.xornal.com/article.php3?sid=20050217082949- sobre tema perdido xa no tempo.
Polo que vexo, púidolle mellorar o humor. Haberá que volver ao vello hábito.
Completamente de acordo coa súa descrición da "imaxe corporativa" made in La Voz de Galicia. Só habería que engadir o culto submiso, a adulación desaforada, o enaltecemento a todas luces desproporcionado en relación cos seus méritos intelectuais e cívicos de D. Santiago Rey, faro e guía de Barreiro e Blanco Valdés, luz de Ventoso e Ónega, prócer e pai da patria, adaíl da liberdade de expresión e dos intereses verdadeiros de Galicia para todos os opinantes de La Voz.
Publicar un comentario