Galicia Hoxe, as portadas máis ousadas
Sen ningunha dúbida, o xornal Galicia Hoxe merece o título de medio galego máis ousado nas súas portadas, a xuzgar polo ofrecido nos últimos meses. Vexan esta imaxe de Kate Moss que se publicaba, en gran formato, o pasado 18 de abril. No interior ofrecíanse outras imaxes máis, entre elas un excepcional retrato que lle fixera Chuck Close no 2003.
E pechemos aquí o pé de foto antes de ser alcuñados de machistas intolerantes.
11 comentarios:
Eu fico coa da concelleira do PP en Lepe. Kate Moss non me chista nada.
As fotos poden ser vistas coma machistas e polo tanto ofensivas pois as mulleres aparecen como meros obxetos de placer. Pero eu pregunto ¿algún home se ofendería por ser visto polas mulleres do mesmo xeito?
Eu non, dende logo. Sempre suspirei por ser un home obxecto...
"obxectos de pracer" quería dicir (as presas non son boas escribindo).
No creo que la foto sea machista, los comentarios..., sin comentarios.
É que, francamente, os comentarios tampouco é que dean para moitos comentarios. Pero acaso a señora Maite faga unha lectura subliminal que a min se me escapa...
Ben, amigos, teño unha boa noticia: agora toca sermos "ecosexuais".
Estou seguro que todos vostedes, como persoas cultas e sensibles que son, han abrazar estusiasmados esta nova tendencia placenteiro-ambiental.
Velaí vai a noticia (tirada de "Vieiros") para que se vaian facendo unha idea:
Decálogo do bo 'ecosexual'
Os principais mandamentos aconsellan cambiar lubricantes por aceite de oliva ou unto, e apagar a luz á hora de botar un ferrete.
Redacción - 14:08 25/04/2007
Consigna ecosexual: "Come orgánico"
A contaminación ambiental, o quecemento global, a chuvia ácida ou os vertidos ás nosas augas son asuntos de cabeceira na loita dos grupos ecoloxistas. Individualmente hai moitas formas de colaborar na diminución do impacto nocivo do ser humano no planeta, dende o uso do transporte público até a redución, reutilización e reciclaxe (os tres famosos R) dos produtos de consumo habitual.
Mais hai outros eidos da nosa vida diaria -é un falar- nos que tamén se pode axudar. Segundo recolle nas súas páxinas o diario arxentino Clarín, grupos ecoloxistas como Tree Hugger en América ou Greenpeace en Europa habitualmente levan a cabo campañas para fomentar o sexo ecolóxico. De feito contan con cadanseu decálogo de boas prácticas.
O sexo, mellor polo día
"Habitualmente non se fala do sexo neste sentido, mais forma parte importante das nosas vidas e inflúe no ambiente; por exemplo, a reprodución é un dos factores que máis impacto teñen sobre o planeta", explica Jacob Gordon, especialista en 'sexo ecolóxico' do portal TreeHugger.com.
Pola súa banda Greenpeace publicou tamén hai tempo unha lista de prácticas "para ser unha 'bomba' na cama sen danar o planeta". As propostas son variadas, dende apagar as luces para non gastar enerxía ou manter relacións sexuais durante o día, até trocar os lubricantes por produtos químicos contaminantes, por outros naturais, como o aceite de oliva ou o unto.
Aforrar auga é outra das máximas a cumprir polo perfecto "ecosexual", xa que logo, as duchas en parella que se estenden demasiado no tempo tamén están prohibidas.
Hortalizas si, mais con condón
No que se refire aos xoguetes sexuais, moi prácticos á hora de aumentar o pracer, aconséllase o uso de froitas como os plátanos, ou hortalizas como as cenorias, dado que na maioría dos casos os compoñentes das 'ferramentas' comercializadas nos sex-shops son nocivos para a saúde do planeta.
A sexóloga Celia Laniado asegura que "non está mal o uso de verduras", mais lembra que estas "deben estar perfectamente hixienizadas, e compre utilizalas con preservativo e lubricante (suponse que unto), porque algunhas se desfán".
Prohibidas as ostras
En canto á lencería e a roupa interior, existe unha gran variedade de prendas sexys feitas a partir de bambú e algodón orgánico. Outro mandamento ecolóxico obriga a evitar o consumo de ostras como afrodisíaco, para colaborar na preservación do ecosistema mariño.
"As persoas que deciden optar polo sexo ecolóxico, danse de conta de que una vida ecolóxica é unha vida mellor", resume Gordon, e lembra o derradeiro dos consellos do decálogo de Greenpeace: "Fai o amor e non a guerra".
Ser "OBJETO de placer" ha significado y sigue significando: discriminación, falta de libertad y derechos, exclavitud, la maté porque era mía, tú no vales para nada...; por eso siendo un comentario inocente, a veces se nos revuelve el alma ( que sí tenemos).
Cando Leituga 1 se refería a ser "home obxecto" o que quería dicir, penso eu, é que lle gustaría que moitas mulleres quixeran, placenteira e libremente, practicar o "ecosexo" con el. Nada, pois, máis lonxe de calquera discriminación e violencia.
Eu xa estaba en retirada deste post, aínda que tiña e ten moita tela que cortar por aquelo de non botar máis leña ao lume. O moderador incluso se retirou moito antes pechando rapidamente o pé de foto. Quedaba claro que niste tipo de temas non íamos a ir moi lonxe polo de sempre. Xa quixeran moitos homes ser vistos libremente polas mulleres como obxectos de pracer algo que lles debe acontecer só aos famosos da música, o cine ou o deporte. Onte estaba eu a escoitar a Toquinho cantar no Auditorio "Garota de Ipanema", ¿acaso non viu Jobim, cando compuxo ese tema, a muller como un obxecto?. So se fixa no seu corpo dourado, no seu balançado etc. ¿Acaso valora a súa personalidade?. Para nada, e non por iso deixa de ser unha das cancións máis fermosas de tódolos tempos. ¿É por iso Jobim un machista?. Non cabe dúbida que él sí que estaba vendo a muller coma un obxecto de pracer. En fin.
Coas explicacións do señor Xabier síntome liberado de seguir insistindo no obvio.
En canto ao do sexo ecolóxico, non o vexo calro. En vez dunha fodienda como é debido, con tanto zenoura e tanto unto aquelo pode acabar parecendo un cocido. Só lle falta o "dente" do Monxardín. E polo da luz apagada non paso.
Publicar un comentario