12 abr 2007








Manuel Suárez Castro.
(Na imaxe un cartel deMax Pechstein)

O pasado luns celebrouse en Ourense un xusto e necesario acto de homenaxe a Manuel Suárez Castro, organizado polo Seminario de Estudios Socialistas, unha entidade creada hai uns meses co obxectivo de preservar a memoria do que foi alcalde da cidade co Partido Socialista e coa Fronte Popular e vicepresidente da Deputación cando estoupou a guerra civil. Como ben explicou Xulio Prada alí, nunha exacta biografía, Suárez Castro foi home moderado, prietista nas liñas do PSOE, mesmo criticado ás veces polo socialismo máis radical. Mestre de obras e canteiro, liderou tamén a UGT e o mundo obreiro local na cidade dende os anos 20 ata a Segunda República. De pouco lle valeu o seu carácter moderado e apostar pola calma naqueles días de xullo do 36: detido e xulgado en marzo do 37, na madrugada do 28 de xullo sería fusilado con outros catro militantes republicanos.

1 comentario:

Marcos Valcárcel López dijo...

Isto é o que saiu hoxe en "La Región". Engado agora que foi un discurso un pouco fóra de lugar o do deputado e sociólogo do PSOE convidado, excesivamente teórico e, con todo, superficial (arredor do socialismo liberal e todas esas cousas). Xulio Prada, en cambio, estivo moi ben, exacto, conciso