19 abr 2007






Que facer co actual Bacharelato?
Andoliña 19 abril

(Na imaxe, Carreño Miranda, "A monstra espida", peza que estivo exposta hai uns meses en Compostela)

Coñezo a obra de Mercedes Cabrera como historiadora e nesa perspectiva respéctoa e admíroa: sei da súa valía intelectual. Pero con iso no casan as novas que chegan sobre a proposta de reforma do Bacharelato, que tería lugar dende o curso 2009-2010. Non discuto as súas posibles boas intencións, pero sospeito o drama das súas consecuencias: facer ese chamado curso ponte entre 1º e 2º de Bacharelato e permitir pasar de primeiro con case a metade de materias suspensas é un autén-tico disparate. E a sociedade (os profesores, os primeiros) vaino ler como máis deterioración do ensino e aparcamento dos alumnos/as á marxe dos niveis de aprendizaxe.
Dise que esa proposta de reforma vén motivada porque case un trinta por cento de mozos abandona a escola tralo ensino obrigatorio. Pero hai que buscar outras solucións. Eu creo que 2º de Bacharelato, coa presión da selectividade, é un curso hipersaturado de materias e coñecementos. A única alternativa lóxica sería ir a un Bacharelato de tres cursos, ben necesario, e repartir así con xeito contidos e materias troncais e optativas. Pero nunca a conta de rebaixar aínda máis a calidade do ensino: sería irresponsable e suicida para esta sociedade.l

62 comentarios:

Anónimo dijo...

Alguén ten un problema coa bebida.
E non vai a conselleira e di que poden levar os móbiles nas aulas?
E agora a ministra non imaxina un bacharelato como a universidade, á carta?

Cumpría pór a un bo carniceiro, un chapista, un avogado, un electricista, un historiador, un, perdón, profesor de ensino medio, para organizar a racionalidade do sistema. E veñen eles e cágana.

Obviamente, se un rapaz de 2º de Bac só ten tres, o resto dos profesores permitimos que asista ás nosas clases sempre que non veña tocar o carallo. E creo que está ben. A parte de que tecnicamente é imposible conxugar horarios, etc.
Pero non é mala idea se o que quere o goberno é que non falemos doutras cousas.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Xa comecei a escoitar: vou estar dacordo co PP. Non me deixan máis saída.

Anónimo dijo...

Sobre todo eliminar para sempre o esforzo que é moi malo para a saúde física e mental das novas xeracións e canto máis torpóns mellor se poden levar polo rego que interesa.
Para a conselleira e o equipo que a acompaña, unha mención especial por ese logro para a humanidade de "Conciliar o horario escolar e familiar" de uns cantos alumnos/as de Primaria, os da xornada continuada non contan, a cambio de afogar debaixo do louxado nos meses de xuno e setembro.

Anónimo dijo...

Quizais o coñeza xa, pero penso que un complemento excelente para o post e o libro "Panfleto antipedagógico" escrito por un mestre de ensino secundario. Até ten a súa web (a min, dende logo, resultoume do máis interesante): www.antipedagogico.com

Anónimo dijo...

É evidente que as reformas do PP no ensino estaban mellor enfocadas que as do PSOE. Quen non o quera ver, nublaxe o ideoloxismo.

Silvio Falcón dijo...

Eu, como estudante de Bacharelato, valoro esta reforma moi negativamente, porque só fará que os estudantes se acomoden máis, cando o que realmente falta é tensión no estudantado, RESPONSABILIDADE REAL dunha xeración que sempre tivo todo feito.

É sinxelo de entender.

Anónimo dijo...

A cousa ten dous forros, se lle damos a volta.

Inicialmente: a min, desde hai tempo, paréceme que alguén entende mal as previsións educativas. Ou eu, que lin mal onde seica di que o BAC é nivel orientado aos estudos universitarios; ou eles, considerando que a gran maioría dos rapaces deben facer o BAC. Ora que, igual, de aí vén que a Universidade (falemos agora, só, do sector discente) ande probablemente un tanto lonxe da excelencia que procura como obxectivo esencial, un dos que xustifican a súa existencia.

Pero non só as autoridades educativas andan interesadas en que o BAC teña moitos alumnos. Como supoño que o meu contorno non é único e especial, permítome xeneralizar: sectores moi importantes do profesorado e equipos directivos temen pola perda de grupos e eliminación de prazas docentes; temor recorrente que descansa na esperanza de BACs ben nutridos.

Distingamos, logo, a prioridade: ou máis nivel ou máis prazas. De primar a segunda opción, o curso ponte non parece -en primeira e non ampla lectura- necesariamente un despropósito: non se trata, entendo eu, de adaptar currículos eliminando materias, senón de gardar o aprobado e cursar -no grao intermedio- metade de 1º e metade de 2º, nunca incluíndo unha disciplina do nivel superior coa chave suspensa.

A cuestión, logo, sería se o BAC debe ser duro e selectivo -coma, en teoría, a universidade- ou "aberto" e fácil de levar, coma case todo o que aos rapaces se lles propón. Eu, desde logo, opto por máis xente na FP, menos no BAC e na Universidade; paréceme o sensato. Convén, aclarar, así e todo, que aparentemente a miña praza e estabilidade non corren perigo de aquí á xubilación.

Anónimo dijo...

Como a súa publicación coincidiu no tempo coa elaboración do meu texto anterior, non lera o de Silvio Falcón. Unha mensaxe para el: alegra e conforta o seu contido.

En efecto, hai estudantes así.

Anónimo dijo...

Eu tamén recomendo ler o famoso panfleto antipedagóxico. Aínda que escoitei argumentos na súa contra dalgún orientador, persoalmente suscribo casi todo o que alí se dí. E tocante ao tema da conciliación da vida familiar e laboral coa escolar vexamos como actúan os políticos: o señor delegado de educación non ten reparo en mandar a La Región un artigo defendendo a mesma (en realidade póndose do lado dos seus, cousa que de acontecer no seu posto anterior como director dun colexio de Xinzo e gobernado o PP quen o vería, en fin). Mentres, os alumnos do colexio público de Allariz entran as 10:30 tódolos días desde fai moitos anos, algo que altera notablemente esa "conciliación" a pesar de que dito centro lle comunica cada inicio de curso dita demanda por escrito e incluso persoalmente nunha visita que fixo ao mesmo sendo a resposta pasar totalmente do tema. Polo demáis xa empeza a estar un saturado de tanta reforma e contrarreforma e o peor de todo sen ver que os resultados melloren. Penso que se culpa demasiado ao sistema e que se cuestiona pouco a actitude hacia o estudio de moitos alumnos que en realidade queren unha aprendizaxe "light".

Anónimo dijo...

Graciñas pola recomendación do "Panfleto Antipedagógico" non ten desperdicio.

Anónimo dijo...

Cando se fala de educación (a todos os niveis) un está sempre a pensar: a ver cando vén o vindeiro disparate!

Négome, a estas alturas, a ler nada de pedagoxía que estea escrito por un pedagogo ou psicopedagogo que non impartise continuadamente aulas nos casos dos está a falar ou pontificar.

A miña impresión -e corríxanme se me trabuco- é que non se quere coller o touro polos cornos e que todo se fai descansar no lombo do profesorado. Porque aos pais/nais, aos alumnos ou á propia administración, nin tocalos.

As palabras anteriores de Silvio Falcón son ben elocuentes.

Marcos Valcárcel López dijo...

Comprobo que a teima cos pedagogos (polo menos cos que elaboran os plans de estudos) empeza a ser universal. Sería tan difícil contar, para empezar, coa opinión do propio profesorado, aínda que esta sexa heteroxénea e plural. Ou co propio alumnado: hoxe nas enquisas e reportaxes que vexo na prensa ata a maioría dos alumnos/as entenden que isto é un disparate.

Anónimo dijo...

Eu pregúntome: por que cambiou a ilustración deste post? Que secretas e perversas pulsións o levaron, amigo Valcárcel, á mudanza de tal estampa?

Marcos Valcárcel López dijo...

Non pense mal, amigo Arume, tiven que refacer o post e tiña esa foto máis a man que a outra. Foi por non pararme a buscala, nada máis. Pero xa postos: non estaremos a crear unha "monstra espida" con tantas reformas pedagóxicas sen sentidiño...?

Marcos Valcárcel López dijo...

Acabo de consultar a páxina do Pangleto antipedagóxico. Eu tamén a recomendo, cando menos como pé para un debate. R.Moreno di cousas interesantes, sen dúbida. Das opinións de Adrados, coincido con el nalgunhas cousas que di da calidade do ensino, pero non cando se manifesta na súa apoteose centralista contra as linguas e culturas (e historias) periféricas e minorizadas.

David Paz Nóvoa dijo...

Dá pena ollar como a conselleira de "Educación" quere convertir os nosos centros educativos en aparca-nenos e ao profesorado en gardas e vixiantes. Viva a dignificación social do traballo dos mestres! Cal será o seguinte paso? Cear no colexio? Gardas nocturnas? Fin-de-semana-en-el-cole? Todo sexa polo ben da "vida familiar" dos nenos, as principais víctimas de tanto despropósito. De seguirmos así os pobriños non van coñecer nin os seus pais.

Anónimo dijo...

Eu, que odio profundamente a pedagoxía e recoñezo o dano inflixido ao sistema educativo, acho o panfleto un pouco nostálxico de máis, cun tono cuéntamecómopasó que eu non comparto. Cando mo pasaron hai varios anos, linno con atención e agrado porque me pareceu, dentro do xénero da diatriba contrapaedagogos, de ilustre tradición, ben escrito. Pero non podo celebrar o seu estilo de ancien régime e a súa implícita gabanza dos métodos prehistóricos.
Un sistema educativo require de estabilidade. O noso sistema educativo sempre está por facer. Un sistema educativo require tamén dun notable grao de coincidencia entre as distintas propuestas pedagóxicas (medo e noxo dá escribir esta palabra). O noso sistema educativo é modificable cada vez que un partido acada o poder. Un sistema educativo require un compromiso do profesorado e dos cadros de xestión. O noso sistema educativo entorpece o labor con ocurrencias anuais e mesmo a mitade de curso.
O resultado é, en primeiro lugar, desconcerto; en segundo, asombro; e, en terceiro lugar, cando a cousa non ten remedio, desesperación e desencanto. É doado, logo, cair no cinismo máis absoluto e, o que é pior, abrazar a Villar Palasí e aqueles tempos en que o neno era levado á casa do magister para aprender cálculo e gramática, cando de novo anuncian cambios.

Anónimo dijo...

O que eu non son capaz de comprender é o por qué do interese, ou que intereses se agochan, trala aportación de certa esquerda ao "reblandecemento" e "degradación" do sistema de ensino en xeral, e do público en particular.

Aínda que como ben di xose m gonzalez, non creo que sexa só cousa de políticos. Está o interese dos pedagogos, o dos país que non queren problemas cos fillos e descargan as súas responsabilidades para con eles nos profesores e mestres, ou o dos propios ensinantes e sindicatos preocupados por máis plazas, horarios, calendarios e dar voz os pedagogos, que polos froitos do ensino.

Un exemplo destas desfeitas. Contaronme unha vez unha desas reformas de plans de estudios que se levou a cabo na Universidade. Parece ser tras sesudas reunións de comisións de profesores, todo rematou cambiandolle o nome as vellas materias e ampliando o número de horas lectivas teorico-practicas. A excusa: a adecuación das titulacións as demandas do mercado, Europa.... A realidade: nos 2-3 anos seguintes, e sobre o nome das materias, ao parecer perfilouse a petición de prazas de cátedratico e de profesor de universidade. Ou sexa: mais horas+vellos contidos+vellas didacticas... Non coñezo o tema na secundaria. Pasan cousas destas ?

Anónimo dijo...

Nun dos videos colgados na páxina do Planfeto Antipedagóxico, Pilar Rahola califica de incívicos e sucios aos estudantes que se manifestan contra a guerra.
O tal Ricardo Moreno, gaba as excelencias da educación franquista e compara aos rapaces que non queren aprender, cos maltratadores de mulleres. O presentador asinte.
Neste blog, algúns profesores avogan polo desterro á formación profesional para os alumnos máis problemáticos, concibíndoa, por tanto, como un reducto para fracasados operarios da cadea de producción ou peóns da construcción (traballos nos que o esforzo realizado é moito menor, como todo o mundo sabe, ao que se lle esixe a un mestre). Tal solución, por suposto, nunca a imaxinan para os seus fillos nin para os fillos dos seus amigos, todos, ao parecer, excelentes e disciplinados estudantes. Os malos son sempre os outros, claro.
Máis autoridade. Máis clasismo. Máis hixienismo. Máis elitismo. Iso é o que todo o mundo parece esixir. Ninguén cuestiona, por exemplo, o método de selección dos docentes.
Realmente debemos estar asistindo á fin das ideoloxías.

P.D.1:Facerse coa mecánica dun videoxogo, ¿non require tamén un esforzo mental do que a maior parte dos adultos son incapaces?
P.D.2:Se se avaliase con criterios rigurosos un exame consistente, por exemplo, nun simple comentario de texto ¿qué porcentaxe de profesores de secundaria aprobaría?

Anónimo dijo...

Seguramente Cossino é moi hábil cos videxogos, pero teño moi claro que suspendería cun cero un simple comentario de texto, porque un profesor serio nunca pasaría por comentario o que é simple demagoxia barata.

Anónimo dijo...

Vaia! Outra vez a setembro!.

Anónimo dijo...

Como dicía Xudas no chiste: Mestre, no seré jo per casualitat?

Porque nunha mensaxe hai algunhas palabras miñas (seica), pero non me recoñezo.

E desculpen por consumir unha quenda con esta parvada.

Anónimo dijo...

Á final chegamos a un problema: a esquerda ten grandes problemas para aceptar o concepto de talento e esforzo, o traballo individual e mais a idea de superación por ese esforzo. Trátase de igualar pola base, e canto máis se rebaixe se nivel de igualación, máis igualitarismo. Pero con iso rebáixase a calidade xeral do ensino público, e acontecerá o que xa acontece: que os pais preocupados pola educación dos seus fillos ou os mandan á privada (onde o ensino é pior en contidos, onde o persoal está pouco cualificado e explotado, pero onde polo menos hai garantía de que os temarios se dan e hai "orde"), ou teñen que se ocupar eles en dárenlle aos seus cativos o que a escola non lles dá. Pero a escola ou o bacharelato xa non dan a moitos cativos o que na casa non se lles dá. Perversa lectura do principio de igualdade que levará ao desastre. Entrementres, o ensino privado frotándose as mans. Alguén terá un día que explicar por que neste país se lles fai tanto caso a determinados pedagogos.

Anónimo dijo...

Pois xa non sei eu se será máis culpa de pedagogos ou de planificadores e xestores políticos.

Unha mostra: a batería de propostas novidosas que trouxo a LOXSE, con tanta atención á diversidade, contidos transversais, programación de aula, ensino e atención individualizada... e todo recaendo no lombo do profesor, de cada profesor; que debía -parece- encargarse de darlle ao alumno, a cada alumno, a cada un dos seus oitenta, noventa, cen ou cento vinte alumnos, o que necesitaba e como o necesitaba; co luminoso obxectivo dun ensino de calidade e a erradicación do fracaso escolar.

Obviamente, ningún lombo pode con tanto se non melloran a alimentación e os cabrestantes: cartos, material, aulas, ratios, etc.

E non sei se o PSOE non estará volvendo bater na pedra.

Anónimo dijo...

(Penso que Cossimo debería repetir curso)

Estou totalmente de acordo co que di o Anónimo que precedeu a González.

(Acabo de ver a Rajoy: foi ministro de Administración Públicas e ignora canto gaña un auxiliar administrativo. Aos asesores e preparadores vailles caer unha bronca monumental!)

Anónimo dijo...

Que os rapaces non teñan que repetir as asignaturas xa aporbadas paréceme un grande acerto, e facilitarlles o contacto con coñecementos novos, amosase como un intento de non cegar a sua curiosidade. O contrario, o anterior lembraba moito o castigo, un castigo que non favorecía unha maior responsabilidade.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Concordo con Duarte en que as reformas do PP estaban animadas de mellores intencións que as do PSOE. Dada a súa tradición asistencialista e estatista, o PSOE está demasiado hipotecado polas súas bases sociais para acometer unha auténtica reforma no sistema de selección universitario (un escándalo); e dada a súa pailaroca dependencia de pedagoxías anxelistas, tampouco está en condicións de reformar o ensino non universitario. Conténtase con introducir inútis "Educacións para Cidadanía", sabendo, no fondo, que nacen como "marías" e que, como tales, son flor dunha lexislatura. O PP vai ao seu, claro, pero, neste caso, sempre apuntou con máis acerto.

Anónimo dijo...

Medir obxectivamente o talento, a grande aposta da modernidade, o inicio dunha discriminación obxectiva para o desempeño de cargos públicos que redunde no beneficio dos cidadáns, é unha empresa pendente en certos ambitos do Estado Español. Os militares de alta graduación prusianos eran elexidos por criterios de influencia familiar, até que a vista dos desastres nos campos de batalla debido, a ausencia de talento de moitos dos xenerais, abriu paso a ideas modernizadoras que evaluasen pola súa capacidade aos militares.
No Estado Español, quedan privilexios estamentais, pensese nas licencias das farmacias, ou como se apunta aquí, o mesmo acceso as prazas docentes na Universidade, nesta, abondan apelidos repetidos con teimosía familiar, eleccións con criterios, moi dubidosos, e unha ampla tea de intereses e promesas que perxudican, a verdade, a entrega ao estudo e a investigación. O resultado é como o exercito prusiano antes da reforma, no campo de batalla intelectual, a Universidade Galega, dorme, e nin apenas viaxa
Hai honrosas excepcións, pero tan excepcións que case se obliteran no panorama xeral de galóns e medallas herdadas sen sair do cuartel
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

horario

Ás duras e ás maduras

O presidente chama os docentes a arrimar o ombro e asumir a xornada de tarde e lémbralles que se puxeron recursos de todos os cidadáns para subirlles o soldo
REDACCIÓN . SANTIAGO
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, lembroulles onte aos sindicatos do profesorado o "esforzo como nunca" promovido polo seu Gabinete en educación e lembrou que se chegou a un pacto pola educación polo que se "puxeron recursos de todos os cidadáns galegos" para mellorar as condicións salariais e laborais dos docentes", cando antes do pacto o profesorado estaba á "cola" de España".

Este pacto pola educación, lembra Touriño, significa "un compromiso de todas as partes", e se unha delas aumenta os recursos cómpre un esforzo "de todos de mellorar a oferta e asumir o interese xeral". Así pois, espera que o profesorado "asuma" a supresión da xornada escolar reducida en xuño e setembro.

Touriño reivindicou o "pleno dereito" do seu Gabinete para aplicar unha norma "progresista" , "consensuada e apoiada" polas asociacións de pais e os directores dos centros e que "beneficia o interese xeral". Así, aludiu ao decreto "cargado de sentido común" publicado o luns no DOG e confiou en que, finalmente, "sexa asumido polo profesorado", que xa se manifestou contra a norma e ten unha folga convocada pola CIG e STEG para o 3 de maio.

Porén, o presidente confirmou que a Xunta non prevé modificar unha norma "valorada, que vai na dirección que ten que ir" e, se ben dixo "entender o punto de vista corporativo dos sindicatos", aproveitou para "lembrar o esforzo como nunca" realizado polo bipartito.

Os sindicatos do ensino da CIG e o STEG convocaron folga para o próximo día 3 de maio "polo mantemento da xornada matinal en xuño e setembro" e contra a decisión da Xunta de establecer a xornada partida. Para o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, é unha "imposición" do departamento da Xunta, que actuou de forma "autoritaria" e "provocadora", pois coñece o rexeitamento total do profesorado.

Conciliación á conta dos docentes, non

En opinión de Louzao, a Consellería pretende desviar a atención sobre os verdadeiros problemas do ensino con esta "cortina de fume" e a desculpa da conciliación laboral e familiar dos pais. Maniféstase a favor de que se amplíen os servizos que se prestan nos centros, pero non con profesores, senón con outros profesionais que se encargarían de actividades extraescolares.

Pola súa banda, Xosé Cabido, do secretariado nacional do STEG, explicou que a conciliación non se mellora aumentando as horas lectivas de alumnos e profesores, senón incrementando as horas libres dos pais para estar cos seus fillos.

Comentou que se trata dunha media continuísta da Consellería, xa que o anterior Goberno tamén aumentou a carga lectiva, sen ter en conta criterios científicos pedagóxicos, e con afán publicista ante a demanda social de conciliación da vida laboral e familiar.

O sindicalista recordou que este horario, que é común á práctica totalidade das comunidades, non se modifica en ningunha delas e resaltou que só 7 países da UE teñen unha carga lectiva maior cá galega.

Os sindicatos volven á unidade

Tras varias xornadas de quebra coa CIG, finalmente CCOO, ANPE, CSIF e UXT sumáronse á folga xeral no ensino do próximo día 3 de maio, que din que podería ter continuidade o día 9. Ademais, convocaron unha concentración de delegados para o día 25 ante a Consellería e concentracións de 15 minutos no horario de recreo o día 27. Tamén lle propuxeron o "envío masivo de e-mail" á Consellería co lema "non á imposición de xornada, si negociación".

Anónimo dijo...

O problema é, segundo alcanzo a entender, de relacións cos sindicatos. Aos sindicatos, por regra xeral e con razón, non lles gustan os decretazos. Pensan que deben formar parte das decisións que en materia laboral haxa que facer. O que probablemente moleste é a imposición e non a xornada completa. Pero nin o goberno nin os sindicatos saben explicar esto á xente. O máis doado é a oportuna demagoxia: non en ván o espectáculo continúa.

Anónimo dijo...

Eu creo que a medida de ampliación do horario é un xeito de diluír as responsabilidades dos país e da administración a costa dos ensinantes e dos propios alumnos, ademais dunha medida electoralista.

Se a administración quixera realmente dar cumprida conta do que di querer facer, habilitaría persoal capacitado para desenvolver actividades extraescolares nunha época na que a calor e o cansanzo fan imposible unha actividade lectiva normal.

E o de Touriño aos ensinantes: que calen porque se lles subiu o soldo, ten un nome moi claro. Chantaxe.

Anónimo dijo...

Chegou a hora do recreo: coma sei que vostedes son degustadores de placeres artísticos, vexan isto:
http://www.nytimes.com/2007/04/19/arts/20070419_MET_GRAPHIC.html

Xosé Manuel Carreira dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Xosé Manuel Carreira dijo...

Perdón pola dislexia amostrada no post anterior, haha.

Xosé Manuel Carreira dijo...

Versión corrixida, ou iso agardo

Certamente non pensaba intervir mas o panorama no ámbito que eu coñezo, o da enxeñaría, é desolador e acho que merecía un comentario.

Do meu ponto de vista, o nível de matemática e física ou mesmo a capacidade de escreber con certa coherencia nos rapaces de "notábel" da LOXSE actual é moi baixo. Varios dos meus colegas con verdadeira vocación docente universitaria ensinando no primeiro curso de faculdades de ciencias e enxeñaría decidiron o seu paso definitivo ao ámbito da empresa privada pola vergoña de ter que ensinar elementos que debían ter sido aprendidos no bacharelato. Por exemplo, ninguén de vostedes gostaría de ser doutor en matemáticas e ter que explicar como se manexa unha función de distribución normal (algo que no meu caso xa se explicaba en 1º de BUP).

As sucesivas reduccións nas carreiras de seis para cinco e agora, disque coa salsa boloñesa, para catro anos, fan o resto: desde enxeñeiros que comenten os máis básicos erros de conceito en deseños de estructuras, avogados que descoñecen o dereito mercantil e ate economistas que non saben os máis básicos elementos de contabilidade societaria.

Por qué acontece isto? Porque quen manda desexa titulados barateiros, mileuristas, de usar e tirar, que non pensen. Viva a igualdade: todos burros!

Un último apontamento aos señores profesores: non fagan lobbies de clase acomodada, pensen no que máis convén á sociedade, non permitan que merquen o seu silencio cunha subidiña de soldo, atrévanse a criticar abertamente ao governo ou governos responsábeis, sen medo, como tentamos os demais gremios profesionais mesmo en situacións máis comprometidas.

Anónimo dijo...

O grande e botado de menos Mendinho fala do baixo nível dos estudantes. Vostede pode acreditar que o nível do profesorado é elevado?

Anónimo dijo...

Testemuño persoal en dirección dobre: canto aos discentes, na Facultade de Filoloxía debe seguir a haber faltas de ortografía en cursos medios (altos tamén?); canto aos docentes: a última vez que formei tribunal de oposición, asustaba o uso dos pronomes persoais.

A causa é multiple, o diagnóstico certo.

Ulixes dijo...

En xeral, coincido co dito (entre outros) por Anónimo, González e Mendinho, polo que non o repetirei.

Gustaríame engadir que semella que hogano todo o mundo ten que ser notario/neurocirurxán/enxeñeiro aeronáutico. Que iso é o democrático e o contrario é clasismo. Eu intentarei que o meu fillo estudie o máximo posible. Pero se chegado o momento non quixera ou non estivera capacitado para seguir estudiando, non creo que tivera sentido que eu o animase a que fixera unha carreira aínda que lle levara 12 anos, ou que lle mercara o título nunha universidade privada. Non creo que fora ningunha desgracia que fixera unha FP (ou como se chame agora), pero non entendo porque en xeral a sociedade ten moi a menos eses estudios. Hai moita xente que prefire facer calquera carreira e acabar traballando do primeiro que apareza e non facer unha FP.

Anónimo dijo...

Un amigo meu, que dá clases na universidade, contábame o outro día que un alumno, de 3º curso da diplomatura de maxisterio, facendo unha (moi pobre) exposición na clase puña nas trasparencias que usaba como guión: Fernando 7º e F7.

Ou sexa, fundido e tocado.

Anónimo dijo...

Ao revés: tocado e fundido.

Anónimo dijo...

Sobre o nivel dos estudantes na Universidade pódese falar moito. Pero é unha cadea que vén de atrás: os docentes universitarios botan a culpa aos de ensino medio, estes aos mestres de primaria, estes aos de preescolar, e estes últimos xa non teñen a quen. A familia tamén inflúe.
De todos os xeitos, dous apontamentos. Un: o tema dos horarios escolares é un desastre para conciliar vida laboral e familiar. Pero os sindicatos de ensino non contribúen a mellorar a imaxe social dos ensinantes mascarando as reivindicacións dos seus afiliados (que, coma as de todo traballador, consisten en negarse a traballar máis polo mesmo soldo) con argumentos disparatados para "non seren impopulares". Dous: na Universidade (galega e española e de moitos sitios) hai sen dúbida moita inxustiza nos criterios de acceso a prazas docentes. Pero con resentimentos corporativos tampouco non se soluciona nada: poderiamos falar da vergoña de hai anos pola que os "interinos" non tiñan nin que sacar aprobado nas oposicións de Ensino Medio, destas propias oposicións (nas que tamén hai de todo) ou do corporativismo de todos os corpos docentes, que sempre envexan ao de enriba e machacan ao de abaixo. Non se trata de "que se quiten eses que me poño eu". Ou, polo menos, non é tan doado. En todos os corpos docentes hai de todo: hai cátedros que non fan nada, como hai profesores de Ensino Medio que non len un libro hai décadas, como hai profesores de Ensino Primario que escreben con grallas de ortografía. E nos tres chanzos hai excelentes profesionais.

Anónimo dijo...

Amigo Isildur: fagamos a proba do nove: cantos profesores dos perto de 35 que tivemos nós no ensino medio poden pasar á nosa posteridade como bós profesores?
E dos 25 ou 30 que tivemos os que chegamos a ir á universidade?
Pois iso: que ten vostede toda a razón.

Anónimo dijo...

Sexamos cautos e mellor non facer esa perigosa pregunta, amigo Arume. Porque (ai!) lembraranse de vostedes algúns dos seus alumnos?

Cando as barbas do teu veciño...

Marcos Valcárcel López dijo...

Efectivamente, tampouco hai tantos profesores do E.Medio, dos que nós tivemos, que pagase a pena relembrar: aínda que aqueles eran outros tempos, en clave política claro. Pero algún había que si podemos gardar na lembranza: unha nova profesora de León que chegou ó Instituto de Ourense e soubo facer unhas clases boas e participativas é a responsable de que varios dos alí presentes como alumnos estudiasemos logo Historia (e non Filoloxía, como nos recomendaban outros; ironías do destino, varios deles, acabamos sendo profesores de Galego tamén). Tamén hai que dicir que todos tivemos, en medias e na Universidade, profesores competentes que quizais naquel momento non soubemos como tales. E moitos outros que non había por onde collelos: moitos de Arte e de Xeografía, dptos. copados polo Opus daquela, en Xfía e Historia 1975-1980, p.ex. Cando chegaba un profesor con outro talante, sobre todo nos cursos máis altos(Barreiro, Villares, etc.) nin sequera tiña que esforzarse moito para que o alumnado enganchase coas súas clases.

Anónimo dijo...

Por certo, eu tiven unha profesora que era de Ourense, que se chamaba e supoño que se chama Nieves Vñazquez, que debe dar clase por un instituto de Ourense, que foi a principal culpable (foelix culpa) de que eu fixera o que fixen: das que un se lembra toda a vida. Se alguén de por eses lares coñécea deanlle bós recordos de mín. Ela saberá quen foi (Parece a versión galega de Girl from the North Country de Dylan)

Anónimo dijo...

Extraordinaria e sinxela a canción, Arume, con Dylan e Johnny Cash ao alimón.

Anónimo dijo...

Non sei si e xuizoso deixarse levar polo tremendismo nestes temas... Si fora así, deberíamos de pedir que deteñan os responsables educativos dos trinta ou trinta e cinco últimos anos (¿Cando empezou realmente ese deterioro educativo que tantos debuxan?) por delitos contra a humanidade….

E ben certo que as decisións de moitos responsables políticos probablemente non sexan mais acertadas (tampouco errarán sempre e en todo ¿non? sería case imposible, nin a propósito se pode facer), pero a pesar delo a min non me casa tradución que terían moitas das opinións vertidas nesta entrada coa realidade do teimudo mundo real.

Se a praxe educativa do noso país é unha terrible arma de destrución masiva, tal e como se debuxa por algúns dos intervintes e, tendo en conta conta que a formación é o gran factor que explica, todo ou case todo, o desenvolvemento dunha sociedade en calquera dos seus aspectos…..¿Como é posible que teñamos progresado tanto (¿nos últimos 35 anos?) en tódolos aspectos sociais, económicos, investigadores, culturais (si culturais tamén que neguen se asuste)…. co sistema educativo que se debuxa en algunha intervención? ¿Estamos destinados pois a ser cada vez mais probes en tódolos aspectos (tal e como se derivaría si o sistema educativo e o que tantas veces se reflexa)? ¿Por que existe tanta tendencia a autoflaxelación nos entorno académico-educativo? ¿E esa a mellor maneira de dar unha resposta coherente e atender o obxectivo principal de axudar a aprender a aprender? ¿Damos así cumprida resposta á desvalorización da función docente, o seu recoñecemento e/ou a inadecuada incentivación da totalidade de axentes do sistema? ¿Demasiada paixón e ansiedade?

Anónimo dijo...

Sigo coas miñas microintervencións neste fío, en forma de breves preguntas:

O fracaso escolar (sistémico), ¿é privativo da Península Ibérica?

A cultura icónica (cada vez menos bibliográfica), ¿ten responsabilidade importante?

A tendencia do profesorado a pregar e aprobar incompetentes que chegan ao 4 no exame, ¿ata onde conducirá?


Tributo particular a profesores lembrados. Preuniversitario de Letras, Instituto Masculino de Lugo (agora "Lucus Augusti"), curso 1970-71: de sete profesores, doulles só tres nomes: Xesús Alonso Montero (Literatura), Amable Veiga Arias (Latín), Ánxel González Fernández (Filosofía); podería engadir outros tres, menos coñecidos pero igualmente competentes. Loxicamente, era elenco prestixiado en todo o país; e eu ben que me aproveitei.

Xosé Manuel Carreira dijo...

Sexan ambiciososo e non conformistas. Non se enganen, o ensino galego regularciño, unha máquina de criar funcionarios e mileuristas en lugar de emprendedores, profesionais e intelectuais.

Négome a conformarme cun ensino bonciño. Pago unha boa procentaxe de IRPF, coma moita xente nova, levo investidos moitos cartos e tempo en formación e creo que temos dereito a esixir o máximo nível. Non me basta un comentario do tipo "non estamos tan mal".

Cultivemos a excelencia. Precisamente porque nos contentamos cun ensino bo, temos un ensino regular. Pidan o óptimo e terán o bo.

Anónimo dijo...

"con resentimentos corporativos tampouco non se soluciona nada", dixo o amigo Isildur, como tratando de desactivar as críticas á situación da Universidade, en virtude de que, en ocasións, proceden de xente do Ensino Medio. É normal que sexa así; os profesores universitarios accederon, nunha porcentaxe importante, polos mecanismos de cooptación ou semicoopatación habituais na Academia, é non é de esperar que os denuncien; e os que accederon doutro modo adoitan seguir o principio (por outro lado moi respetable) de non morder a man que che dá de comer.As críticas descalifícanse polo súa debilidade argumental; non pola profesión dos que as emiten. Que a universidade é un niño de amiguismo e endogamia é un segredo a voces.

Anónimo dijo...

Claro, amigo Duarte: os segredos a voces son tan evidentes, que para que debatelos. Tan simple e simplista é dicir que a universidade é un niño de amiguismo e que todo o que entra nela se converte nun servo da gleba, como que os profesores de Ensino Medio son unha grea de ignorantes que hai anos que non len un libro e en máis dunha ocasión entraron mercé aos puntos acugulados por seren interinos. Ou que os escolantes só entenden de aprender o abecedario. Se as críticas se han xulgar pola súa consistencia, non creo que os segredos a voces a teñan. Neste derradeiro caso, pechemos o blog e poñámonos a adorar crenzas e consignas, que parece ser que é aquilo para o que vale a xente, non é?

Anónimo dijo...

Dicir que a universidade é un niño de amiguismo e endogamia é, en efecto, unha crítica, que, como tal, pode ser discutida cun mellor argumento. Engadir que "é un segredo a voces" é un efecto retórico perfectamente admisible, neste contexto. Para ser exactos: o que hai que discutir non é o do segredo senón o da endogamia, o amiguismo e a falla de preparación dos profesores universitarios. Despóis podemos entrar a discutir a porcentaxe dos profesores de Bacharelato que entraron por oposicións restrinxidas e decidir se ese é un sistema adecuado.

Anónimo dijo...

Case mellor discutimos todo no mesmo tempo, ou? Porque non me parece que haxa, neste caso, prelación ningunha e pouco sentido teñen as distncións de tufo corporativo, aínda as que veñen de sedicente posición anticorporativa.

Asina isto un profesor de secundaria.

Anónimo dijo...

Hoxe teño un día compracente (ha ser o sangue xa alterado pola primavera) e ouso declarar que non houbo na historia deste país profesorado mellor preparado do que hoxe. Vigo, a 23 de abril de 2007.

Anónimo dijo...

Non lle ha ser a primavera, Arume, senón o efecto benéfico do Día do Libro.

De calquera maneira, iso que di hao ter que probar na presenza do seu avogado: logo de agradecer a parte que me toca, direi que a expresión resoa moito co da "mocidade mellor preparada da nosa historia", "os que máis galego saben", etc.

Cousas que se din, habitualmente, para contrarrestar deficiencias. Discurso vs. insuficiencia constatada. Veña, defenda o seu pavillón.

Anónimo dijo...

Efectivamente, non hay unha prelación temporal que obrigue a discutir primeiro a competencia dunha parte do profesorado universitario. O unico que quería dicir é que "a verdade é a verdade, independentemente de quen a diga. Dito doutro modo: que non se pode descalificar unha crítica é endogamia e ao potlach intra e interuniversitario dicindo: "si, pero os profesores de Ensino Medio tamén teñen moito que rañar".

Anónimo dijo...

Xa lle digo, amigo González, teño día compracente. Mañán xa veremos: o vitriolo seguro que aparece. E, por suposto, nin teño pavillón que defender nen alma (nin corpo) de alférez para levantar bandeira algunha.

Anónimo dijo...

Lástima. Aínda que quen sabe o que direi mañá.

Anónimo dijo...

O vitriolo é o pan e o sal da vida. Se todos fósemos boíños e ben pensados en todo, o mundo sería un aburrimento.

Anónimo dijo...

Arestora estou feito un malandro provocador. Daquela, velaí vai unha cita de agasallo para Arume, que remato de ver nun blog que se cita máis abaixo. É de Vicente Risco (quen non é santo da súa devoción), e ten a intención de provocar en vostede un comentario vitriólico:

Sinxelamente: o fomento centífico do vicio, a base de bioloxía e de psiquiatría freudiana e de endocrinismo e demáis chafalladas. Que non é outra cousa máis que vicio, iso do amor libre, ao que tenden estas propagandas, máis ou menos direitamente. Non hai, non pode haber amor libre; o que chaman amor libre non é máis que vicio libre. O amor, por natureza, é servidume; onde hai libertade non hai amor. O amor non se pode reducir a un asunto de sexos. A virxinidade, o casamento, a fidelidade, os fillos, son cousas que requiren alma, que requiren sentimento, que requiren virtude, que custan esforzo e sacrifizo. Istes probes de esprito, istes cobardes, istes egoístas que compoñen o mundo moderno, non teñen folgos nen arnaces para ningún esforzo, para ningún sacrifizo. Pésalles a moral porque non teñen coraxe para ela, porque son menos homes que os de enantes; o que queren é aforrar traballos e darlle gusto ao corpiño. E non faltan doutores sen vergonza nen literatos cínicos para xustificaren a sua larchaneiría. Veleiquí o segredo do problema sexual.

Texto de Vicente Risco publicado na revista Nós, número 119, páx. 238; citado na biografía escrita por Carlos Casares sobre o intelectual ourensán, editada por Galaxia.

posted by galeidoscopio

Anónimo dijo...

Semen retentum venenum est. Así, a bote pronto. Coma o Mcenroe cando lle tiraban a bola ao pé e el levantabaa con aquela elegancia digna de Bernini.

Anónimo dijo...

¡Quen falou, que a casa honrou! É o primeiro que se me vén á cabeza lendo este texto de Risco, sobre todo pola súa maneira de referirse aos "viciosos" como "cobardes, egoístas, sen folgos para ningún sacrificio". Cantas veces o mellor é quedar calado!