22 may. 2007



As grandes preguntas.

Andoliña 23 maio

Moito se ten escrito xa sobre o caso Günter Grass e a súa confesión sobre os seus anos de mocidade: ós 17 anos pertenceu ás SS hitlerianas. “Fun seducido por Hitler. Crer nel e na vitoria non cansaba, era facilísimo”, di o escritor alemán nun xornal. Pregúntase agora Grass por que non dubidou. Por que non preguntou por aquel profesor desaparecido ou por aquel compañeiro de clase que era Testemuña de Xehová e nunca máis volveu?

Toda unha xeración foi seducida, sen facer preguntas. Non foi Grass o único: hai unha longa lista de escritores, filósofos, intelectuais, seducidos polo irracionalismo nazi. As preguntas facémolas agora: Carlos Casares escribiu Deus sentado nun sillón azul movido polas mesmas preguntas, despois de coñecer en Alemaña o palacio onde se tomou a decisión final: nin máis nin menos que eliminar toda unha raza, os xudeus, e seis millóns de persoas.

Preguntas que renacen ó ver películas tan maxistrais como O pianista, de Polanski, que repoñen na TVG, baseada en boa parte nas súas lembranzas do gueto de Varsovia cando a persecución nazi: agardo que os mozos de hoxe si se fagan moitas preguntas. Porque, de certo, non temos outro antídoto posible contra a barbarie e a senrazón.

13 comentarios:

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Pode unha confesión tardía, a pesar do que decía o outro día o amigo nun artigo de EL PAÍS, invalidar todas as súas proclamas morais de todos estes anos? Cal é a autoridade moral, hoxe (e onte, con efectos retroactivos), de GG?

arume dos piñeiros dijo...

Acaba de saír en EE.UU. o novo libro de Al Gore, Asalto á razón, e velaí a interesante reseña do New York Times.

Xabier dijo...

É certo que con dezasete anos e o caldo de cultivo que daquela había non sería moi xusto condear a este home polo que fixo máxime si temos en conta que o mesmo tribunal de Nürnberg exculpou aos soldados. Outra cousa e ter calado tanto tempo ese feito. Persoalmente interpreto esta declaración non coma un xesto de sinceridade nin de liberación da conciencia senón polo temor a que tarde ou cedo se soupese o cal sí sería moi grave. Xa non digamos con él falecido e sen capacidade de defensa algunha. Entendo que si GG hipoteticamente tivese algún tipo de blindaxe que fixera imposible coñecer ese pasado non nos houberamos enterado xamáis.

Roi Quiemado dijo...

Algún día poderías falar dos caladiños que estaban os ¨intelectuais de esquerda¨ cos crimenes do stalinismo, eso si daquela ó que decia Stalin era unha ¨verdade cientifica¨... O domingo no ¨Pais¨ viña un artigo sobre as purgas do 36-38 na URSS, alí ainda se fala das matanzas do 37... Por certo, a Gunther Grass reclutaronno no ultimo ano de guerra, daquela a armada, a artilleria antiarea (que manexabana rapaces... entre iles o Papa actual), etc., deixara de existir, todos ían ó frente... Imaxino que si o dixo il iría voluntario (ainda non lín o libro), mais as SS no ultimo ano de guerra encheronse de todo tipo de xente, todo ó que fose de utilidade...

Xabier dijo...

Para falar do caladiños que estaban ises intelectuais de esquerda é posible que precisemos dun blog específico.

arume dos piñeiros dijo...

O primeiro capítulo do libro de GG:
http://www.elcultural.es/HTML/20070517/LETRAS/LETRAS20506.asp

Roi queimado dijo...

Tamén é certo, poderianse ocupar varios blogs... Graciñas polo enderezo do primeiro capitulo...

Xabier dijo...

Segundo a crítica que viña en Babelia parece que pelando esa cebola non se chora tanto...

Roi Buligan dijo...

O peor do tema xa non é ese pasado escuro de Grass, que se podia xustificar polo idade, medo, a fascinación, o caldo de cultivo para un odio irracional (ou o mellor non se pode xustificar senón porque houbo heroes como os da Rosa Blanca (http://es.wikipedia.org/wiki/Rosa_Blanca) ou peor é como acusou de colaboracionistas cos nazis a outros colegas nun exercicio de cinismo asqueroso

a.p.-c. dijo...

Exactamente.

O problema de GG non é tanto ese pasado-pecado, que pode ser explicado por múltiples factores, senón o ter exercido -quizais cinicamente, si- durante décadas como implacable "conciencia moral" que non poucas veces derivaba en desabrido "martelo de herexes".

a.p.-c. dijo...

Qué gran diferencia respecto doutros, que si recoñeceron o seu pasado.

É o caso de Hergé, quen xa en 1973 declarou nunha entrevista:

"Reconozco que yo también creí que el futuro de Occidente podía depender del Nuevo Orden. Para muchos la democracia se había mostrado decepcionante y el Nuevo Orden traía nuevas esperanzas. A la vista de todo lo que pasó se trataba naturalmente de un gran error haber podido creer en ello".
También en 1973 declaró a la revista flamenca Elsevier: "Mi ingenuidad de aquella época rozaba la necedad, podríamos decir que incluso la estupidez".

Longa vida a Tintin (pronúnciese "tan-tan", por favor)

Roi Queimado dijo...

Opino ó mesmo, o problema é o seu noxento pasado de ¨martelo de herexes¨... Mais é un erro bastante común sobre todo no mundo cultural, ve-la palla no ollo alleo e non a viga no propio...

Isildur dijo...

É certo que as Waffen SS obtiveron a prerrogativa nos últimos meses da guerra de recrutaren soldados de leva, e que aceptaron de todo (mesmo traballadores estranxeiros que servían na Alemaña, tamén varias deceas de españois). Porén, o mesmo Grass recoñece que para os mozos daquela época, socializados no nacionalsocialismo, servir nas Waffen SS era considerado unha honra, igual que ser aceptado nunha "Napola Schule" para devir un membro da elite reitoria do imperio futuro. E que para moitos adoescentes máis novos ca Grass, o ser recrutado pola milicia popular nos últimos anos da guerra, ou ser adestrados para a futura guerrilla de resistencia, tamén o era. Os valores espallados pola propaganda NS callaran en moitas consciencias, sobre todo dos socializados dende a infancia. E niso xogaran moitos factores: a educación, as mocidades hitlerianas, as organizacións deportivas e de lecer, etc.
Xulgar retrospectivamente a un rapaz de 18 anos como era Grass na altura con criterios normativos de hoxe é cando menos de dubidosa xustiza. Todo o que teña visto a película "A Ponte" de B. Wicki (1960) pode percibir o estado de azo de moitos deses mozos. Mais concordo con APC en que o que cómpre preguntarse é: por que Grass descobre agora ese pasado? Temía -como se ten suxerido- que ese pasado enverdecese agora, que alguén o tirase á luz (ese feito era coñecido dos norteamericanos e da RDA dende polo menos finais dos 50)? Tratou de pór orde na súa consciencia, xa no treito final da súa vida, devido unha figura pública, cun premio Nobel ás costas, para evitar que a polémica estalase logo da súa morte e emporcase o seu nome sen poder dar as súas propias explicacións? Ou foi unha estratexia para vender exemplares do seu libro? (algo non tan preciso, xa que Grass é obviamente millonario)? Difícil sabelo. Talvez sexa só un delirio de grandeza e megalomanía moi propio, polo demais, dos escritores, que pode chegar ao masoquismo: o debate sobre Grass convértese en debate sobre a memoria alemá. El devén así Alemaña. Cántos de entre nós non desfrutarían dunha identificación así con Galiza? Recomendo ao respeito as páxinas que o crítico literario Reich-Ranicki adica ao seu encontro con Grass en Varsovia a mediados dos 50, cando aquel aínda era unha promesa literaria ("Mi vida", Galaxia-Gutenberg, 2000). Por certo, referido a Grass, Reich-Ranicki dixo unha frase célebre, que xeneralizaba a todos os escritores: dicía destes últimos que "son todos uns porcos", xa que só eran uns ególatras obsesionados coa súa obra. Mais que, dado que todos eran uns porcos, polo menos el quedábase cos "porcos con talento", e Grass seria un deles. Apliquémolo a cantas circunstancias domésticas imaxinemos, e non só por suposto aos escritores.