18 may. 2007

As papeletas nos colexios
Monxardín reclama hoxe, en Galicia Hoxe, que só se dean as papeletas electorais nos colexios. Medida que sería moi oportuna, como outras posibles para mellorar o proceso electoral (poden suxerir as que vostedes consideren como máis axeitadas...)

(...) Destas cousas do carrexo dos votos, cóntanse moitas anécdotas. Unha moi simpática dáse como acontecida na Limia. A min xuráronma como certa, como claro, acontece en toda lenda urbana, ou rural neste caso. Outrora foi verosímil, arestora xa non. O caso é que un vello paisano dentro dun autobús de transporte partidario que se está achegando ao colexio electoral, recibe o sobre para votar de mans do encargado... e disimuladamente, botándose para atrás no asento, medio tapando co gabán, entreabre o sobre para guichar no interior... e o axente que o ve, bátelle na man entre autoritario e paternal... "Ei, que fai, oh? ¿Non sabe que o voto é secreto, ou?".

13 comentarios:

a.p.-c. dijo...

comparto punto por punto o artigo de Monxardín. O conto con que o pecha é xenial.

Scaciapensieri dijo...

i el será certa?

marcos valcarcel dijo...

A medida que defende no artigo Afonso sería moi hixiénica para a democracia, cando menos en Galicia, aínda que baixaran por un tempo o nivel de votantes, no mundo rural ou en certos barrios das cidades. E non habería tamén algunha forma legal de limitar o despilfarro económico que supón cada campaña?

Xabier dijo...

Pois eu iría máis lonxe. Non entendo como a estas alturas que se pode pagar pola rede coa tarxeta de crédito, enviar a declaración da renda ou participar no concurso de traslados aínda andamos con eso da papeleta e o sobre. Sinceramente empezo a atopar iso un pouco anacrónico. Pero postos xa no tema tamén me cuestionaría si fai falta tanto derroche en carteis con mensaxes miméticas que suscribiría ata El Corte Inglés.

Etexeokei dijo...

Lembro unha campaña na que desde EG troxemos a Amancio Prada ao Pavillón de deportes. Enchémolo. Sacamos trescentos votos na capital.
Encher as farolas de cousas, non serve para nada.
Que o BNG regale, pinturas, auga, chaveiros, teña folletos de oito paxinas, un autobus coa cara de Alexandre Sanchez Vidal, etc. o único que fai é situalo dentro das forzas "normais" e acríticas do sistema. O que ten un punto bo e outro malo.
Desde logo, uns cantos debates nos medios públicos, uns mitíns nas cidades, sectoriais uns con prezenzas dos principais, etc.
Xa veredes como Ternera Gallega con todo o que leva feito, non a raña especialemente. Hai tendencias que se apalpan. A xente está fartas dos de antes e pouco contenta cos de agora. ¿E por onde van saír eses 40 % de indecisos en Ourense? Depende. Saberémolo o trinta. Por unha cousa é o que se di, outra o que se pensa e outra o que se fai... ou non o temos claro?

Anónimo dijo...

É certo, a lei electoral precisa dunha volta. Nas mesas hai apoderados de partidos que están para que non se cometan irregularidades, pero "outros" están para intimidar aos votantes que teñen controlados. Ten que garantizarse o secreto do sufraxio, sobre todo nun pais como o noso.

De onde procede tanto diñeiro dilapidado na campaña electoral?
Jimy de Rairo

descrido dijo...

Gústame ler os artigos do Sr. Monxardín, gozo deles como dunha cervexa fría un dia de verán (dáme a min que é ese ton tan característico seu, o que lle da frescura que teñen... pero solo son apreciacións de lector), pero ante a febre que parece que despertou no participantes neste blogg a lanzarse cara posturas prohibicionistas a partir de razoamentos apoiados en anécdotas ou do mal uso que fan algúns dun dereito.

Máis ala de que, si non me equivoco, xa existe un límite de gasto nas campañas electorais (penso que está recollido na LOREG); non sei moi ben que é o que se debería prohibir ¿Tratase de restrinxir a comunicación en xeral? ¿De restrinxir a Comunicación de Administracións/Institucións e/o de Partidos Políticos? ¿De restrinxir a Comunicación de estes anunciantes cando é pagada con fondos públicos? ¿De limitar a Comunicación, pagada con fondos públicos, en soportes e medios que non nos gustan a cada algún de nos? ¿Ou restrinximos tan solo a comunicación sobre aspectos que non nos interesan a uns cuantos? ¿E porque non se xuntan varias persoas en cada municipio e deciden que propostas de comunicación dos partidos/institución lle gustan e atopan apropiadas?

Que queren que lles diga, non vexo moitos razoamentos obxectivos nesa obsesión prohibicionista (nin a cifra de participación, nin o desapego existente entre partidos/clase política e cidadáns, nin os gustos persoais… nin sequera que algún candidato/partido faga un mal uso de algunha ferramenta comunicativa (de ser así cantos dereitos teríamos que retirarlles aos cidadáns). O feito de que a meirande parte das veces as organizacións políticas sexan incapaces de captar as necesidades e demandas dos cidadáns, que carezan de estratexias de marketing, ou de que non sexan quen de construír unha comunicación efectiva, limitándose a facer propaganda chusquera, non debería de levarnos a focalizar os problemas da sociedade e do sistema electoral nos sistemas de captación de información, no marketing, na comunicación ou a publicidade dos partidos.

Tampouco vexo tan claro eu esa capacidade para que algúns decidan quen pode votar e quen non a partir dun dato tan clarificador e obxectivo como a “posesión de recursos intelectuais para achegar unha idea de especial interese para a sociedade no grave momento de elevar a opinión individual a decisión e goberno colectivo”. xa postos e máis doado que decidan eses xa quen pode e debe asumir o goberno colectivo.

En canto a algún comentario relativo a bondade ou non da utilización de calquera acción de marketing puntual,entendo eu que esta deriva de que se acaden ou non os obxectivos que buscaba. Si non me equivoco eu, o reparto de merchan simplemente busca que á xente se achegue, neste caso á carpa do BNG (e iso parece que o están conseguindo..) e que non fuxan cara o outro extremo da rúa cando alguén se achega dándolle un panfleto máis...

En canto os indecisos, niso consiste realmente ler/cociñas ben unha enquisa: en saber facer as proxeccións (tradicionalmente o BNG é mais perxudicado xa que é o partido que menos voto oculto ten..)

descrido dijo...

Unha dúbida, Sr. Valcárcel, ¿por ten tan claro que baixarían os votos en certos barrios das cidades e non no centro?

marcel swann dijo...

Contesto á pregunta de Jimmy de Rairo: "de onde proceden os cartos dilapidados que gastan na campaña electoral?" (municipais + autoanémica + estatal + europea):
1.- De todos nós. Empregan os nosos cartos para vendernos o seu produto.
2.- Dos bancos, via empréstimo. Xa sabe: vostede me empresta cartos e eu, despois dun tempo, devólvollos con interese acumulado.

descrido dijo...

Os partidos "inverten" nas campañas xa que tamén cobran en función dos seus Resultados: Unha vez se teñan os resultados do 27-M recibirán: 253,78 euros por concelleiro, 0,51 euros por cada un dos votos obtidos por cada candidatura, e 0,20 por elector en cada unha das circunscricións nas que teñan representación.

Etxeokeai dijo...

Sr. descrido, esta súa intervención lémbrame o famoso chiste:
Que farías se che tocan cincocentos millóns de euros á primitiva?
-Pagar as débedas.
¿E o resto?
-O resto que esperen.

A eses cartiños, nada despreciables que vostede sabe ben,sr. descrido, non se lle debía engadir un can.
Creo que a democracia gañaría en fondura se diminuíse o despilfarro. Todos, claro. ¿Contra a liberdade de expresión? Se vostede así o entende, pois si.Sen problema. O límite debe ser a razón. E que non haxa unha farola para un can mexar sen ciscarse no pantalón dun candidato paréceme moito.

descrido dijo...

Sr. etxeokeai, eu tampouco utilizaría palabras tan "grandes" como liberdade (neste caso de expresión), quédome simplemente en fuxir de intervencionismos, perdóeme os termos que utilizarei, xustificados en criterios subxectivos e cunha carga importante de dogmatismo.... Ademais, tampouco entendo esa relación directa entre a fondura política e o feito, único, de diminuír o custe das campañas (sería demasiado simple ¿non?). En canto o do custe de carteis, dípticos.... este é, como vostede sabe ben, o chocolate do loro, e ademais o caro e imprimir o primeiro, xa logo....

En calquera caso, a min, como xa teño explicado mais polo miúdo noutra entrada, o que verdadeiramente me chama a atención, mais ala do que gasten, é a teima dos partidos en facer un marketing e unha comunicación, polo xeral, tan malo como o que fan, tan pouco eficaz e nada eficiente. E, aínda por riba, a súa obsesión por facer o mais visible posible esta torpeza, empeñándose en cansar ao votante, insultando moitas veces a súa intelixencia e aburríndolle e minándolle a pouca ilusión que tiña, con esa teima de alongar o tempo das campañas con pre campaña, pre-pre campaña...(pero este é outro tema)

Obviamente ás partidas de gasto público son sempre opinables e controvertidas (por certo creo que ademais da parte variable, os partidos reciben tamén un fixo do estado para cada elección); e o sistema de financiamento dos partidos políticos (e tantas outras cousas) tamén.

Pd.- Non teño unha imprenta nin unha empresa adicada ó marketing político (aínda que a veces o pareza). Boas noites a todos e descansen, que mañá cedo, e queda unha semana, volven as caravanas ....

Roi Buligan dijo...

he he a verdade é que a anécdota é boísima e a interpretación do voto secreto que lle impoñen ó vello...parece unha viñeta de Castelao