Brincadeira: Pataki en bikini
Unha man amiga faime chegar esta brincadeira, que sen dúbida ten a súa gracia: ofrécenos unha nova e orixinal perspectiva da que din unha das mulleres máis sexys de España.
Supoño que a el llelo farían chegar outras mans amigas. Dende logo cada día sorprende máis o enxeño e as gañas de darlle voltas ás cabeciñas que teñen algúns. Todos recibimos todos os días notas simpáticas coma esta e teñen unha difusión masiva dende a Rede. A min gústanme especialmente os sckeths da ETB que tamén me mandan de cando en vez: ogallá en Galicia se puidese facer algo semellante, tan libre de prexuízos e do control dos censores.
13 comentarios:
A verdade é que a moza é fresca, noviña e de bo mirar, pero a verdade non é para tanto. Eu andando pola rúa, ou xa non digamos nunha praia concurrida nun día de verán, atopo mozas moito máis "sexis" que a tal Pataki. Ou polo menos a min mo parece, ou se non acóllome a eso de que para gustos hai cores.
Os vídeos da ETB son gloriosos, os do programa "Vaya Semanita". Caricaturizan a difícil situación social de Euskadi, con sketches coma "Los Santxez", que incluso incluira unha versión da "familia galega" titulada "Os Xanchez".
http://www.youtube.com/watch?v=wyIpAkN2r2g
Incluso hai unha versión catalana.
Unha aperta
O bikini é grande de máis. Non se lle ve nada.
Xa que saen as patacas, das que ben sabe o noso amigo González, que estimou hai tempo as kennebec por riba de todas, eu quixera apuntar un grande paradoxo.
Fun comprar o outro día no Eroski do lado da miña casa unha bolsa de patacas. Non acostumo mirar a calidade da pataca: compro a que ten a asa máis doada de coller. Non son moi mirado para eso. Pero o outro día collín unha bolsa da Limia: Galega de Patacas ou Gallega de Patatas. Pois ben, cando chego a casa descubro que as patacas eran de Sevilla.
É que as patacas son coma os galegos: están en todo o mundo.
O tuberculo está ben simpático pero non se lle ve ningún gromo.
jajajajaja
ai que non paro de rir! boísimo!
ai que non paro
a verdade é que en pelotas non tería tanto sex-appeal!
jajaja
non paro!
Yoli-moralla
I prefer Arancha Amoedo Testa
E quen é Arancha Amoedo Testa? (E disimulen a ignorancia)
Tampouco eu o sabía, e puxen Amoedo Testa en google...
de aí que tamén a prefira...
Unha máis desas comestibles...
Grazas a vostede e a súa suxestión de mirar Google, agora xa sei quen é a devandita. Daquela, fico algo menos ignorante.
Ah, o que encontrei foi este titular: ARANZAZU AMOEDO, MISS OURENSE, CORONADA REINA INTERNACIONAL DEL CAFÉ.
(Eu gusto do café, pero son un gran comedor vangoghiano e rivasiano de patacas: sinal de primitivismo certo, que non de sexismo, eh, dígoo por se as moscas).
Comedor vangoghiano e rivasiano de patacas.
Que cultos somos nesta páxina que amable e comunal nos presta o Sr. Valcárcel.
A min gústanme os "cachos", que é como moitas veces oín chamar aos cachelos... non sei se vagoghianos ou rivasianos... Vostede é outeiropedrallano -con ll- e inventa fermosas palabras APC.
É vostede moi amable, amigo Tralaira. Mais permítame que dubide de que eu invente fermosas palabras. Neste sentido, e en moitísimos outros, estou a anos luz de Outeiro Pedrallo. Fermosa si que era aquela palabra súa inventada (agás que me corrixan os que saben disto): inmorredoiro. Que gran achádego!
Publicar un comentario