Cen anos de historia cultural: Casares, García-Bodaño, Neira Vilas (1967)
(Nas fotos, Carlos Casares nos 60 e Tovar nun retrato de Blanco Amor)Empeza a miña crónica dos Cen Anos... hoxe cunha referencia á gran homenaxe de despedida a Celso Emilio Ferreiro en 1966 (non me colleu o domingo anterior).
Falo logo da estrea de Carlos Casares (Vento ferido) e de Neira Vilas (Camiño Bretemoso) e de Salvador García-Bodaño (Ao pé de cada hora). E doutros libros de Franco Grande, Manuel María, López-Casanova, Antón Tovar (Non) e a edición bilingüe da Longa noite de pedra, de Celso Emilio en El Bardo. // Outros autores do ano foron Ramón Piñeiro, Ferro Couselo, Cunqueiro e Lago González. Del Riego e García-Sabell instaban un comunicado da Academia Galega ó Ministerio de Educación pedindo a introducción do galego no ensino.
Morrían María Mariño, Uxío Carré, Plácido Castro, Peña Novo, Rafael López de Haro e Ángel Romero Lojo. // Outros nomes do ano: Alexandre Finisterre. Arturo Baltar.
Nacía a Auriense e Amigos da Cultura de Pontevedra. E nacía a colección popular "O Moucho", con O Catecismo do labrego. (etc. etc.)
6 comentarios:
Está seguro que foi Manuel María quen presentou o concerto de Raimon de 1967?
Eu tiña oído outra cousa, pero ao mellor é que me trabuco de recital e mesturo datos.
Saquei o dato do artigo de Xan Fraga no último Grial: se está errado, de aí procede o erro.
Ao mellor confúndoo cun recital de José Afonso no Burgo das Nacións de comezos dos setenta, que seica o presentou o delegado estudiantil de Económicas, quen andando o tempo chegaría a ser o actual presidente da Xunta de Galicia.
Grazas por este post. Pareceume moi didáctico. Un bico de Yoli
Si señor, AP-C. Está vostede moi ben informado. Non é ese un dato que coñeza demasiada xente.
Se poden, confirmen o dato exacto dese recital de Jose Afonso presentado por P.Touriño: irá pasar á serie CEN ANOS... Grazas.
Publicar un comentario