CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL.1966: Novoneyra, B. Graña, Otero, Illa Couto... (o artigo completo)
Segue no Galicia Hoxe a miña serie dominical Cen Anos de Historia Cultural: andamos xa pola altura de 1966.
Na produción cultural do ano 1966 teñen un lugar senlleiro dous libros de poesía, as Elegías del Caurel y otros poemas, de Uxío Novoneyra, que en edición bilingüe publicou Adonais en Madrid, e Profecía do mar, de Bernardino Graña, editado por Galaxia e cuns fermosos debuxos de Virxilio. Foi o reencontro demorado coa lírica do poeta de Parada de Moreda (só publicara antes Os eidos, en 1955), que consolidaba así unha liña poética marcada pola esculca existencial e a vivencia das paisaxes do Courel. O volume de Bernardino Graña é un dos seus títulos máis representativos, co que o autor de Cangas deixa a Escola da Tebra para ofrecernos un xeito de suite orquestral e canto ás forzas subversivas, humanas e a naturais (Dicionario Literatura Galega); moitos anos despois, Profecía do mar tería varias reedicións, mesmo con estudos críticos (1984 e 1985) e sería incluído en Ardentía (1995), que recolle a súa obra poética completa. (...) (...)
11 comentarios:
Ano certamente relevante na vida contemporánea da cidade: fúndase unha das fontes de emoción, e autoestima local, máis salientables nos 70, 80 e aínda algo máis: o C.B. Breogán.
Noutra orde de cousas, o "Cancioneiro de Pero Meogo" fora editado por Ferrín no Centro de Estudos Fingoi, dependente do colexio homónimo. Este é centro privado fundado pola familia Fernández (Zeltia, Pescanova...) e, como tal, de perspectiva pedagóxica moderna e achegada ao galeguismo. Nada máis elocuente, se cadra, que citar tres nomes de profesores na década dos 60: Ricardo Carballo Calero (foi tamén director), Arcadio López Casanova e o mesmo Xosé Luís Méndez Ferrín.
Era, desde logo, o centro máis elistista da cidade e tiña excelentes equipos de baloncesto. Que é afección luguesa de décadas, aclároo por se non se decataran.
De certo había boa vida cultural en Lugo neses anos, mediados os 60, arredor do Fingoy, das tertulias con Fole, Celestino e Manuel María e tamén do labor de Alonso Montero que empezaba a publicar os seus libros e coas súas clases no Instituto (de aí virían logo novos sementes en nome como Xesús Rábade, Claudio Rodríguez Fer e moitos outros). Estaba vostede por eses anos en Lugo, amigo XMG?
Neses anos disfrutei tamen eu con Camilo Gonsar,meu veciño, e tamen lembro a visita que fixemos a Novoneira na sua Casa do Coural.Camilo Suarez Llanos, porqué, tan pouco lembrado sendo, penso un dos vos escritores que temos...?.
Repasando a Biblioteca...encontro a sua dedicatoria en: Lonxe de nos e dentro,e en Como calquer outro dia:Pon "A mi querido amigo José Rodriguez Trebolle,Carballeira, aagradeciendole que a pesar de ser de Sarria-por aquello de que nadie es profeta etc- haya comprado este libro. Con un cordial abrazo de Camilo
Tamen por Sarria en ese grupo paso Fole.En Barreiros(A Escola dos Fernandez , impartía galeguismo Pousa Antelo , con Valentin Arias.
Gratos recordos, amigo Marcos
O amigo Trebolle debe ter na súa Biblioteca unha das mellores coleccións de libros de autores galegos e españoles dedicados polos seus autores. Colección que debería ir algún día á Cidade da Cultura, se para iso vale cando menos: esas dedicatorias son tamén unha crónica da historia cultural do país nos últimos anos.
Nacín en Lugo no 1954,vivín aquí ata marchar para Santiago (no 71) e despois volvín. Fun alumno de Alonso Montero nos cursos 1969-70 (6º de Bacharelato) e 1970-71 (Preuniversitario). Compañeiros meus en 6ª foron Darío Xohán Cabana e Xesús Rábade Paredes, dous e catro anos maiores ca min cadanseu.
De certo que o mundo cultural era suxestivo para o tempo, e o Instituto Masculino (actualmente, "Lucus Augusti") boa sementeira. Difícil me é evoar agora outros nomes, pero antes ca min estiveron os Ónega de Pol (ou un deles polo menos), algúns anos máis novo é José Blanco o do PSOE, cousa que detallo como curiosidade e non por destaque cultural.
O nome de José Rodríguez Trebolle tráeme lembranza de non sei o que. Desculpe.
Respondendo á última referencia de XMG: O amigo Trebolle é ante todo un bo home e un bo amigo. É natural de Sarria e foi durante moitos o responsable da obra cultural de CaixaGalicia en Ourense. É amigo ourensán, ademais, dos tempos do Clube Alexandre Bóveda, no que participou activamente, como en todo tipo de actividades culturais ourensás cando menos nos últimos 25 anos. Xa xubilado, ten tempo para ler libros, ver moitas películas e gozar da vida. Cando foi o resonsable da OC de Caixa Galicia puxo en marcha en Ourense unha digna colección de temas ourensáns: nela sairon libros sobre San Martiño de Tours; os "Temas Ourensáns" de Otero Pedrayo, recollidos por J.C. Rivas e Afonso Monxardín, e os meus dous libros "A cidade da Xeración Nós" (1995) e "Pé das Burgas. Estudios de Historia, Literatura e Xornalismo" (1998), ademais de colaborar na organización de grandes ciclos do Clube A.Bóveda e Caixa Galicia: Historia de Ourense, Os Mitos de Galicia, etc.
Todo o dito é só unha pequena mostra do seu quefacer no labor cultural deste país. Unha aperta, Trebo, se andas conectado...
Ou estou un pouco parvo ou seica non vín anos 61, 62 ou 63. Pasáronseme?
Para Arume: clicando en etiquetas, saen todos os da serie CEN ANOS... e comprobo que estaban todos dende 1951, agás os anos 54, 61 e 62 (o 63 si está). Estes despistáronseme, ben se ve.
Engadín agora o 50 e tentarei ir engadindo algúns máis dos atrasados.
De todos os xeitos, o amigo Xulio Outumuro tenme preparada unha interesante páxina web que recollerá toda a serie dende 1906 e permitirá ir ampliando eses datos (ademais de publicar outros estudos meus, máis longos, non pertinentes no blog). Se eu non andase tan ocupado, xa tiña que estar feito. Pero non tardará...
Ah! e graciñas pola súa atención cara estes traballiños, que para min mesmo están a ser moi enriquecedores. Saúdos.
Dixen os anos de memoria, porque sabía que o meu non estaba. En fin. Agardarei.
De Bernardino lembro aquela recreación de Calderón que gustaba declamar polos areais de Cangas despóis dos seus naufraxios amorosos:
Sueña el toro
y con la estaca
que le da naturaleza
tan pronto se le endereza
se va derecho a la vaca
se la mete y se la saca
con tan rara habilidad
que jamás yerra el camino
!Y yo, poeta Bernardino,
me la tengo que cascar!
Publicar un comentario