Moita familia (Bieito Iglesias en ECG)
A propósito de Sarkozy, o vencedor...
(...) pero este paladino da familia é un señor divorciado e casado en segundas nupcias, coa particularidade que, ao recuncar no matrimonio, estableceu cunha neta de Albéniz unha modalidade de parella aberta (romances por separado de cada cónxuxe) propia da herdanza de Maio do 68 que di deostar. Cantas lle botarán o Vaticano e a dereita católica a semellantes liaisons?A campaña electoral gala enfrontounos co paradoxo dun candidato campeón dos valores morais que leva unha vida de gandaio, e dunha postulante socialista con catro fillos e trazas daquela mamá do millón, concursante madraza da tv franquista.
(o artigo completo)
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
15 comentarios:
Terá descendencia abondosa, pero sen compromiso formal: aos ollos do vaticano, cegados polo celo doctrinal e máis polo que eles mesmos sinalaban como principal causa de perda da visión, esa grea de cativos royales vai directiña ao inferno, sen limbo nin ostias.
O Vaticano fará a vista gorda, obviamente, a pesar dos espaventos no Brasil de Bieito (o Papa, xaora, non o escritor). Non en balde, á Santa Sede aválana séculos de finura diplomática cardenalicia.
O artigo de Bieito Alonso é, como nos ten acostumados, excelente. Unha das cousas que máis que pasman do de Coles é a súa prodixiosa memoria dos anos sesenta, talmente como un Luis Carandell ou un Vázquez Montalbán de hoxe.
A analoxía que establece entre Segolene Royal e a no seu día celebérrima concursante de "Un millón para el mejor" é sorprendente. Rosa Zumárraga chamábase, digo eu tamén para amosar a miña formación na cultura popular televisiva.
Non en balde, o meu foi o primeiro/segundo televisión do barrio. Unha General Electric de válvulas que meu pai, en gloriosa iniciativa, tivera a ben traer da lonxana Venezuela cando a miña máis tenra infancia. E que, ademais, viña acompañada dunha Cámara reflex e dunha Remington de pesado aceiro na que teclei non poucas trivialidades. Con estes tres aparellos entrei na modernidade moito antes de que esta asomase timidamente pola porta.
Bieito Iglesias, quixo dicir APC (Bieito Alonso tamén foi amigo e compañeiro noso, pero é outro). E Rosa Zumárraga foi a gran heroína do meu avó de Ervedelo (pai da miña nai, xa morto), pois repetía sempre as súas fazañas en TVE: o meu avó repetía sempre como acertou con aquilo de dividir unha tarta en oito trozos con só tres cortes, creo que era. Foi unha das mulleres que dende "Un millón para el mejor" marcou época na cultura de masas, sen dúbida.
Boa memoria de longa distancia e mala de curta: xa vou vello.
Eu de "Un millón para el mejor" acórdome de un tipo que sabía todo de Kennedy. Teño gravado na cabeza o día que lle preguntaron o número do carné de identidade (ou algún equivalente norteamericano) e o gicho largouno de corrido e sen pestanexar. Deixoume coa boca aberta.
Gústame do artigo de Bieito que sinale esa contradición entre a vida de "gandaio" de Sarko e a súa manía contra maio do 68. É certo, ¿que sería del sen Maio? E de nós...
Agora que sae o tema do Sarkozy, que vos parece a columna de onte de Ignacio Ramonet? Hai unha parte do seu discurso, por outra parte moi coñecido, que me soou, por ser suave, raro. Dixo que era o primeiro ministro proisraelí e, pouco despois, deslizou o comentario, entre outros negativos (non éste) sobre o insólito de que gañara tendo en conta a súa orixe estranxeira e xudea. Como o vedes?
Rosa Zumárraga Zunzunegui... e o alcalde de Velez
Por unha sorte de estraña hixiene persoal, teño por costume non ler cáseque nunca os artigos de Ramonet nin os de Chao.
E non por desprezo -adianto a sinalar para non ferir susceptibilidades ou quedar de soberbio-, senón porque, habitualmente, a súa canción sóame a estribillo requetesabido. E tamén porque -hei de recoñecelo- non simpatizo aló gran cousa cos "turistas do ideal" e cos "empresarios da antiglobalización", que adoitan ser case sempre os mesmos.
A mín tamén me pasa o mesmo, pero neste caso quixen saber cal era o seu diagnóstico sobre a esquerda francesa despois de ler así a bote pronto que non gañaba ningunha elección desde os dous septenatos de Miterrand (que vaia). E atopei eses comentarios que me pareceron chocantes, por empregar, como dixen, un termo neutro.
Eu tampouco lin o artigo de Ramonet por razóns similares ás que transcribe AP-C. Pero, señor Arume ¿como interpreta vostede ese comentario sobre a orixe estranxeira de Sarkozy?
Etxeokehai: o alcalde non era de Velez, senón de Bélmez, vila hoxe moi famosa pola aparición reiterada nunha casa de estrañas manchas que asemellan rostros humanos. Brrrrrr!
O problema non era a mención sobre a súa orixe estranxeira e a súa ascendencia xudea, senón que esa alusión aparecía xunto a outras máis características, todas estas supostamente negativas. Por iso, non son capaz de entender o alcance da mención, se o que se quere suliñar son connotacións antisemíticas. Pero non estou moi seguro. O que si me chama a atención é a reiterada alusión á súa orixe xudea en moitas semblanzas e comentarios sobre Sarkozy. Un amigo meu, francés e votante habitualmente da esquerda, cando sucedeu a rebelión dos banlieu e Sarkozy insultaba aos manifestantes, el recordaba a condición xudaica do ministro, relacionada cunha especie de lobby parisino de xudeus.
Eu son moi sensible a calquera xuízo sobre a orixe das persoas, e por iso me pareceu estraño o comentario e cría que vostedes poderíanme dar algún dato máis.
E vexo que vostedes foron ferventes miradores da tele única: a que tamén participaron en Cesta y puntos con Daniel Vindel?
Pode que sexa así, pero tamén poden que non... non quero eu ser repugnante pero non o vexo tan claro.
Mais alá de que esteamos a valorar posicións construídas co obxecto de gañar unhas eleccións, deseñadas para incrustarse nun discurso político mitineiro que ten por obxecto comunicar mensaxes dogmáticos directos de xeito impersoal e mobilizar grandes masas de votantes, e mais alá de que o Sr Sarkozy minta por intereses electorais (o que entendo que non é realmente o obxecto do debate… mentindo como se minte para ser concelleiro dunha aldeíña que non se fará para chegar a ser presidente de la gran Francia). Non vexo por que temos que deducir que alguén que defende a familia (distinto de Aznar, Acebes ou dos soldados de cristo) está defendendo o concepto católico dese termo; nin moito menos que defenda ter unha única familia para toda á vida (pode, simplemente pode, que buscara identificar o valor da familia co orde e orde con Sarkozy...). Tampouco mesturaría eu condutas sexuais e familia (independentemente do concepto que un teña de fidelidade que sempre é persoal) no sei eu porque ten que ser incompatible unha relación de familia, entendida dende unha perspectiva civil, e sen ningún tipo de “contaminación” relixiosa, coa posibilidade de acordar calquera tipo de comportamentos sexuais fora e dentro da parella (independentemente de que alguén lle podan parecer heterodoxos eses comportamentos que, por certo, xa existían antes do maio do 68).
Pode que a familia entendida por un cidadán francés, laico na súa educación, teña pouco que ver cos significados que lle engadía a este termo o réxime catolico-franquista (coidado caeriamos, nese discurso de que solo poden formar unha a familia un home unha muller).. Pode, solo pode, que a lo menos neste, o Sr. Sarkozy olla a realidade dende un plano diferente no que se atopan xeracións enteiras de españois... aínda sendo de idades similares, sexamos tolerantes coa diversidade, tamén coa do Sr Sarkozy...
Puiden conseguir os párrafos do artigo:
En la historia de la Vª República francesa, la victoria de Sarkozy el 6 de mayo con el 53% de los votos marca un punto de inflexión. Pues no se trata de la simple reconducción de la derecha francesa que ya está en el poder, que ha dominado la función presidencial de 1958 a 1981, y de nuevo (después del doble paréntesis de François Mitterrand durante 14 años) desde 1995. El programa del candidato de la UMP (Unión por un Movimiento Popular) marca un cambio capital, y hace de Sarkozy el primer presidente francés, desde 1959, a la vez neoliberal, autoritario, proamericano y proisraelí.
Para Francia es el primer dirigente de la derecha dura, de la derecha autoritaria elegido a la magistratura suprema desde Napoleón III en 1952. También es la primera vez que los franceses eligen a un presidente hijo de emigrantes: el padre de Nicolás Sarkozy es húngaro y su madre, hija de judíos griegos sefardíes de Salónica. Esta elección representa para Francia una ruptura política, el final del pacto social establecido después de la segunda guerra mundial. Marca un final de ciclo político y la extenuación de una era. Pues Sarkozy representa la muerte del gaullismo, la doctrina fundada por el general De Gaulle como un compromiso entre el capitalismo y el socialismo, y como una síntesis del bonapartismo (creencia en un "hombre providencial"), el colbertismo (papel estratega del Estado) y el socialismo cristiano (las preocupaciones sociales menos el marxismo). Su llegada al poder significa también el final, en lo que a política internacional se refiere, de la ambición francesa a seguir una vía independiente y soberana con respecto a Estados Unidos y las demás grandes potencias.
Aunque Sarkozy ha repetido que gracias a su voluntarismo político el Estado va a proteger a los franceses, su programa económico y social se inspira muy directamente de las viejas recetas ultraliberales de Margaret Thatcher y Ronald Reagan, y privilegia... a los privilegiados. Su visión de la seguridad de los ciudadanos le lleva a replicar con pura represión a las reivindicaciones de la juventud de los barrios populares. Tiene extrañas ideas sobre el origen genético de la pedofilia o del suicidio de los adolescentes.
Durante la campaña Sarkozy ha tratado de seducir al electorado de extrema derecha prometiendo que exigirá a los inmigrantes hablar francés para obtener trabajo o residencia o un contrato de trabajo y disponer de un piso decente antes de permitir la reagrupación familiar. Ha decidido también agravar las sanciones penales contra los delincuentes reincidentes y modificar la ley de protección de menores. Éstas y otras propuestas del mismo carácter han acabado por seducir a una gran parte de los electores del viejo jefe neofascista Jean-Marie Le Pen.
Sr, Leituga
Desculpas.
Efectivamente, como vostede di, o alcalde de Belmez.
(Pola onomatopea de brrrr referida ás caras, recoméndolle esta magnífica revista):
el-esceptico digital
Saúde
Encontro moi atinado e interesante o que di o señor Descrido sobre o asunto este das familias.
E, para ser sincero, este artigo de Ramonet paréceme menos plano que os que habitualmente saen da súa pluma. Gústame a súa interpretación da victoria de Sarkozy como a morte do gaullismo e a caracterización que fai deste.
Publicar un comentario