30 may 2007


Unha iniciativa positiva. Falarlle galego a un fillo.
(Imaxe: A Idade de Ouro, de W. Bouguereau)

No berce. Chega a Xeración E logo!
Até 15.000 embarazadas galegas recibirán material en galego para "que non se produza en Galicia unha ruptura da transmisión da lingua".

Falarlle galego a un fillo (M. A. Fernán-Vello, Galicia Hoxe, 1 xuño)

Falarlle galego a un fillo é axudalo a entender mellor a realidade que o rodea", afirmou a secretaria xeral de Política Lingüística na presentación dunha campaña destinada a recuperar a transmisión da lingua de pais a fillos. Máis de 15.000 mulleres embarazadas, futuras nais, recibirán unha serie de materiais que, unindo información variada, consellos psicosanitarios e un convite cordial a lles falar aos meniños na lingua propia de Galicia –lingua materna ou paterna–, resultan finalmente de grande atractivo e de grande utilidade para as persoas, como dixo Marisol López, que teñen na súa man que non se produza en Galicia unha fractura na transmisión da lingua. Velaí, "os bebés, que determinarán a fortaleza do galego do mañá, e as nais e os pais, que son os axentes principais na transmisión inicial da lingua". Como di o director xeral adxunto de Educación da Unesco, "a linguaxe e a identidade atópanse vinculados ao termo "lingua materna", e unha comunidade expresa parte da súa identidade a través do seu idioma de instrución, en tanto que unha sociedade sa toma decisións que producen comunidades harmónicas e persoas con confianza en si mesmas. Non hai moito soubemos, por un estudo realizado pola Comisión Europea, que o idioma galego é a lingua materna de preto de 1,8 millóns de persoas e tamén sabemos, por outros estudos realizados, que na actualidade existe unha grave fractura na cadea de transmisión da lingua galega de pais a fillos. Benvida, pois, porque é todo un acerto, en fondo e forma, esta nova campaña de Política Lingüística. E non está de máis lembrar aquí a tan ben acaída frase de Castelao sobre o particular: "O desprezo da lingua materna significa un renunciamento de dereitos e provén dunha anestesia da dignidade colectiva". Falarlle galego a un fillo ou a unha filla é un acto de dignidade consciente, e é tamén un acto de sensibilidade e de tenrura, porque se lles está transmitindo a lingua propia do pobo galego. Nada máis e nada menos. Todo un acto profundo de amor e de beleza.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

A idea é boa.
A denominación, de pena.

Anónimo dijo...

Como moitas destas "políticas" sociais, ben parece un xeito de cadrar o presuposto da consellería correspondente. Pregúntome que resultados efectivos (avaliables) terá esta iniciativa
[ou se cadra é que tamén en min esta praga moderna de avalialo todo]
O día que un pai de unha cidade galega poida atopar unha gardería na que poida escolarizar o seu cativo en galego, ese día terei fe nas políticas galeguizadoras.

Anónimo dijo...

Home, Marcel, a min, sinceramente, paréceme que a súa avaliación é cicateira de máis.

Estou seguro que se a DXPL fora do BNG e promovera exactamente esta mesma medida, a vostede lle parecería unha iniciativa marabillosa e fundamental.

E desculpe a sinceridade.

Anónimo dijo...

Non tal, A.p-c., non tal.
Non sabe aquilo de "pasou o día, pasou a romaría". Pois esa medida que adoptaron queda moi ben para aparecer na prensa. Pero dentro de 15 días cando se acaben esas axudas, que pasará?
Menos imaxe, e máis política de verdade a medio e longo prazo.

Anónimo dijo...

Home, panacea non é. Pero é que non hai panaceas!

Anónimo dijo...

A campaña hai que celebrela, intervír nese ambito é eloxiabel. Pero a experiencia doutras avísanos de que pode que haxa certa superficalidade na súa concepción, execución e avaliación. Oxalá que non sexa así, e escoitemos polos parques, nai, pai como o mais habitual.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Se queren gastar ben os cartiños na normalización da anormalidade (o galego lingua falada polo 65% da poboación, pero escrito menos do 10%), que corten as subvencións que lles dan aos medios de comunicación escritos. A partir de agora, se queren cartiños, que empreguen o galeguiño. Velaí unha medida efectiva.
E comento isto porque acabo de ler esta nova en Vieiros ("O galego retrocede nos xornais máis subvencionados"):
http://www.vieiros.com/nova/58625/o-galego-retrocede-nos-xornais-mais-subvencionados

Xabier dijo...

Para min o problema non está tanto no feito de que os pais falen en galego aos nenos. Con ser iso importante, claramente non é suficiente. Toda a vida se lles falou en galego aos nenos no berce nos pobos e agora aqueles nenos son os pais ou avós que falan en castelán moitas veces a seguinte xeración. Pero non só iso, a cuestión é por qué abandonan o galego os mozos e mozas a pesar de ter sido incluso escolarizados nesa lingua dende edades xa moi temperáns. E voltamos ao de sempre. Abandonan porque o galego é unha lingua prescindible, non se sinte a necesidade de falala e por riba non ten prestixio por vincularse ao mundo do rural e a todo o que iso supón nunha sociedade que cada vez asume máis formas de vida urbanas.

Anónimo dijo...

Marcel sinala unha boa dirección, pero hai...! non se atreven.
Non se toman o idioma en serio.
Jimy de RAiro

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Unha mostra de como "se las gastan" os que hoxe mesmo convocan a unha reunión do profesorado co asunto de "Tan gallego como el gallego". Copio e pego. E perdón pola dureza dalgunha das súas "loubanzas". Pero convén saber con quen estamos.

"Resalto este fragmento del delirio que copio en su integridad más abajo:

"Un pracer [entiendo que el de ver películas dobladas en gallego] que
ninguén...merlo, raposo, lobo ou rata debería nos quitar sen unha boa
tunda gratis levar!"

Este alevín de nazi, que ya desde tercero de la ESO va proponiendo
"tundas" por ahí a quien no vea las cosas como él, es merecedor del
premio al mejor manifiesto Correlingua 2007.

A esto dedican su tiempo nuestros estudiantes de la ESO. Y a esto se
dedica el nacionalismo esencialista-identitario que controla la
educación en Galicia.

Anónimo dijo...

ademais de unha economia subvencionada e totalmente ficticia parece que o unico que importa nun pais tan terceiromundista e feudal e si e galiza ou galicia , si vai con z ou sin ela. gastar do capital publico parece que e o obxetivo de todos estes entes parasitarios disfrazados do color que queiran.
un idioma dignificase usandoo e facendo un pais ilustrado, moderno e competitivo, e non dilapidando os cartos con fines clientelistas.
saude

Anónimo dijo...

Un vivo ejemplo acaba de encarnarlo Balbino Pérez Bellas, ex arquitecto que aunque lleva una pródiga vida de burgués se precia de igualitarista, y quien durante la última Asamblea Comarcal del Bloque Nacionalista Gallego (Vigo, 30 de marzo de 2007) afirmó que «la única solución del conflicto del Oriente Medio consiste en que Irán arroje una bomba atómica sobre Israel» (omitió agregar que «los sionistas deben ser exterminados por asesinos»…).
Este caso extremo de incitación al genocidio podría haber concitado a los asambleístas presentes a sofrenar a Balbino, ya que después de todo aducen oponerse a la guerra. Pero no: lejos de condenar el exabrupto lo coronaron con un aplauso cerrado.

Xosé Manuel Carreira dijo...

E logo? Pero quen é que lle fai as campañas de promoción á Xunta? Pola alma de Lluis Bassat que nunca vin un lema tan malo.

Seguindo unha vella tese de Carvalho Calero, hoxe as linguas concorren a nível global; para que o galego volte ser unha lingua con prestixio, tal como na Idade Media, falta darlle a universalidade que entón tivo. Tornarse global xa non é unha opción, é unha necesidade. Mas para iso fai falta ollar para o Sul sen complexos e sen preconceitos.

torredebabel dijo...

Grazas Mendinho, dixeches moito mellor ca min o que eu viña a decir. O galego é unha lingua axeitada para vivir e medrar neste mundo. É falada por millóns de persoas e pode ser falada por moitos máis (sobre todo fora de Galicia) para facer negocios, para facer politica, para facer viaxes, para facer literatura, musica ou para buscar parella... Vivimos nun mundo de moitas linguas no que, cada día máis, o importante é comunicarse en moitas, cantas máis, pois mellor. Non sei se me trabuco pero coido que isto é tamén un bo argumento e non sei se moi empregado polas políticas oficiais.

Xabier dijo...

Estaba a pensar na I Acta Internacional de la Lengua Española en San Millán de la Cogolla en outubro de 2006 e nos problemas que alí viron que tiña o español: pouca presencia en internet, lingua afastada do mundo diplomático, falta dunha canle de noticias mundial, insuficiente presencia no mundo dos negocios etc. Pois agora aplicade esas mesmas conclusións ao galego e xa me contades.