30 jun 2007

AMOR E MORTE
PAN POR PAN sábado 30 xuño. Imaxe: Moza co can branco, de Lucien Freud, 1951-1952.

Pode o amor burlar as fronteiras da morte? Os poetas entenden que si e ninguén o expresou mellor que Quevedo no soneto “Amor constante mas allá de la muerte”, onde di que os seus restos “serán ceniza, mas tendrán sentido;/ polvo serán, mas polvo enamorado”.
Na mesma liña Villaespesa canta a Elisa, a amada que se revela como presenza espectral: “Mis ojos no la ven, pero la siento/ vagar en torno mío, en el aliento/ que sube del jardín por la ventana;/ y me parece ver en el espejo/ la lunar claridad, como el reflejo/ de alguna sombra de su sombra hermana”. Ata o punto de fundirse o poeta coa amada morta (“¡Y un espanto de muerte me sofoca/ al sentir que su voz sube a mi boca/ del fondo de mi propio corazón!) e desexar non espertar xa máis: “¡Sólo en sueños la ve mi vida enferma!.../ ¡No me despiertes más, deja que duerma/ soñando para siempre con mi Elisa!”.

46 comentarios:

Anónimo dijo...

Sobre o título do fío: parece indubidable que pode. Polo que din os poetas, cidadáns con outras profesións e algún científico: aínda lembro o abatemento de Severo Ochoa ao quedar viúvo. Non tardou en baixar á cova.

Asociado a este tema estaría se cadra o do amor a distancia ou, máis ben, en ausencia. Se se suscita, deberemos posiblemente falar de Jaufré Rudel, poeta occitano. Será daquela.

Anónimo dijo...

Ademáis do amor a distancia podíase falar do amor por retrato.¡cántos na historia non se enamoraron por retrato,empezando por Enrique VIII e a súa ¿segunda? mulher.O que as pintaba tinha o encargo de sacalas bén guapas e logo...pasaba o que pasaba cando se casaban coa de verdade...

Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

O que dí XM Glz acerca de Ochoa e moitos outros é certo.Pero tratando as relaciós entre o amor e a morte en sentido amplo,tamén se da o caso oposto:O da mulher que cando lhe morre o home rexuvenece de caralho...

Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Bájame la lámpara un poco más
déjame que duerma nodriza en paz....

A frase do pricipio do post fíxome recordar a Mercedes Sosa.E tamén a Beethoven que dixo algo parecido abrazado ó retrato de aquela prá que compuxo "claro de luna"...

Anónimo dijo...

Olvidéi asinar

Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Son moi pouco musicais todos vostedes. Mira que falar de amor e morte e non ser quen de poñer unha canción?

Para remedialo, velaí vai unha canción, clásica e imperecedeira, por suposto:

Jacques Brel

Anónimo dijo...

Estiven nun tris de poñer aqueles versos de Camilo Sesto, Vivir así es morir de amor, por amor tengo el alma herida, por amor ya no quiero más vida que su vida, melancolíaaaaaaaaaaaaaaa. Foi poñer a Iago Brel e lembralo de seguido.

Anónimo dijo...

Extraordinaria canción aquela do gran Camilo (nin Nogueira nin José Cela, quede claro), amigo Arume. Quere que lla poña?

Anónimo dijo...

Velaí lle vai ese clásico da música lixeira española:

Vivir así es morir de amor

(Xa verá cando veña Jimmy de Rairo a que nos monta!)

Anónimo dijo...

Non é por quitarlhe méritos,apc,pero estiven a un tris de escrbila xa onte...

Polo que vexo,coincidimos xa nun gusto polo menos...

Mr Troll

Anónimo dijo...

Refírome a Ne me quitte pas..
Mr Troll

Anónimo dijo...

Avec ma gueule de meteque
de juif errante de patre grec
et me cheveux aux quatre vents
Je deviandre douce captive
mon ame soeur ma source vivre
je viendrai boire tes vingt ans...

Coido que o MOustaqui tamén é do seu o gosto

Mr Troll

Anónimo dijo...

E que me di, Arume, deste outro clásico da música lixeira española? Extraordinaria canción tamén.

(Aos demais non lles pregunto porque son uns elitistas de tomo e lomo)

Por el amor de una mujer

Anónimo dijo...

Non creo que ninguén lhe diga que esa é unha mala canción,ap.c,por moi elitista que sea..
Mr Troll

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Que inxustiza cometeron con este home! O truhán (que non señor) do Julito machacouno. Só por isto xúrolle eterna xenreira ao primeiro fillo do doutor Iglesias Puga.

Anónimo dijo...

Pra canciós,as que votava o sábado na verbena a orquesta na festa da Peroxa.Non o vín por alí,Señor Valcarcel,senón invitábao no bar da comisión...
Mr Troll

Xaime dijo...

E por que non aquela dos Chunguitos, "Me quedo contigo".
Teñénme que perdoar pero non a atopei para pendurala, pero sei que está na rede.

Anónimo dijo...

Xaime,se sabe tocar algún instrumento,comprobe que a armonía de esa canción dos chunguitos é como a de "I will survive" de Gloria Gaynor...

Mr TRoll

Anónimo dijo...

Si señor, outra extraordinaria e desgarradora canción a de Los Chunguitos:

Me quedo contigo

Anónimo dijo...

DISCOS CON DEDICATORIA:

A música disco era unha gozada. Preparen, amigos, as súas mellores galas que lle imos botar uns bailes á disco, que hoxe ligamos seguro:

Sobrevivirei

Anónimo dijo...

Quand au hasard des jours
Je m'en vais faire un tour
A mon ancienne adresse
Je ne reconnais plus
Ni les murs, ni les rues
Qui ont vu ma jeunesse
En haut d'un escalier
Je cherche l'atelier
Dont plus rien ne subsiste
Dans son nouveau décor
Montmartre semble triste
Et les lilas sont morts

La bohème, la bohème
On était jeunes, on était fous
La bohème, la bohème
Ça ne veut plus rien dire du tout

Anónimo dijo...

DISCOS CON DEDICATORIA:

E que me din do inigualable Barry White?

My everything

Anónimo dijo...

DISCOS CON DEDICATORIA:

Para o amigo Arume esta canción do gran Charles Aznavour.

(Chegou a hora do "lento")

La bohème

Anónimo dijo...

DISCOS CON DEDICATORIA:

Seguimos coas "lentas", que o asunto promete. E que mellor que proseguir co gran Charles:

Venecia sen ti

Anónimo dijo...

Non sabe canto lle agradezo estas dedicatorias. Impresionante a voz de Aznavour e o seu xeito inigualable de interpretar. Eu sempre choro cn esta canción. Imparables as bagoas.

Anónimo dijo...

Se quere seguir chorando, por min non se prive, amigo Arume (cáseque lle acompaño). Pida e será compracido (You Tube mediante).

Anónimo dijo...

DISCOS CON DEDICATORIA:


GILBERT BECAUD - ET MAINTENANT

Anónimo dijo...

DISCOS CON DEDICATORIA:

Vaiamos á Italia de finais dos oitenta:

Zucchero - Senza Una Donna

Anónimo dijo...

DISCOS CON DEDICATORIA:

E con esta melancólica e esperanzada canción despedimos o programa por hoxe, amigo(s). Sempre novo(s), non o esqueza(n).

Bob Dylan - Forever Young

Anónimo dijo...

Faltoulle para rematar aquela que cantaba Celentano de Paolo Conte: Azzurro, il pomeriggio è troppo azzurro e lungo per me
mi accorgo di non avere più risorse senza di te;
e allora io quasi quasi prendo il treno e vengo vengo da te.
Ma il treno dei desideri nei miei pensieri all'incontrario và.

Anónimo dijo...

Moi ben todas,e moito francés e italiano pero a ninguén se lhe acordóu o Nicola di Bari
Ho capito que ti amoooo...

Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

E volvendo ó tema do amor e da morte,e ponhendonos serios,recoméndolhes escoitar,que seguro que a conhecen,unha canción portuguesa chamada "O Barco Negro",de Amalia Rodrígues...sen desperdizo...
Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

http://www.youtube.com/watch?v=zciTHKTWNXE
Como ia faltar Nicola di bari
Jimi de Rairo

Anónimo dijo...

Esa era dun tal Luigi Tenco que despois de desafinar gravemente nun festival de san Remo decidiu pegarse un tiro na habitación do hotel. Seica os seus amores fatais con aquela famosa Dalida, cantante francesa de orixe exipcio, foron a causa do seu desgraciado final.
Véxase: http://arumes.blogspot.com/2007/05/ciao-amore-ipp.html

Anónimo dijo...

En You tube pode escoitarse esa actuación completamente bébedo de Luigi Tenco: patético
http://www.youtube.com/watch?v=HRSGvE7BVUo&mode=related&search=

Anónimo dijo...

O Barco negro en Yutub
http://www.youtube.com/watch?v=GdJYzzyO7nc

Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

A ver, señores, é que non saben poder un enlace directo?

Anónimo dijo...

Que calamidás, señor. A ver póñollas eu:

Nicola di Bari

Luigi Tenco

Amalia Rodrigues

Anónimo dijo...

E agora si que me despido por esta noite:

Paolo Conte: Azzurro

Anónimo dijo...

Amigo APC: garde este podcast de revival para outras ocasións: endoza padais e conmove espíritus exquisitos. Moitas gracias.

Anónimo dijo...

Moitas grazas a vostede, amigo Arume. Sempre é un pracer compartir dende a lontananza cousas comúns. E para concluír esta xeira -pois vou estar ausente tres días- que mellor que o gran Modugno:

La lontananza

Anónimo dijo...

Algo raro pasou. A ver se agora vai:

La lontananza

Anónimo dijo...

Despois duns días sen tempo para conectarme, atopo aquí unha selección musical autenticamente fa-bu-lo-sa pola que felicito a todos os dilleis, e moi especialmente ao señor AP-C. Como eun non sei poñer enlaces destes e xa que nomearon á infortunada Dalila, ¿é moito pedir que poñan un enlace a "Gigi el amoroso", a extraordinaria canción, resume da traxectoria vital e artística dun guapo emigrante napolitano, que interpretaba esta señora? E xa de paso, outro a "Piccolisima serenata", de Renato Carosone.

Anónimo dijo...

Aí van as dúas pezas dedicadas do amigo Leituga One.

Gigi

(NON sei se acertei coa Picolissima)
Piccolissima

Anónimo dijo...

Jo,que bóm,nao conhecía esa versión en fransé do Gigi l`amoroso,soio en italiano e castelhano.Obrigado ,
anónimo.
Mr Troll

Anónimo dijo...

Para nostálxicos de Mina e Adriano Celentano (envío de Tacho):

http://www.youtube.com/watch?v=FDSgY1AT2aE