10 jun 2007



CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL: BALANCE DOS 60

A entrega de hoxe nos "Cen Anos..." fai balance do acontecido na década dos 60, comentada nas dez últimas semanas. En clave de resume, isto foi o que deu de si aquela "década prodixiosa".
Nas fotos, Miro Casabella na Nova Canción Galega; Celso Emilio Ferreiro con Farruco Sexto; primeiro cartel do Día das Letras Galegas; Pilar Jeremías e Clotilde Iglesias recitando en Buenos Aires, e foto de Muros nos anos 60 realizada por Blanco Amor.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Dalgún modo, o 1970 pode ser considerado como un que cerra década, e non que a abre. En febreiro dese ano publicouse o segundo libro galego que eu tiven, e en certa medida é indicio dunha madurez, da literatura galega contemporánea, en curso de recuperación: "Os cen mellores poemas da lingua galega", de Xesús Alonso Montero; Ediciones Celta, de Lugo.

Transcribo pasaxe significativa do seu limiar:

"O tiduo -un chisco publicitario, mais con tradición noutras áreas lingüísticas- ofrece, calidade aparte, menos do que promete. Nefeuto, ó antoloxizarmos soio poetas do XIX e do XX, non ofrecemos mostra algunha da fermosa e siñificativa poesía medieval; tampouco acolle a nosa Escolma poema algún da Decadencia (séculos XV, XVI, XVII e XVIII), época esta de probes e pouquísimos froitos, tan poucos que, en realidade, pode decirse que as musas vernáculas esmoreceron, estiñaron. O noso libro, pois, somente amosa composicións da Renacencia do XIX e das distintas andainas i escolas do XX. Nesta Escolma tampouco está presente a poesía popular (cántigas, romances, etc.)".

Marcos Valcárcel López dijo...

Un gran libro, sen dúbida, que moitos consultamos a cotío no seu momento. Alonso tenme contado que, por motivos de censura, tivo que eliminar poemas máis comprometidos, pero aínda así eu creo que o volume é ben representativo da poesía galega en moitos aspectos.
Falarei del na entrega da semana próxima, ano 1970: Xa lle podo adiantar que foi tamén o ano do "Paco Pixiñas" de Celso Emilio, de "O fidalgo e anoite" de Otero, de "O camiño de abaixo",os relatos póstumos de Ánxel Casal, do premio a "Adiós María" de Xoana Torres (co cabreo de Blanco Amor) e do cincuentenario da revista Nós, que se conmemorou dende a RAG. E de Pucho Boedo. E "O bosque do lobo". E da fundación do Museo Carlos Maside. E tantas cousas máis. Creo que no seu Lugo benquerido Fole iniciaba nesa andaina as "Páxinas LIterarias" dominicais de TÁBOA REDONDA en El Progreso.

Anónimo dijo...

Ola Marcos. Son Rosa Enríquez. Na blogosfera, valdeorosa.Moitas grazas por darme a posibilidade de colaborar con vós nas actividades culturais de ourense que, como sabes, é a miña terra,onde eu nacín e me criei. Maruxa Guitián é unha boa compañeira e amiga, pero sen dúbida algunha para min, unha persoa excelente.Un saúdo (valdeorosa)

Anónimo dijo...

Probablemente o "Táboa Redonda" empezou polo 70, porque eu debía, en efecto, cursar 6º de Bacharelato. Quen o debe saber exactamente é Juan Soto, columnista e non sei que cargo en "El Progreso"; non sei se non sería el quen, por outra banda, coordinaría o suplemento.

Con menos relevancia: no 1970 (finais) debemos empezar a cantar o Rodrigo Romaní e mais eu (o nome do dúo foi, inicialmente, "Ideales"). Lembro perfectamente que el tiña trece anos e eu dezaseis; así é que no 70 cadra a conta. Para a biografía do Rodrigo, se lla fan.