11 jun 2007


África, a gran esquecida

Andoliña 12 xuño
A Feira do Libro de Madrid deste ano, que rematou este domingo, estivo dedicada a África. Dese continente íase falar tamén no cumio do G8, na aldea alemá de Heiligendamm, aínda que disque pouco se acordou a este respecto: había outras prioridades que ocuparon todo o tempo. Os africanos tampouco van protestar por iso.
África segue sendo a esquecida nas axendas mundiais. A visión do continente segue a abanear entre a traxedia (as pateiras, as guerras xenocidas, o drama xigantesco da sida) e a color exótica das visións turísticas. Só a núcleos reducidos chega a noticia da súa riqueza e diversidade na produción cultural (literatura, música, artes). Hai 20 anos deseñouse unha Nova Orde Mundial da Información cun novo papel para os países africanos: tamén quedou no caixón dos proxectos.
África só representa o un por cento da riqueza do mundo. Nin sequera é unha potencia contaminante, tan pouco conta. Foi, é na actualidade e seguirá sendo territorio privilexiado de todos os espolios. Para máis mala sorte é rica en fontes de enerxía e materias primas cobizadas polos países ricos. Non hai peor desgraza para calquera país africano que posuír petróleo ou diamantes: alí nacen todas as guerras.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

África coma sempre marxinada. Ninguén se digna sequera a por un post.

Moralla dijo...

Bravo por este post. E tamén bravo polo "a.p.ic.ultor" veciño darriba, como eu lle chamo, porque é certo, a marxinación até se nota nos blogs. África, rica en fontes,máis explotada por "imperios extranxeiros" que entran no paraíso a invadir nas "colonias", aínda que hoxe en día se usen outros termos máis hipócritas que suavizan a patética realidade. Basta!! Aínda que niguén escoite!
Unha aperta solidaria doutra burguesa, pporque é o que somos

YOLI

Anónimo dijo...

Pois si, señorita Moralla, iso é o que pasa: África non existe para Occidente.

Con todo, penso que non é só asunto de explotación estranxeira, que tamén hai problemas xenuinamente internos que, para complicar máis as cousas, se solapan cos externos.

(E grazas: gústame iso de Apicultor, aínda que lle teño pánico ás abellas e a todo becho voante que pique)

Anónimo dijo...

Bob Dylan
I pity the poor immigrant

I pity the poor immigrant
Who wishes he would've stayed home,
Who uses all his power to do evil
But in the end is always left so alone.
That man whom with his fingers cheats
And who lies with ev'ry breath,
Who passionately hates his life
And likewise, fears his death.

I pity the poor immigrant
Whose strength is spent in vain,
Whose heaven is like Ironsides,
Whose tears are like rain,
Who eats but is not satisfied,
Who hears but does not see,
Who falls in love with wealth itself
And turns his back on me.

I pity the poor immigrant
Who tramples through the mud,
Who fills his mouth with laughing
And who builds his town with blood,
Whose visions in the final end
Must shatter like the glass.
I pity the poor immigrant
When his gladness comes to pass.

Anónimo dijo...

Excelente canción de Dylan. A min gústame moito a versión de Joan Baez.

Anónimo dijo...

Pero como pode ser que a un tipo anti-progre, que parece que xa está de volta de todo, lle guste Joan Báez?
We shall overcome?
Which side are you on, colega?

Anónimo dijo...

Catalógame mal, compañeiro. Que un tamén ten o seu corazonciño.

Anónimo dijo...

We shall overcome some day...
(Deep in my heart,I believe...)

A mín os Bob Dylan, os Joan Báez e os John Lennon sempre me pareceron unhos señoritos.Unha maneira de que os ianquis nos vendan non soio o seu sistema senón tamen o seu antisistema.Fodidos dúas veces...

Na miña (primeira) juventude,prefería ós cantautores sudamericanos.Agora xa paso.Ando polos (casi)cincuenta e confórmeme con que funcione a cisterna do W.C.
O Troll ágrafo