21 jun 2007


Galego na escola: organízanse os que non queren que o noso idioma sexa unha lingua normalizada

Desde hai varias semanas chegan noticias múltiples sobre movementos de asociacións contra o galego na escola. Polo que se vai vendo é un movemento ben organizado, con acceso á prensa, páxinas web e mesmo métodos agresivos e demagóxicos como o citado comic que se comentou en Arroutadas.

Parece oportuno traer aquí o debate, tal como xa solicitaron varios contertulios (X.M. González, Lourixe), aínda que mantendo a cabeza fría e sen caer en provocacións (como recomenda APC).

Que facer ante todo isto? É evidente que moitos aceptaron de mala gaña calquera proceso de galeguización, por morno que fose: que fose o PP, a dereita e mesmo Fraga, quen iniciase o goberno da autonomía quizais foi unha vantaxe para desarmar a estes sectores. Pero hoxe a situación é outra: goberna a esquerda e o nacionalismo e semella que todo vale contra un goberno progresista que só está a anunciar a aplicación da lei e dos acordos que por unanimidade se tomaron no seu día no Parlamento Galego (Plan de Normalización).

Precisamos de moita paciencia, intelixencia e sentido común para afrontar esta situación e evitar que dexenere aínda máis: calquera idea ó respecto será benvida neste debate.

Galego na escola. Pan por pan xoves 21 xuño.
(Imaxe: deseño de Picasso para Celso Emilio Ferreiro)

Con este nome fixéronse moitas campañas a favor do galego nos 60 e nos 70. Xa no ano 1967, por iniciativa de Ricardo Carballo Calero, Fernández del Riego e Domingo García Sabell, a Academia Galega remitía un escrito ó Ministerio de Educación e Ciencia demandando do Estado o recoñecemento do galego como idioma de cultura e a súa incorporación ó ensino medio. En 1971 Alonso Montero dicía en Ribadavia, en Abrente, que o galego non chegaría ó ano 2000 sen escola e sen medios de comunicación. Dende aquela choveu moito. O galego segue a perder falantes, sobre todo na xente nova. E cando se establecen uns mínimos camiños para avanzar na normalización dende a escola, xorden voces e asociacións críticas contra a galeguización: hai moita xente, pero non é o meu caso, aborrecida de repetir sempre as mesmas cousas. Razóns non lles faltan

58 comentarios:

lourixe dijo...

Que rapidez! Que servizo! Esta tasca é eficiente de vez! Por certo que xa houbo "reacción creativa"
Vale, non lle hai que dar mais importancia da que ten (ou non ten). Porque 15.000 sinaturas recollidas mesmo fora da Galiza (moitas delas, falsas) en contra do ensino en galego están a recibir mais cobertura informativa que 10.000 sinaturas de lucenses en contra das torres de 9 andares nas costas do Parque Rosalía. Onde hai mais oposición cidadá a decisións políticas?

Anónimo dijo...

A cousa parece centrada en Vigo, en colexios relixiosos (non sei se algún é concertado).
Observo que adaptaron un cómic xa existente, de tema homófobo, e polas pintas americano.
Tamén vexo que algúns plumillas, sen aludir directamente a estas sinaturas, están quencendo o ambiente. Por exemplo, Carlos Luis Rodríguez, desde "El correo gallego". Eis un exemplo dun fulano empregou o galego (e o castelán) segundo pagase o amo. Hai anos en galego na telegaita (naquel programa de entrevistas; xa non se acorda ninguén), e agora en español para os seus novos xefes. Non hai ideas propias. Hai servizo á causa que pague. In illo tempore, o seu cuate Paco Vázquez, a quen lle escribía os discursos. Onte, Fraga. Agora o tipo anda un pouco nervioso. Iso de escribir nun xornal que emprega como estratexia de subsistencia venderse con outro (EL Mundo) xa nos indica por onde van os tiros.
Afortunadamente, a campaña de sinaturas organizárona na peor época do ano para a súa causa, cando as clases están a rematar. Saír nos medios a denunciar isto sería facerlles aínda máis publicidade. De momento, vexo que son poucos os centros que se sumaron á protesta, e todos localizados.

Anónimo dijo...

Só quero aclarar que os principais promotores están nun Instituto público, o santo Tomé. Ao mellor polo nome pode parecer relixioso ;)A miña opinión, así en quente, é que a libertade de expresión e de manifestación é soberana. Están no seu dereito de facer todas cantas campañas (suxas, menos suxas, demagóxicas, toscas, burdas) queiran. Se queremos plantear mobilizacións, estas non deben ser de contradicción destes persoaxes provocadores, senón de afirmación dunha idea, de abandeiramento da, neste caso, legalidade, de accións positivas. Así en quente. Pero debe ser todo en frío, moi frío.

Veloso dijo...

Dóeme moito que esta iniciativa partise do instituto no que eu estudei: o San Tomé de Freixeiro. Polas súas aulas pasaron profesores como Carlos Casares, Víctor Freixanes ou Gonzalo Navaza, o que fai que o meu abraio sexa aínda maior. Estou moi confuso con todo isto que está a pasar, pero creo que é momento de que os que queremos seguir falando en galego reaccionemos. Non teño nada contra o castelán, direino un millón de veces se é preciso, pero esixo que se respecte o meu dereito a falar e escribir en galego en igualdade de dereitos, en todos os ámbitos da vida. Creo que é urxente "despolitizar" a lingua. É fundamental que aquelas persoas que loitamos polo galego, os que son nacionalistas e os que non o somos, deamos un paso adiante.

Marcos Valcárcel López dijo...

Totalmente de acordo con Veloso. O galego é a causa de todos, dos galeguistas, dos nacionalistas, dos non nacionalistas, dos vexetarianos, dos naturistas e dos veterinarios. É broma: quero dicir que nos compete a todos por igual. E se o galego segue sendo lingua de futuro será polo esforzo de todos (os nacionalistas poden axudar pero eles só non chegan para esta causa).

Anónimo dijo...

Os nazonalistas poden axudar,pero moitas veces estorban.Eu non tiven que estudar galego na escola,pola minha edade.Pero seguramente se o tivera que estudar coma o estudan hoxe,odiaríao,pola maneira de impoñelo,polas formas (non polo fondo).A mín sempre me bastóu que unha cousa ma exixiran na escola "a cara de perro",pra odiala.
Un Marcos Valcárcel do futuro concluirá que ó galego matáronno un señor asturiano chamado como o emperador romando que legalizóu o cristianismo,e un tal Paco,pero outro Paco.

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Se os dirixentes son perosoas adultas e responsables,tomarán ese descontento nese Instituto coma unha oportunidade,non un problema.Xa saben Problema=Oportunidade
E tomaránno tamén coma un síntoma(non coma unha patoloxía),coma se fosen o Dr.House.Profundarían no análisis do síntoma polo que poida aportar ó conhecemento do verdadeiro problema e a súa soluzón.
O troll ágrafo

Anónimo dijo...

Eu creo que o mellor que se pode facer en relación con este asunto é non magnificalo nin darlle máis relvancia que a que ten: escasa. O asunto, como apunta Arume, parte dun par de profes de Santo Yome con sona de frikis. As sinaturas que recolleron pola súa conta foron arredor de 2.000. Logo metéronse no tema os de Libertad Digital (Jiménez Losantos) e o número de sinaturas multiplicouse, porque pode asinar calquera, estea ou non domiciliado en Galicia.
Mentres non haxa pronunciamentos de APAS ou Consellos escolares, o asunto non é importante. Non o magnifiquemos nin lle deamos máis cancha, que diso xa se encarga o Faro de Vigo.

Anónimo dijo...

Boeno,leituga,xa sabe por Baudelaire que o demo prefire que non creamos nél.É unha das súas melhores bazas.
Os impulsores desa clase de cousas suelen preferir a queñes se confían e non os teñen en conta...
Busque na historia casos de movementos que comenzaron cáseque desapercibidos e despreciados polos poderosos e que remataron en revolución...hainos a patadas.
A mín,que non son especialmente nacionalista,pero tenho en alta consideración ó galego,encéndeseme unha luceciña bermelha no cerebro con ese caso...
Eso sí,sen alarmismos,claro...

O Troll

Anónimo dijo...

Concordo con Leituga 1. Mentres non haxa pronunciamentos de APAs ou de Consellos Escolares, de personalidades sobranceiras ou con relevancia no tecido social e asociativo do país, a cousa non será máis que unha intoxicación promovida polos medios pseudoultras que se sitúan na beira extrema do PP. Ora ben, estoupidos coma este tamén obrigan á xente a retratarse, e cumprirá estarmos atentes ás reaccións. Ao mellor a máis dun se lle escapa en público o que pensa en privado. E, a verdade, eu prefiro que semellantes actitudes se expresen de xeito descarnado e tamén revelen desa maneira os seus argumentos, para mellor combatelos.

Anónimo dijo...

Xa que é dubidoso que comparezan por aquí os impulsores desa iniciativa de "tangallegocomoelgallego", vou eu facer un pouco, se non lles parece mal, de "avogado do diaño". Voume limitar a describir unha situación, inventada, pero que creo que pode servir como punto de partida para un debate que supere esa dialéctica inconveniente e fácil do "galego-antigalego" que adoita primar nestas liortas:

Instituto urbano en Vigo, Coruña ou Ferrol, entre o centro e a periferia que se achega cada vez máis ao centro. Un profesor castelán-falante entra nunha clase de alumnos castelán-falantes (practicamente o 100%). El vén de falar en castelán coa súa mnuller, cos seus fillos, coa caixeira do súper, cos seus compañeiros. Fai o que fixo toda a vida, dende que era rapaz. Os seus alumnos falaron entre eles no recreo e só se escoitou algunha palabra galega -"carallo", "cona", "parvo"- nunha conversa desenvolvida toda ela en castelán. Talvez algún destes rapaces escoitou ese mesmo día algo de galego na casa, pero a maioría o único galego que escoitaron foron os ecos dalgunha emisión da TVG ou algún anaco de conversa no autobús. Tanto o profesor como eles utilizan habitualmente o castelán. Pero de pronto entran en clase e prodúcese unha transformación desas que, en relación cos políticos, adoita tildarse de "litúrxica". O profesor empeza a falarlle aos rapaces nun idioma que non lle resulta en absoluto estraño, que non descoñece, pero que tampouco é notoriamente o seu. Por suposto, comete múltiples erros sintácticos e léxicos, non coloca un pronome no seu sitio, deturpa os tempos verbais, utiliza incontables castelanismos e, se cadra para compensar, ata di "houra" en vez de "hora". De vez en cando, solta amplas parrafadas en castelán, coma se fose un descanso, e volve pouco despois a falar no idioma que lle resulta incómodo pero que é o legal. Ademais el está de acordo en que hai que "normalizar o galego".
Os rapaces, pola súa banda, escoitan con certa indiferencia. En realidade, dálles un pouco igual. Miran pola ventá. Fan que atenden. Algúns pásanse papeliños uns aos outros. "Bea está buenísima". "David está por mí". O que están desexando é que acabe a clase para poder aproveitar o tempo dedicándoo ao que verdadeiramente lles importa.
Soa o timbre. Rematou o paripé. Tras esta modesta pero imprescindible contribución á normalización do galego, o profesor é abordado por unha alumna máis ou menos aplicada e un pouco pelota que lle pregunta, en castelán, algo relativo á data dun exame. O profesor contéstalle, en castelán, e volve á sala de profesores, onde, eludindo a elección de "A Nosa Terra", lle botará un ollo ao xornal en castelán. Só un ollo á portada, pois enseguida chega un compañeiro que, en castelán, lle pregunta se non lle parece unha desfachatez a inciativa esa de "tangallegocomoelgallego".

Anónimo dijo...

Eu teño dous coñecidos (bastante amigos) que asinaron ese manifesto. Non os teño por radicais, aínda que sempre adoitan unha postura molesta coas administracións de educación por moitas outras cousas, entre elas a falla de disciplina, a burocracia excesiva e inútil, a pouca paga e a inxusta distribución dos traslados (por non falarmos dos horarios horrendos que sempre, inevitablemente, lles toca). Entre estas cousas, a obriga de empregar o galego non lles gusta. Un deles non a precisa por ser de lingua española; o outro si por ser de Historia. Pero o de lingua española aínda está requeimado pola decisión da consellería de presentar as actas do seminario en galego, aínda que diante de mín sempre fachendou de facelas inmediatamente coa axuda dun traductor online e santas pascuas. O outro sempre foi castelán-falante e defensor sempre do seu emprego, sen nengún xénero de concesións: niste asunto amosouse sempre coherente.
Sen embargo, non estou seguro de que tanto un coma o outro saiban da instrumentalización que iso supón por sectores que van máis alá da mera protesta concreta polo excesivo peso do galego no ensino. Porque o que asumen os promotores principais é unha solución radical non só da materia lingüística senon da propia estructura educativa, na liña en que os dirixentes liberais veñen sostendo: é dicir, a libertade de ensino mediante o sistema de cheque escolar, polo que o estado entrega a cada familia uns cartos para levar aos seus fillos onde eles queren. Ese modelo é trasladado tamén a cuestión lingüística, de xeito que o que se pide nese manifesto é que as familias poidan decidir en qué idioma queren que sexa impartida a docencia, por suposto, co certidume en moitos casos, como sinala o advogado do diaño, de que o alumnado nas cidades fala maioritariamente en castelán. Con hipocresía (que eu non dubido en tildar entre xesuitina e opusina) ousan ademáis reclamar o modelo de euskadi, no que poden escoller en que lingua poden educar aos seus fillos.
Nesa plataforma converxen diversos planteamentos sobre o idioma, desde esas elites que propoñen unha libertade absoluta na elección de colexios ata o perpetuamente disgustado coa obriga do galego (que sempre houbo e haberá) pasando por outras variedades de rexeitamento do nacionalismo ou do galeguismo ou mesmo do novo goberno galego que figuran moitas veces de maneira expresa na comunicación oral e que agora fanse letra nun manifesto.

Anónimo dijo...

Non fai moito tempo asistín a un xantar entre amigos e coñecidos na casa dun deles.Todo transcorreu moi ben e a comida estaba ben boa.Os comensais, pouco máis da metade galegos .Os demáis de distintas partes do estado.Xente asentada en Galicia por razóns de traballo.
Imos ao asunto:
a conversa producíuse sempre en galego (con fluidez e riqueza de matices linguísticos),non sendo duas persoas nadas nunha importante cidade de Galicia que prefiro non citar.
Cada vez e máis frecuente atoparse con xente de fora que se integra perfectamente e sen demasiadas dificultades no noso idioma e xente nada no país que mostra dificultades insuperables de caracter sicolóxico.
Cantos de nós non coñecen irmáns que adoitan unha actitude diferente no uso de idioma (un que fala galego con frecuencia,outro que nono falou nunca, ainda en entornos favorables)?
En moitos casos non hai unha actitude negativa senon un bloqueo sicolóxico.E en algúns incluso ,algo de mala conciencia.
Como se pode entender isto?
Non é un asunto de sicoanálise?
Os argumentos sobre a utilidade vólvense en contra cando se comproba que por medio do galego tense acceso tamén ao portugués ("os alumnos que rematan o bacharelato en Galicia non saben que saben portugués".Sarille dixit)
Esto non condiciona para nada o dominio do castelán.Máis ben enriqueceo.A eso hai que engadir que para moitos traballos será requisito imprescindible (esperemos) o uso do galego.

O asunto tén algo de traumático.
Eu ,as veces,imaxino que de pequenos viron como os seus pais encerraban á avoa galegofalante no faiado cando viñan as visitas e asocian o galego con algo claustrofóbico.(ainda que é un chiste ,todos sabemos que tén algo de triste realidade)
Enfin,non sigo porque tamén caio na melancolía.

Anónimo dijo...

Á marxe de supostos sociolóxicos e casos particularmente vividos (desculpen a perentoria tosquidade dun profesor de secundaria, galegofalante, en avaliacións finais): a disposición que prevé unha ampliación da vehicularidade en galego para o curso que vén pódese considerar desde diferentes puntos de vista. En todo caso, desde unha posición de mínimos é a forma de procurar que os educandos de primaria e secundaria acaden unha competencia, oral e escrita, minimamente razoable nun idioma de oficialidade indiscutible.

Entrando xa en cuestións sociolóxicas, ofrézolles un caso práctico: o meu. Tres fillos galegofalantes que, canto ao seu propio idioma, pasaron na escolarización por diversos estadios: desde a presenza mínima a menos dun trinta por cen. Levo así desde o 1994 sen que a ningún dos novos incómodos se lle acordase facer un cómic. A min iso sublévame, se me desculpan, recoñecendo, respectando e garantindo o dereito á liberdade de expresión.

Obviamente, os meus fillos teñen dereito a que os entendan perfectamente; máis dereito teñen a iso, xaora, do que outros teñen para que eu e mailos meus fillos lles falemos en castelán. Desculpen outra vez, nin un centímetro para atrás desa liña.

Xorde un grupo que recolle firmas aquí e acolá; ademais, difunden adaptación ad hoc dunha historieta seica plaxiada. Non me parece que sexa cousa para desprezar nin ficar tan acougado coma hai un mes. A posición, sensibilidade e presenza dos partidarios do novo decreto (na medida e pola motivación que sexa) debe ser patente. Aínda que só sexa para evitar a ocasión ou tentación do gradualismo. Que un xa leva anos e ten visto.

Anónimo dijo...

Eu non lle quito preocupación ao asunto, pero, na súa substancia ideolóxica, son os mesmos que encabezan as manifestacións que piden saber máis do 11M, que obxectan da materia de Educación e Cidadanía, que axitan bandeiras españolas contra Zapatero desde o 14M, que aplauden calquera animosidade contra Touriño (difunden a célebre páxina web sobre a peculiar forma de falar galego do presidente da Xunta), que odian todos os nacionalismos agás o seu,... En fin, son os mesmos. Agora tocoulle á lingua galega. E nesa batalla incorporan a un grupo indeterminado de xente que, por unha razón ou outra, están en contra ou polo menos estaban adormecidos neste asunto porque a aplicación da lei era, por empregarmos un termo moi neutral, moi relaxada. E consideran, ademáis, desde a perspectiva da dereita, que Núñez Feijoo é un felón que os deixou sen representación no parlamento.

Anónimo dijo...

A gran fortaleza do novo decreto está no consenso que suscitou entre as tres grandes forzas políticas. Isto inclúe ao Partido Popular. Por iso, chamoume moito a atención ver o nome de Pilar Rojo Noguera, exconselleira e deputada do PP, entre os asinantes do escrito. Agardo que Núñez Feijóo non dea marcha atrás, pois quedaría como un chisgarabís sen posición que tenta quedar ben con uns e con outros por cuestións meramente electorais. Pero non estou moi seguro de que resista as presións mediáticas nin as de certos sectores do seu propio partido. En todo caso, como xa dixen noutro post, creo que o silencio que os partidos están a gardar arredor desta iniciativa é prudente e acertado. E mentres non vaia a máis, esa debe ser a actitude.

Anónimo dijo...

Leituga,o seu escrito narrando verosímiles situaciós nun Instituto urbano,daba pra unha bóa curtametraxe.E decía o outro día o Blanco Valdés que o cinema español e galego non ten ideias.Os que as teñen non se dedican ó cinema (¿ou sí?,neste blog nunca se sabe).

O troll ágarfo

Anónimo dijo...

Aquí, señor Troll, todos somos actores á procura dun guión inexistente.

Anónimo dijo...

Xa me gustaba a min ter a certeza que só desde a dereita (ultramontana ou menos) se apoia, apoiará ou apoiaría de boa gana esa campaña. Pola contra, teño sospeita de que non queda a cousa niso; e considero que a historia recente e certas consideracións sociopolíticas non deixan de aboarme.

Xaora, eu non solicito que os partidos políticos do país dignifiquen ou amplifiquen a campaña referíndose a ela. Ora ben, a posición e actuación dos partidos acaba por ser fráxil se lle falta sustento social. Mirar para outro lado mentres recollen sinaturas aparenta perigoso. Non saír ao paso dos argumentos que aparecen no cómic supón ignorar que no substrato ideolóxico de moitos moitos galegos seguen as ideas de "dialecto", "mala educación", "obstáculo para o progreso": son centos de anos de nada en termos de oficialidade e alta cultura; remachados por corenta anos de franquismo establecidos cando se empezaba a remontar.

Témolles a posibles intentos "conciliadores" para implantar gradualismos ou adiar sen día; que non faltarían apoios. E cómpre adiantar que non, de ningunha maneira. Socialmente. Con prudencia; tamén con vizo.

Anónimo dijo...

Ao mellor os detractores do galego, que non só son os identificados coa dereita ultramontana e os que escoitan a COPE, acaban por provocar conferindo visibilidade a este debate un efecto contrario, e quen sabe se desexábel: a mobilización efectiva dos galegofalantes conscientes e que queren ensino en galego para impulsar unha rede de garderías, escolas infantís e primarias monolingües (ou bilingües galego/inglés, por que non?). Un dos problemas básicos do galego é que os seus defensores sempre lle tiveron medo á sociedade civil, a artellarse autonomamente e a crear iniciativa propia. Todo ha vir por arte de maxia dunha administración na que mandan, nun x por cento elevado, xente que no fondo só acepta a normalización lingüística por correción política, e que non están interesados na aplicación real da letra e do espírito das leis de normalización, senón en cumprir o expediente e en crear o menor conflito posíbel. Como o nacionalismo (ou o galeguismo en termos máis amplos, que en teoría sobardaría os límites daquel, aínda que teño as miñas serias dúbidas) desconfía da sociedade civil, en parte por ser consciente da súa relativa debilidade social, en parte polo peso dentro del dunha cultura política dirixista e estatalista (que pensa que en chegando ao poder os burgueses da Coruña comezarán a falar galego...) e por medo a crear unha "iniciativa privada" fronte ao ensino público, o resultado é unha política de normalización coxa. O galeguismo ha organizarse e crear sociedade civil, e se para iso cómpren "galescolas", pois moi ben. Pero sostidas dende a base. A cuestión é se se podería. Mais ás veces, e exemplos hai noutras latitudes, un idioma sálvase cando se mobilizan os seus falantes conscientes.
Así de simple: na vez de esnafrarse contra da rixidez ou dos complexos sociolingüísticos dun profesor ou profesora que pasa de aplicar a legalidade (ou que o fai mal, porque no fondo non sabe galego, como ben ilustra Leituga 1 no seu relato ficticio pero real como a vida mesma), ao mellor habería que fundar equis escolas ou galescolas en Vigo, na Coruña ou en Betanzos. Crear ghettos? Pois mira, ao mellor. Pero xeraríanse espazos de comunicación en galego para os cativos. Teríase a garantía de que o profesorado cumpría a legalidade (ou, diría eu, aplicaría un modelo "D" de ikastola á galega). E veríase cánta forza hai. Sei de máis dun secretario ou director xeral da actual Xunta, nomeado polo BNG, que lle fala á súa prole en galego normativo... de Burgos. Que faría? Que faría tanto pai progresista que lle chama Brais ao seu fillo e logo lle fala en castelán (or something close to it)?
A cuestión é: atrevémonos?
Non esquezamos o que aconteceu, por exemplo, hai poucos anos coa iniciativa do xornal en galego. Como os coroneis de turno non o podían controlar, adicáronse a boicotealo por baixo. E como grandes intelectuais de sona e prestixio xa tiñan as súas columnas semanais en xornais asentados, non ousaron comprometerse cun proxecto en marcha. Á final: non moita xente foi a que puxo (puxemos) cartos no asunto. E foise a pique... E hai que dicir que non todos os que andaban naquela xeira eran nacionalistas, por certo. Habíaos de cór bastante plural.
E non esquezamos o que acontece coa Mesa pola NL: ten menos socios que o Bloque. Curioso, non é? Teoricamente debería ser un movemento social que fose alén do nacionalismo. Na prática, as lideiras no seu seo traducen o anceio de control por parte, non xa do BNG, senón de familias moi concretas dentro deste derradeiro.
En fin, no fondo é volver aos principios da ANPG: autoorganización. Pero non en clave resistencialista, senón de construción da sociedade civil. Non agardemos que a Vicepresidencia (da Igualdade e do Benestar; ah non, perdón, señor Losada, non malle en min!) faga todo por nós, nin as Consellarías de Educación ou de Cultura.

Anónimo dijo...

Hai unha anécdota famosa que amosa esa desconfianza dun sector clave do nacionalismo ante a sociedade civil. Foi canda o -finalmente frustrado- proxecto de crear aquel xornal en galego.

Os promotores falaron con tirios e troianos, buscando accionistas coa pretensión de crear un xornal profesional e viable, e, por iso, xenericamente galeguista pero non enfeudado a ningunha forza política.

Nunha desas, entrevistáronse con quen era, naquel momento, un alto cargo interno do BNG, amais de alcalde dunha localidade modélica. Naturalmente, non podía negar directamente o seu apoio, senón que lles respondeu "á galega". Daquela, preguntoulles algo así: meu pai é empresario e podería ser un accionista importante, pero que vai quitar en limpo con todo isto?

Velaí o "curtopracismo", ese mal que nos corroe, como diría, con toda razón, o amigo Descrido, quen, por certo, xa hai días que non pasa por aquí e ao que enviamos un saúdo.

Anónimo dijo...

Se falan do mesmo xornal ca min, direilles que promoverse, explicitamente, ao abeiro de El País nunca me chistou como proxecto.

Por outra banda, se non foi para arriba paréceme inadecuado darlle a culpa ao nacionalismo político. Que, ademais, supoño que deberá apoiar proxectos que lle ofrezan credibilidade.

Mágoa, así e todo, que non saíse no seu día un xornal en galego con certa consistencia. Porque arestora, coa que cae, non sei se é xa momento de aventuras en papel.

Anónimo dijo...

Non, ninguén lle bota a culpa ao nacionalismo político de que ese xornal non fose arriba. Ese foi un factor máis, non o único, quizais nin sequera o máis determinante.

Apoiar só ao que ofrecese "credibilidade"? Se se entende como tal algo semellante a ANT é evidente que ese proxecto non tiña nada que ver. Pero pensa, amigo González, que non lle conviña un xornal que lle garantise un trato moito máis xusto e mellor do que recibía daquela na prensa existente?

Por outra banda, o do abeiro do El País non era problema de chistar máis ou menos. Era algo se cadra inevitable se se quería botar a andar un proxecto de envergadura. En quen habería que buscar apoio? En El Mundo ou en ABC? Porque hoxe, un xornal solvente e profesional non se bota a andar con catro pesos.

De todos modos, non teño un interese especial en defender o devandito proxecto: nin estiven nel nin coñezo as interioridades do mesmo. Pero este é un asunto que daría para falarmos longo e tendido. E claro que foi unha mágoa que non saise.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Un neno de 8 anos de Ponferrada dá unha pequena lección hoxe no aFaro.

Xabier dijo...

Veño de ler a noticia do Faro. Ogallá fora noticiable algún día a noticia inversa: "Atopado un neno que prefire xogar coa game boy en vez de ler un libro, expertos na materia non achan unha explicación convincente ao fenómeno". De tódolos xeitos non debe ser moi malo iso tampouco xa que ao parecer profesores de varias universidades de EE.UU, nas especilidades de mediciña, afirman que as xeracións actuais teñen unha maior destreza óculo-manual para empregar instrumental quirúrxico e médico en xeral polo entrenamento previo que os ollos e as mans teñen de tanto video xogo. E perdoen por sairme tanto do tema. Eu tamén recibín no correo do centro o famoso mail. Só había que marcalo e logo clicar onde pon "Eliminar" e despois facer o mesmo na "Papeleira". Era sinxelo. De tódolos xeitos teño unha dúbida, cando algún de vostedes escribe que co galego se progresa ¿fala en termos económicos?. De ser afirmativa a resposta, traten de convencerme un pouco con exemplos tanxibles e non teóricos (xa saben, iso de que o mundo da lusofonía sería o noso Eldorado etc).

Anónimo dijo...

Eu non séi hasta qué punto o darlhe carácter de noticia a un feito coma ese non transmita subliminalmente a idea de que o tal chaval é un bicho raro de caralho.Ó melhor non lhe acaba facendo moito ben ó rapá a nivel persoal....E hai moitos rapaces ós que lhes gosta leer e xogar coa gembói tamén sen que perceban nenhuma contradición ó respecto...

Eu acórdome unha vez nas aulas do Xaquín Lorenzo que dixen alto e claro que me gostaba mais leer que xogar ó fúbol.Os que estudaran en Cisneros naquelas épocas,adiviñarán a reación dos meus companheiros comigo.Por moito que o Xocas lhes dixera que iban acabar sendo unhos "pequenos de cabeÇa" coma din os portugueses.

O Troll ágrafo

Marcos Valcárcel López dijo...

Señor TROLL, se lle deu clases don Xoaquín Lorenzo, que non o dubido, cóntenos algo de como eran esas clases. Teño entendido que nas de historia nunca pasaba da Galicia dos celtas. E que ía sempre co emblema nun ollal de Acción Católica. Era dos galeguistas eses que aprobaban a todos? Montábanlle barullo nas súas clases de Cisneros?

Anónimo dijo...

Da anécdota que relataba APC, se é a mesma que eu coñezo, referida ao cargo interno do BNG e alcalde de emblemático bastión, circula unha versión aínda máis significativa. A resposta ao requirimento de colaborar co xornal en cuestión foi, pouco máis ou menos, "home, se fose a fábrica de chourizos do meu pai, metería cartos". Velaí o asunto: chourizos, esa realidade tanxíbel. Materialismo dialéctico.

Anónimo dijo...

A mín soio me deu Lingua Española.Teóricamente.Nas súas clases sempre se enrolhaba coa Historia de Galiza,sobre todo esa época "mítica" que dí vostede de mámoas,castros,etc.Tamén moito de etnografía coma é facil adiviñar.E tamén moito da súa infancia e de cómo se divertían de mozos.Acórdome unha vez que nos contóu coma se organizaron catro amigos unha noite pra que acabaran ladrando todolos cas de Ourense desde O Posío hasta a Lonia.Sincronizaron os reloxios,e foronse ponhendo en lugares estratéxicos da cidade.A uma hora determinada empezaron a ladrar de forma simultánea,con forza, e montóuse un escándalo de caralho que espertóu a toda Ourense.I eles caminhando inocentemente pola rúa,lonxe uns dos outros,coma sen ter nada que ver có asunto.Era tan gráfico na forma de contalo,que hasta nos ladróu alí,pra que viramos qué ben imitaba o ladrar dos cas,e abofé que o facía ben...
Canto rimos...

Despóis, no examen de lIngua española,púñanos definiciós do Dicionario,´polo que había que ler o dicionario de pé a pa,por que preguntaba as fodidas,desas que non aparecen nos que tenhen poucas entradas.Leía en voz alta as definiciós que deran os alunos,despóis de dicir a correcta,e algunhas eran pra esperrecharse,por que non podías deixar nenhuma sen escreber algo,o que se che ocurrise,senón xa suspendías...Non sei se non estaría facendo algunha "Antoloxía do disparate..." .E sempre abandonaba a clase despedíndose antes da hora,espontáneamente,cando menos o esperábamos.Tamén por eso o queríamos,por que con él salíamos antes.

Vóulhe contar algo perosoal que non ten por que importarlhe a ninguén.Fai unhos anos,paseando co coche por terras de Lobeira sozinho,aparquéi o coche no Viso,ó lado da capela pra visitala.Eu non sabía que alí puxeran recentemente unha pequena estatua súa nunha pedra.Cando a vín choréi coma un neno,non por nada maís que por pensar canto,canto,canto lhe houbera gustado a él ver aquelo,él que tanto amaba as pedras,e pra máis no Viso.Tamén estiven comendo pan e vinho na pedras da lareira onde se crióu nunha casa propiedade de un tal Medela,que era,non séi se segue,corresponsal de La Región en Lobeira...

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Nunca lhe montéi barulho nasa clases.Nin eu nin ninguén.Foi algo que sempre me fixo pensar,qué era o que lhe daba aquela autoridade natural,non levantaba a voz,non lhe rifaba a ningún dos túzaros que por alí pululaban,e nembargantes a ninguén se lhe pasaba pola cabaza facer nada malo...
O troll ágrafo

Anónimo dijo...

O troll ágrafo é un sentimental: ten o seu corazonciño. Domesticado e blandengue está, abofé.

Marcos Valcárcel López dijo...

Cando Afonso Monxardín preparou a Fotobiografía do Xocas, apareceron centos e centos de fotos, moitas descoñecidas. Entre elas, unha que lle sacou un alumno dando clases, sen que el se dese conta, claro: cousa ben difícil naqueles tempos.
Lembro tamén unha anécdota das súas clases en defensa do galego que xa contei nun artigo, se encontro ese artigo traereino por aquí.

Anónimo dijo...

Boeno,sentimental dicen que era tamén o Al Capone,que choraba moito canto tinha que mandar matar a alguén,e cando lhe morrían os cas...
O troll ágrafo

Anónimo dijo...

Sobre o que di o AP-C máis arriba: un xornal galego con "abeiro" en cabeceira española sería probablemente outro "Galicia Hoxe"; paréceme obvio. E, con todos os respectos para esa cabeceira, que alberga contertulios e lectores desta casa, o que se necesitaría sería algo máis grande.

Sobre nacionalismo político, xornal en galego e credibilidade: é certo, mellor o menos malo (ou algo bo) que o malo de todo ou o mal da simple carencia. Ora ben, cando un debe priorizar no emprego dos seus recursos non sempre optar por investir en empresas menos malas ou algo boas. Sobre todo cando hai pouco que meter e moito onde facelo; aquilo foi ha de haber uns dez anos. Supoño que me explico, aínda con todo este enredo de alusións polo que pido desculpa.

Oxalá tivésemos xornal en galego, madia leva. Pero é porque os donos dos cartos (dos auténticos cartos) non quixeron posibilitalo; esa é a razón que vale, paréceme. E agora, xa non sei se paga a pena lanzar proxectos novos e grandes en papel. Oxalá pague, e aínda se faga.

Anónimo dijo...

Vou engadir algo ó que contaba antes sobre as clases do Xocas,que está esto algo paradinho.
Xa vos dixen que nos puña a definir palabras en castelán pa ver se estudábamos o dicionario.Despóis lía en alto as definiciós dadas polos alunos,e comentábaas,por moi extravagantes que fosen.Non daba o nome de quen houbera posto tal cousa,pra que non nos riramos de ninguén en concreto,sólo do "disparate".E o autor ríase tamén pra non delatarse...
Lembro agora mesmo unha en concreto.Había que definir a palabra "Poyo" (castelán,non galego). Un escribíu: "palo de piedra" .JA JA JA JAA .Rímonos todos."Palo de piedra".Tamén ríu el,un pouco,pero logo aproveitou pra explicar non sei qué figura literaria.I eu tamén éscomencéi a pensar,por que me facia graza "palo de piedra",e non me faría rir p.ex."rama de piedra".Aínda non lera eu a Freud e a outros autores acerca das relaciós linguaxe-chiste-subconscente,pero saquéi as minhas conclusiós.O fulano,o tal Xocas,sabía facerte pensar...
Non sei a quén lhe lín esta frase que fixen minha ó momento: O verdadeiro maestro é o que te ensina a ser autodidacta...El era algo así...

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Ten boa memoria, Troll (non tan) ágrafo, e ben se ve que a figura de don Xaquín Lorenzo o impactou. Eu non podo dicir que tivese un mestre tan singular.

Anónimo dijo...

Estes son os apoyos que constan en tangallegocomoelgallego:

Colegio Jesuitinas, de Vigo
-Colegio Cardenal Cisneros, de Orense
-Colegio Compañía de María, de Vigo
-Colegio Sagrada Familia, de Villagarcía de Arosa
-Colegio Maristas, de Vigo
-Guardería San José, de Borreiros
-Colegio Salesiano de Vigo
-Colegio La Milagrosa, de Lugo
-Colegio San José de Cluny, de Vigo
-IES San Tomé de Freixeiro, de Vigo
-Colegio Divino Maestro, de Orense
-Colegio Ntra. Sra. de los Remedios, Santiago
-Colegio Maristas, de Lugo
-Colegio Carmelitas, de Orense
-Todos los padres de colegios públicos que nos han apoyado
-------------------------
-Mª Isabel Calvo Pacheco
-Ángel Loureiro
-Chiti
-Máximo Albedo y su musa

Anónimo dijo...

Boeno,o que decía eu...

Por culpa del clavo cayó la herradura...

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

A iniciativa cidadá tangallegocomoelgallego non foi responsable da elaboración e da publicación das viñetas que ofendían e denigraban ao idioma galego e aos seus falantes, como xa se desmetíu nos medios de comunicación, mesmo na páxina Cultura Galega, asi como na páxina da propia iniciativa. Máis ben parece cousa dunha intoxicación interesada por parte de sectores que queren facer fracasar a citada iniciativa. Se vostedes queren seguir coa pantomima, é o seu problema, xa que na devandita iniciativa respéctase a todas as linguas e aso seus falantes, e condenou o contido de tales viñetas.
A iniciativa tangallegocomoelgallego non se opón a que todas as materias, salvo as outras linguas, sexan impartidas en galego, se ese é o desexo dos pais e alumnos implicados; pero reivindica o dereito simétrico de maneira que se poidan recibir en castelán todas as materias, agás as outras linguas, en castelán se ese é o desexo dos pais ou dos alumnos.
Esta iniciativa ten moi claro que as linguas non teñen dereitos, nin sofren, nin nada desas parvadas e cualidades que se lle atribúan as linguas (figuras propopopeicas propias de nacionalismos culturais decimonónicos, privatiavas do espíritu da nación e do Volkgeist de Herder e discípulos, e, polo tanto, antidemocráticas). Teñen dereitos e, se é o caso, sofren os falantes de calquera lingua que ven vulnerados os seus dereitos lingüísticos. E en Galicia hai dúas comunidades lingüísticas, se ben difusas, como pode comprobarse no meu caso, que utilizo preferentemente o castelán, pero que con certa fortuna podo escribir en galego. Como consecuencia diso hai dúas linguas oficiais, e hai que aceptar que o pobo galego ten dúas linguas, se non, éntrase nunha deriva pouco compatible cun sistema democrático, no que rexe o principio de igualdade ou non hai democracia. E cando se fala de igualdade de dereitos, refírese un ao ámbito administrativo ou das empresas que operan baixo concesión administrativa; porque iso de que no eido privado, incluíndo os medios de comunicación e publicacións, hai unha preponderancia do castelán é unha consecuencia da liberdade de mercado, e se a alguén non lle gusta a lingua na que o atenden nunha empresa privada ou por parte dun particular, que cambie de empresa ou de interlocutor, e se quere periódicos en galego, que funde un ou moitos, arriscando o seu diñeiro. Xa só faltaría que a Administración obrigase aos particulares a expresarse nunha ou outra lingua, sexa ou non oficial.
O socorrido argumento da persecución dos dereitos lingüísticos dos galegofalantes ao longo da historia é innegable, condenable e rexeitable, pero os actuais castelanfalantes non estamos dispostos a seren responsables lingüísticos subsidiarios de pretéritas inxustizas, e non se pode aspirar agora a que a realidade galega fose como se a historia non fose como foi (tentación na que adoitan a caer os nacionalistas: a ver se os sioux van querer botar de Dakota do Norte aos "europeos", en plan Felipe Quispe en Bolivia).
En conclusión, esa iniciativa tan denostada limítase a defender a igualdade dos dereitos de todos os galegos, falen a lingua que falen, perante a Admnistración e nas súas manifestacións, como é o ensino; e negamos Administración lexitimidade para implantar hábitos lingüisticos no seo das familias (ata aí poderíamos chegar).
A iniciativa tangallegocomoelgallego tamén se oporía a que o Parlamento español impuxese como única lingua vehicular en toda España (e, polo tanto, en Galicia) o castelán ou español, porque iso sería antidemocrático, e vulneraría os dereitos lingüisticos de moitos cidadáns en territorios onde residen comunidades lingüísticas significativas con linguas diferentes do castelán, e se non nos cren, é o seu problema.
Se a galeguización do ensino significa obrigar a todos os estudantes galegos a aprender en galego (que é distinto qu aprender o galego como materia), aínda que algúns prefiran facelo en castelán, por suposto que a citada iniciativa se opón, e de maneira frontal. Os galegos castelanfalantes xa estamos suficientemente galeguizados, porque xa falamos unha das linguas de Galicia, porque vir a estas alturas con esas lerias de que os territorios teñen linguas é un pouco anacrónico. Basta con botarlle unha ollada á Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (nada de minorizadas que é un palabro ridículo), para ver que só se fala de dereitos dos falantes e nunca de dereitos das linguas, e tampouco se fala de linguas de territorios. ¿E que alguén está tan tolo para poñer en dúbida que o inglés é un idioma de Irlanda, ou de Australia, e, polo tanto, propio de parte dos habitantes deses trerritorios? A ver se nos imos modernizando, que estamos no século XXI. Se os mellores argumentos que tedes os partidarios da galeguización son os que adoito escoitar, tedes pouco futuro nun debate ante xente cabal. Non sabedes como me gustaría enfrontarme a alguén que esgrimise argumentos tan “contundentes”. É que non vexo chegar o día.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Non sei de onde sae esa lista, pero "me temo lo peor". Hai uns días un amigo, profesor do IES Santo Tomé de Vigo, comentoume que a iniciativa dos dous profesores que impulsaron este asunto fora rexeitada pola gran maioría do profesorado dese centro.

Atención, de todos modos, ao que propón Isildur (unha especie de "rede" galegófona de centros escolares), pois tamén é o que propoñen eses dous profesores dende intereses distintos. Eu creo que un sistema dese tipo -similar ao que existe, con matices, no País Vasco e en Valencia- sería probablemente bo para os pais galeguistas, aínda que prexudicial para a difusión social do galego.

¿Que pasaría se se implantase aquí un sistema como o vasco? Rede A: ensino só en galego, co castelán como materia. Rede B: ensino en galego e castelán. Rede C: ensino só en castelán, co galego como materia. Eu supoño que un elevadísimo tanto por cento da poboación (se cadra, entre un 80 e un 90 por cento) escollería a rede B, é dicir, o máis consoante coa realidade de hoxe. Cando se suscitou esta posibilidade, na discusión estatutaria de finais dos 70, desbotouse precisamente polos efectos negativos que tería sobre o galego, seguramente moito peores dos que tería hoxe.

Outra cousa. Eu creo que neste debate non se pode poñer "o galego" por riba de todo, coma se fose un deus identitario que está por riba das persoas, dos galegos. É aí, nos galegos, onde hai que poñer o acento, non na defensa dunha "identidade" da que o galego sería expresión fundamental e condición sine qua non. Todos sabemos que hai moita xente que se sinte plenamente galega e non fala nunca ou case nunca en galego. A defensa do ensino en galego -concretamente nos marcos proporcionados polo novo decreto, de momento non sobrepasables- debe facerse, ao meu ver, non tanto dende criterios abstractos e non compartidos por todos ("a nosa identidade") como pola utilidade e conveniencia pedagóxica do ensino multilingüe e dende a asunción de que vivimos nunha comunidade que ten a riqueza de posuír dous idiomas nos que, como é lóxico, todos debemos ser competentes.

Anónimo dijo...

Ao fío dun listado dado por Anónimo sobre as APAS de centros que colaboraron na recollida de sinaturas a favor do manifesto da iniciativa tangallegocomoelgallego, tan só quero que se reflexione sobre o feito de que con a penas unha ducia de colexios, na iniciativa fomos quen de recoller máis de 15.000 sinaturas (iso de que a maioría son de fora de Galicia só é un "wishful thinking" para autoconsolarse), e iso sen aínda ver os efectos demoledores do futuro decreto (agardade a que cheguen os libros de texto a moitos fogares), pensade o que vai pasar no primeiro trimestre do curso que ven. Tendo e conta que en Galicia hai máis de cen colexios privados grandes, e que se case non se chegou aos centros públicos das grandes cidades e da súa periferia foi por certas resistencias de cargos directivos moi sinxelas de eludir con un número de persoas suficiente, ademáis de con apoio legal (non hai máis que ler o ROC con certo atención), e de que non se levou a campaña de recollida a lugares onde acode moita xente (centros comerciais). Se os que apoiamos a iniciativa nolo propoñemos, pasamos de cu, con perdón, das 100.000 sinaturas, e se non, ao tempo.
E esa ridiculez de que a iniciativa está conformada por persoas de ideoloxía de extrema dereita e nacionalistas españois e unha estupidez e outro autoengano.
Nesa niciativa se defenden os dereitos lingüisticos de todos os galegos, falen o idioma que falen, e mellor lles iría aos que de verdade queren a pervivencia do galego se imposicións coñecer ben o que se demanda nesa iniciativa, na que mesmo se propón unha teerceira vía adicional na se poida estudar a metade das materias en castelán e a metade en galego, pero rotando as materias ao longo dos cursos co gallo de acadar un vocabulario axeitado en todas elas. Se hai quen pensa que a iniciativa vain contra o galego e que é cousa de extremistas, e que non se entera ou ve pantasmas por todos os lados.
Na iniciativa hai persoas dun amplo espectro ideolóxico (sempre democrático), que cremos na verdadeira liberdade lingüística, e que aceptamos que, dada a secular persecución que se fixo da lingua galega e dos galegofalantes, alomenos no eido da vida oficial e administrativa, han de investirse cartos por riba do que dicta o mercado para axudar á expansión e dignificación social do galego, subvencionando de maneira razoable canles de TV, emisoras de radio ou algún periódico, asi coma publicacións de libros en galego (pero sen certos abusos e con uns mínimos de calidade). Que ninguén é tan estúpido como para negar a tal persecución, nin para deixar de condenala e repudiala (que Franco foi un dictador e non é santo da nosa devoción, como nono son outros dictadores, sexan de dereitas ou de esquerdas). O asunto dos comics pode ser unha intoxicación como xa se dixo, e o seu contido, aos que apoiamos a tal iniciativa, parécenos noxento e indignante, como tamén parécennos repulsivas certas intervencións no foro libre da iniciativa por parte de tarados dos dous lados. A nós os nacionalistas españois non nos fan ningunha gracia, se por nacionalistas españois se entenden os que queren unha uniformización lingüística e cultural de España, non simplemente os que son partidarios de que Galicia, por exemplo, siga integrada en España, respectando a súa pluralidade lingüística. A xente tolerante, respectuosa cos principios da democracia, e con certa dose de intelixencia pódese achegar a nós, que non trabamos, nin temos cornos, ni rabo. A partir de aí pódese establecer un debate de ideas que permita unha boa convivencia entre as dúas comunidades lingüisticas.
Señores foreiros desta páxina ¿cren vostedes realmente que eu odio o galego e aos galegofalantes? ¿cren vostedes que eu son un integrista españolista e un inimigo da liberdade? Non teñan medo coñecer ao presunto inimigo, porque ao mellor, resulta que nono é tanto, senon que trátase dunha percepción baseada en prexuízos. Eu estaría moi disposto a impartir unha clase en galego se ese é o desexo dos alumnos (de feito, sempre respondo en galego a nivel individual cando me preguntan en galego, así como os animo a facer os exames en galego, mesmo os abronco se nono fan), o que me parece absurdo, como se reflectíu nunha intelixente historieta neste foro, é que se eu me expreso mellor en castelán, os meus alumnos na súa totalidade prefiren recibir a clase en castelán, tal posibilidade sexa prohibida pola normativa vixente. Non se preocupen algúns, que eu, pola miña idade, nunnca tiven clases sequera de lingua galega, e se as necesidades da vida (unha oposición, por exemplo) esixen saber galego, xa moverán o cu, con perdón, os interesados para collerlle cariño ao galego e aprendelo por riba dun nivel coloquial (que chega para evitar a tan temida fractura social, que non é máis ca un espantallo).
Eu lanzo a luba, e se alguén quere recollela, todos sairemos gañando, aínda que non nos poñamos totalmente de acordo. O debate baixo parámetros civilizados sempre é productivo e enriquecedor e neste foro vexo xente intelixente coa que me gustaría debatir, por iso tomeime a molestia de escibir con tanto agarimo e respecto, o mesmo que espero recibir, ni máis nin menos.
Saúdos cordiais a todos.

Anónimo dijo...

Me entristece leer que la campaña de descrédito contra la iniciativa ciudadana Tan gallego como el gallego, impulsada desde puplicaciones electrónicas que dejan mucho que desear, haya conseguido contaminar espacios de opinión tan dignos como este. La iniciativa Tan gallego como el gallego, esta integrada por personas de ideología diversa, y solo defiende el derecho de los padres a elegir el idioma vehicular en la enseñanza. Por lo tanto, reivindica el derecho de los padres que así lo deseen a que sus hijos sean enseñados intagramente en gallego. Tal vez por eso, por ser una iniciativa creada con unos fines tan poco criticables, se recurra a la difamación y a la intoxicación con patrañas como las viñetas esas de las que la iniciativa ya se ha desvinculado de forma categórica a través de un comunicado. Una precisión. Tan gallego como el gallego surgió en Coruña y fue posteriormente secundada desde Vigo. En cuanto a lo que comenta un interviniente "que tiene un amigo que le dijo no se qué" sobre un instituto de Vigo. Supongo que no habra hecho una encusta entre el profesorado para saber quien apoya esta iniciativa y quien no. Yo que sí tengo datos, les diré que el apoyo CON FIRMAS por parte de un considerable número de docentes de ese centro, lo he constatado porque lo he visto sobre el papel.
Por último, les invito a ustedes a sumarse al foro de Tan gallego como el gallego. Es un foro libre, no hemos querido restringirlo a pesar de los intentos de boicot, creo que se sentirán a gusto, algunas intervenciones son bastante interesantes. Gustosamente debatiríamos con ustedes. Un saludo.

Anónimo dijo...

Este blog, como demostra o feito de que participen os defensores da plataforma tangallegocomoelgallego probablemente porque aquí atopan espazo para a discusión, é un exemplo notorio de tolerancia e de racionalidade nun caso que esperta emocións e sentimentos.

Anónimo dijo...

Diso se trata estimado Arume dos piñeiros. De debater desde a tolerancia e a racionalidade, facendo ver que ser inimigo dunha lingua, de calquera, é unha verdadeira irracionalidade e unha estupidez. Aquí vense opinións de xente intelixente e disposta ao debate pacífico, que esperamos que abandoen certos prexuízos sobre a iniciativa tangallegocomoelgallego e sobre o que realmente propón. Non trata esta iniciativa de "colonizar" a ninguén. Tan só aceptar o feito de que unha sociedade pode ser bilingüe, sen que iso implique un bilingüismo perfecto por parte de cada un dos individuos, que só adoita darse en un sector de persoas de especiais capacidades para a aprendizaxe das linguas. O que se trata é de que ninguén se sinta de menos polo feito de empregar nin unha nin outra lingua, para o que debe haber un coñecemento básico, aínda que sexa a nivel coloquial (non para facer informes técnicos, salvo no caso da Administración, ou defenderse ante un problema complexo), para que ninguén teña que cambiar de lingua porque o seu interlocutor non o entende nunha conversa non especializada. Estamos de acordo na total dignificación do galego, e eu mesmo procuro facelo dentro das miñas modestas posibilidades, asi como na aprobación de subvencións para a súa difusión, e para facer a súa aprendizaxe atractiva. As imposicións van provocar un efecto de rexeitamento en moitos sectores e iso e moi grave, porque creará capas da poboación refractarias a todo canto soe en galego, e iso e moi perigoso.
Sería moi feliz se este foro servese para iniciar un proceso de achegamento, eliminando receos absurdos, como os de que calquera que fale galego xa é de determinada ideoloxía, o que é absurdo, dado que a maioría dos votantes do PP no rural son galegofalantes case que o 100 % das veces que se comunican.
Queremos para Galicia un sistema realmente democrático, de igualdade eficaz de dereito de todos os cidadáns, pero de maneira que a Administración non faga imposicións no eido da vida privada dos cidadáns, nin os coaccione para que perante ela haxa que utilizar unha lingua en concreto. De feito, a moitos dos compoñentes da iniciativa a obrigatoriedade de coñecer o castelán establecida polo artigo 3º da Constitución parécenos absurdo, porque non se pode sancionar a quen non o cumpre.
O recoñocemento da oficialidade dunha lingua nun determinado territorio tan só debe supor unha obriga para a Administración: a de atender nesa lingua a calquera cidadán que así o demande sen restriccións. E se alguén non sabe expresarse en ningunha lingua oficial, el mesmo se sancionará cando teña que pedir axuda para lidiar coa Administración (salvo no eido penal).
Repito; polo lido neste foro, aquí hai xente que aínda que non estea disposta a apoiar a iniciativa tangallegocomoelgallego, nin a medio prazo, pódese iniciar unha fase de achegamento que no futuro pode ser moi productiva, e ogallá asi sexa. Á nosa iniciativa chega xente moi crispada polo intento de imposición tan leonino que supón o futuro decreto, e pola filosofía que subxace nel. Como din "Arume dos piñeiros", estes temas levantan pasións e resentimentos mutuos. Seguro que moitos dos que apoiamos a citada iniciativa estamos dispostos a intervir neste foro serio, desde o máximo respecto, nunha ou outra lingua (eu como sinal de boa vontade e respecto ao galego fareino sémpre en galego, salvo para responder a ataques irrespectusos e inxustificados que poñan en dúbida os lexítimo dereito dos que prefiren expresarse en Galicia en castelán a facelo). Xogámonos moito todos e a xente coa cabeza fría temos unha gran responsabilidade para evitar un enfrontamento que só beneficiaría aos que pescan a río revolto, a custa dunha convivencia pacífica entre todos os galegos.
Saúdos moi cordias a todos, especialmente ao foreiro Arume dos piñeiros, por dar este primeiro paso.

lourixe dijo...

Pois eu sígome afirmando no que sempre foi a miña convicción: por riba do dereito dos mestres a traballar co mínimo esforzo (empregando unha língua, o galego, da que se supón que demostraron o dominio á hora de opositar), por riba do esnobismo dos pais, está o dereito dos nenos a recibir a educación mais completa posíbel. O tal atticus finch, que xa ten bombardeado os webs de chuza, vieiros e arroutadas co alcume de Erasmo, emprega decote dous argumentos curiosos: a dificuldade para os nenos de aprender materias nunha língua que non é a propia, cando levamos centos de anos desta práctica e os galegofalantes instruidos en castelán chegaron a sacar carreiras con tanto ou mellor proveito; e o de non provocar rexeitamento contra o galego. Xa postos, deámoslle liberdade aos pais para que esixan a eliminación das matemáticas no currículo escolar dos fillos, para que non lles collan tirria. Todo para xustificar a súa propia preguiza á hora de empregar unha língua na que non se sinte cómodo, pero que forma parte das condicións laborais que aceptou cando sacou a praza de profesor.

Marcos Valcárcel López dijo...

Creo que Lourixe acerta plenamente no enfoque desta polémica: o dereito a unha educación completa, as obrigas dos profesores que aprobaron unha oposición que os capacitaba para dar clases en galego, a vontade dunha comunidade para manter a súa lingua e a súa cultura. Pola miña experiencia, vexo que nas materias en que se usa galego o 99 por cento dos alumnos/as non teñen ningunha dificultade de expresión escrita, se así lles foi impartida esa materia. Aínda o comprobei estes días nas PPAUU: cando repartiamos os exames a maioría dos alumnos levantaban a man pedindo a proba en galego simplemente porque prepararan así a materia indicada (a que fose, arte, filosofía, etc.) e se sentían máis cómodos dese xeito. O resto sería pensar que os nosos alumnos/as son máis parvos que os doutras comunidades, bilingües, trilingües, ou o que sexa.

Anónimo dijo...

Eu agradézolle moito a Atticus Finch (¿F.B.?)a súa comparecencia neste blog para explicar a posición de Tangallegocomoelgallego. Aínda que me pregunto se a súa opinión, que me parece lexítima e ben argumentada, é a maioritaria entre os que impulsaron a proposta e entre os que se sumaron a ela. Hai apoios, señor Finch, que poden contaminar unha iniciativa ata facela irrecoñecible e mesmo abismala no impresentable mundo do facherío. Témome que algo diso está a ocorrer con TGCEG.

Indo xa á substancia do asunto, non sei por que considera vostede "leonino" o novo decreto sobre as linguas no ensino. Creo que a súa propia flexibilidade -50% en galego garantido, podendo ir a máis nos centros que así o decidan e co acordo da comunidade escolar- non o fai acredor dese calificativo. Tamén creo que nos seus comentarios sobre o uso das linguas oficiais perante a aadministración hai un certo equívoco. Deixando aparte o feito de que os galego-falantes non teñen aínda as mesmas garantías fácticas que os castelán-falantes no tocante ao respecto dos seus dereitos lingüísticos, creo necesario dicirlle que o respecto á opción lingüística de cada cidadán nas súas relacións coa Administración Autonómica é un principio aceptado incluso polo BNG, da mesma maneira que o aceptou tamén ERC en Cataluña.

Eu, bilingüe e diglósico, non avalío ás persoas pola lingua que utilizan e non albergo o menor prexuízo cara aos galegos que se expresan en castelán. Pero tamén estou seguro de que o decreto non prexudica a estes últimos; máis ben ao contrario: un ensino sistematicamente bilingüe -e aínda mellor trilingüe- é bo para a aprendizaxe e para o desenvolvemento intelectual dos alumnos, ademais de ser un factor de integración e cohesión social tanto para os galego-falantes como para os castelán-falantes. O que apunta o señor Valcárcel en relación cun posible temor dalgúns pais a que os seus fillos aprendan menos con este sistema non está xustificado e é, en realidade, un mecanismo a través do cal se proxecta sobre os fillos a baixa autoestima intelectual dos proxenitores.

Anónimo dijo...

Ler as mensaxes precedentes levoume ben tempo. Entrar a discutir tantos argumentos, principios, estimacións sociolingüísticas e filosóficas como se suscitan -sen que eu estea a valorar aquí a súa profundidade- requiriría moito máis do que dispoño e, xaora, do que estou disposto a dedicarlle. A priori, non lle nego hipotética posibilidade ou froito, aínda que o teor textual do que asina Cord McNally, aparentemente distinto en talante dos seus dous parceiros, suscite dúbida non baladí.

É posible que haxa ocasión dalgún intercambio. Mágoa, por outra banda, non nos ter encontrado antes, cando algúns pais demandaban ensino en galego e atoparon, máis ben, mofa e indiferencia. De teren xuntado a súa voz a outras, ao mellor as miñas fillas maiores, galegofalantes, terían no seu currículo cumprido máis horas de vehicularidade no propio idioma. Non falo do franquismo, foi antonte; seguro que vostedes xa tiñan plena racionalidade e dereitos políticos en plenitude.

Anónimo dijo...

Comparto plenamente cos argumentos de Lourixe, Valcárcel e Leituga 1.

A exposición de Atticus Finch, aparentemente impecable desde o punto de vista dos dereitos individuais, choca de fronte coa realidade empírica do “movemento” ao que di representar.

Non deixa de ser sintomático que as chamadas ao diálogo e á tolerancia do señor Finch se fagan compatibles co feito de que os sectores máis recalcitrantes do ensino relixioso e privado (os mesmos que apoiarán a insubmisión contra a materia de “Educación para a cidadanía” impulsada pola xerarquía católica?) se convirtan –e sexan aceptados sen caérselles os aneis democráticos dos promotores- en aliados naturais dunha cruzada contra unha lexislación educativa plenamente democrática aprobada por TODAS as forzas políticas galegas con representación parlamentaria.

Tamén creo que, a pesar da aparente pulcritude do señor Finch, detrás dela hai unha visión sectaria que atenta contra o sentido común. En Galicia a grandísima maioría da poboación entende o galego, e un ensinante, en tanto que funcionario, ten a obriga de aplicar a lexislación vixente, aínda que non lle guste. Todos os docentes funcionarios teórica e regulamentariamente teñen aprobado os respectivos cursos de galego para exercer a súa función.

Daquela, non é moi de recibo que se poñan agora –como se membros fosen do Tribunal Constitucional- a ditaminar se tal decreto ou norma é ou non democrática ou constitucional.

Cos variopintos problemas que ten hoxe a comunidade educativa, volver a axitar o espantallo da “imposición” do galego é un sarcasmo que, no fondo, obedece á comidade e adocenamento dalgúns ensinantes e aos prexuízos dalgúns pais/nais, xunto aos intereses espúreos dos centros educativos relixiosos e privados.

De tal ensalada non pode saír nada bo. A pesar dos aparentemente impecables argumentos do señor Finch. Quen vai pescar máis peixes neste río revolto?

Anónimo dijo...

Engadiría, nun momentiño libre, outro par de detalles.

Primeiro, vexo dubidoso que o cómic en cuestión proceda de fonte allea. Non dubido de que o grupo ou movemento, como tal, non sexa responsable da súa edición e difusión; á fin e ao cabo, parece xente intelixente e o produto delátase a si mesmo canto a simplicidade e sordidez. Si que pode proceder dalgún integrante menos lúcido, nun rapto de entusiasmo, ou adxacente-apoiante; paréceme bastante máis probable, por unha simple cuestión de economía e intendencia.

Segundo. Alguén dese grupo estivo en Lugo, e "El Progreso" deixou conta dos argumentos alegados, pareceume que en declaracións ao propio medio. O tratamento dado ás dúas linguas e "comunidades" correspondentes é revelador dabondo: con respecto aos castelán-falantes, a preocupación consistía en que o ensino en galego ("lengua no dominada en grado suficiente", ou algo así) produciría diminución no seu aproveitamento académico; con respecto aos galego-falantes, que lles reportaría unha mala aprendizaxe do castelán.

Non me parece necesario dedicarlle tempo ningún á eséxese dos respectivos tratamentos; non neste foro.

Anónimo dijo...

Eu non podo nin quero ter nada en contra de que uns cidadáns propoñan libremente un debate sobre a idoneidade do novo decreto. Paréceme ben, aínda que non estea de acordo cos contidos da súa proposta. Pero, señor Finch, o que di o señor AP-C paréceme tamén incontestable: están vostedes botando as súas redes nos procelosos mares dos colexios relixiosos, dos que proclaman a "rebelión cívica" e a "obxeción de conciencia" contra Educación para a Cidadanía, do rabaño que ten como grandes pastores a monseñor Cañizares, Federico Jiménez Losantos e Ángel Acebes. E neses mares non van pescar xoubas, senón tabeiróns do piorciño. Tanto, que lles van acabar comendo todas as súas boas intencións e todo o que de razonable e discutible poida haber na súa proposta. Se pensa nesa xente como liberais, señor Finch, engánase de principio a fin. Liberalismo e Igrexa Católica son absolutamente incompatibles, compoñen unha bonita "contradictio in terminis", son como o "pensamento navarro" que dicía Pío Baroja: ou é pensamento ou é navarro, pero as dúas cousas xuntas non poden ser.

Se mo permite, señor Finch, direille que se o problema que vén vostedes -e que ten base real, eu mesmo deino a entender coa miña "historieta"- é o escaso dominio que moitos profesores teñen do idioma galego e as repercusións que ese déficit de competencia pode ter na calidade do ensino, creo que ben poderían ter esixido un cambio nos métodos de cualificación idiomática do profesorado, maiores e mellores recursos para a súa aprendizaxe da lingua galega, periodos de adaptación ou mesmo puideron ter denunciado o malsán e noxento clima de chivateo creado nalgúns institutos pola cuestión idiomática. Pero teño a impresión de que, como din os ingleses, vostedes optaron por tirar, xunto coa auga sucia, o neno pequeno.

Anónimo dijo...

Eu non me referín a que non houbese profesores dabondo para atender aos alumnos que quixeran o ensino en galego. O que se defende na iniciativa tangallegocomoelgallego, a ver se se me entende ben dunha vez, é o dereito dos pais e, se é o caso, dos alumnos a escoller a lingua na que os alumnos deben ser ensinados, coa correspondente adaptación dos profesores. Ou sexa que nunha aula na que os alumnos queiran a clase en galego, o profesor ten que adaptarse á esixencia dos alumnos; pero tamén ten que aceptarse que se os alumnos desexan o ensino en castelán, aínda que o profesor prefira utilizar o galego, debe estar obrigado a utilizar o castelán. A Administración xa vería como reestructurar o seu persoal docente para garantir os dereitos dos usuarios do servicio público que constitúe o ensino.

Sobre a expresión "dereitos fácticos" utilizada por un foreiro, supoño que non se referirá a que ten menos diarios en galego, ou menos restaurants nos que o atendan en galego, ou cousas polo estilo, porque iso é un argumento ridículo. A liberdade fai que cando un escolle libremente unha opción (unha senda lingüística, nas palabras de Felix Ovejero) debe ser consciente dos problemas de comunicación que poida ter a hora de empregala (a democracia é así), e non pode haber lei que regule tales cousas. Os dereitos son os que se recollen nos textos xurídicos, que, en todo caso, deben respectar os principios da democracia, que non son votabeis, por definición, e que deben ser positivados en calquera constitución, se ben son preexistentes á mesma, adaptándoos a realidade social e matizando a súa aplicación, pero sen desvirtualos, como xa dixen noutra intervención.

O futuro Decreto é leonino e quebra o principio de igualdade, iso é facil de demostrar:

1) Impón a obrigatoriedade de utilizar en galego en, alomenos, o 50 % das materias, de tal sorte que as elixidas son as chamadas troncais, que ao teren maior dotación horaria cas outras, fan que sexa obrigatorio impartir clase en galego máis da metade das horas semanais. Ademais, é falso que o Consello Escolar poida impoñer que materias se imparten, das que quedan, en castelán, xa que isto queda en mans do profesor encargado, que se decide utilizar o alego, ninguén llo pode impedir, salvo nas clases de lingua caslelá.

2) No seu "preámbulo" o proxecto de decreto recoñece descaradamente que un dos seus obxectivos é implantar hábitos lingüisticos en galego mesmo en familias que sexan castelanfalantes, e isto e intolerable e antidemocrático, así o aprobe o Parlamento por maioría ou por unanimidade. Na nosa páxina xa estamos fartos de explicar que o feito de que un Parlamento sexa elixido democráticamente, non garante que as leis que aprobe sexan todas democráticas, e hai exemplos disto dabondo ao longo da historia, verbigracia, as leis aprobadas polos nazis. Ao Estado non lle corresponde establecer cotas desexables de falantes dunha lingua porque esta corra o risco de desaparecer, de maneira, por ejemplo, que a metade da poboación fale unha e a outra fale outra, ou que os cidadáns sexan perfectamente bilingües. Isto xa o expliquei noutra intervención, e se alguén non o entendeu, síntoo, pero isto e innegociable.

3) Dado que se pode dar o caso de que nalgunhas aulas pódese utilizar exclusivamente o galego (agás nas clases das outras linguas), mentres que é imposible que se poida dar o caso recíproco co castelán, québrase o principio de igualdade, que está por riba da vontade de calquer Parlamento (así de claro o digo, e se hai alquén que se escandalice, peor para el).

4) Na iniciativa non estamos dispostos a aceptar que as linguas teñen dereitos porque falar de dereitos das linguas é absurdo, e só acepamos falar de dereitos dos falantes, en non aceptamos que, no eido administrativo, os galegofalantes teñan máis dereitos que os castelanfalantes (no eido privado non hai dereitos lingüísticos no sentido de poder esixir a un particular que fale unha determinada lingua). O feito de que a lingua galega se xerase no territorio que hoxe é Galicia (máis ou menos) non lle confire aos galegofalantes NINGÚN plus de lexitimidade “lingüística”. Por riba deste principio NON pasamos, e non pode haber ningún tipo de acordo (se as dúas linguas son cooficiais, os seus falantes deben ter os memos dereitos, o que non quere dicir que teñan as mesmas oportunidades á hora de comunicarse fora da vida administrativa). A nós os conceptos de lingua nacional e outros polo estilo nos arrepían por entroncarse coas teorías de Fichte e de Herder, pais do nacionalismo decimonónico (se é que hai otro que non o sexa). Por suposto que nos rexeitamos TODOS os nacionalismos, entendendo que non son nacionalistas aqueles que simplemente defenden o dereito a defender a súa lingua e a súa cultura, sen tratar de impoñela aos demais habitantes dun territorio, se estes non comparten tal lingua ou tal cultura. Por iso nós protestaríamos contra unha lei do Parlamento español que impuxera como única lingua vehicular o castelán en toda España, porque sería nacionalismo español. Da o mesmo que tal Parlamento fose elixido democráticamente.

5) Nos módulos de FP só se garante a adquisición do vocabulario específico en galego, non en castelán.

Xa para responder a outros comentarios:

Salvo que algúns non saiban ler ou o meu galego sexa moi malo, só falei de dereitos dos pais e alumnos a escoller a lingua na que estes deben der ensinados, i é falso que aprender nunha lingua que non sexa a materna ou habitual NON supón un esforzo extra para a gran maioría dos alumnos (xa poden dicir os pedagogos ou outros profesionais que non, porque eu o podo demostrar experimentalmente mediante testemuños de alumnos), que non o teñen por que facer, se o que queren é aprender nunha das linguas oficiais. E aínda que non fose o caso, sería igual, é un dereito e debe poder ser exercido.

Equiparar o dereito a ser ensinado nunha determinada lingua vehicular co dereito a rexeitar cursar materias do currículo ou a fixar o currículo das materias por parte dos pais ou dos alumnos é un argumento que só se pode facer desde a máis absoluta ignorancia ou da mala fe. Cada vez que alguén escrime nun debate comigo este argumento teño que facer verdadeiros esforzos para non rirme a gargalladas. Bótenlle unha ollada a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias e verán como se fala do dereito a recibir o ensino nunha determinada lingua como lingua vehicular, pero nin se menciona, porque sería ridículo e unha troulada que se poida modificar o currículo no tocante ás materias a cursar.
E para que quede claro isto do dereito a elixir a lingua vehicular vou poñer un exemplo: se nun futuro Galicia convértese nun Estado independente, e asina a citada Carta, e, poñamos por caso, o 30 % da súa poboación é castelanfalante e está concentrada na franxa costeira occidental, o Estado galego vería obrigado a garantir ou facilitar que os castelanfalantes puideran ter o castelán como lingua vehicular no ensino. ¿Que algún non o cre e rise? Boten unha ollada aso artigos 1, 7 e 8 da citada Carta.
Chamar snobismo dos pais ao desexo de querer elixir a lingua vehicular na que se ensine aos seus fllos dí ben pouco da conviccións democráticas do que afirma tal cousa; a parte de que corre o risco de que moitos españois pensen que iso de que os galegofalantes poidan elixir a lingua galega como lingua vehicular no ensino en Galicia, sexa un snobismo (e iso sería un síntoma de nacionalismo español, do de verdade, non do que se lle imputa á nosa iniciativa, que é algo que non se sostén), i é que cando un xoga con lume, pódese queimar, ou dito doutr xeito, as armas (as da dialéctica tamén) cárgaas o demo.

O problema que temos na nosa iniciativa non é que haxa profesores que non queiran traballar. Pero o problema que teñen algúns neste foro e que non aceptan que o castelán forma parte da cultura galega e da identidade do pobo galego; porque identificar pobo a lingua, no eido político e xurídico (non folcórico) é un síntoma de totalitarismo. O pobo belga, política e xuridicamente, existe e non vexo que estea identificado por unha soa lingua, como existe o pobo peruano e no Perú fálanse varias linguas, ou vexan o caso de Irlanda.

E se nos poñemos a facer xuízos de intencións, eu podo fácilmente pensar, lendo detidamente o proxecto de decreto e analizando o seu espíritu, que o que se pretende é eliminar gradualmente a lingua castelá do ensino en Galicia, para que acabe sendo percibida como unha lingua estranxeira, de tal sorte que se xustifique a secesión de España, para instaurar un réxime político na Galicia independente donde non se respectasen os dereitos dos castelanfalantes. E que, aínda que neste foro resulte un pouco duro e me caian descalificacións, hai anos que teño moi claro que nacionalismo (verdadeiro nacionalismo identitario) e democracia casan moi mal. Eu mesmo sosteño que falar de nacionalismo (repito, do de verdade) democrático é un claro exemplo dun oxímoron.

Sinto terme equivocado pensando que neste foro había unha boa porcentaxe de xente liberada de certos tics uniformizadores e nacionalistas no senso estricto do termo. Lendo as derradeiras intervencións creo que perdo o tempo discutindo con xente que non acepta certos postulados básicos sobre os dereitos individuais e os principios da democracia (o simple cumprimento da vontade da maioría non é un deles) e confunde o cu coas “témporas”. Francamente, rebatir argumentos tan endebles e infantís (se en Francia francés [o cal é discutible], en Galicia galego) abúrreme sobremaneira. É como si o Real Madrid xoga un partido contra o Rápido de Bouzas (clube moi respectable e representante dun barrio vigués moi querido por min). Se non tedes nada millor que regras de tres para resolver problemas complexos (que requiren cálculo diferencial, como mínimo) e argumentos como o de comparar o dereito a elixir oa lingua vehicular co o de declararse obxector de matemáticas, vou durar pouco aquí. A ver se a próxima vez hai máis sorte e estades máis inspirados.
Saúdos a todos (e creo que o meu nivel de galego e bastante mellor para ensinar que os de moitos conversos e neoconversos ao “galeguismo”, teño probas).

Anónimo dijo...

Debería ser un pouco máis modesto e un chisco menos prepotente, señor Finch. Se o que pretende é que lle deamos sen máis a razón ante a súa "superioridade" e a dos seus "argumentos", pola miña parte -e penso que pola dos demais- está moi errado.

Expresións súas como "tics uniformizantes e nacionalistas" e outras lindezas polo estilo ("síntoma de totalitarismo": manda truco!) que utiliza para non entrar en aspectos que non lle son cómodos, e que algúns puxemos sobre o tapete, amosa que as súas chamadas ao diálogo e á tolerancia son máis retóricas ca outra cousa. Aquí, como calquera pode apreciar, non usamos descualificacións dese calibre contra vostede.

Que teña un bo día.

Anónimo dijo...

Que vostede, señor Finch, se sinta decepcionado e mesmo se enfade e se poña puerilmente displicente e incluso un pouquiño faltón polo feito, tan previsible, de que os participantes neste blog non caésemos rendidos de admiración e definitivamente iluminados diante das súas prolixas e non pouco confusas argumentacións, non di nada negativo sobre este blog nin sobre os que nel participan. Só pon de manifesto a súa lixeireza e as súas dificultades para encaixar as críticas, aínda que estas estean correcta e mesmo cortesemente formuladas.

Eu non son nacionalista nin me convertín á democracia antonte. Tampouco o acusei a vostede en ningún momento de "nacionalista español", o cal non impide que vostede recurra ao facilísimo expediente de englobarnos a todos os que participamos neste blog plural e aberto no compacto bloque ideolóxico do "nacionalismo galego identitario". É un procedemento, permítame que llo diga, discursivamente un pouco pobre, ademais de que xa está moi visto. E, por certo, é un procedemento moi utilizado polos nacionalistas identitarios de calquera signo.

Eu si creo na deliberación e no diálogo democrático, independentemente de que este remate ou non coa "conversión" do contrincante aos postulados propios. O problema dos que nunca foron nin moi liberais nin moi demócratas e que agora, xa de vellos, descubren -¡a través de Félix Ovejero!- media ducia de principios básicos e elementais dun pensamento democrático antes nunca cultivado é que corren o risco de se converter en furibundos misioneiros, empeñados en levar a todo o mundo a ver o Mediterráneo, mesmo aos que levan vivindo moitos anos á súa beira.

Dito isto, paso a responder ou a interrogarme sobre algúns dos puntos do seu anterior post. Adiántolle que non todo o que di vostede me parece propio do Rápido de Bouzas, pero tampouco do Real Madrid e aínda moito menos do F.C. Barcelona. Convirá comigo, señor Finch, en que nin vostede nin eu somos xenios da politoloxía nin da filosofía política e estamos, polo tanto, suxeitos a dicir cousas que -recorrendo ao símil futbolístico- poden ser máis propias de Chiño, interior esquerda do maltreito Choco de Redondela, que dun Ronaldinho ou un Kaká.

Propio de Chiño, por exemplo, é insinuar sequera un mínimo paralelismo entre o novo decreto sobre o galego no ensino e as Leis de Nurenberg. Ou confundir o dereito e o deber -deber constitucional- dos poderes públicos a deseñar e implementar políticas de recuperación lingüística, nos territorios nos que se falan o que a Constitución denomina "linguas españolas diferentes ao castelán", cun suposto designio gubernamental de establecer "cotas de falantes" e mesmo de intervir intolerablemente na vida privada das persoas e no interior das familias co inconfesable obxectivo de "expulsar" o castelán do espazo público e privado en Galicia. Loxicamente, por ese camiño chega vostede á "secesión", ao soño infernal do "Estado galego independente", á erradicación forzada do castelán, considerada como unha "lingua estranxeira", dos fogares, rúas e conciencias de Galicia.

Toda a súa argumentación -e non sei por que demo teño que avisalo disto- resulta enormemente vulnerable por causa de estar inequivocamente presidida por esas conviccións ideolóxicas e fantasiosas, lindantes co delirio, importadas en bruto e sen peneirar dun hábitat como o barceloní, substancialmente distinto e non equiparable, por moi diversas razóns, ao galego.

Afirma tamén vostede que o problema que temos algúns participantes neste blog é que non aceptamos que o castelán sexa tamén lingua de Galicia. Esta posición é seguramente mantida por algúns habituais do blog. Non por min, dende logo, que considero o castelán unha lingua "tan gallega como el gallego", non teña dúbida. Fíxese vostede, señor Finch, que eu incluso considero que o galego é unha lingua "tan española como el castellano" e creo que neste punto estou en perfecta sintonía co espírito do noso Bloque Constitucional, ese conxunto de leis que conforman a propia Constitución e -guste ou non guste- os Estatutos de Autonomía que dela se derivan, incluído ese Estatuto de Galicia que define o galego como "lingua propia de Galicia", ese sintagma tan denostado polo magma neoconservador, neocatólico, neocentralista, neonacionalista do que vostede probablemente non se considera parte. O mesmo ocorre coa Lei de Normalización Lingüística e co Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, textos legais aprobados unanimemente polo Parlamento de Galicia. Así pois, e para ir rematando, dende a consideración da necesaria igualdade e dignidade das linguas, dende a solidadriedade co principio constitucional que lle sinala aos poderes públicos a obriga de "especial respeto e protección" das linguas españolas diferentes do castelán, dende a consideración crítica de que os "dereitos fácticos" dos galego-falantes perante a administración (non na perruquería, que tontería) non serán plenos ata que a equiparación xurídica entre galego e castelán sexa total -o famoso "deber" de coñecer- e, finalmente, dende a consideración de que a cohesión social e a integración cultural das comunidades lingüísticas son perfectamente compatibles co respeto máis escrupuloso dos dereitos individuais e mesmo necesarias para o fomento da convivencia democrática e do pluralismo lingüístico, cultural e ideolóxico, creo que o decreto do galego no ensino non merece os ataques desaforados de organizacións como esa da que vostede forma parte.

O consenso social sobre o galego é moi amplo. O político é, a xulgar polas unanimidades devanditas, total. Vostedes están perfectamente lexitimados para disentir e para intentar reencamiñar o proceso. Para moitos nacionalistas ese proceso é excesivamente lento e pacato. Para vostedes vai moi rápido e atenta contra o espírito da democracia e contra os dereitos fundamentais. A gran diferencia entre os nacionalistas e vostedes é que eles se presentan ás eleccións e vostedes non. Se non se consideran representados polos partidos maioritarios e se pensan que as decisións destes atentan contra cousas sagradas, creo que é xa non un dereito senón unha obriga cidadá pola súa parte presentarlle aos cidadáns as súas propostas. Se poden conseguir 100.000 sinaturas "co cu", como algún de vostedes expresou neste blog, augúrolles un éxito máis que estimable nunhas eleccións democráticas.

Anónimo dijo...

Nun debate todo é discutible. Todo. Por iso resulta especialmente contrario a esa máxima empregar termos como "innegociable", "por aí non pasamos", "desta liña non" e cousas polo estilo. Na acción política, cando non queda máis remedio que optar por unha solución definida, un pode empregar eses órdagos, porque dá por rematado o proceso de discusión. Pero nun debate de ideas, como é este, ese tipo de expresións anulan por completo calquera modo de dialéctica.
E, por certo, esto, que eu saiba, non é un foro: é un blog do amigo Valcárcel no que deixa poñer comentarios. Rifar non é obrigatorio.
E, por suposto, un blog é, por natureza, un espazo indefinido, non construido: polo tanto, outorgarlle unha idea de conxunto ou, como parece, de unidade está fóra de toda lóxica de pensamento.
En fin, amigo Gregory Peck, non marche: quede un rato con nós. Verá que non mordemos. E que ademáis o pasamos ben.

Anónimo dijo...

Desde logo que son de nota (democrática?) expresións como:

1. "... xente que non acepta certos postulados básicos sobre os dereitos individuais e os principios da democracia e confunde o cu coas “témporas”".

2. "... rebatir argumentos tan endebles e infantís".

3. "... tics uniformizadores e nacionalistas".

4. "... a máis absoluta ignorancia ou da mala fe".

5. "... nacionalismo decimonónico (se é que hai otro que non o sexa)".

6. "... que un Parlamento sexa elixido democráticamente, non garante que as leis que aprobe sexan todas democráticas, e hai exemplos disto dabondo ao longo da historia, verbigracia, as leis aprobadas polos nazis".

7. "...Síntoma de totalitarismo".

8. Etc., etc.

En fin, grazas por connotarnos dun xeito tan amable, preciso, xusto e ecuánime, señor Finch.

Ten vostede toda a razón. Diso non hai dúbida.

Anónimo dijo...

Dado que os visitantes non estimaron procedente referirse á miña escasa contribución nesta última parte do fío, serei eu tamén parco. Desde o primeiro me pareceu picar ben alto o apelativo elixido polo que acaba de despedirse: hai moito que demostrar, en termos éticos, para facerse acredor a el; e nin aquí nin no ensino galego temos costume, paréceme, de matar reiseñores. Con todo, o primeiro escrito levaba contención certa, que na primeira rolda de disensións se volveu ramalazo. Atticus tiña máis tempero, seica.

Por outra banda: o Romanticismo alemán foi unha gran corrente cultural; aquí temos pasado non malos momentos remexendo nela. O nacionalismo como forma de civilización e a cultura democrática dan para ben controversias. Pero nin é o caso, nin vén ao caso nin parece lóxico pretender entablar algún tipo de debate expoñendo unha fronda coma pretexto.

Eu penso que a única lingua galega é a que se chama así. É a miña lingua, e lingua que propoño. Aquí e agora non direi máis nada. O coñecemento -en "El Progreso"- e trato directo -agora- cos promotores da AGLI-2007 (non é expresión desprezativa, nin penso que a vaian sentir como tal) suxeriume escrito máis longo, que espero mañá ver publicado noutra parte.

ℓa moCosa dijo...

Ó mellor repítome, dado que non lin comentario ningún por vagancia, pero creo que me parece unha tolada e unha arroutada querer quita-lo galego das aulas.
Eu son mestra de Educación Infantil e non é tan difícil, iso si, precisa dunha coidada programación onde ti e mailos nenos debedes ter claro cando fala-lo galego. Con isto non me estou a referir á diglosia, senón programa-la xornada e ter fixadas xa as actividades que poden ir en galego e cales en castelán. Eu por exemplo, fago a asamblea, a actividade sensorial, a merenda, a asamblea final e un blog infantil en galego; e o resto en castelán.
Isto seguindo o D. 124/2007, pero baixo o meu punto de vista, non da lugar a interferencias lingüísticas?