28 jun 2007

En poleiro alleo

Opos, Bieito Iglesias

Tecer con palabras, un libro interesante de Andrés Pociña

Maná municipal ao son de "Maná", de Xosé M. González Trigo

Sobra monte, de Afonso V. Monxardín

16 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois en Vigo xa comeza o festival: foi falar o alcalde dos museus e xa saiu SD decindo que a cultura é nosa e non de Fenosa. Claro que durante estes días asistimos a dobles entrevistas no Faro que non teñen desperdicio. A de vivenda na metade da páxina e a de casco vello na outra. O de emprego na metade e a de mocidade na outra. Falando a pares de exactamente o mesmo. No es això, companys, no es això.

Anónimo dijo...

Case non lle caera boa á Ánxela Bugallo, a pouco de tomar posesión como conselleira, por declararse nunha entrevista fan de Maná, xunto con outros artistas, e non citar entre as súas maiores predileccións ningún artista galego. Unha nacionalista á que non atacan por chauvi, nacional-populeira ou rexional-populista, senón xusto polo contrario. Se aínda habemos estar no centro...

Anónimo dijo...

Vaia,unha conselheira con gustos adolescentes na música.¿Por qué será que no consumo da música a maioría da xente quédase nos gustos da adolescencia? E coma si en literatura non pasáramos de Clark Carrados ou Corín Tellado...

O Troll agrario

Anónimo dijo...

A música galega identifícase demasiado có folke.O Susiño Vaamonde buscaba un cantautor urbano en galego,tipo Sabina, pra producilo.O Home propón e Deus dispón.O "furado do mercado" segue ahí...O primeiro que o encha,fórrase.O malo é que os bós músicos difícilmente son bós letristas.Coa cantidade de escritores e poetas que andan por aquí...formade sociedade ,coma Bernard Taupin e Elton John...
O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Non sei se é este o lugar, pero... que opinan do d´A Nosa Terra e a súa nova xeira tendo por detrás ao empresario da construción Jacinto Rey e a Miguel Barros?
Gustaría coñecer as súas opinións, porque eu non teño nin idea destas movidas empresariais e mediáticas.

El constructor Jacinto Rey tomará la mayoría de 'A Nosa Terra'

El semanario se lanza a Internet y a la televisión en su centenario

EL PAÍS. MANUEL V. SOLA - Vigo - 28/06/2007

El propietario de Constructora San José, Jacinto Rey González, se convertirá la próxima semana en el principal accionista de Promocións Culturais Galegas, SA, editora del semanario nacionalista A Nosa Terra. La operación deberá ser aprobada en la junta de accionistas del 7 de julio, a través de una ampliación de capital de un millón de euros. A Nosa Terra tiene 900 accionistas y cumplirá 100 años el 4 de agosto.
El cambio de accionariado forma parte de un ambicioso plan de renovación del más antiguo e influyente semario escrito en idioma gallego. A Nosa Terra lanzará un nuevo portal de Internet y un periódico digital interactivo con toda la emigración gallega, producirá una serie de televisión basada en los personajes de Os Bolechas, uno de sus productos editoriales, ampliará plantilla y cambiará su consejo de administración.
El nuevo consejo del semanario gallego estará presidido por Miguel Barros, un histórico accionista de A Nosa Terra. Barros militó durante toda su vida en el PSdeG, en el que fue miembro de la ejecutiva nacional, secretario general en Vigo y concejal en el Ayuntamiento vigués. Este año optó por darse de baja en el PSOE al considerar que la corriente nacionalista que él lideró en el partido nunca había logrado cuajar en Galicia. El actual director y líder de la empresa desde 1983, Alfonso Eiré, pasará a ser el consejero delegado.
La incorporación de Jacinto Rey al accionariado de A Nosa Terra ya se había producido de manera extraoficial hace tres años. Udra, la sociedad patrimonial del constructor pontevedrés, es de hecho (aunque sin escriturar) la principal tenedora de acciones de Cultura Popular Galega, que a su vez posee el paquete de control del semanario nacionalista. El consejo de administración y la junta de accionistas del 7 de julio aprobarán, con toda probabilidad, la suscripción y registro legal por parte de Udra de la mayoría de las acciones de A Nosa Terra.
Jacinto Rey es una de las mayores y más desconocidas fortunas de Galicia y principal accionista (72%) de Constructora San José, la segunda mayor compañía de capital gallego, tras Inditex.
A Nosa Terra es la cabecera de un grupo editorial centenario, que cuenta con una tirada media de 8.500 ejemplares y es propiedad de 900 pequeños accionistas.
El periódico semanal nació en 1907, alumbrado por intelectuales como Manuel Murguía o Eduardo Pondal. Tras ser editado en el exilio argentino durante todo el franquismo, A Nosa Terra volvió a Galicia en 1977, entonces controlada por el Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG). En 1981 Eiré lideró la refundación del proyecto hasta hoy. "Ahora queremos asegurar A Nosa Terra para una nueva generación", explicó ayer el director del semanario.

Anónimo dijo...

Se é para crear un periódico en galego non dependente da subvención xunteira de turno, benvidas sexan as incorporacións.

Anónimo dijo...

Non creo que, por moitos cambios que haxa, renuncien ás subvencións.

Anónimo dijo...

Desde logo, o comentario de Perfecto Conde no seu blog é demoledor:

Perfecto Conde

Anónimo dijo...

A intervención de Conde, diría que radicalmente persoal, faino voceiro de suspicaces con causa: a manobra do Pucheiro (haberá quen o dubide?) ten que estar convulsionando o ámbito cultural e, na parte que lle toque, tamén o mediático do país; bastante accionista, suscritor e comprador d' "A Nosa Terra" arestora posiblemente dubiden ou algo máis.

A miña dúbida radica, exclusivamente, no feito de que Rey se faga cunha parte maioritaria do capital; ignoro se haberá algunha cláusula de salvagarda para o proxecto e ignoro bastante sobre como funcionan os equilibrios en tales empresas de capital compartido. Ora ben, hai ben tempo que o semanario está esperando por un salto que non daba chegado, e sempre por problemas de orzamento e liquidez; en resumo: ou vai ou racha, e o Pucheiro de conselleiro delegado.

Por outra banda: que haxa cartos galegos (dos auténticos cartos) metidos en algo coma "A Nosa Terra" non é novidade que precisamente me disguste.

Anónimo dijo...

Este paso parece lóxico tendo en conta que Rey xa era dono da cabeceira "A Nosa Terra" dende hai tres anos. O que non sei se é tan lóxico (ou se é o máis conveniente) é que sexa este señor e a súa empresa "Udra" o dono desa cabeceira histórica da prensa galega. Tal como eu o vexo esas cousas deberían estar en mans distintas das empresas privadas.

Anónimo dijo...

Pois, desde logo, tal situación así formulada non resulta o mellor nin máis desexable. Pero Pucheiro botou anos e anos procurando subsistir (medrando, que é a maneira) e non houbo unha institución que puidese e quixese.

Quede tamén claro: eu quero mellor "A Nosa Terra" viva e actual ca un depósito no Museo do Pobo Galego ou Sala de Honra do Parlamento. Viva, actual e nacionalista, xaora, como sempre foi.

Promocións Culturais Galegas era tamén unha empresa privada, obviamente non comparable ao Grupo San José. Pucheiro sabe o que quere, paréceme. Eu non sei o que quere Pucheiro. Cando o saiba, opinarei.

Anónimo dijo...

Haberia que coñecer un pouco mais as intencións de Rei. Pero de entrada non hai porque velo negativamente. Quizais leve adiante un proxecto de comunicación que os que até de agora o levaban non foron capaces de desenvolver. Hai unha receptividade para a prensa galega que foi descuidada e abordada con pouca imaxinación. Pode que se produza un traxecto interesante. porqué non imos a confiar nunha iniciativa empresarial galega?. Amais Miguel Barros semella unha persona capaz de abrir novos espacios politico-culturais. "A nosa terra" levaba demasiado tempo vivindo para o interior dos seus límites.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Máis que demoledor, o artigo de P.Conde paréceme só xustificativo da súa posición: hai moitos anos que lle oín que el se vendería encantado como xornalista se encontrase quen o comprase. Ou sexa, que non se entende moito esta diatriba, ademais chea de tópicos rancios ("nada nacionalista, que son moi viaxado", etc.).

Anónimo dijo...

Supoño que Perfecto está pensando nun despido cunha boa indemnización, previa á xubilación.
E paréceme ben. O artigo ten o seu aquel, non se pode negar.

Anónimo dijo...

Estou de acrodo co que di González en canto a que é bo unha ANT viva e nacionalista (esta é a gracia que ten) e non pasto de museos. Pero o da cabeceira é como o das siglas do Partido Galeguista: non deberían ter un propietario privado. Que a cabeceira ANT sexa propiedade dunha promotora inmobiliaria, pois que quere que lle diga. Non o vexo claro. Pregúntome se non estaría máis salvagardada en moitos aspectos se fose propiedade dunha fundación. Por exemplo, da propia Fundación A Nosa Terra.

Anónimo dijo...

Repito: O Pucheiro tentouno e non tivo resposta válida. Están ben as fundacións, pero non é infrecuente que naufraguen no salvaxe mundo da competencia comercial, co cal se vincula case en exclusiva a difusión mediática.

Doutra banda: polos efectos aparenta excesivo, de momento, o paralelo entre o caso "A Nosa Terra" e o malaventurado caso PG. Non hai Carlos Marcos ou Pablos López Barrera no panorama; e que desculpe Xaime da Pena, persoa de carácter distinto e ocasional contertulio nesta casa.

Do resto: qui vivra verra.