En poleiro alleo
"Tiros", de Bieito Iglesias (ECG) : non vai de himnos, non pensen mal, é unha fermosa evocación do avó Benito, cazador.
"Vilalba", de Antón Baamonde (EP 2o xuño)
"Oviedo e Vigo", de M.A. Candelas Colodrón (FV. 21 xuño)
Queremos ir a Francoforte (X.L. Méndez Ferrín, FV 22 xuño)
"Comer as sobras", de Xavier Castro (GH 22 xuño)
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
10 comentarios:
Espléndidos ámbos os dous artigos.
Pero creo que Bieito se trabuca nunha cousa. Para caza, non están autorizadas escopetas de máis de dous tiros de cada vez. Daquela, non se poden usar automáticas de moitos tiros. Que alguén mo confirme ou mo negue, please.
O problema é que AB chegou á trabe de ouro do seu artiguismo (dise así?): falar de Vilalba. Todos os artigos anteriores eran simples rodeos para chegar ata eiquí. Agora que vai facer? Os que coñecemos xente desa vila, acreditamos punto por punto o que el di: nos nosos encontros saen sempre este tipo de comentarios. Para mín, que en Vilalba esto xa o teñen asumido desde que o primeiro vilalbés conseguiu cargo na corte ou en Santiago.
Ogallá Santiago Domínguez consiga levar a cabo os seus plans de peonalización en Vigo, que nós o vexamos e que as forzas mortas da cidade llo permitan.
Esqueceu decir que Vigo tamén pode mirar para Xixón, que ten parecida estructura económica-social e mesmo xeográfica, coa mar como referente insustituible. Alí tamén se acometeron modificacións sustanciais (o barrio vello de Cimadevilla) que fan daquela cidade, castigada por un urbanismo salvaxe, un lugar moi agradable para vivir. Eu, confésoo, sempre preferín Xixón a Oviedo para vivir.
Oviedo non ten tantos barrios de clases populares: non os necesitan porque a menos de dez minutos, por tren exemplar, moderno e puntualísimo, viven centos de miles de persoas en cidades completamente obreiras. Polo menos non existen aqueles barrios que saen nas primeiras ringleiras de La Regenta. Aínda que agora que o penso aquilo que miraba o Magistral era Vetusta e non Oviedo. Trabuqueime.
...Cambiar o nome de Vigo polo de Citroen-sur-mer.
Proposta de Bieito Iglesias onte na radio galega
Simpática saída de Bieito. Dende logo a nivel turístico sería un exitazo: imaxinen a xentes de todo o mundo empeñadas en coñecer a cidade da Citroen...
Os artigos de Castro sobre a alimentación son ben curiosos e lembran un mundo xa pasado.
O de Candelas Colodrón (de onde virá este último apelido tan curioso?) revela un bo coñecemento de Oviedo, cidade na que quizais, xunto con Xixón, estarei de paso este verán. Pero non para ir a Ikea, deus me libre.
Hai xa tempo que non vou pola dársena de Xixón, pero de ir por alí, amigo APC, non deixe de tomar unhas boas andaricas con sidra en calquera dos amplios e acolledores chigres ao redor do Concello. Ou tomar un café (ou chiculate con churros, por aquilo do tempo) no Dindurra, a carón do teatro Jovellanos. Praia hai fermosa e paseo ata o parque da Providencia, mirando o mar Cantábrico sempre escumado.
Grazas pola recomendación, Arume.
Coñezo Oviedo e Xixón, ademais doutras localidades asturianas. Estiven por alí unhas tres ou catro veces. Unha delas facendo enteiriña a rota da arte pre-románica asturiana da man do clásico libro de Bonet Correa cuxo texto está en catro linguas. Con todo, haberá arredor de doce ou máis anos que non vou por Asturias.
Por certo, xa que vostede entende das cousas lingüísticas, el coñecerá a orixe e significado de tan curioso apelido do profesor da universidade olívica?
Leva moita razón Ferrín. E a ver se non cansamos de esperar.
Publicar un comentario