7 jun 2007

Erros meus, má fortuna, amor ardente

Este soneto é citado e reproducido no libro de S.Lamas que comento nestes días. E creo que moi a conto co tema do seu estudo. Ademais, Ferrín abre o seu poema "Triste Stephen" cun verso deste poema: "Errei todo o discurso dos meus anos..."

Erros meus, má fortuna, amor ardente
Em minha perdição se conjuraram;
Os erros e a fortuna sobejaram,
Que pera mim bastava amor somente.
Tudo passei; mas tenho tão presente
A grande dor das cousas que passaram,
Que as magoadas iras me ensinaram
A não querer já nunca ser contente.
Errei todo o discurso de meus anos;
Dei causa [a] que a Fortuna castigasse
As minhas mal fundadas esperanças.
De amor não vi senão breves enganos.
Oh! quem tanto pudesse, que fartasse
Este meu duro Génio de vinganças!


Luís de Camões

34 comentarios:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O grande don Luis rimaba coa ollada posta no soneto I de Petrarca e Petrarca probablemente intuía que don Luiz ía rescribilo:

Voi ch'ascoltate in rime sparse il suono
di quei sospiri ond'io nudriva 'l core
in sul mio primo giovenile errore
quand'era in parte altr'uom da quel ch'i' sono,
del vario stile in ch'io piango et ragiono
fra le vane speranze e 'l van dolore,
ove sia chi per prova intenda amore,
spero trovar pietà, nonché perdono.
Ma ben veggio or sí come al popol tutto
favola fui gran tempo, onde sovente
di me medesmo meco mi vergogno;
et del mio vaneggiar vergogna è 'l frutto,
e 'l pentersi, e 'l conoscer chiaramente
che quanto piace al mondo è breve sogno.

Anónimo dijo...

Supoño que xa coñecen esta cousa extraordinaria:

Mudam-se os tempos, mudam-se as vontades,
Muda-se o ser, muda-se a confiança;
Todo o mundo é composto de mudança,
Tomando sempre novas qualidades.

Continuamente vemos novidades,
Diferentes em tudo da esperança;
Do mal ficam as mágoas na lembrança,
E do bem, se algum houve, as saudades.

O tempo cobre o chão de verde manto,
Que já coberto foi de neve fria,
E em mim converte em choro o doce canto.

E, afora este mudar-se cada dia,
Outra mudança faz de mor espanto,
Que não se muda já como soía.
(Luís Vaz de Camões)

Marcos Valcárcel López dijo...

Coñecemos, amigo XMG, pero nunca está de máis relembrar tan extraordinario poema. Para min estaría na miña escolma persoal dos 100 grandes poemas das letras de todos os tempos e nun dos primeiros lugares.

Marcos Valcárcel López dijo...

ParaArume: non teño a sorte de gozar das traduccións que fixera o Darío Xoán Cabana de Petrarca. Coñéceas vostede? Se así fose, por que non nos deixa, como o gran petrarquista desta casa, a súa autorizada opinión ó respecto?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Teño que confesar que non os lín con atención, pero deame uns días para facelo.
Ten a priori dificultades notorias, porque as traduccións de Petrarca non podían competir coa súa versión orixinal, completamente canónica para os poetas de tantos séculos, que coñecían o suficiente italiano/toscano (moi codificado) para lelo. Superar ese hándicap sempre resulta difícil.

Anónimo dijo...

Velaí un poema optimista, aínda que a vida case nunca é así...


JOÁN AIRAS [B 963 / V 550]

Toda-las cousas eu vejo partir
do mund'en como soían seer,
e vej'as gentes partir de fazer
ben que soían (tal tempo nos ven!),
mais non se pod'o coraçón partir
do meu amigo de mi querer ben.

Pero que home part'o coraçón
das cousas, que ama, per bõa fe,
e parte-s'home da terra ond'é,
e parte-s'home d'u grande prol ten,
non se pode partí-lo coraçón
do meu amigo de mi querer ben.

Toda-las cousas eu vejo mudar:
mudan-s'os tempos e muda-s'o al,
muda-s'a gente en fazer ben ou mal,
mudan-s'os ventos e tod'outra ren,
mais non se pod'o coraçón mudar
do meu amigo de mi querer ben.

Anónimo dijo...

Quen sabe se esta cantiga de amigo, con ecos ao mellor de descordo, foi lida e inspirou a D. Luís Vaz. Supoño que saben que a orixe da súa liñaxe debeu ser galega.

Canto ás traducións de Darío Xohán Cabana, sen pretensión de autoridade quería achegar o meu punto de vista. Non dos petrarquiáns, nunca confrontados; pero canto aos dantescos, teño en alta consideración as aludidas versións. Coñezo ben a da "Vita Nuova", lida a fondo cando os cursos de doutoramento; menos demoradamente, teño comparado tamén pasaxes da "Commedia". Parécenme poeticamente axustados, e iso que na Facultade compostelá, no seu día, non todos parecían ser da mesma idea.

Por certo, isto non sei se o saben: por estes traballos, o Darío ten a Medalla de Ouro da cidade de Firenze, conferida xa hai ben anos.

Anónimo dijo...

Ben se ve que naquelas terras saben distinguir. E recibir esa honra na loggia da Signoria é coma para non facer nada máis na vida "y vivir como un noble arruinado entre las ruinas de mi inteligencia".
Permítanme este pequeno homenaxe a quen dedica o seu tempo (mudable) á noble tarefa de traducir a Dante e a Petrarca:
Huid, contentos, de mi triste pecho;
¿qué engaño os vuelve a do nunca pudistes
tener reposo ni hacer provecho?

Tened en la memoria cuando fuistes
con público pregón, ¡ay!, desterrados
de toda mi comarca y reinos tristes,

a do ya no veréis sino nublados,
y viento, y torbellino, y lluvia fiera,
suspiros encendidos y cuidados.

No pinta el prado aquí la primavera,
ni nuevo sol jamás las nubes dora,
ni canta el ruiseñor lo que antes era.

La noche aquí se vela, aquí se llora
el dia miserable sin consuelo
y vence el mal de ayer el mal de agora.

Guardad vuestro destierro, que ya el suelo
no puede dar contento al alma mía,
si ya mil vueltas diere andando el cielo.

Guardad vuestro destierro, si alegría,
si gozo, y si descanso andáis sembrando,
que aqueste campo abrojos solo cría.

Guardad vuestro destierro, si tornando
de nuevo no queréis ser castigados
con crudo azote y con infame bando.

Guardad vuestro destierro que, olvidados
de vuestro ser, en mí seréis dolores:
¡tal es la fuerza de mis duros hados!

Los bienes más queridos y mayores
se mudan, y en mi daño se conjuran,
y son, por ofenderme, a sí traidores.

Mancíllanse mis manos, si se apuran;
la paz y la amistad, que es cruda guerra;
las culpas faltan, más las penas duran.

Quien mis cadenas más estrecha y cierra
es la inocencia mía y la pureza;
cuando ella sube, entonces vengo a tierra.

Mudó su ley en mí naturaleza,
y pudo en mí el dolor lo que no entiende
ni seso humano ni mayor viveza.

Cuanto desenlazarse más pretende
el pájaro captivo, más se enliga,
y la defensa mía más me ofende.

En mí la culpa ajena se castiga
y soy del malhechor, ¡ay!, prisionero,
y quieren que de mí la Fama diga:

«Dichoso el que jamás ni ley ni fuero,
ni el alto tribunal, ni las ciudades,
ni conoció del mundo el trato fiero.

Que por las inocentes soledades,
recoge el pobre cuerpo en vil cabaña,
y el ánimo enriquece con verdades.

Cuando la luz el aire y tierras baña,
levanta al puro sol las manos puras,
sin que se las aplomen odio y saña.

Sus noches son sabrosas y seguras,
la mesa le bastece alegremente
el campo, que no rompen rejas duras.

Lo justo le acompaña, y la luciente
verdad, la sencillez en pechos de oro,
la fee no colorada falsamente.

De ricas esperanzas almo coro,
y paz con su descuido le rodean,
y el gozo, cuyos ojos huye el lloro.»

Allí, contento, tus moradas sean;
allí te lograrás, y a cada uno
de aquellos que de mi saber desean,
les di que no me viste en tiempo alguno.

Anónimo dijo...

Nivelazo! Os meus parabéns.

Anónimo dijo...

Na espera polo ditame superior do Arume, permítome transcribir a tradución cabaniá do soneto I, arriba de todo achegado polo noso experto.

Ti que en rimas dispersas óe-lo son
dos suspiros con que eu nutría o cór
no meu primeiro xuvenil error
cando era en parte outro home do que son:

pró vario estilo meu, pranto e razón
entre as vas esperanzas e a va dor,
se es dos que entenden por probanza a amor,
espero achar piedade e mais perdón.

Mais agora ben vexo como adoito
fun fábula prá xente, e en verdade
de min mesmo comigo me avergoño;

e do meu devanar vergoña é o froito
e o arrepentirse e ver con claridade
que canto prace ó mundo é breve soño.

Se desexan que transcriba algún outro, indiquen cal.

Anónimo dijo...

Cómo se traslada o emocionante

La vita fugge, et non s’arresta una hora,
et la morte vien dietro a gran giornate,
et le cose presenti et le passate
mi dànno guerra, et le future anchora;

e ’l rimembrare et l’aspettar m’accora,
or quinci or quindi, sí che ’n veritate,
se non ch’i’ ò di me stesso pietate,
i’ sarei già di questi penser’ fòra.

Tornami avanti, s’alcun dolce mai
ebbe ’l cor tristo; et poi da l’altra parte
veggio al mio navigar turbati i vènti;

veggio fortuna in porto, et stanco omai
il mio nocchier, et rotte arbore et sarte,
e i lumi bei che mirar soglio, spenti.

Anónimo dijo...

A vida foxe e non acouga un día,
e a morte séguea con celeridade,
e as cousas de hoxe e mailas doutra idade,
e as futuras tamén, danme agonía;

e o lembrar e o esperar tanto a porfía
ambos a dous me acoran que en verdade,
de non ser que de min teño eu piedade,
fóra destes coidados xa estaría.

Síntoa diante se tivo o triste cór
algunha vez dozura, e doutra ollada
vexo pró meu singrar ventos irados:

vexo torbón en porto e sen vigor
xa o meu naucheiro, a nau desarborada,
e os fachos que eu miraba xa apagados.

Marcos Valcárcel López dijo...

Graciñas a Arume e a XMG por este diálogo poético en dúas linguas. Nas versións galegas do Darío Xoán Cabana o Petrarca parece ser galego de sempre. Lerán os poetas de hoxe a obra destes mestres?

Anónimo dijo...

Petrarca ten que ser lectura obrigatoria. Con só vinte sonetos (xa non digo máis) estaba feita media formación poética. O resto, sen desprezar a ocasional visita das musas, nas que eu non creo moito, é teimudo exercicio. Un pouco de talento, adquirido con outras lecturas, por suposto, tampouco ven mal.

Anónimo dijo...

Como achacaron a este post veleidades gongorinas e non quevediáns, vaia en honor dos osos exhumados e portátiles do cabaleiro de Santiago esta advertencia que parece escrita para sí mismo:

Moralidad útil para los que hacen adorno propio de la ajena desnudez:

Desabrigan en los altos monumentos
cenizas generosas, por crecerte,
y altas ruinas de que te haces fuerte,
más te son amenaza que cimientos.
De venganzas del tiempo, de escarmientos,
de olvidos y desprecios de la muerte,
de túmulo funesto, osas hacerte
arbitro de los mares y los vientos.
Recuerdos y no alcázares fabricas;
otro vendrá después que de sus torres
alce en tus huesos fábricas más ricas.
De ajenas desnudeces te socorres,
y procesos de mármol multiplicas:
temo que con tu llanto el suyo borres.

Anónimo dijo...

E como alguén deu en dicir que Góngora era moi serio e Quevedo moi cachondo, aí van uns versos asonantados de Argote:

Tenía una viuda triste
dentro de su casa un huerto
que le heredó de su madre,
cercado y con pozo en medio.
En los cuadros de él había
una yerba de discretos,
que para memorias tristes
valía cualquier dinero;
de cerezas garrafales
un muy hermoso cerezo,
golosina de las mozas
que cogen en mayo el trébol;
un cardillo de beatas
para revelar secretos,
cuyo azucarado troncho
agua se hace de tierno;
las cabezas de los ajos
parecen de monasterio;
cebollas y rabanicos,
y los nabos del adviento;
calabazas de las Indias
que no tienen agujero;
cohombros de regadío,
retorcidos y derechos.
Lo que más gusto le daba
de la hortaliza del huerto,
era, según imagino,
un colorado pimiento,
planta que su malogrado
tuvo en el mayor aprecio.
«¡Ay, pimiento quemador
-le decía por requiebro-
colorado estáis agora,
y nacisteis verdinegro!
Natura os vistió de grana,
color grave, alegre y bueno;
a los ojos os venís,
y entráis por ellos al cuerpo.
Si la olla pongo tarde,
vos cocéis la carne luego,
y si no puedo comer
me abrís la gana de presto.
Si descolorida estoy
me prestáis el color vuestro;
alegraísme el corazón,
que sin vos nunca me alegro.
Si fuera poeta yo
¡más que os hiciera de versos!
Si caballera me armare,
seréis penacho del yelmo.
Lo que pudiere haré,
que es daros a tiempo riego,
porque no se me marchite
la cosa que tanto quiero.

Anónimo dijo...

Non sei eu se a devoción petrarquesca sempre se contén nos límites do razoable, e perdón pola palabra en tal contexto; así e todo, cómpre recoñecer que ten producido efectos e resultados culturais de moi alta magnitude.

Téñase en conta: Angelo Colocci dispuxo a copia de, seica entre outros, a lírica profana galega por interese ben diferente ao que radica nela mesma. Trataríase de facer acopio de materiais co obxectivo de explicar a Petrarca. Véxase a consecuencia colateral: por iso e a fortuna histórica temos os Cancioneiros da Vaticana e a Biblioteca Nacional de Lisboa; por iso chegou ata nós a Arte de Trobar. Ou sexa, o corpus maioritario da cantiga de amigo, a de escarnio, os xéneros menores, a explicación de menores e maiores. Nada menos.

Anónimo dijo...

Como, con todo e sen desaforo, eu son parcial dantesco, permítome transcribir os catro primeiros e famosos tercetos da Commedia, en texto orixinal (edición de Natalino Sapegno) e versión galega (de Darío Xohán Cabana).


Nel mezzo del cammin di nostra vita
mi ritrovai per una selva oscura
che la diritta via era smarrita.

Ahi quanto a dir qual era è cosa dura
esta selva selvaggia e aspra e forte
che nel pensier rinova la paura!

Tant'è amara che poco è più morte;
ma per trattar del ben ch'i' vi trovai,
dirò de l'altre cose ch'i' v'ho scorte.

Io non so ben ridir com'i' v'entrai,
tant'era pien di sonno a quel punto
che la verace via abbandonai.


No medio do camiño desta vida
vinme por unha selva tan escura
que a recta vía estaba confundida.

¡Ai canto de explicar é cousa dura
esta selva selvaxe, áspera e forte
que renova cos lembros a pavura!

Tan amarga é que pouco é máis a morte;
mais por tratar do ben que alí encontrei,
convén que novas do demais aporte.

Eu non sei contar ben como alí entrei,
tanto sono me enchía no conxeito
que a verdadeira vía abandonei.

Marcos Valcárcel López dijo...

Seica tamén é de Góngora, e senón corríxanme doctos profesores, este poema titulado "El cofre", que eu coñecín na antoloxía de p.erótica "El origen del mundo", de Juan Abad (Hiperión):


Soy toquera y vendo tocas,
y tengo mi cofre donde las otras.

Es chico y bien encorado
y le abre cualquiera llave,
con tal que primero pague, 5
el que le abriere, el tocado;
que yo no vendo fiado
como otras toqueras locas,
y tengo mi cofre donde las otras.

Es mi cofre de una pieza, 10
pero caben muchas dentro,
y no le veréis el centro,
aunque metáis la cabeza;
y negocio con presteza,
y despacho bien mis tocas, 15
y tengo mi cofre donde las otras.

Lo que más todos le alaban
es que no consiente clavo,
que los hincan hasta el cabo
y al momento se desclavan; 20
y mis tocas no se lavan
ni las manchan cosas pocas,
y tengo mi cofre donde las otras.

Vendo tocas enceradas
y descansos muy delgados, 25
y diferentes tocados,
si hay pagas adelantadas;
y aunque las compro estiradas,
por vender más, las doy flojas,
y tengo mi cofre donde las otras.

Anónimo dijo...

Vou ter que citar eu algo. Que se non vou quedar -unha vez máis- de iletrado. A ver, a ver...

Marcos Valcárcel López dijo...

Por certo, qué marabilla o Google, comprobo que falei deste libro, en varias entregas, o pasado 6 de xaneiro, nestas mesmas Uvas... É unha vantaxe usar o Google como arquivo de datos.

Marcos Valcárcel López dijo...

Este, "¿Qué es cosa y cosa?", seica está atribuído a Quevedo e tamén a Góngora: quizais vostedes poidan precisar máis:

Decidme, dama graciosa,
qué es cosa y cosa.

Decid qué es aquello tieso
con dos limones al cabo,
barbado a guisa de nabo,
blando y duro como hueso;
de corajudo y travieso
lloraba leche sabrosa:
¿qué es cosa y cosa?

¿Qué es aquello que se lanza
por las riberas del Júcar?
Parece caña de azúcar,
aunque da botes de lanza;
hiere, sin tomar venganza
de la parte querellosa;
¿qué es cosa y cosa?

Aquel ojal que está hecho
junto de Fuenterrabía,
digáisme, señora mía:
¿cómo es ancho siendo estrecho?
Y ¿por qué, mirando al techo,
es su fruta más sabrosa?
¿qué es cosa y cosa?

¿Por qué vuela pico a viento,
y sin comer hace papo?
¿Por qué, cuanto más le atapo,
más se abre de contento?
Y, si es tintero de asiento,
¿cómo bulle y no reposa?
¿qué es cosa y cosa?

Marcos Valcárcel López dijo...

Este paréceme un dos máis logrados no xénero. Atribuído a Quevedo no "Cancionero de obras de burlas provocantes a risa" (Madrid, 1872) e no "Cancionero moderno de obras alegres" (Londres?, 1875):

Estaba una fregona por enero
metida hasta los muslos en el río,
lavando paños con tal donaire y brío
que mil necios traía al retortero.

Un cierto conde, alegre y placentero,
le preguntó por gracia si hacía frío.
Respondió la fregona: "Señor mío,
siempre llevo conmigo yo un brasero".

El conde, que era astuto y supo dónde,
le dijo, haciendo rueda como pavo,
que le encendiese un cirio que traía.

Y dijo entonces la fregona al conde,
alzándose las faldas hasta el rabo:
- Pues sople este tizón Vueseñoría.

Anónimo dijo...

Este non vai polo bipartito, aínda que poida parecer.

El ciego lleva a cuestas al tullido:
dígola maña, y caridad la niego;
pues en ojos los pies le paga al ciego
el cojo, sólo para sí impedido.



El mundo en estos dos está entendido,
si a discurrir en sus astucias llego:
pues yo te asisto a ti por tu talego;
tú, en lo que sé, cobrar de mí has querido.



Si tú me das los pies, te doy los ojos:
todo este mundo es trueco interesado,
y despojos se cambian por despojos.



Ciegos, con todos hablo escarmentado:
pues unos somos ciegos y otros cojos,
ande el pie con el ojo remendado

Anónimo dijo...

Máis poesía sicalíptica, en galaico-portugués:

AFONSO EANES DO COTÓN

Abadessa, oí dizer
que erades mui sabedor
de todo ben; e, por amor
de Deus, querede-vos doer
de min, que hogano casei,
que ben vos juro que non sei
máis que un asno de foder.

Ca me fazen én sabedor
de vós que havedes bon sén
de foder e de todo ben;
ensinade-me máis, senhor,
como foda, ca o non sei,
nen padre nen madre non hei
que m'ensin', e fiqu'i pastor.

E se eu ensinado vou
de vós, senhor, deste mester
de foder e foder souber
per vós, que me Deus aparou,
cada que per foder, direi
Pater Noster e enmentarei
a alma de quen m'ensinou.

E per i podedes gaar,
mia senhor, o reino de Deus:
per ensinar os pobres seus
máis ca por outro jajũar,
e per ensinar a molher
coitada, que a vós veer,
senhor, que non souber ambrar.

Anónimo dijo...

Unha das célebres:

A hûu frade dizen escaralhado
e faz pecado quen lh' o vay dizer
ca, pois el ssab' arreytar de foder,
cuyd' eu que gaj' é de piss' arreitado;
e, poys emprenha estas con que jaz
e faze filhos e filhas assaz,
ante lhe digu' eu ben encaralhado.

Escaralhado nunca eu diria,
mays que traje ant' o caralho arreyte,
ao que tantas molheres de leyte
ten ca lhe pariron tres en hûu dia
e outras muytas prenhadas que ten;
e atal frade cuyd' eu que muy ben
encaralhado per esto sseria.

Escaralhado non pode sseer
o que tantas filhas fez en Marinha
e que ten ora outra pastorinha
prenhe que ora quer encaecer
e outras muytas molheres que fode;
e atal frade bem cuyd' eu que pode
encaralhado per esto seer.
(Fernando Esquio).

Con referencia nos mestres casteláns do Siglo de Oro, a finura na suxestión, eufemismo e sentido oculto vólvese cousa rotunda, verbo preciso e inequívoco.

Fago transcrición filolóxica, con apóstrofos, consoantes duplicadas, etc. Se ven que complica demasiado lectura e comprensión, fágano notar.

Anónimo dijo...

Por que non moderniza as grafías? Chócame, porque os que se adican hoxendía á edición de textos clásicos en español, tenden con rotundidade á modernización.
E sobre a diferencia entre uns e outros hai que ter en conta que os poemas coñecidos dos poetas españois pasaron unha peneira notable, pero ben se poden atopar en manuscritos verdadeiras xoias (moitísimas) da desvergonza sexual.
Véxase este soneto, atribuido como case todos os anteriores que foron aquí presentados, co primeiro verso que mete medo:

La mayor puta de las dos Castillas
yace en este sepulcro, y, bien mirado,
es justo que en capilla esté enterrado
cuerpo que fue sepulcro de capillas.
Sus penitencias no sabré decillas,
pues de correas sin número cantado
tan bien con el cordel se ha meneado,
que vino a los gusanos hecha astillas.
Diéronla crecimiento de priores,
después de un pujamiento de donados
que en el siglo vivieron de pernailes.
Aborreció seglares pecadores,
buscó instrumentos vivos y pintados,
porque tienen capillas como frailes.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Manuscritos da Abadía de St. Gall en Suiza Non sabía onde colocalo, pero estou seguro de que lles ha de gustar.

Marcos Valcárcel López dijo...

Xa que nos puxemos neste plan, velaí vai a que para min é a mellor cantiga erótica-pornográfica das letras trobadorescas, de Afonso Eanes do Cotón.
Ó cabo vai a traducción en inglés, sacada de Internet.

CANTIGA D’ESCARNHO
Marinha, en tanto folegares
tenho eu por desaguisado;
e sõo mui maravilhado
de ti, por non arrebentares:
ca che tapo eu daquesta minha
boca a ta boca, Marinha;
e con estes narizes meus
tapo eu, Marinha, os teus;
e co’as mãos as orelhas,
os olhos e as sobrencelhas;
tapo-t’ao primeiro sono
da mia pissa o teu cono
como me non vej’a a neng?u,
e dos colhões esse cuu.
Como non rebentas, Marinha?

SONG TO AN UNEXPLODING WOMAN

Just look at my confounded state –
Marinha, how you fornicate!
I am really quite astounded
that you haven’t yet exploded,
for with my mouth I cover
your mouth completely over,
and with my nose I close
the nostrils of your own,
and with my hands I hide
your ears and brows and eyes,
and as the first sleep comes
my cock fills up your cunt,
and my balls your arse
– no man has my art!
How do you not explode, Marinha?

Anónimo dijo...

Por se a alguén lle interesase, xa comentara brevemente este poema, neste mesmo blog, o 8 abril 2006.
(Marcos de Auria=

Anónimo dijo...

Aí lle doe, Arume. A verdade é que non hai apenas versións a lingua moderna da lírica trobadoresca galega. E as explicacións son varias.

Por unha banda, está a renitencia xeral para facelo, por prexuízo de orixe filolóxica e outros apegos. Despois, a cuestión de que hai dous estándares, o portugués e o galego; aquel, xaora, máis cercano á fonte, e de feito, versións ao portugués si que as hai.

Sexa como for, entendo indispensable realizar versións modernas e galegas; seguramente habemos volver sobre o tema noutro momento.

Por certo, o "Marinha, ende folegares" ten dobre atribución nos cancioneiros, entre Coton e Pero Viviaez. É un dos temas que debo abordar eu, xustamente; a crítica actual, de momento, opta por Viviaez.

Anónimo dijo...

Antes de que pase páxina, aproveito a este fío para achegar un caso de "homofobia" do século XIII. Gran poema, por outra banda:


Eu digo mal, com' ome fodimalho,
quanto mais posso daquestes fodidos
e trob' a eles e a seus maridos;
e un deles mi pôs mui grand' espanto:
topou comigu' e sobraçou o manto
e quis en mi achantar o caralho.

Ando-lhes fazendo cobras e sões
quanto mais poss' e and' escarnecendo
daquestes putos que s' andan fodendo;
e ûu deles de noit' asseitou-me
e quis-me dar do caralh' e errou-me
e er lançou depós min os colhões.
(Pero da Ponte).

Espero non ser expulso do blog, e amosado co dedo en toda a rede, por politicamente incorrecto.

Marcos Valcárcel López dijo...

OUTRA DE QUEVEDO, BEN XUGOSA:
(SACADA dun blog moi interesante:
www.tradicionclasica.blogspot.com)

EL SUEÑO

Si los sueños que sueño fueran ciertos,
qué gran gozo tuviera de continuo.
Era Abril: mientras solo sesteaba
sobre un verde prado, asaz florido,
una hermosa doncella de astral rostro,
hija sin dudar de sangre regia,
aperecióseme, y con su manto
abanicábame con gran cuidado,
y en la brisa entreveraba dulces besos
que me daba con su boca tan melosa.
Su cuerpo habría unido con el mío,
mas temió un rechazo de mi parte.
[...]
Con un prieto abrazo la anudé,
su faz beso, sus tetillas acaricio,
hasta llegar por fin al quinto cielo.
Fácil es deducir qué feliz fuera,
feliz, feliz, una y mil veces,
si tuviera, despierto, a aquella chica
que durmiendo tuve, allí en el prado.

Este tema del sueño erótico tuvo un grandísimo desarrollo en la poesía amorosa española de los Siglos de Oro, como ha estudiado a fondo Antonio Alatorre en su reciente libro El sueño erótico en la poesía española de los siglos de oro, México: F.C.E., 2003. Pero, de todas esas producciones sobre el motivo literario, la mejor sin duda es un soneto de Francisco de Quevedo (1580-1645), titulado "Amante agradecido a las lisonjas mentirosas de un sueño" (Blecua 337), que paso a copiar aquí entero, para disfrute de mis lectores. Sigo, por cierto, la estupenda edición de James O. Crosby (ed.), Francisco de Quevedo. Poesía varia, Madrid: Cátedra, 1982, p. 223:

Anónimo dijo...

Faltouche poñer o texto de Quevedo: un soño, sub specie de polución nocturna.

Ay Floralba! Soñé que te ... ¿Dirélo?
Sí, pues que sueño fue: que te gozaba.
¿Y quién, sino un amante que soñaba,
juntara tanto infierno a tanto cielo?
Mis llamas con tu nieve y con tu yelo,
cual suele opuestas flechas de su aljaba,
mezclaba Amor, y honesto las mezclaba,
como mi adoración en su desvelo.

Y dije: «Quiera Amor, quiera mi suerte,
que nunca duerma yo, si estoy despierto,
y que si duermo, que jamás despierte».

Mas desperté del dulce desconcierto;
y vi que estuve vivo con la muerte,
y vi que con la vida estaba muerto.