UNHA VERDADE INCÓMODA
La Región 11 xuño
La Región 11 xuño
Al Gore. Celebrouse o 5 de xuño o Día Mundial do Medio Ambiente e nestes días puiden ver a película de Davis Guggenheim, “Unha verdade incómoda”: o proxecto de Al Gore, exvicepresidente dos Estados Unidos, convertido xa en gurú do clima para percorrer o mundo alertando das consecuencias do cambio climático.
A película está concibida para lucimento do que foi candidato presidencial no 2000 fronte a Georges W. Bush (Gore logrou máis votos, pero non a presidencia, lembren) e nese sentido enténdese a clave biográfica do documental (as alusións á enfermidade dun seu fillo ou á carreira presidencial), ó que quizais lle sobre un certo alento narcisista. Pero hai que recoñecer que o tema ecoloxista non é novo en Al Gore: en 1992 publicou un bestseller titulado “A Terra en equilibrio: ecoloxía e espírito humano”. Os críticos apuntan que puido facer moito máis cando foi vicepresidente e defender Kioto con máis pulo en vez de venderse ós intereses económicos que agora denuncia. O documental, con todo, é útil e necesario: dende un enfoque didáctico (comprensible por un alumno de segundo ciclo da ESO, cando menos), non carga as tintas en deseños apocalípticos como outros produtos semellantes. A realidade xa é bastante aterradora e así a presenta esta película: zonas moi importantes e urbanas de Europa, Estados Unidos ou a India pagarían moi caro, mesmo asolagadas, o desxeo das masas polares que xa está nos seus inicios, segundo todos os cálculos científicos.
Mil trescentos millóns. Mil trescentos millóns de persoas vivirán graves secas polo desxeo provocado polo cambio climático: así o constataba esta semana un informe específico da ONU. Sen neve nas grandes montañas non hai ríos e os principais ríos de Asia nútrense das neves do Himalaya. Só a suba dun grao centígrado na temperatura supón elevar a cota de neve nos Alpes 150 metros, con importantes consecuencias na economía da zona e no abastecemento de auga. Sobran informes que constatan o descenso das cubertas de neve e o quentamento espectacular do Ártico e todo isto afectará a todas as rexións xeográficas do mundo: como se indica na película de Al Gore, nin sequera se sabe cómo se comportarán as correntes mariñas que xa hoxe provocan furacáns tan devastadores como o Katrina. Onde antes había grandes glaciares, estes vanse retirando e deixando só como restos grandes lagos que deixan constancia deste quecemento global.
Príncipe de Asturias. Al Gore acaba de obter tamén o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional 2007: é importante que líderes mundiais coma el se poñan á fronte destas causas que antes se desprezaban como “teima neurótica de catro ecoloxistas tolos”. As opinións públicas deben facer valer a súa presión, porque está todo por facer: o recente cumio do G-8 foi frustrante nas súas conclusións a este respecto. Quizais porque á cabeza dos países ricos está o país máis contaminante e consumista do planeta: os Estados Unidos que quixo presidir o mesmo Al Gore.

8 comentarios:
Pois seica está quecendo a atmosfera. Daquela convirán comigo, en que son precisas enerxías limpas de alto poder produtivo. Non muïñiños de vento decorativos, non encoros hidroeléctricos. Nucleares, meus. Decididamente. Para depender menos de Oriente medio. Para producir enerxía eléctrica limpa e barata... Ah. e a coidar ben dos refugallos mentres se resolve o probelma.
Creo que anda vostede, señor etxe, un tanto atrasado de noticias en canto á cousa das enerxías. Non está enterado do da "revolución do hidróxeno"? Eis o futuro, se queremos, non a perigosísima merdallada nuclear. Hai en castelán un exitososo libro de Jeremy Rifkin sobre o asunto.
Aproveitando o tema, permítome preguntarlles qué lles parece a instalación da regasificadora na entrada da ría de Ferrol. Cren pode traer consecuencias para o marisqueo? Parécelles correcta a súa ubicación dada a posibilidade dun incendio?
Quizáis se trata dun erro involuntario, pero a gasificadora está no medio da ría, enfrente de Ferrol, en Mugardos. O que está fóra é, coma o seu propio nome indica, o porto exterior.
Unha vista polo maps.google.com ou polo google earth pode explicar bastantes cousas. Fíxense na autoestrada que vai desde a gasificadora ata as Pontes e todas as vías de comunicación feitas exclusivamente para este proxecto.
Don Celestino Fernandez de la Vega, tio de Doña Maria Teresa
Meu tio chámase Pedro Luís.
reganosa.....vaite fora da ría?
Publicar un comentario