12 jun 2007


Homofobia.

Pan por pan 12 xuño

Xa teño confesado aquí que en cuestións como o cine (sobre todo clásico), unha parte da música contemporánea, algúns grandes escritores e artistas USA e as series de televisión non son nada antinorteamericano. Prefiro os orixinais ás copias: gústame máis “Anatomía de Grey” que as versións españolizadas por aquí. Pois ben, Isaiah Washington, actor negro e doctor Preston Burke en “Anatomía de Grey”, foi despedido da serie por chamar “marica” a un compañeiro, o actor T.R. Knight, quen logo recoñeceu a súa homosexualidade. Os propios compañeiros de Washington non querían xa traballar con el. Nestas cousas os norteamericanos sonche moi seus: lembren a historia da novela “A mancha humana” de Philip Roth (logo levada ó cine con Anthony Hopkins e Nicole Kidman) onde un profesor de Universidade cae en desgraza tras chamar “negro” a un alumno das súas aulas.

5 comentarios:

Moralla dijo...

A terminoloxía sempre dá problemas, e á hora da verdade o que se debe cuestionar é o trato: se é despectivo ou non contra esa persoa.
USA monta líos ás veces por cuestións de moral absurda e innecesaria, e nos se cuestiona o que realmente está a provocar na meirande parte do mundo: mísiles mortais (auto)destrutivos contra a especie humana, vexetal e animal: o planeta terra. Unha auténtica bomba esquizofrénica de reloxería.

Anónimo dijo...

Os prexuizos contra os homosexuais seguen ahí,no subconscente colectivo.Un sector (fácilmente identificable) do noso querido PP acaba de vetar a Pepe Araujo como portavoz no concello,por esa condición.Lóxicamente,negaran-o rotundamente si alguién o insinúa...

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Pois eu creo que se pasan un egg.
Se lle chama a un tipo "maricón" ou "burro" ou "fillo de puta", son cousas que aí están. Na linguaxe. Un pode compatibilizar iso con non ter nada contra os homosexuais, contra o gando asnal ou contra as traballadoras do sexo.
Suprimamos palabras como "xudiada", "coñazo" -ai esa referencia ao sexo feminino"- "carallazo" -ai esa referencia ao sexo masculino "putada", "conachada", etc.
Si me din que o actor negro este é un cabrón, paréceme ben que non quieran traballar con el. Agora ben, que a xustifiación sexa que lle chamou marica a un tipo, paréceme alucionoxenizante.
Por que se cadra inda o era... E a moito orgullo. Como os impresionistas, ou outros tantos quew asumiron o insulto como forma de afirmación "black power" non sería o mesmo que "afro-american power" ou "subsaharian power".
Con perdón, mariconadas.

Anónimo dijo...

Completamente de acordo co señor Etxe. O negro ese (ui, perdón) debe ser de armas tomar. Pero se é un tipo tratable e o botaron só por iso, daquela non estaríamos máis que diante dunha nova manifestación de idiocia e reunidade politicamente correctas.

Anónimo dijo...

Xa sabedes que canta máis atención lle presta o poder á liguaxe máis fodidas están as cousas.Canto millor falados queren facer ós cibdadáns máis,mais os están fodendo...(Nos campos de concentración nazis había que ser moi ben falado)
A mín os eufemismos sempre me poñen en garda...

O Troll ágrafo