1 jun 2007

PARTIDOS NA ESCALEIRA (Afonso V. Monxardín, hoxe en La Región)

Un deses estendidos tópicos
alleos defínenos como dubitativos nunha escaleira, sen ter claro se subimos ou baixamos. Nós sabémolo ben, aínda que por cortesía e costume paremos un momento ao cruzarnos co outro –ese que non sabe cara a onde imos- para facer un descansiño e botar unha parrafada.
Pois a grande escaleira da Galicia electoral está arestora medio ás escuras e chea de candidatos, analistas e partidos tropezando uns cos outros... E neste trafego, non se rompeu ningún garrafón de votos, aínda que moitos están mediados, medio cheos ou medio baleiros, segundo se queiran ver.
O BNG sabe ben que se pode subir costa abaixo. É o que fixo nas anteriores autonómicas onde baixou de 18 a 14 deputados, pero ao tocar poder Anxo Quintana soubo vender a imaxe da vitoria de forma eficaz. E agora coa importante baixada nas cidades que van para arriba –sobre todo onde gobernou, Ferrol, Vigo e Pontevedra- pois resulta que sobe xa que ha participar no goberno das sete grandes. Pola contra, na vella Galicia rural, esa que vai para abaixo, e que se dicía do voto cativo, sobe en número de votos e influencia.
E o PP baixa subindo. En boa parte da Galicia urbana e dinámica –Vigo, Pontevedra, Ourense, Santiago- sobe en votos ata ser indiscutiblemente a primeira forza ou segunda en Coruña, Lugo e Ferrol... pero ao non micar poder, baixa. Pola conta, na vella Galicia rural en decadencia, tamén decaen os seus votos. Agora é máis visible ca nunca que nese rural vótase á persoa revestida de certos atributos supostos (traballador, eficaz, amigo da xente, servicial e boa persoa...) e non dunhas siglas, que, sábeno vostedes coma min, son o de menos. A alcaldesa do PP pasada ás listas do BNG no Bolo sacou a mesma maioría absoluta que noutro “envoltorio”. Se o Manolo Prado, profesor de galego e alcalde de Beariz onde saca para o PP 9 de 9 se pasase ao Partido Humanista, os votos irían canda el. Pódeno ter por seguro. E se Paco García se pasase ao PP, Allariz volvería ter alcalde popular en vez de nacional popular.
Eu ao PSOE felicítoo pero non lle arrendo a ganancia. Depende nas sete cidades do BNG para facer gobernos estables de progreso. E o BNG desacougado por ir costa abaixo na Galicia costa arriba, cisma óllase no espello... ¿Acabarase convertendo nunha especie de IU de Galicia, con vocación de muleta esquerda para os goberno do PSOE? ¿Como se sacode esa manta que o afoga? ¿E sen ela conxelaríase? Difícil cuestión.
O que vexo claro é que o PG debería saír correndo pola escaleira de incendios e entregarlle a sigla ao Museo do Pobo Galego ou á Consellería de Cultura para pechar un intento desafortunado. A disolución sería un acto de dignidade que todos lle apreciariamos moi positivamente e falariamos del ben.. como dos mortos nos enterros.

18 comentarios:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Nota filolóxica:
cativo: malo
cativo: pequeno
cativo: cautivo.
É, pois, un achádego de Monxardín empregar este termo con triple sentido, sen contar o común que vai de seu. Noraboa.

Anónimo dijo...

Diagnóstico agudo e análise sobria e ben sintética. Na liña do Monxardín, ao que felicito polo artigo.

Anónimo dijo...

Eu, ao contrario do sr Monxardín, non felicito ao PSOE.
Cabe preguntarse por que o BNG sobre nesa parte de Galicia que, según el, vai para abaixo (quen a faría baixar?). Ese voto ten moito mérito, por moito que algúns non o aprecien, e aínda non vin unha análise que o explique.
Eu vexo un perigo claro de que Touriño goberne para as grandes cidades, sobre todo as da faixa atlántica galega. Agora xa saben onde teñen os votos e onde poden medrar, aínda máis. Goberanan alí onde están os cartos e hai máis poder. Non é casualidade que o PSOE se fixera coas consellerías máis "cidadás", empezando por Traballo e Economía.
A Galicia rural non pode ser a Galicia dos saldos. Habería que poñela a funcionar.

Anónimo dijo...

Non entendín moi ben a relación que se apunta no artigo entre "a vella Galicia do voto cativo" (cautivo? que vale pouco?) e o feito de que o bng goberne nalgúns deses concellos.
Son votos que non valen para nada? Son agora votos cautivos do BNG como antes o eran do PP? Os votos nas cidades non san cativos?

Anónimo dijo...

Bo artigo, claro, preciso e sensato. Parabéns a Monxardín. Cada día que pasa escribe mellor.

Anónimo dijo...

César Casal en "La Voz de Galicia" (28 de Maio de 2007)

Me abstengo

ME ABSTENGO de comentar los resultados de este dos contra uno. Me centro en los que no votan o lo hacen en blanco, que es como luce la Liga. Son legión. Con el 96% escrutado, 21 millones de españoles votaron, 12 millones ni se plantearon ir hasta su colegio electoral y casi medio millón lo hicieron en blanco. Cada vez votan menos. La abstención es el partido que más crece. Unos cuatro puntos en España. La gente está harta de los políticos. Y las operaciones malayas, con el dinero en bolsas de la basura, no ayudan nada.
Los candidatos no resultan creíbles. Se suben al pedestal de los carteles durante dos semanas y dicen tener la solución a todos los problemas. No paran de hablarnos de que la economía va mejor que nunca, mientras que los de a pie llegamos asfixiados, hipotecados, a fin de mes. O los políticos cambian de discurso, todos, y abandonan la política ficción o las urnas terminarán por vaciarse. En las municipales es aún más notorio. Tal vez, por cercanía. Todos tenemos un amigo concejal que no había pegado palo en su vida y al que en cuanto entra en la corporación se le abren mil puertas. Tiene un sueldo estupendo y la sonrisa le pinta la cara durante cuatro años. Por supuesto, hay políticos honestos. Como hay manzanas sanas en un cesto. Pero los gusanos abundan. Y se reproducen.
Nunca comprendí el motivo de tantos coches oficiales para cargos intermedios. ¿No puede un político ir a trabajar en su coche como hacemos los demás? Así verían lo divertido que es sufrir el atasco de todos los días. ¿No pueden solucionar los problemas en reuniones en el despacho y no en tantas comidas de presunto trabajo que pagamos todos, aunque parezca que invitan ellos? En una ciudad como A Coruña votaron 117.000, pero se quedaron en casa 101.000 ciudadanos y cerca de 4.000 eligieron el voto en blanco. Una barbaridad. La política por esta hoja de ruta se va a convertir en algo para militantes. Y que ellos solos se lo guisen y se lo coman es muy peligroso. ¿Cuándo tendremos políticos accesibles que reconocen sus defectos y se identifican con nuestras pesadillas de todos los días?

cneirac dijo...

A suba do BNG fóra das cidades é testemuñal e só lle serve para compensar e só en parte o retroceso da galiza máis nova (que non "urbanita"). E débese a un voto de poder, ao poder, á continuidade, ou á confianza nos que gobernan, chámenlle como queiran. E nese voto ao poder rañou máis o PSOE que o BNG (véxase a provincia de Lugo), e o nacionalismo vaino ter ben cru para rañar algo nas vindeiras xerais, pois aí o poder é todiño do PSOE.

E non se enreden en que voto vale máis ou vale menos, se o daquí ou o de acolá, que ese é máis ben un triste debate. Pensen en cal é a estratexia que globalmente lle dá futuro ao BNG e non o condena á mesma estúpida e falsa dualidade das boinas e os birretes na que estivo, até agora, inserido o PP.

Saudiña

Anónimo dijo...

Calidonia:
¿"Pensen en cal é a estratexia que globalmente lle dá futuro ao BNG"?
¿E logo porque temos que pensar nesa e non na que lle dea máis futuro ao PSdG-PSOE, ou a esoutro ou a aqueloutro?
Non todos os que por aquí andamos somos da corda benegueira.
Analisamos e charlamos sobre os resultados, desde ópticas plurais e distintas, tirando a progresistas case sempre, sen que isto nos posicione partidariamente.

Anónimo dijo...

Delirante a análise que fai o PG dos resultados:

(Titular)
Ningunha outra forza política Galega pode presentar os índices de crecemento e consolidación con respecto a situación anterior o 27 de Maio que presenta o Partido Galeguista.

(Texto)
"Aínda que non son os que agardábamos, os resultados obtidos polo P.G. nestas Municipais do 2007 constatan o avance e consolidan a alternativa dos Galeguistas no mapa político de Galicia.

En síntese, o resumo dos resultados obtidos polo P.G. é o seguinte:

- Acadamos 20.000 votos en Galicia, cifra que triplica os mellores resultados obtidos polo P.G. nunhas Municipais nos 76 anos de existencia do partido.

- Por número de votos, no global dos 33 Concellos nos que presentamos candidatura, somos a 4ª forza política de Galicia.

- Duplicamos o número de Concelleiros que tiñamos no intre de celebración do VIII Congreso (Novembro 2004)

- Triplicamos o número de Concellos nos que tiñamos representación no intre de celebración do VIII Congreso (Novembro 2004).

- Pasamos a ter representación en 3 das 4 Provincias Galegas (no intre da celebración do VIII Congreso só tíñamos representación na de Pontevedra).

Ningunha outra forza política Galega pode presentar estes índices de crecemento e consolidación con respecto a situación anterior o 27 de Maio; en síntese, estas Municipais do 2007 foron un paso definitivo cara a recuperación do espazo Galeguista como opción definida, independente e esencial para a vertebración política deste País e de entornos próximos como o son a Unión Europea e España.

Para o futuro inmediato, o P.G. empeza a traballar no afortalamento da proposta Galeguista cara as Autonómicas; traballo político que, seguindo a folla de ruta deseñada, culminará na celebración do IX Congreso do P.G.".

Non se contenta quen non quer.
Non bebín. Léano directamente:
http://www.partido-galeguista.org/

Marcos Valcárcel López dijo...

E aínda poden sumar os votos en branco. E máis os votos non votados, da abstención. E os rapaces que cumpren 18 anos no que queda de ano, etc. etc.
Delirante, si. A min lembroume as análises que se facían en certos partidos nacionalistas en tempos, cando aínda non se tocaba poder.

cneirac dijo...

Tralaira, o fío dos comentarios, até onde eu escribín por vez primeira, falaba sobre todo do BNG (conte senón as referencias aos demais partidos). Nese sentido facía eu a proposición, sen cuestionarlle a ninguén a súa filiación ou fobiazón particular.

Anónimo dijo...

Creo que agora é o momento para emprender unha campaña, de gran embergadura, para esixir que estes individuos deixen dunha vez en paz as históricas siglas do PG.

Anónimo dijo...

Xa é tarde... pero tamén a cabeceira de A Nosa Terra... En fin, xa ninguén se lembra da outra.

Pois si, que deixen en paz a sigla... sería bo unha carta colectiva de galleguistas culturais, etc. Só primeiras figuras... Tipo Realidade galega... Deixade en paz ao Partido Galeguista.
Non poden dicir que levan existindo 75 anos...como ANT... etc.

Anónimo dijo...

En "A Nosa Terra" de esta semana o articulista Damián Villalaín faille un ataque moi duro ao Partido Galeguista. ¿E por qué non aos de Tega? ¿Ou non son iguais?

Anónimo dijo...

Ser son o mesmo, pero os de TeGa -de momento- non teñen o descaro de prostituir unhas siglas históricas con intereses espúreos.

Anónimo dijo...

Pode alguén colgar aquí ese artigo de Damián Villalaín? Grazas.

Marcos Valcárcel López dijo...

Non será doado, amigo APC, porque A Nosa Terra non publica as súas columnas na versión dixital, creo.

Anónimo dijo...

Mala sorte, pois.

Mais dado que, segundo parece, por aquí pasa moita xente, a ver se houbese a boa sorte de tamén pasase o señor Villalaín e tivese a amabilidade de colgar o seu texto.