Unha campaña divertida en Euskadi.
Clicar no magnífico video localizado na Euska Telebista.
(Tarda un pouquiño en cargar, se non se visualizase ben; subiríamolo a You Tube.
Non obstante, este é o seu enderezo :
http://www.eitb.com/vayasemanita/asx.asp?fichero=gc/video/runing_canpana_20070426_190kbps.asf)
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
6 comentarios:
Están ben, aínda que non me parecen extraordinariamente divertidos. Supoño que, como aquí nin temos nada semellante a "Vaya semanita" nin ninguén o parece proxectar, algo que toma (sanamente) aos políticos de coña ten que satisfacernos bastante.
Se nos le algún responsable político-gobernativo, que consideren seriamente a cuestión. Paréceme complicado, e non porque o mundo da política teña a pel particularmente sensible; non son únicos, e baseo a miña percepción en propia experiencia.
Cando eu traballaba en certo organismo dependente da DX de Política Lingüística, propuxeramos a idea dun suplemento, publicable nos xornais, recollendo grallas ou detalles rechamantes de textos periodísticos (principalmente en titulares), con algún comentario, máis irónico ca mordaz na maior parte dos casos. Non foi posible: os medios amosaron demasiada susceptibilidade ("Cada un fai o que pode", seica dixeron).
Foi hai máis de dez anos. Non sei se cambiarían moito as cousas, e hoxe someterían a súa vulnerabilidade ao ollo público.
Lembro un titular de crónica deportiva (os nomes dos equipos, que non lembro, son o de menos): "El Burela fusiló a un Viveiro encasquillado"; o comentario, claro é, optaba polo castrense.
Non atopei outro post para anunciarlles esta exposición no Kiosko Alfonso de Coruña para este mes: Misións pedagóxicas.
Estou seguro de que lles interesa.
Non sei se algunha vez recomendei, por certo, esa páxina web: é das millores porque contén unha cantidade impresionante de imaxes, fichas, documentos gráficos no apartado de exposicións. Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales
Graciñas, Arume, polo aviso e a outra recomendación: de seguro que todo iso paga a pena.
O día que non haxa terrorismo no País Vasco, aínda serán máis divertidos.
O que dixen aquí hai 5 días, aínda ten máis razón de ser a día de hoxe.
Publicar un comentario