29 jul 2007


A calumnia
Pan por Pan 29 xullo

A escritora Lillian Hellman (1905-1984) é un dos grandes nomes do teatro norteamericano contemporáneo, ó carón de Arthur Miller, Tennessee Williams e Edwar Albee, entre outros. A súa obra máis famosa foi “A calumnia” que William Wyler levou ó cine en dúas ocasións: primeiro co título “Eses tres”, en plena vixencia da censura radical do Código Hays, e logo na coñecida película que interpretaron Autrey Hepburn e Shirley MacLaine. Revisitei a cinta estes días para comprobar a súa plena frescura e vixencia: cambiou o mundo e quizais a homosexualidade sexa vista con máis naturalidade, pero é ben fácil imaxinar unha situación como a que describe a obra teatral: a cerrazón hipócrita de toda unha sociedade sobre dúas persoas estigmatizadas e condenadas sen apelación. Sempre foi difícil admitir a diferenza e a liberdade: nos tempos de Lillian Hellman e nos nosos.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola Marcos!
Agardo ti e maila familia teñades unhas boas vacacións pola Costa da Morte!
Lillian Hellman merece traducións ao galego e representacións na nosa terra! tempo ao tempo.
bicos
Yoli :-)

Anónimo dijo...

Boa viaxe,entón,Marcos.E ten coidado, que por Camariñas fai moito aire,porque puxeron unhos ventiladores xigantescos alá no Cabo Vilano...
E ó pasar por Camariñas,pasa cantando e saúda ás nenas que quedan no río,lavando...
E os periódicos,cómpraos xa en Carballo,que o mellor despóis algúns non os atopas...

Boas Vacacións a tod@s

Anónimo dijo...

I truly believe that we have reached the point where technology has become one with our lives, and I am fairly certain that we have passed the point of no return in our relationship with technology.


I don't mean this in a bad way, of course! Societal concerns aside... I just hope that as the price of memory decreases, the possibility of copying our memories onto a digital medium becomes a true reality. It's one of the things I really wish I could experience in my lifetime.


(Posted on Nintendo DS running [url=http://quizilla.teennick.com/stories/16129580/does-the-r4-or-r4i-work-with-the-new-ds]R4[/url] DS S3)