CASA DE CITAS (remexendo no arquivo)
A esquerda perde a alma cando ten que gobernar
Cando a esquerda chega ó Goberno esquece calquera tipo de mobilizacións. Por iso fai falla seguir mobilizándose para dar sinais de vida. A subversión en democracia pasa por facer a revolución sen tomar o palacio de Inverno. Moitas das iniciativas de Zapatero teñen forza porque ten detrás o mundo latinoamericano. Por iso, as accións críticas teñen sentido: revelan que non se poden tomar decisións sen contar coa xente. A esquerda perde a alma cando goberna. Fan falla iniciativas que lle lembren que fai falla loitar por unha igualdade social efectiva.
Gianni Vattimo, filósofo italiano, nunha entrevista de El País, 20-I-2006.
3 comentarios:
Agora lembro un relato de Alfred Polgar do seu libro A vida en minuscula ( editorial Acantilado) na que unha persoa que necesita axuda dende unha cabina intenta chamar a razon de estado. Ese relato serviume para entender o mundo e a politica.
Lectura recomendada:
Leonardo Sciascia " Candido o un soño siciliano".
Fdo: Gustavo Peaguda
Obviamente, ninguén se mobiliza contra si mesmo. Por iso o militante, sensu latu, non debería quedar en mero apoiante.
Hai unhos señores,creo que lle chaman maltratadores,que dicen que queren moito á muller.Ö mellor hasta eles mesmos o creen.Quérenna moito no mundo da súa cabeza,por que logo no mundo real danlle cada paliza de medo.E as veces á muller segue sen xuzgar polos ACTOS durante anos...
Moitas veces os políticos pórtanse coa mesma esquizofrenia.Parecen querer moito ó electorado cando falan,a veces parece que eles mesmos o creen.Aman moito á "Humanidade" ,pero os ACTOS desde o poder delatan que lles importa pouco a XENTE.E os ciudadáns,có Síndrome de Estocolmo...
(Se non lles gostóu a parábola,teño outras.Por exemplo:
y=x2+2x+1.Váise enfadar comigo XM Glz.)
Publicar un comentario