31 jul 2007


Chega a hora do lecer
Andoliña 31 xullo

O que vai de verán vai pouco cargado de noticias. E iso é bo, porque xa reducimos o concepto noticias ás malas novas. De memoria, poucas cousas de calado: a dimisión de Piqué en Cataluña, que deixa o PP en mal lugar para as xerais; as enquisas nos Estados Unidos que sitúan a Bush á altura de Nixon como un dos presidentes peor valorados do seu país; a vitoria dos islamitas en Turquía, seica moderados e pragmáticos (agardemos); a fuga radioactiva nunha central nuclear de Xapón, etc. En Galicia, no segundo aniversario do bipartito, de momento sen incendios e esa é a mellor nova posible: que dure. E para os que quedamos en Ourense, un mes de xullo case fresquiño: unha marabilla. Os que estaban na praia, menos contentos.
E chega a hora do lecer e as Andoliñas van repousar un mes. E morre Ingmar Bergman, sentímolo ben, velaí vai un bo anaco da nosa mocidade: por sorte está a saír en DVD case toda a súa filmografía e revisamos cintas míticas como Amorodos salvaxes, Un verán con Mónica, Segredos dun matrimonio ou Fanny e Alexander. Confésolles que aínda non me atrevín de novo con Berros e murmurios: tal foi o impacto que me causou na súa estrea. Que o pasen ben, ata setembro.

18 comentarios:

Anónimo dijo...

E vai cara Ferrara Michelangelo, xa tamén sen vida.

Anónimo dijo...

Ao modo de Crecente, unha sede de auga pura para o canso. Á de Kavafis/Llach, aventura para os animosos. Coñecemento para todos, e compaixón. Deica a volta.

Anónimo dijo...

¡ Kavafis !
Non mo lembres,X.M.Glz,que moitos dos seús poemas vólvense obsesivos,como esas melodías coas que te despertas e despóis non as podes sacudir da cabeza...

Anónimo dijo...

Non vos gostaría escreber un poema maldito de eses,que a xente ó leelo non fora capaz de sacalo da cabeza,e acabara tolo...

Anónimo dijo...

A Xuzgar por este poema de Kavafis,as vacaciós non van servir de moito:

LA CIUDAD
Dijiste: "Iré a otra ciudad, iré a otro mar.
Otra ciudad ha de hallarse mejor que ésta.
Todo esfuerzo mío es una condena escrita;
y está mi corazón - como un cadáver - sepultado.
Mi espíritu hasta cuándo permanecerá en este marasmo.
Donde mis ojos vuelva, donde quiera que mire
oscuras ruinas de mi vida veo aquí,
donde tantos años pasé y destruí y perdí".
Nuevas tierras no hallarás, no hallarás otros mares.
La ciudad te seguirá. Vagarás
por las mismas calles. Y en los mismos barrios te harás viejo
y en estas mismas casas encanecerás.
Siempre llegarás a esta ciudad. Para otro lugar -no esperes-
no hay barco para ti, no hay camino.
Así como tu vida la arruinaste aquí
en este rincón pequeño, en toda tierra la destruiste.

Anónimo dijo...

En certa zoa de Africa,cando alguén marcha de viaxe,o mais vello da casa sae fora e dibuxa, na area ,NOVE líñas rectas coa punta do pé.Diríxese ó que se despide e dice:a que fai o DEZ eres tí,cando volvas.
Semella ser un conxuro.As nove líñas ,como algo inestábel e incompleto, forzarán a todo o Universo a seren dez,e todo se porá a favor da volta do que se vái...
Estas líñas forzarán a boa volta de todos: /////////

Anónimo dijo...

Dende logo, actúan no ordenador de cada quén...

Anónimo dijo...

Tomo hoxe tamén as vacacións. Un feliz verán a todo o mundo. A pasalo ben. Carpe augustum.

Anónimo dijo...

Pois eu comezo hoxe unha inxente aposta que me devala os sesos.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Pois eu comezo hoxe unha inxente aposta que me devala os sesos.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Explíquenos esa aposta,pra poder formar parte dela...(eu non)

Anónimo dijo...

... O fío deste post, que ven estaría que o noso ourensán festival de
cinema fixese este ano -coido que aínda se pode valorar, pese a premura das
datas- unha atención especial aos dous xenios...

...E que ben estaría, xa postos, que a nosa cidade tivese un museu do
cinema, cunha sá especial para Bergman, por exemplo no antigo banco de
España, do que por certo, o actual bi-goberno parece ter esquecido todas as
súas promesas electorais....

Anónimo dijo...

Que vaia tomar polo cú o festival de cine e toda a pijería que se move nese rollo.Que gasten os cartos no que teñen que gastalos.Se a señorita Ada Arroyo tiña o caprichito de niña rica,que se lo pague.E os enchufados inútiles que cobran todo o ano sen rañala a conta do rollo,que vaian traballar.E non me veñan con demagoxias da cultura que si patatín,que si patatán.Estamos de pijitos deses que a única cultura que lle importa é a das marcas de roupa,hasta os collós.¿Ou pensan que si pronuncian a verba "cultura" xa nos hinotizan coma jilipollas?

Anónimo dijo...

Joer,menuda caña,escornabóis.Vou tomar un chupito á túa conta.A verdade é que mesmo este blog,polo que andan verdadeiros cinéfilos (eu non o son especialmente),fai bén máis pola difusión do bó cinema que ese festival.E si falamos da ratio Resultados/Cartos...por que aquí parece que cando se fala da cultura, o dos cartos (públicos)é o de menos.Pero qué infantilismo é ese.Maxina que o presidente da comunidade de veciños na próxima reunión dice:O ascensor está defectuoso,chove polo tellado,e as luces da escaleira están fundidas.Pero os cartos gastéinos nestas películas boísimas(digóo eu que o son).Tomádeas "de velis nolis",que esto fáivos ben...Eu diríalle: A mín non me fas falla tú pra nada pra nutrirme de cultura,nin pra buscarme parexa sexual,que son maiorciño.Administra os cartos como é debido...

Anónimo dijo...

E o de "terra da auga",outra das habituáis ocurrencias típicas dos "demagogos culturetas".
Que munitu,un museu,do cinema,outro da literatura,e outro da escultura,e outro da pintura,un por cada musa clásica,máis as novas,ocupando tódolos edificios públicos.Vai a región,que tamén está no Paseo,e gasta os TEUS cartos nunha cousa que se chaman libros,como facemos os outros,e despóis léos,déixate de tanta cultureta "light" a conta dos fondos públicos

Anónimo dijo...

Hai máis cultura agora mesmo neste blog que a que proporciona toda a Concellería de Ourense todo o ano.Gastaron non séi cantos millós no seu día pra traer un duo de fumaos chamados "Estopa" que subiron drogados a un esceario diante de centos de rapaces e os seus páis,facendo apología subliminal das drogas.Unha culturade carallo...

Anónimo dijo...

E,se se fai un museu como é debido no edificio do Ex-Banco de España,que sexa como é debido,coa calidade suficiente como pra atraer a xente de fora en cantidade suficiente como pra que se autofinancie,que non é tanto pedir.Se non sabedes facer ésto último,buscade quén sepa,que os hai.Que pra "cáncer" xa chega a Diputación.

Anónimo dijo...

E se non chegan os cartos,que os saquen do que "chupa" C.D.Ourense.Outra "relixión" intocable nesta cidade de Ourense.