31 jul 2007


EN POLEIRO ALLEO. A política anecdótica (X.M. Sarille, ECG 31 xullo)

(Non abundan estes días os balances rigorosos do primeiro bienio do goberno bipartito. O de X.M. Sarille, dende a esquerda e o nacionalismo, é, como era de agardar moi crítico: velaí o artigo completo. A imaxe é de Gentileschi).

Non se sabe apenas nada da nova organización administrativa do territorio, da división de Galiza en comarcas, rexións e áreas metropolitanas, comprometida no programa do bipartito.
O país perde poboación e ignoramos as medidas, os plans, as ideas para a recuperación. A Cidade da Cultura é un enigma grandioso, resulta un misterio saber onde se situará o prometido por Zapatero, onde se incrustará Latinoamérica, onde as ideas das forzas da cultura, as das cándidas e ilusas reunións deste outono.
Nada sabemos do Plan integral para Ferrol, ao que se lle dá unha man dialéctica cando visita Santiago algún alto cargo do goberno central.
Hai outras débedas e máis responsabilidades ante os cidadáns, tanto do goberno como da oposición, tan gris, desorientada e sucursalista esta última. A fracaso máis grave deica agora é o da reforma estatutaria, un espectáculo de quinta división. E a agonía do idioma galego, da que ninguén quere falar. A rexión europea e o lume deixámolo para cando pare de chover.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Leín o artigo de Sarille esta mañán no inefable, indescriptible e faccioso El Correo "Gallego", e as súas verbas pareceronme de puro sentidiño común (por certo, ¿pode alguén explicarme por que escribe nese xornal, ao carón de plumas tan "nacionalistas e de esquerdas" coma a de Alfredo Conde, J. M. García Iglesias, o Vilariño ou M. Agis?). Pois o dito, que alén da súa particular ideoloxía, as súas verbas parecéronme de sentidiño común, máis aínda despois de escoitar a media mañán na radio as declaracións do Pte. Touriño sobre a situación socioeconómica do país: non hai paro, non hai emigración, non hai problemas económicos, "tout va bien"... ¿Viviremos na mesma Galicia?

Anónimo dijo...

O Isaac Díaz Pardo anda enfadado por que a Voz lle censuróu unhas declaraciós nas que afirmaba que o único futuro pra o galego é o reintegracionismo...