7 jul 2007

EN POLEIRO ALLEO


Nacer en Galicia (Miguel Suárez Abel en ECG)
Unha axuda económica coma a anunciada pode ser criticada pero non deixa de ter a súa miga. É un paso. Insuficiente e talvez criticable por algún lado, pero, máis ou menos oportunista, é unha medida que tódolos gobernos autónomos deberían complementar, e o galego de maneira especial. Hai unha liña que parece clara: ter un fillo esixe unha dedicación e atención especiais. Se queremos favorecer as nais, estas e os pais deberán contar con todo tipo de facilidades para que as empresas poidan prescindir deles. Garderías, axudas e atencións médicas, permisos ben regulados e amplos, facilidades ás empresas para que contratar unha futura nai non lles supoña o máis mínimo prexuízo, eses si serán complementos adecuados para que nacer en Galicia sexa un auténtico regalo. Porque o emprego da muller e o desexo de ser nai non deben resultar incompatibles como o demostran os países nórdicos, onde máis traballan as mulleres e onde máis desexan ser nais. Iso é mirar pola familia e facer país. Así daría xenio nacer en Galicia.


César Antonio Molina (V. Freixanes en LVG)

É A PRIMEIRA vez que teño un amigo ministro. Un amigo da mocidade, quero dicir. Un deses amigos que veñen de atrás, que nos acompañan ou acompañaron durante etapas da nosa vida e que, dun xeito ou doutro, acaban sendo coma pequenos capítulos ou epígrafes da nosa crónica sentimental. Somos nós e somos os nosos amigos, a xente que nos quere e á que queremos (incluídos os libros). Non sei moi ben o que significa isto: se é que nos imos facendo maiores ou, simplemente, que o mundo cambia, que as oportunidades existen, e que ás veces as cousas van para mellor. (...)

18 comentarios:

Anónimo dijo...

Molina Ministro de Cultura, buena noticia.

Anónimo dijo...

Escasos comentarios sobre CAM como ministro. Tal vez tivera razón o propio CAM cando asegurara ao propio Freixanes que a súa inclinación polas letras casteláns non gustara moito en Galicia.
Por certo, gustei do seu poemario Eume, moi heteroxéneo de estilos e emocións. Precisa dunha relectura para apreciar os cambios e alternancias de discurso poético.

Anónimo dijo...

Que Molina sexa ministro de Cultura é unha excelente noticia. Botará unha man na Cidade da Cultura e en todos os temas que dende o seu departamento afecten a Galicia, aínda que non son demasiados.
A relación de Molina coas letras galegas é cada vez maior. Sempre foi un bo coñecedor da vida literaria e cultural galega, que promocionou moito tanto cando dirixiu o Círculo de Bellas Artes como á fronte do Instituto Cervantes. Pero agora deu o paso de escribir un poemario en galego, un idioma no que non se desenvolve ben no rexistro oral.
Alégrame moito o seu nomeamento.

Anónimo dijo...

É un home moi capaz, moi culto (excesivo, para o meu gusto baldreu) e moi eficaz, pero sempre foi visto con suspicacia polos sectores nacionalistas, tal vez influidos pola súa especial relación con Paco Vázquez e probablemente pola súa orixe aseñoritadamente coruñesa. O seu lamento diante de Freixanes é ben elocuente da súa posición en Galicia. E as palabras de F. Rodríguez, "mercadotecnia política, falan con idéntica claridade. Mágoa, como sempre. Pero vaian os mellores desexos para que o seu labor que ha ser, naturalmente, breve se prolongue uns catro aniños máis.

Marcos Valcárcel López dijo...

Non coñezo a C.A. Molina máis que por algúns dos seus libros de investigación. Traballou ben na historia da prensa cultural e no seu momento reseñei gabanciosamente os seus dous tomos en Xerais, moi útiles para os que nos interesa o xornalismo cultural. Sen coñecelo en persoa, creo que é un home culto e traballador: non entro noutro tipo de valoracións de riscos persoais, que non me interesan para o seu labor político. Pode ser positivo para o noso país se se volca en apoiar a nosa cultura, aínda que dende Madrid non haxa xa excesivas competencias. Pero pode abrir moitas portas. Eu alegreime desa elección.

Anónimo dijo...

Unos están contentos por el nombramiento del Sr. Molina, y otros muchos por el cese de su antecesora........

Marcos Valcárcel López dijo...

OUTRA OPINIÓN SOBRE O NOVO MINISTRO DE CULTURA:
MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO
CADERNO ABERTO
Un escritor ministro

Expresaba nestes últimos días César Antonio Molina que a poesía o fixera ser mellor persoa e mellor lector, pois esta expresión literaria, fondamente conectada co humano, obriga a cultivar unha sensibilidade especial que permite un maior grao de apertura á xente e á sociedade. Palabras textuais. O flamante novo ministro de Cultura recoñecía así as súas raíces formativas, a súa orixe intelectual e literaria, ese fío de enerxía –estado de tensión e de creación– que nos comunica, através da linguaxe e do coñecemento poético, co mundo. A César Antonio Molina, sen dúbida –véxase a súa brillante e recoñecida xestión no Círculo de Bellas Artes de Madrid ou á fronte do Instituto Cervantes, universalmente valorada esta–, hai que aplicarlle a máxima que establece Theodor W. Adorno para os grandes poetas: aqueles que posúen unha alta capacidade para levar a cabo actos de abstracción ao mesmo tempo que exercen unha extrema lucidez crítica e analítica sobre a realidade. A noticia do nomeamento do poeta e escritor César Antonio Molina como ministro de Cultura –decisión emblemática de Rodríguez Zapatero– tráenos á memoria o caso do escritor Jorge Semprún, ministro de Cultura con Felipe González entre os anos 1988 e 1991. Mais eu prefiro lembrar aquí e agora a André Malraux, ministro de Cultura con De Gaulle de 1958 a 1969. O paso do autor de A condición humana polo Ministerio de Cultura francés deixou unha pegada inesquecíbel, e aínda hoxe se lembra en toda Francia a súa acción de goberno, imaxinativa, creativa, transversal, realista e tinxida de sensibilidade sociocultural. César Antonio Molina, organizador e xestor infatigábel, home de ideas e de acción, entra no Ministerio de Cultura afirmando que contará e colaborará con todo o mundo da creación cultural. E así será. Os editores e os libreiros, através dos seus respectivos Gremios e Asociacións, xa valoraron moi positivamente o nomeamento do escritor como ministro. Ábrese unha nova etapa, sen dúbida, para os creadores e para as industrias da cultura.l

Anónimo dijo...

Por se non o viron, igual lles interesa estoutro, de tema ampliado e se cadra máis político.

Anónimo dijo...

Fágolle unha petición, amigo González. Cada vez que publique un artigo, fáganolo saber, e se pon o enlace, mellor.

Concordo basicamente co que di vostede. Non así Paco Rodríguez, sempre avinagrado de máis, como é público e notorio.

Anónimo dijo...

Con Don César Antonio......El Archivo.....¿No se mueve?

Anónimo dijo...

Só hai que mirarlhe prá cara,ap-c.O de avinagrado,é o tal...

Mr Troll CH3COOH

Anónimo dijo...

No lote do seu artigo González inclúe a Villanueva e a Rojo, dous egrexios composteláns na corte madrileña. A vella facultade de Mazarelos foi xermolo, polo que se ve, de grandes talentos. Eu alégrome tamén, e moito, por eles.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Comeza con polémica, levantada por EL PAIS:
Cese de Campos Borrego

Anónimo dijo...

Información de Rosana Torres

Anónimo dijo...

O titular da versión impresa rebaixa o tono: "Molina dibuja su equipo". E creo que o tenor da noticia tamén.
Un bó tema de traballo para os estudantes de xornalismo deriva deste asunto: as diferencias entre a primeira versión en pantalla e a derradeira impresa. Así podería comprobarse de forma doada as presións da dirección (e doutras instancias) na redacción dos xornais.

Anónimo dijo...

Mmmm... Dáme a impresión de que Rosana Torres debe ter unha relación especialmente boa co señor Campos Borrego. Esa afirmación tan tallante sobre a unanimidade concitada pola súa xestión á fronte do INAEM é sinxelamente falsa. Estou certo de que o seu cese provocou máis alegrías que lamentos, polo menos no que se refire ao sector teatral.

Anónimo dijo...

A Molina le dedica artículo en "La Gaceta de Salamanca" de 3 de agosto de 2008, Don Antonio Casillas Muriel (referente a lo ocurrido en la Calle El Expolio, número 2 de la Capital Castellana, el día 31 de julio de 2.008)

Anónimo dijo...

Don César Antonio Molina se está portando bien con la culta ciudad de Salamanca, llevando abundante documentación al Centro de la Memoria Histórica