20 jul 2007

En poleiro alleo

Todos os nomes (Bieito Iglesias, ECG, 19 xullo)
Un inocente artigo de Bieito Iglesias sobre os nomes dos galegos e galegas provoca unha enxurrada de respostas na web de ECG, onde se mesturan os ataques a Zapatero, ó nacionalismo e ata o fútbol (cabe engadir que a maioría dos interpelantes na web deste xornal é, por dicilo suavemente, "moi conservadora").

A cidade máis novelada (Méndez Ferrín, FV, 20 xullo). De Ourense, Universo Literario e dun artigo de Bieito Iglesias en A Trabe de Ouro.

3 comentarios:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

No Faro de hoxe Ferrín pide desculpas por facer propaganda dun artigo de Bieito Iglesias sobre Ourense no último Trabe de Ouro. Pode ser glorioso.

Anónimo dijo...

Non sei qué é máis suave, se chamalos "moi conservadores" ou "interpelantes"

Marcos Valcárcel López dijo...

Un comentario sobre o artigo de Ferrín. Sospeito que o autor do artigo de PLANOS, aló por 1987?, "un meu amigo daqueles días", debía ser Manuel Guede. O mesmo concepto está presente, non sei de forma explícita, na magnífica presentación que Ferrín fai de "Pé das Burgas" en Xerais, 1988. Un ano despois fixemos en Sargadelos, Ourense, un debate sobre este mesmo tema, convocado polo Clube Cultural Alexandre Bóveda: na mesa lembro presentes a Ferrín, Guede e eu mesmo (e creo que outra persoa máis, Fernández Naval?: tería que consultalo).
Outro dato máis: o 16 de xaneiro do 2000 iniciei eu unha sección dominical, en La Región, sobre os escritores ourensáns do século XX: co título Ourense, Universo Literario. Durou ata xullo do 2001 (77 entregas). A mesma serie, algo ampliada e mellorada, saiu en GALICIA HOXE, entre 2003 e 2005, tamén os domingos, en 82 entregas. A primeira entrega de cada serie foi dedicada a don Ramón Otero Pedrayo.

vie jul 20, 05:58:00 PM