SER DEUS SERÍA ABURRIDO...
La Región, páxs. opinión, 16 xullo
La Región, páxs. opinión, 16 xullo
(A imaxe, da arte precolombina, para non contrariar as expectativas erotizantes que nos atribúen os compañeiros arroutados. No xornal vai unha imaxe de Tamara de Lempicka, para non asustar o público lector)
Sen ter nunca nada que descubrir, ser Deus sería moi aburrido, dixo nunha ocasión Stephen Hawking, unha das grandes cabezas da ciencia do noso tempo. Anque coñecemos mellor que nunca o Universo e o seu funcionamento, “quizais nunca academos o final da nosa aventura para unha completa comprensión do Universo”, engadiu o mesmo científico. E dicía alegrarse desta limitación porque así a ciencia seguirá a ser por moitos anos unha aventura apaixonante: moito máis, por suposto, para os pobres burriños que andamos a ras de terra, sempre apampados ante a inmensidade dos nosos descoñecementos.
Unha aventura que sería digna de servir como argumento á mellor historia de ciencia-ficción: dous físicos de California descubriron que as cinco grandes extincións biolóxicas, que marcaron o ritmo da biodiversidade da Terra, seguiron ciclos exactos de 62 millóns de anos (millón enriba ou abaixo, pero mira ti…). Coma se houbese un reloxo programado nalgures a conducir os fíos do mundo como imaxinaban os mitos primitivos. Segundo estes cálculos nuns cinco millóns de anos habería problemas… Pero nin Hawking nin eu, sospeito, estaremos daquela aquí para contalo. Nin vostede, lector.
Erotismo e riqueza da lingua. “Se non imos todos xuntos, imos ao carallo”, dixo hai uns anos un relevante político galego nun acto electoral. O que pon de relevo a riqueza polisémica deste concepto na nosa lingua, desde tempos ben antigos: o noso trobador medieval Fernando Esquío xa xogou no seu día, nunha das súas cantigas satíricas, coa diferencia entre estar “encaralhado” (potente sexualmente) ou “escaralhado” (impotente), dúas cousas ben distintas só con cambiar unha letra, como sabía o frade protagonista do poema, ao que lle chegaban a parir tres mulleres nun día “e outras muytas prenhadas que ten...”
Os poetas medievais usaron derivados tan transparentes como “caralhote” e “caralho francés” ou “caralho de mesa”, curiosos artiluxios estes últimos que nos revelan que a modernización tecnolóxica no mundo do erotismo ten moitos séculos enriba. Por non falar desa acción que vostedes están pensando “a caralho cheo”, en expresión do escarnio trobadoresco de Estevan da Guarda que conta da precocidade dun neno mouro “que ja fod´este mouro a caralho cheo”.
A familia semántica do concepto citado é aínda maior: hai que engadir , entre outras, formas como “ben”, “cavalo”, “peón”, “pisso” e “rabo”, todas elas rexistradas na “Antoloxía de poesía obscena dos trobadores galego-portugueses” de Xosé Bieito Arias Freixedo (Ed. Positivas, 1993). Son as cousas da riqueza do idioma. O certo é que non só entre os políticos andan moitos “encaralhados” e outros “escaralhados”...

23 comentarios:
Joer,Marcos,por qué non lhe puxo esa imaxe na Rexión.Subirían as vendas do xornal,e o nivel do mesmo ,que lhe está facendo moita falha,sábeo bén. Xa lho dixeron a vostede cando se cambióu dende a Voz: "...pois anda que pra onde vas..."
Mr Trolh ágrapho
(Vou tér que cambear de nick,que parece que non lhe gosta a XM Glz, e os seus desexos son ordes pra mín...)
Pois ten vostede razón que o do erotismo ven de moi atrás. O asunto erótico resulta divertido, suxerente e ás veces, como no caso dos "escaralhados", hilarante. Concordo co anónimo niso de que cunha imaxe destas faría subir as ventas da Rexión¡
Non sei se subirían moito as vendas, xa que o carallo que nos ofrece aquí o señor Valcárcel parece amosar máis tendencia ao "escaralle" que ao "encaralle". Quen ten unhas magníficas imaxes de carallas precolombinas, concretamente mochicas, é a señorita Lourixe. Podía pasarlle algunha.
Moi ben o de "caralha",leituga.Non é o mesmo "caralho" que "caralha":DDD
(Caralha é cando non pode encaralhar)
Mr Trolh
Falócratas!!!
As metáforas nas que imtervén o nome de Deus son moi frecuentes entre os creadores da física fundamental e dos filósofos.Xa conhecen "Deus non xoga ós dados",do Einstein,ou o "Deus morréu" de Nietzsche.Hai moitas máis,nas que para nada se considera irreverente ou usado en vao ,senón con profundo senso.Non séi como andará o "saber popular" galego neste asunto...
Mr trolh ágrapho...
Canto rebunbio montan por unha simple escultura de madeira (e ademais flácida, como ben apuntaba o señor Leituga 1).
A natureza imita ó arte:
phallus impudicus
Mr Trolh
... de madeira ou de terracota, que non apercibo ben.
Dubido moito que La Región ou outros xornais poidan publicar hoxe por hoxe imaxes como esta: quizais me equivoque, haberá que probar algún día. Por suposto, había outras máis impúdicas aínda, sen saír do terreo artístico, pero tampouco quería sobrepasar demasiado os extremos do bon gusto (quizais fago mal). Vexo que os/as lectores/as entenderon a pertinencia da imaxe. Moi simpática por certo, a ligazón do sr. Troll: na natureza ademais semella que predominan os "encarallados".
Graciñas pola recomendación, Sr. Leituga, a verdade que o meu non ten ciencia ningunha: basta con poñer no buscador de imaxes do google as palabras "moche" ou "mochica", "pottery" ou "ceramic" e escoller. Se cadra mesmo poden procurar algunha de saldo aquí
Fai anos salíu no PAÏS unha escultura,non seí se de Ramón Conde ou de quén,desas que se lhe ve o "pirindolo" á figura.Vense moitas veces sen ningún tipo de censura.Pero nesa foto do PAÍS salían dúas rapaciñas mirándolhe con curiosidade o pirindolo a escultura, e unha delas colhíao coa man.A foto era simpática e foi publicada sen problema...
Mr Trolh
Se ser deus é aburrido, pouco menos debe ser ser (sáeme o ser por todas partes) filósofo e atopar a pedra filosofal. Inebitabelmente deixaría de filosofar. Ao menos que alguén encontre de seguido outra.
Jimi de Rairo
...Érase dun carpinteiro que co seu "lápiz" desexaba facer da vida amor, e atopou no óleo dunha dama a bondade que buscaba
Para non seguir polas ramas, imos por uvas:
Luzia Sánchez, jazedes en gran falha
comigo, que non fodo mais nemigalha
d' ûa vez; e, pois fodo, se Deus mi valha,
fiqu' end' afrontado ben por tercer dia.
Par Deus, Luzia Sánchez, Dona Luzia,
se eu foder-vos podesse, foder-vos-ia.
Vejo-vos jazer migo muit' agravada,
Luzia Sánchez, por que non fodo nada;
mais, se eu vos per i ouvesse pagada,
pois eu foder non posso, peer-vos-ia.
Par Deus, Luzia Sánchez, Dona Luzia,
se eu foder-vos podesse, foder-vos-ia.
Deu-mi o Demo esta pissuça cativa,
que já non pode sol cospir a saíva
e, de pran, semelha mais morta ca viva,
e, se lh' ardess' a casa, non s' ergeria.
Par Deus, Luzia Sánchez, Dona Luzia,
se eu foder-vos podesse, foder-vos-ia.
Deitaron-vos comigo os meus pecados;
cuidades de mi preitos tan desguisados,
cuidades dos colhões, que tragu' inchados,
ca o son con foder e con maloutia.
Par Deus, Luzia Sánchez, Dona Luzia,
se eu foder-vos podesse, foder-vos-ia.
(Johan Soarez Coelho)
(Sr. Troll: dicía o de mudar o apelativo porque fun eu quen llo puxen, e hai tempo que a atribución ficou claramente desmentida. Pero faga a súa comodidade, e supoño falar no nome de todos).
OK,Sr.XM Glz.
Entón vóume chamar mmm ... mmm.. Cacográfico
Se alguén tén alguma coisa que dicer que o diga agora,etc.
Cacógráfico (Former Mr Trolh ágrapho...)
(Estoulhe dando voltas na cabeÇa a uma bonita frase que venho de ler (noutra lingua):"Había tanto silencio,que parecía que alguén estaba escoitando...")
A min o de "Mr Trolh ágrapho" gústame moito. Ten un punto estrafalario, ácrata, lateral e anómico que medio me encaralla.
Síntoo moito,Leituga1.XM mo déu,XM mo quitóu,ben-dito sexa o XM...
Cacográfico
O sr. Troll Ágrafo é moi dono de escoller o nome que el prefira, de manter o que lle puxo XMG ou de inventar outro. Certo que agora é un Troll "integrado" e ben acollido nesta casa. Por aquí, por terras aurienses, tivemos un Troll do XIX realmente magnífico: o XOÁN DA COBA, do Trampitán, do que escribiron Casares, Alonso, Torrente, etc. Velaí un nick ben enxebre. Pero Mr. Troll é moi libre de acollerse ó que el queira.
Graciñas polo de lateral,Sr leituga1.Maxino que vostede díxoo no senso do "pensamento lateral",pero é que eu entre tanta "torre" e algunha que outra "dama" que hai no blog,sentiríame cómodo como "alfil",pero témome que non paso de peón.Eso sí,coa vista posta na fila oito...
Xoan da Coba
Se me permite un consello, amigo Troll. Cacográfico ou Xan da Coba, unha vez que elixa nome, non fai falta que os seus escritos aparezan encabezados como Anónimo. Explícollo.
Abaixo, onde pon Elixir unha indentidade, o que ten que facer é picar en Outros, e non en Anónimo. Logo aparece un recadro para que poña o seu nome nel. E este nome é o que aparece logo encabezando o texto.
Un saúdo.
Pois si, o de "lateral" dicíallo polo seu xeito peculiar, nada previsible e ao tempo chispeante e intelixente, que ten vostede de abrodar algúns temas. Lémbrame vostede a un señor que coñecín en arroutadas e que se chamaba Remo.
Boeno,vostede sabe que hai moitas maneiras de pensar,non senso de buscar soluzón as cuestións.As veces pénsasé melhor dándolhe a volta ó problema, da soluzón marcha atrás...etc...
As minhas leitugas de xuventude(perdón,lecturas),entre outras,foron unhos tales Martin Gardner,Polya,Bourbaki,etc...A Galicia fáltalhe un xenio matemático.Podería haber sido o Suarez Canal,pero colhéu outro caminho.Canal: O Cleto farmacéutico moito che debe de axudarlhe a facer os problemas de Älxebra Lineal...
Publicar un comentario