Imitación á vida (Douglas Sirk)
Revisitada onte, despois de moitos, moitos anos (en 1982-1983 TVE programou un completísimo ciclo Douglas Sirk, lembran?: Escrito sobre o vento; Só o ceo o sabe; Os pilares da sociedade; Orgullo de raza; Himno de batalla..., así ata un mínimo de 15 películas.
Segue sendo unha obra mestra (na imaxe Lana Turner e Juanita Moore). Para min, inconmensurable. Unha auténtica lección de cine do primeiro ó último plano. Só a escena do enterro de JuanitaMoore, a criada negra, xa xustifica per se toda a película: dan ganas ata de morrer se a un lle fan unha cirimonia tan emocionante e emocionada coma esa.
Obra cumio do melodrama como xénero. Sen ningunha dúbida. Houbo un tempo, xa saben, en que a obra de D. Sirk era mal vista dende certa progresía, como un cine demasiado convencional e comercial. Queda algo coa forza expresiva, e tamén coa mensaxe antiracismo, de Imitación á vida (1958), a case cincuenta anos de distancia (o meu ano natal, mira ti).
Á miña filla tamén lle encantou e protesta, con razón, porque hoxe estas películas xa non se poden ver nas televisións, hai que buscalas en DVD: é o que saímos perdendo...
6 comentarios:
Sempre lembrarei rodeada de panos cheos de bágoas esa escena do enterro tal e como ela a desexara. E á súa filla desclasada, desexosa de medrar a costa de renunciar.
Que filme!!!
Agora xa hai tempo que non a vexo, que ganas me meteu o seu post de repetir.
Recordo que foi unha das primeiras películas que gravei en VHS.
Lémbroa vagamente. Mañá vou ver se a pillo no Corte Inglés.
É a película favorita de P. Almodóvar. Un bo exercicio intelectual sería o de ver as pelis de Douglas Sirk despois de ver as de Almodóvar. Pero moito recelo que, desde os estudios culturais, xa o fixeran.
Esta extraordinaria película -melodrama en estado puro- debína ver tres ou catro veces en toda a miña vida. E todas na TV.
Recordo a Douglas Sirk coas s�as lentes afumadas en Malib� Beach, falando do seu arte fronte a ese Oc�ano Pacifico, cargado de color e pano de fondo dalg�n dos dramas que deixou entre os mellores do cine do s�culo XX.
Ós que vedes moitas pilículas ténhenvos embobados,por que moitos cambios de plano,variaciós lumínicas,cambios no volume sonoro etc.,incorporan sofisticadas técnicas de Hipnose...
(É brincadeira.Non mo censuredes.Ou cicáis non é moito brincar...)
Publicar un comentario