Escribir coa alma (Tennessee Williams)
Andoliña 18 xullo
Dicía Arthur Miller, lembrando a primeira vez que viu a Elia Kazan dirixir no teatro Un tranvía chamado desexo (A Streetcar Named Desire), que esta obra dramática de Tennessee Williams estaba escrita coa alma: "Os seus diálogos fluían da alma. A alma dun autor, unha voz singular, envolvía o escenario case milagrosamente".
A Editorial Alba acaba de publicar en dous volumes catro obras moi relevantes do dramaturgo norteamericano: O zoo de cristal, ó carón de Un tranvía chamado desexo e Unha gata sobre un tellado de zinc, esta xunto con Unha análise perfecta feita por un loro. Obras que moitos lectores/as coñecerán polas diferentes versións levadas ó cine, pero que se agrandan aínda máis na palabra sempre viva do escritor.
Artista maldito, homosexual, neurótico, alcohólico, Williams pertence a esa categoría de grandes clásicos da contemporaneidade como Arthur Miller, Norman Mailer, Truman Capote ou Susan Sontang. Paga a pena achegarse ás súas obras e reencontrar a tenrura violada de personaxes con tanta forza expresiva como Blanche, que no cine interpretou Vivien Leigh: "Podo ulir o mar. Vou pasar o que me queda de vida xunto ó mar e, cando morra, vou morrer no mar".
BLANCHE: Puedo oler el mar. Voy a pasar lo que me queda de vida junto al mar y, cuando muera, voy a morir en el mar. ¿Sabéis de qué voy a morirme? (Coge una uva.) Voy a morirme por comer una uva sin lavar que me voy a encontrar en el mar. Voy a morirme… cogiendo la mano al médico del barco, a un médico muy joven y muy guapo con un bigote rubio y un gran reloj de plata. “Pobre dama –dirán-, la quinina no le ha servido de nada. Esa uva sin lavar ha transportado su alma hasta el cielo.” (Se oyen las campanas de la catedral.) Y me enterrarán en el mar, metida en un saco blanco que echarán por la borda, a mediodía, en pleno verano, ¡a un mar azul (vuelven a oírse las campanas) como los ojos de mi primer amor!
Ao oír por vez primeira Un tranvía –e a diferenza do que sucedeu con outras que seguiron ó longo dos anos, un verdadeiramente oía cada palabra da primeira posta en escena- non se tiña a impresión que deixan o enxeño ou o poético, senón a de que os seus diálogos fluían da alma. A alma dun autor, unha voz singular, envolvía o escenario case milagrosamente. E, sen embargo, de xeito asombroso, a fala de cada un dos personaxes parecía tamén propia; en vez de estar atados ás necesidades argumentais da obra, todos parecían libres para manifestar os seus “eus” contraditorios. Por suposto, ó mesmo tempo, a historia avanzaba inexorablemente segundo a forma, como mínimo soberbia, que lle deu a man de Kazan. De feito, aquela posta en escena foi o froito máis espléndido da extinta pero longa e intensa investigación – durou dez anos- do Group Theatre sobre o método Stanislavski, un xeito de realismo tan fondamente sentido que era capaz de manifestarse como estilización. Os diálogos de Williams, por coloridos e cheos de imaxinería que estean, xamais deixan que a historia se difumine: moi pola contra, impúlsana continuamente cara diante.
(Arthur Miller relembrando a primeira visión da obra no teatro, en versión de Elia Kazan)
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
5 comentarios:
Alguén debería falar de Marlon Brando en camiseta sudada, non?
A mín sen embargo o teatro de Williams sempre me pareceu moi melodramático de máis, un pouco ou moi histriónico, cos persoaxes ao límite. A mín non me interesan moito ese tipo de historias e, por iso, fanseme indixestas as interpretacións (por moito stanislawski), por suposto a de Marlon Brando en primeiro lugar, con suor, camiseta e todo. E creo, ademáis, que o teatro de Williams resiste mal o paso do tempo.
O curioso é que o amigo Valcárcel foi coller a dous artistas para estes posts ben controvertidos: Hergé e Kazan.
Si, si que era melodramatico.
Pero a arte é o que ten: se os personaxes non poideran levarse ao extremo, estariamos amputando unha das patas da creación literaria e artística.
Se só pode haber viaxantes de comercio, mal imos.
Pois si, debo levar uns días algo melodramático: Douglas Sirk e Tennessee Williams, vaia combinación. Pero a forza expresiva destas películas e pezas dramáticas, para min, segue plenamente viva, á marxe da actualidade dos seus contidos (que persiste: os malos tratos en "Un tranvía...") ou da súa estética concreta. Dalgún xeito, e creo que isto o dixo nalgures Román Gubern, o melodrama é unha versión actualizada da gran traxedia clásica grecolatina... Velaí unha das claves da súa pervivencia.
Saben vostedes moi ben o que quero dicir con melo de máis ou con histriónico e con levar ás persoaxes ao límite. Que o melodrama (como a traxedia grega) sexa necesario (ou máis ben catártico) ninguén o dubida, pero que os persoaxes berren, vivan unha vida atormentadísima da que non son capaces de saír (o fatum é sustituido nestes filmes por unha forza inexplicable, que para mín resulta agora mesmo inverosímil), que repriman o seu sexo ata o paroxismo (gracias APC polo préstamo), pois xa é moito para remontar. Unha etapa raíña por Tour está ben, pero todas as etapas...
Publicar un comentario