Canción francesa
Segundo me informa un dos meus compañeiros de instituto (J.M. Fidalgo, de Francés), este é un dos cantantes de moda na Francia irmá. Cantou o 14 de xullo no Campo de Marte, convidado por Sarkozy, ante unhas seiscentas mil persoas.
Velaí un video, que me envia o amigo Tacho:
Michel Polnareff - La poupee qui fait non
http://www.youtube.com/watch?v=ew40aVf88ac&mode=related&search=
(A min persoalmente non me gusta, sobre todo despois de escoitar as ligazóns dos amigos de Frank Sinatra. Pero...)
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 1 semana
71 comentarios:
Deseguro lembran esta outra boneca.Por certo ¡como desafina!
poupée de cire
Para os angófilos irredentos escoitarmos o rock (ou cousa moderna, fóra do clásico Piaf, Aznavour, Montand, Becaud, Greco, ou Brassens e o afillado Brel) en francés é esforzo vano. Prefiro mesmo a Chevalier que a Halliday (lido alidái).
Literatura: tanto en inglés como en francés, aínda que francesa do XIX supera á británica/americana.
Música: aquí toda a música en inglés, empezando polo jazz e terminando polo rocanrol, dálle mil voltas á francesa. Por poñer un exemplo, non se pode comparar a gorgoriñante voz de pito cebado de Chevalier, acaompañada de trescentos mil acordeóns, coa voz suave, atercipelada, de Billie Halliday, de Ella Fitzgerald, de Bessie Smith, de Sarah Vaughan nun fondo de contrabaixo, batería, saxos e trompetas...
Nem ponto de comparazón!
Vaia,M.Swann,non se pode decir que teña vostede mal gusto musical,non...
Tamén é certo que a música francesa de calidade,que a hai,non é tan coñecida.
Este señor é bastante comercial,pero tén algunhas boas,mesmo de jazz.Enlazo esta pola letra,que a música non ten nada de particular.
il changeait la vie
Esta é a letra,de seguro lle gostará ós que sexan mestres:
letra
Eu, como se poderá entender, non falo da Billie Holiday, senón de Johnny Halliday, ese espantallo de coiro que está exilado fiscalmente (como tantos outros) en Suíza e representante xenuino do r&r galo, un oxymoron semellante ao célebre de "pensamento navarro", con perdón. O Maurice Chevalier aínda lle petaba ao mel con mel coa súa imaxe de rancio chansonnier: unha marca de época. Halliday, nen iso.
A Chevalier poñíano nas películas a cantar pois descubriron que as donas anglo-americanas ficaban ao escoitar a aquel cara de acelga falando nun inglés cun acento tan romántico...
Rancio, rancio o estilo de Chevalier. Recordo un musical, "Gigi", dirixido por Vincent Minelli, na que "traballaba" (como se dicía antes) Leslie Caron, "a la sazón" muller ou amante do director. Pois ben, estes dous formaban parela, e os adxectivos que me veñen ámente para describir a película son manteigoso, acaramelado, meloso (con perdón de apicultor), chiclesco, marmeladento...
Onde estean musicais como "My Fair Lady", ou "On the town", ou "Singing in the rain"...
Vaia, vaia, menos desprezo. Persoalmente encontro extremadamente difícil superar isto.
De agora góstame moito Pauline Croze, e por suposto Carla Bruni.
Estou de novo con XMG. Pensei que ninguén se ía acordar de EDITH PIAF. E dos musicais, a propósito do comentario de M.Swan, é un xénero co que sempre tiven distancias pero salvo, por suposto, MY FAIR LADY, e ademais CANTANDO BAJO LA LLUVIA, e das novas WEST SIDE STORY.
Gustarán máis ou menos o estilo e as persoas, pero a lírica francesa é impresionante.
Que teña que ser eu que me acorde de este...
moustaki
Esta tamén ten algo que ver coa chuvia.Como sodes tan cinéfilos,lembrades de seguro de qué película é.
raindrops
PECADO MORTAL ESQUECER A Moustaqui. Ten vostede tanta razón...
Tres estilos distintos pero impecables nos seus xéneros:
samba-jazz
jazz modal
e agora
o tema pop perfecto, con dous baixos, batería, percusión, piano, órgano, acordeón, clarinetes, flautas, saxos, tubas, violíns, violas e celos"
Home, non é esquecelo, era non mesturar demasiado. Vaian, logo, este, este, este...
�Jazz modal! E adem�is con dous monstruos...
x�nico,d�rico,frixio,lidio,mixolidio,e�lico,locrio...�� a primeira vez que os escribo en galego!
Marcel Swann,parece que entende vostede de m�sica m�is do que parece...
Hoxe ter boa ou mala reputación xa non lle importa a ninguén... Con que teñas pasta, unha dose de cinismo, algo de poder, e te comportes coma un cabrón... como di meu pai "aínda parece que eres máis bo e tes máis amigos"
Non era isto, compañeiros, non era isto...
Eu,cando digo que alguén é un cabrón,quero decir que é máis cabrón ca mín.Termos relativos,sempre.
Magníficas letras, pero a música e a interpretación parecen feitas por unnha gavilla de gatos urbanos escaldados, deprimidos e soedosos
Nos seus principios como músico,Coltrane e os seus amigos turnábanse pra ir roubar partituras ás librerías.Como eran roubadas,tampouco podian escoller moito.Pillaban a que podían.Dunha vez,Coltrane roubóu unha e vírono.Saeron correndo tras él,pero escapóu.Cando chegóu onde estaban os outros,díxolles:non podemos ir roubar máis alá,que me pillaron.Dixéronnlle:a ver si polo menos tras algo bó.Sacóu o papel i era unha escala,unha puñetera escala.Rarísima.Chamábase "disminuida" i era usada por Stravinski.Os amigos de Coltrane decepcionáronse moito,pero él dixo:esto é o que hai.Hai que lle sacar partido...
Nesa escala basease moitísimo do jazz que evoluíu dende ese momento.Todo por que non puderan roubar outra cousa...
Se relen o meu primeiro comentario, verán que xa mentei a Piaf, unha das máis grandes. Eu só falei do r&r e variantes modernas e a súa imposible aclimatación nas tres partes da Galia. Da chanson destaquei aos máis grandes: Moustaki non era francés, que era meteco ou maketo ou txarnego ou foráneo: polo menos eso cantaba. Claro que París tampouco é a Francia. París élles de todos.
En efecto,Moustaqui era de Alexandría.E ,tal e como confesa nas súas memorias,foi amante de Edith Piaf,quen o catapultóu no mundo musical.
Non hai por que menosprezar a ningunha música que teña un mínimo de calidade ou de calidez. Eu sónlles ecléctico en case todo, e musicalmente tamén. Pero encántanme as cancións tradicionais francesas tocadas co "orgue de barbarie" (dise así ou non?).
Georges Moustaki pertence á música francesa como José-Maria de Heredia á poesía francesa. Lamento non dar cun vídeo de "Rinôçérôse" con decente funcionamento; é un grupo de Montpellier (Galia d'oc) que estivera no San Froilám ha de haber cinco ou seis anos. E Swann, paréceme que nunca tan lonxe estiven de afirmación súa, postas de lado diatribas que quedan totalmente excluídas.
Admiro moito a Miles Davis. Pero un home, unha guitarra e un escenario son contexto valoroso que teño en moi alta estima; verdade é que hai biografía polo medio.
Falando do orgue de barbarie, qué fermosa soa "Sous le ciel de Paris" tocada con el (ou, no seu defecto, con acordeón).
Xa non lembro como se puñan os enlaces: algunha alma caritativa que mo poida indicar?
Enlaces: TEXTO PORTADOR DO HIPERVÍNCULO.
Como non me admite indicalo nunha única mensaxe, a ver se con varias: Empeza con
<
Segue con
a href="
Despois insírese o enderezo URL completo (http...).
A continuación
">
Despois, o texto portador do hipervínculo.
Despois
<
Segue
/a
Remata con
>
É todo seguido, sen espaciar. Lamento o abuso de espazo, non me aceptou outras opcións de envío.
Vaia.O Sr.XM Glz. ven de experimentar nas súas propias carnes os problemas e as paradoxas das expresiós autoreferenciales.XDDDD
Moitísimas grazas, amigo González. É vostede encantador. E a ver se esta fin de semana non lle chove no San Froilán!
(Iría encantado a tomar o polbo con todos os amigos lucenses, mais circunstancias varias impiden que me achegue. Pero moitas grazas polo convite -a escote, supoño- e por acordarse de todos nós. Outras ocasións haberá, sen dúbida)
Unha canción especialmente dedicada ao amigo González, polo detalle que tivo comigo. Non está interpretada con orgue de barbarie, pero si con acordeón e cantada por Juliette Greco. As imaxes en branco e negro.
Sous le ciel de Paris
Pode que lles soe esta.Fixo unha versión en español Dyango,fai anos.Música do montón,letra interesante.
Comme toi
Esta pode que lle goste algo máis a M.Swann(polo menos usa dominantes secundarios).Mágoa que sexa a versión dun afecionado cunha guitarra e son caseiro.Non atopéi a orixinal.Pero así góstalle tamén a XM Glz.
Doce
Esta canción e esta delicadísima intérprete han poñer nostálxicos aos amigos que teñan -ou estean chegando a- unha idade provecta:
François Hardy
Esta vai dedicada á señorita Lourixe, para celebrar a súa volta a este blog:
Message Personnel
� final hai que pasarse � ingl�s pra seguirvos querendo igual tal como sodes
just the way you are
Houbo un fallo:
agora sí
Non vou caer no fácil de poñela de noviña e coa célebre e ardorosa canción. Prefiro poñela na súa recente e espléndida madurez e cunha recreación arabizante e en directo dunha vella canción que aparece no seu delicioso disco "Arabesque". Mágoa que só se vexa a portada do disco. Pero escoitena con atención, que paga a pena.
Jane Birkin
Amigo XDC, esa canción gústame moitísimo na versión da marabillosa Diana Krall.
Sinto que as miñas diatribas o amolasen, sr. gonzález [un mal día teno calquera]. Deduzo que tamén outras, o que xa me preocupa máis.
Ah, que placidez, que relax, que noite máis prometedora.
Máis Diana Krall: The Look of Love.
Moitas grazas pola "mensaxe", señor Apicultor. Non podo crer que non se vaia achegar á Feira do Mel que teremos en Lugo este domingo (eu tampouco podo, traballo ese día na Coruña). Espero que non lles importe que siga escoitando as súas escolmas musicais de épocas pretéritas. ;-)
Dyango. Mamma mia. Que grande!
Esquecimos ao gran Luis Mariano.
ABRAIADO deixáronme hoxe vostedes. Saín dar un paseo por Ourense e á volta encóntrome con case 50 mensaxes e unha amplísima escolma de musica excepcional, sobre todo francesa: teño para gozar dela durante toda a fin de semana. E comigo todos os lectores/as. Saúde melómanos!!!
Joer,Apicultor,esa de "comme te dire adieu" (e outras moitas destas) tíñaa eu en vinilo de 45 rpm.Xa chovéu.
Por certo,era a cara B.A cara A,xa sabe, aquela que vostede bailaba moi agarrado,moi agarrado: "Je t`aime,moi non plua" .Raro que ninguén a enlazara...
Non a enlacei din máis arriba as razóns: "Non vou caer no fácil de poñela de noviña e coa célebre e ardorosa canción".
Poñédesme tan louco,que hasta soño con vos.Soñéi que informaba a Apicultor do xeito de facer o enlace directo.¿Cómo?.Escribíalle os caracteres da expresión un por un,pero en sentido inverso,e que os escribira o revés,pra "decodificar".
E despois, nese soño, invitábao a unhas cervexas, nonsi?
Efectivamente,Apicultor.Nos fins de mes,sempre soño que me invitan.
Canto do París clásico do século XX se encontrará aínda? Desde que souben que Londres perdeu, seica, o pea soup, cavilo ás veces sobre a permanencia deses grandes tópicos urbanos. Admitido que Nôtre-Dame e a Eiffel fican, ¿segue habendo, por exemplo, bateaux-mouche?
En efecto, acabo de visualizar e escoitar a Juliette Greco, grazas ao presente do Apicultor que agradezo, xunto con todos os demais. Sempre nos quedará o Youtube.
Esta dedícolla a todos vostedes.O vídeo non ten relazón,pero a canción é "la plage" de Marie Laforet.
a praia
Esta,tamén fala da praia:
Aline
Esta,pró lento:
Miña Vida
Esta,especialmente pra Arume d.p.
Capri,acabóuse
Atención a esta:
Chora o teléfono
Vou parando,senón...
Había unha versión desta última de Domenico Modugno. Pero mentar a Modugno a estas horas da noite é mentar ao número un. In-comparable.
Vooooolaaaaaareee, uo, uo
caaaaaantaaaareee, uo, uo,
nel blu dipinto di blu.
Encore...
Nous parlions ici,il y a quelques jours,de comp�tence entre chansons francaises et chansons am�ricaines.Il faut n�oublier l�origine de cette chanson...
� meu xeito
De Salvatore Adamo hai moitas en iutube.Escollo esta que deseguro que lembran tamén en español (...con mi corrazón...en bandolerra...)
có meu corazón en bandoleira
A ver, señores, que xa está ben de tanta carrocería!
Por que non veñen dar unha volta co seu buga pola Autopista cara o Inferno?
Esta está especialmente dedicada a Jimmy de Rairo:
Canción sorpresa que só se saberá se se pincha aquí
A qué ven tanta presa por chegar ó inferno,apicultor.En vez de autopista,deixémolo en
estrada ó inferno
Esta,instrumental, dedícolla a Marcel Swann.¡É un home,soliño,cunha guitarriña...!
Martin Taylor,Georgia non meu pensamento
Unha dixitación perfecta!
Tamén estaba moi ben a versión, algo máis rocker e cunha única guitarra, que facía Ariel Rot nun disco que saira hai uns anos nos que varios guitarristas españois e asimilados recreaban clásicos.
Velaí unhas confesións:
Confesións dun comedor de pizza
Poñan o volume a tope!
A estas horas o que todos necesitamos é Un trago para podernos estabilizar.
Publicar un comentario