cen anos de historia cultural
1976: CON PÓLVORA E MAGNOLIAS
Se o ano 1975 foi importante para as nosas letras, sobre todo na narrativa, o 1976, xa morto o ditador, foino para a poesía. De feito en todos os estudos sinálase esta data como fulcral na renovación lírica pola aparición de Con pólvora e magnolias, de Xosé Luís Méndez Ferrín, e tamén de Mesteres, de Arcadio López-Casanova, versos de cadencia salmódica e litúrxica, e aínda de Seraogna, magnífico libro do quizais algo esquecido Afonso Pexegueiro. O poemario de Ferrín aborda os grandes temas da literatura universal vistos desde Galicia: o paso do tempo e a nostalxia ("Triste Stephen"), o amor e o erotismo ("Posturas para copular en homenaxe"), as raíces da patria (o celtismo), a revolución ("Reclamo a liberdade pró meu pobo") e mesmo a derrota e o asasinato fascista dos militantes republicanos e galeguistas ("En Compostela pode un home..."). Versos de amor e loita cunha forma preciosista e experimental, inzada de referencias culturais, xestos vangardistas e inquedanza universalista.
(...) No campo musical Bibiano publicaba o seu primeiro disco, Estamos chegando ó mar, con textos propios, de Novoneyra e de Vázquez Pintor e a famosa canción "O can (de palleiro)", que nas asembleas universitarias se cantaba cambiando un pouquiño o seu refrán: "Abaixo a dentadura", xa poden imaxinar o cambio. Amancio Prada publicaba Caravel de Caraveles, baseada na música popular galega, acompañado de Alejandro Massó e Eduardo Gasttinoni, e nacía o grupo Roi Xordo, integrado polo Movemento Popular da Canción Galega e por "Bem-Virá": Romaní, A. Seoane, Pi da Bahía, Ze Luís e Quico de Cariño, música folc-rock con acentos reivindicativos.
Foi 1976 un ano fundamental en moitos aspectos. O gran dinamismo da sociedade, que conquistaba de vagariño a democracia, manifestouse nunha morea de iniciativas políticas, sociais e culturais. O 5 de xaneiro fundábase o Consello de Forzas Políticas Galegas, composto pola UPG, o PSG e o PGSD. Noámbito estatal creábase a Federación de Partidos Socialistas, na que se integraba o Partido Socialista Galego (PSG). En xullo nacía a Táboa Democrática de Galicia, que agrupaba varios partidos estatais de esquerda, e en outubro, na Coruña, a Asamblea Popular Galega, escisión da AN-PG nacionalista que viña funcionando había uns meses. Tamén nese ano nacía a Intersindical Nacional Galega (ING), encallaba o petroleiro Urquiola na ría da Coruña, empezaban as loitas contra a expropiación das terras dos labregos nas Encrobas e tamén as obras da Autoestrada do Atlántico. Nun consello de ministros celebrado na Coruña e presidido polo rei Juan Carlos, o Goberno aprobaba a demandada Amnistía para os delitos políticos e de opinión. Nese mesmo ano nacía a asociación ecoloxista Adega, con nomes como González Laxe e Xosé M. Beiras entre os seus promotores; a Asociación Sociopedagóxica Galega (ASPG) e a feminista Asociación Galega da Muller. Rexurdía o Ateneo de Ferrol; e nacían a Sociedade Galega de Historia Natural e a cultural Afonso Eans en Negreira. A Facultade de Económicas de Compostela pasaba dende o edificio de Fonseca a súa actual localización, despois de ser ocupada en varias ocasións por peches de universitarios.
(...)
Víctor Freixanes publicaba o seu primeiro libro, Unha ducia de galegos (Galaxia), toda unha redescuberta de Galicia dende o xornalismo literario: a memoria do país dende Otero Pedrayo e Luís Seoane ata Beiras, Ferrín, Alonso Montero e Carlos Casares. En xullo fundábase en Compostela o Museo do Pobo Galego, que abriría as súas portas poucos meses despois, tamén co pulo detrás de moitos intelectuais galeguistas e o apoio de figuras históricas como Xaquín Lorenzo e Antón Fraguas.
68 comentarios:
¿A S.G.H.N fundóuse ese ano?
Eu penséi que fora algo máis tarde.Anotárame na casa dun tal Villarino,na avda.de Bos aires de Ourense...
¿E ADEGA? se non lembro mal,fora no edificio do Auriense na Praza do Correxidor.Falaba unha rapaza moi guapa.
¡Onde irán esas miñas fichas!
Con Polvora e magnolias, que apreciei, bastante dispois da súa publicación, abriuse un novo espazo literario, unha forma intensa que emexía na lagoa contextual, na que daquela se encenagaba a nosa producción literaria. Foi unha contida e ilumintiva inspiración coa que expiraron de seguido tanto poetas, é unha marca, un sinal de altura no camiño aos cumios.
Unha Ducia de Galegos de Freixanes, debe ser o libro sobre Galicia quemais teño consultado, é un libro ao que sempre se volve, quizais porque a Galicia que entrevista Freixanes tiña voces moi potentes e o autor soubo, con moita intelixencia dirixilos cara o futuro.
Nas miñas fichas consta que a SGHN é tamén desas datas: Villarino foi un dos seus promotores, ourensán, efectivamente. A rapaza moi guapa que falou na Auriense, na fundación de Adega, podería ser unha mociña de ollos claros chamada Adela Figueroa, que segue hoxe vencellada á asociación...
Para min tamén foi fundamental UNHA DUCIA DE GALEGOS e podo confirmarlle que moitos historiadores e estudosos da nosa cultura aínda acoden a cotío a ese volume, polo seu valor testemuñal, o da palabra daqueles doce grandes galegos. Creo que lle fixera unha crítica xa daquela, un dos meus primeiros artigos nos xornais. E logo escribira en ANT outra moi gabanciosa das MEMORIAS DUN FUXIDO. O FRESCO, sobre 1980, historia dun guerrilleiro galego, preparadas tamén por Freixanes.
Por certo, abraia comprobar que foi daquela ducia de galegos e cantos xa non están connosco: Otero, Seoane, Blanco Amor, M.A. Araúxo, Casares,Celso Emilio, Paz Andrade, Ramón Piñeiro... Agora teño o libro traspapelado pero dos entrevistados, poucos deben quedar: Ferrín, Beiras, Alonso Montero, Xaime Illa Couto...
Podería ser,Adela.Tiña gafas i era delgada...
Eu referíame a fichas de afiliación.En Adega deixéi de pagar cuotas cando a vin politizada,copada polo Bloque.Na SGHN,cando tiven que ir estudar fora...
Por certo,lembro una anédota que me pasóu.Eu tiña melena,e as pintas xa as maxinan.Unha tarde detívome a policia "secreta",que me confundíu cun delincuante habitual,ladrón de pisos.Ao rexistrarme a carteira,viron o carné da SGHN,do Ateneo,da Sociedade Albor e algún máis...O policía falóu polo mancontro e dixo: "Non,este non pode ser,vouno deixar marchar..."
Recordo unhas palabras de Vítor Freixáns sobre "Unha ducia de galegos" durante un ciclo de conferencias sobre literatura galega celebrado hai moitos anos nunha cidade simpática cos seus visitantes. (Por certo, anunciara unha novela que logo non publicou)
Daquela, en 1976, Freixáns pensara en incluír entre esa ducia de entrevistados a Álvaro Cunqueiro, mais que non o fixera por aquilo da auto-censura e o que dirán, o que lamentaría profundamente máis tarde
E de facerse hoxe "Unha ducia de galegos", ¿quen se incluiría nese montonciño?. Supoño que pode haber dúas listas. Unha máis ou menos oficial, feita pola "Voz ou o "Correo", que incluiría a:
-Emilio Pérez Touriño
-Anxo Quintana
-Alberto Núñez Feijó
-José Luís Méndez López
-Amancio Ortega
-Adolfo Domínguez
-Rosalía Mera
-Manuel Rivas
-César Antonio Molina
-Ramón Villares
-Yolanda Castaño
-Luís Tosar
A outra, alternativa ma non troppo, estaría feita por, imaxinémonos, "Tempos Novos". Sería paritaria, claro. Incluiría a:
-Emilio Pérez Touriño
-Anxo Quintana
-José Luís Méndez López
-Manuel Rivas
-Ramón Villares
-Xosé Manuel Beiras
-Teresa Moure
-Uxía Senlle
-Mabel Ribera
-Chus Pato
-María Xosé Queizán
-Rosalía Mera
A lista "off-off" elaboraríaa "A Nosa Terra". Estaría integrada por:
-Anxo Quintana
-Jacinto Rey
-Miguel Barros
-Lois Diéguez
-Pilar García Negro
-Ánxela Bugallo
-Fernando Blanco
-Alfredo Suárez Canal
-Teresa Táboas
-Bautista Álvarez
-Xosé Manuel Eyré "Pucheiro"
-Superpiñeiro
É só un xogo. Non mo tomen demasiado a mal...
Un país é moito máis que os seus políticos i escritores ou outros artistas.Ademáis de moitos tipos empresarios,que son os que tiran de todo o carro,están os homes das ciencias e da tecnoloxía.Os profesores e profesionales de moitos sevicios.Incluso os relixiosos.
A mín parécenme moi sesgadas tódalas listas anteriores.Como esas listas cáseque sempre son feitas por xornáis,fannas con nomes próximos ó seu mundo...
Eu propoño unha lista desde "El País" (o seu):
1.- Emilio Pérez Touriño (por ser vós quien sois).
2.- César Antonio Molina (sector cultura galega).
3.- José Luis Méndez López (sector Caixa Galicia-Voz de Galicia-Fadesa-Fenosa)
4.-Francisco Vázquez Vázquez. (sector eclesial)
5.- Amancio Ortega. (sector téxtil)
6.- Suso de Toro. (sector literario)
7.- Antón Baamonde. (sector filosófico e columnista de El País)
8.- Dolores Villarino. (sector institucional)
9.- Pepiño Blanco. (sector propio)
10.- Isaac Díaz Pardo. (sector galeguista)
11.- Fernando González Lage. (sector económicas)
12. José Luis Rodriguez Zapatero. (sector vacacional e "La España Plural")
Ténme vostede moi mal catado.Nunca compro o pais.Cando o leo,é polo "Babelia" e suplementos culturales...
Se vivira nuha ínsula deserta e só poidera receber un xornal,sería a Voz.
A súa lista,máis que unha dúcia de galegos,paréceme unha dúcia de españóis de Galicia.
Salvo excepciós,claro
Ben mirado, a lista tamén ten un aire "Voz de Galicia" que tira para atrás. En fin, en qué estaría pensando...
Poden vostedes facer outras listas de unha ducia de galegos e depois as comparamos todas...
Poderiamos facer unha ducia de "Españoles por historia, europeos por cultura e galegos por nación".
Destes hai moitos.
Vou facer unha,tomando de entre os xa nomeados:
Anxo Quintana
Adolfo Domínguez
Manuel Rivas
Ramón Villares
Chus Pato
Paco Vázquez
Pilar García Negro
Isaac Díaz Pardo
Amancio Ortega
E añado:
Cristina Pato
María do Ceo
José lUis Baltar
Esqueceuse das mulleres, sr. Swan?
E sr. Xoán da Coba, por que non apunta algúns deses nomes, procedentes da ciencia e da tecnoloxía, que hoxe deberían integrar unha lista deste tipo?
Quizais demasiado ourensá a súa última lista, XDC: a metade dos citados/as viven e traballan en Ourense e quizais non teñan todos ese peso a nivel galego (ou poden deixar de telo: J.L. Baltar).
Ok,os tres derrardeiros,xa os puxen un pouco de brincadeira...logo fago outra.
Pra facer a lista vou imaxinar o enterro da cada un,a ver canta xente levaría.¿Cantos levarían ó país enteiro? Cantos terían que deixar pagado pulpo pra que lle foran? É brincadeira,tomádeo con senso do humor...
A miña dúacia é a seguinte:
Xose Luis Barreiro Rivas
Camilo Nogueira
Anxo Rei Ballesteros
Bieito Iglesias
Manolo Rivas
Victor Freixanes
Damian Villalaín
Ramón Villares
María Xose Queizan
Encarna Otero
Alfredo Suarez Canal
Marcos Valcarcel
Véxoo un pouco "pelotillero", amigo Jimmy.
E eu a vostede moi aguilloado, amigo apicultor, e asegúrolle que non é unha proxección. Frótese un pouco con Els dos, ás dez menos dez.
¿Ninguén mete ó Fraga?Pobriño...
Tamén observo que non metemos a ningén na diáspora...
Home, é que canta demasiado. Pero ao gusto de cada quen.
Amigo apicultor, entón quen non debería figurar na lista porque verdadeiramente non o merece?. Para min son todas pesoas moi relevantes na cultura galega, que teñen moito que dicir e que apuntar cara ó futuro. Quen desa lista está por puro favoritismo meu?
A mín gostaríame diferenciar cantos dos méritos dos nomeados,e de outros,son méritos deles ou son meras obligaciós do cargo.Nese aspecto,posiblemente Marcos lles daría un bó repaso a máis de un.Por poñer un exemplo na diáspora ¿Qué opinades de alguén como,p.ex.,Sotelo Blanco que todo o que fai por Galiza,moito ou pouco,é o marxe do seu traballo,por gosto persoal,e moitas veces perdendo cartos...?
Marcos,ten o seu traballo e saca tempo e deseguro que cartos pra gastar nalgo que crée.Pra mín,ten moito máis mérito que moitos desos que sólo queren "chupar cámara"
Na miña opinión a súa é unha lista moi convencional e oficialista (de aí a broma de "pelotillero"). Sobrarían a metade deles. Non por nada, senón porque hai xente máis interesante -vostede mesmo sen ir máis lonxe- que teñen máis cousas que dicir e que apuntan máis cara o futuro. Ah, e eu non falei de favoritismo, esa palabra púxoa vostede.
Por favor apicultor non me faga a min a pelota, que non estou afeito e me poño moi moi nervoso.
E non se lle pasou pola cabeza, aínda que fose a título de mera hipótese, que a mención fose unha ironía?
"Broma"?...Ironía?... xa.....xa....
E vostede amigo apicultor, non se decatou de que a miña resposta xa asimilaba a súa "ironía"?
Pedro Arias.
Ramón Villares.
Ramón Máiz.
Luís Tosar.
Rosalía Mera.
Manuel Bragado.
Adela Figueroa.
Santiago Rey.
Henrique Monteagudo.
Teresa Moure.
Anxo Quintana.
Emilio Pérez Touriño.
Podo darlles doce máis, se queren.
Para Xoán da Coba: confirmarlle que a SGHN saca o seu primeiro boletín, Braña, en 1977 e meses antes debía estar xa constituída.
Para X.M.Gzez: confesarlle que me sorprende a inclusión nesa lista de Pedro Arias. Supoño que se fai por representatividade (por esa razón figuran tamén Stago Rey ou Rosalía Mera) e algo significará nese aspecto a figura de PA, pero para min quedaría lonxe do perfil dos 12 galegos escollidos de Freixanes.
Son perfectamente consciente diso, pero arestora unha obra coma a de Freixanes daquela debe levar máis un perfil galego ca galeguista: cousa que, por certo, daría boa medida do que se avanzou en termos de lexitimación e extensión social e ideolóxica do propio galeguismo. Pedro Arias é unha figura intelectual e ideoloxicamente, dunha banda, representativa; doutra, con discurso: de aí a inclusión, aínda que, por exemplo, en vez del podería estar Enrique López Veiga.
Con todo, na mensaxe anterior o último parágrafo leva certa retranca: habería, probablemente, moitos doce galegos entrevistables.
Estou basicamente de acordo coa idea que expón o amigo González, aínda que, obviamente, se poida excluír algúns ou incluír a outros.
Ai, Jimmy, saiume vostede oficialista de máis. Quen o ía dicir?
BRAÑA...efectivamente...
Acaba de soplar vostede sobre o polvo dunhas vellas neuronas...
Gustaríame saber o discurso de algúns dos seus "galegos" representativos, como por exemplo Rosalía Mera ou Santiago Rey. Ademáis a elección de Víctor Freixanes era de intelectuais, xente de peso na cultura galega aínda que non tivesen moito poder mediático ou económico e niso creo que vostede non acerta.
Creo que unha boa parte dos intelectuais galegos de hoxe teñen moito menos "interese" do que tiñan os intelectuais entrevistados no seu día por Freixanes. Agás excepcións, non hai comparación.
Para o Apicultor, de parte do artisti�a de Rairo, estes versos de G.P.Hopkins, e ao final un consello de amigo:
As� cada ser mortal fai unha soa sempre a mesma cousa:expresa ese o seu ser que habita en cada un;
o seu mesmo ser cami�a; di e expresa: son eu mesmo;
gritando: "eu son o que fago", e por iso aqu� estou.
Consello: D�ixese un pouco de internet e lea m�is poes�a.
Supoño que esta última mensaxe vai dirixida a min.
En tal caso, direi ante todo que non busco acertar. Trátase de indicar doce nomes e foi o que fixen, dedicándolle á cuestión tan poucos minutos que dar lugar a crítica ou disensión resulta case un axioma.
Freixanes, en efecto, escolma persoas relevantes pola súa altura intelectual, relacionados con algunha forma de galeguismo e de extracción varia; iso deu nun libro de alto interese semántico. Porén, dado o que mudou a sociedade galega, e a relevancia do propio galeguismo, permítame que incorra nun abuso de xuízo, que en todo caso me pode ser afeado incluso polo propio afectado: ao mellor, Freixanes hoxe podería optar polo título "Doce intelectuais galegos".
Quero dicir con isto que a selección de persoeiros pódese realizar con base en diferentes criterios. E dándose como se dá a circunstancia de que o público lector en galego é, por ventura, máis extenso e variado agora do que hai trinta e un anos, autor e editorial igual optaban por un abano social e cultural máis diverso.
Canto ás dúas persoas que entresaca da miña lista, levan consigo un perfil e non dubide que teñen tamén un discurso. É posible que este non resulte de excesivo interese para moitos dos lectores deste blog; cuxo perfil non se corresponde exactamente -por ventura, repito- co que é arestora o dos lectores, por moi ocasionais que sexan, en lingua galega.
Pois aplíquese o conto, amigo Jimmy.
Ah!...tamén se podería incluír algún narcotraficante, porque teñen tamén o seu discurso, interesante desde o punto de vista sociolóxico, aínda que non coincida cos lectores deste blog pero si cos consumidores ocasionais ou habituais, aparte de ter o seu peso na economía galega.
Entre outras cousas... resúltame curioso, e perdoen calquera esquecemento, que na meirande parte(¿ou en todas?) as listas aportadas non se manteña a ningún dos entrevistados fai trinta anos por Freixanes e que seguen vivos. Tamén que se cite a José Blanco e non a Rajoy, a ausencia do Sector audiovisual e dos reitores das Universidades, a presencia de caixagalicia e a ausencia das outras dúas entidades financeiras...ahh e tamén, modestamente, que ninguén me citara a min ...
Un ex amigo de algún (mais de un, de dous e de tres..) dos participantes nesta entrada....
Tamén se pode non escribir nada.
Señor anónimo,xa o citamos noutro post,home...
E... xa postos.... no caso de que quixeramos mudar un pouco o producto de Freixanes e editasemos as conversas entre algúns persoeiros do país ... cal sería o tándem que proporían?
Eu deixo un: A.V.Monjardin Vs Carlos Callón
O anterior ex-amigo
E logo por que é ex amigo? Se se pode saber, claro.
Porque ninguén me citou na súa lista..e home os amigos estána para citar a un neste tipo de listas, digo eu....
Home, a min tampouco me citaron. Aínda que, en realidade, non teño nada que dicir. Pero, á vista dalgúns que están na lista, iso non ten importancia ningunha. Daquela, doulle toda a razón e eu tamén me sinto ofendido.
e cales son eses que non teñen nada que dicir?
Boto en falta a
Xosé Ramón Gayoso
Fran ou Michel Salgado
Ana Kiro
Paula Vázquez ou Jesús Vázquez
Moncho Borrajo
O do restaurante Vilas.
Farruco
O dúo Failde/Cañita Brava
Tojeiro, o da droga no colacao
En fin, iconos mediáticos.
estamos esperando pola lista do apicultor
por certo, que poucos escritores saen nestas listas...
Ten razón Julian Barnes cando din que se ao acutal primeiro ministro británico lle deran a escoller entre entrevistarse con Bob Geldorf ou con Martin Amis, escollería ao cantante.
polo menos Freixáns escolleu a Otero, Blanco Amoer, Ferrín e Casares...
co ególatras que son algúns escritores... non lle-lo van perdoar
Xa que vostede, amigo Swann, saca o nome de Barnes, teño que dicir que o seu Arthur and George é unha das mellores novelas que lín nos últimos (que sei eu) quince anos. Engado que algunhas lín. Non vaia ser.
Eu, monsieur Swann, non son partidario de listas. Nin brancas nin negras.
E verbo da pregunta do señor Anónimo (póñase un nickname, home, que se non non hai maneira), direille que a súa pregunta só a respondería ante o meu avogado.
Un abrazo, arume. Desde hoxe xa me cae vostede mellor. Ao final, nacionalismo e esquerda teñen que entenderse.
É unha gran novela, si. Acabeina de ler hai uns días. Recoméndollela á concurrencia. Os dous personaxes son en moitos aspectos completamente opostos... pero como ben di Arthur (Conan Doyle): "Eu tamén son un outsider". Como o eran Wilde, Stoker ou Stevenson. Sabían moi ben que non eran ingleses...
Eu son un gran fan de Conan Doyle:
- foi un cabaleiro, no mellor sentido da palabra. Gastou cartos e perdeu o tempo axudando en varios casos policiais. E acertou! Ademais, cando se namorou da que logo foi a súa segunda muller, non deixou de coidar á primeira, que estaba enferma de tuberculose. Nunca quixo que a segunda fose a súa "amante".
- o seu lema vital foi aprender. O seu interese polo espiritismo era un xeito de querer saber que se esconde detrás da morte.
- como narrador, constrúe moi ben as súas historias, mantén o interese do lector e crea uns personaxes engaiolantes. Deulle a calquera tipo de narrativa: policial, terror, psicolóxica, histórica, romántica, de viaxes...
A mín vostede sempre me caeu ben: eu teño poucos prexuizos políticos sobre as persoas. Quero (non sei se o consigo) separar moi ben a discusión política do puramente persoal. Sobre política ou sobre as ideas debe discutirse absolutamente todo. Sobre as persoas, como non chegamos a coñecelas sobre todo nestes foros, é mellor non especularmos.
Fala Lula Fortune no seu blog dun libro que teño entre mans que, por fortuna, está a competir co de Arthur and George no meu ranking particular dos derradeiros anos. E digo por fortuna porque ler dúas novelas no prazo de dous meses con esa calidade extraordinaria non é fácil. O libro (ou libros, porque xa lle lín outro) é Come Dio commanda, dun autor que non deben esquecer: Niccolò Ammaniti. Eu só agardo que os deuses da traducción nos escoiten e poidamos ter os seus textos (o outro é Ti prendo e ti porto via) connosco axiña.
Pois a ver se está o señor Barcia, dos Libros do Rinoceronte, lendo o blog e fai traducir esa novela de Ammaniti. Ou que llo diga alguén que o coñeza.
Volvendo ao xogo das listas, paréceme moi significativa a do señor González e a xustificación que dá dela en resposta á interrogación de Edreda. Vaia por diante que coincido plenamente cos criterios de apertura e pluralidade por el argüídos. E permítome lembrarlle o que, se non lembro mal, foi o primeiro debate que el e mais eu mantivemos neste blog e que xirou en torno á concepción do galeguismo e da sociedade galega.
Unha rápida "addenda" para mencionar a aparición nas librerías de "De provincia a nación. Historia do galeguismo político". Máis de 1.000 apretadas páxinas, sen palla, escritas e ben escritas por Justo Beramendi no que é, segundo creo, a mellor e máis completa obra nunca publicada sobre esta clase de asuntos. Eu xa vou pola páxina cento e pico e hai aspectos polémicos sobre os que talvez escriba algo nalgunha ocasión. Pero estes desacordos parciais, algúns de non pouca importancia, lonxe de quitarlle interese ao libro fornéceno de maior animación. Proben a lelo. E parabéns ao autor por este libro-monumento, insólito na nosa historiografía.
Debate que, por certo, quedara a medias.
Moito choveu para a cultura de expresión galega desde o libro e ano que serven de referencia neste fío. Que se fixese unha crónica biográfica de Álvaro Pino, daquela deportista triunfante; que traballase/traballe algo en galego José de Cora, arestora expoñente mediático-político españolista (non lle parecerá mal, espero) e anti-zapaterián; o libro en galego da perruqueira de Arcade... son mostras de inequívoco progreso e desenvolvemento da lingua nacional (no 1976, para moitos, dialecto) no rexistro culto e o de masa.
Vainos mal, ben peor, no oral, na transmisión e iso pode acabar connosco, certamente; é ben non esquecelo. Con todo, mirar o bo resulta xusto e satisfactorio.
José de Cora,José de Cora...¡Ah! Maxino que seguirá sendo director do "Progreso" de Lugo.Fai anos lín o seu "manual do perfecto político"...
Por certo,señor X M Glz.Hai anos saéu unha noticia dun periodista do "Progreso" que aparecera morto na súa casa,en circunstancias extrañas ¿sóubose algo máis daquelo? que en Ourense sempre vivimos algo de costas a Lugo...
Supoño que se referirá ao caso Gerino. Gerino N. D., natural de Viveiro e viveirense en exercicio, xornalista d' "El Progreso" con residencia nesta cidade e ocasional conviva de taceo para este que escribe (haberá máis de trinta anos) aparecera asasinado na casa no ano 1991. Encontro para vde. este enlace.
Canto a Cora, xa hai moitos moitos anos que deixou de ser director do xornal. Como a súa familia é a propietaria, desenvolve, que eu saiba, labores máis ou menos executivos e profesionalmente debe facer o que lle acomoda. En "El Progreso" leva unha columna diaria que pode seguir aquí e onde posiblemente encontrará as razóns da miña avaliación na mensaxe anterior.
Graciñas a X M GLZ polo enlace que me pon ó día dunha nova que no seu día pasóume desapercebida.Polo que se ve,o periodismo tamén é un "mestier" de risco.De seguro que eses profesionáis tamen se consideran mal pagados.Pero ese é o tema doutro post...
De de Cora lin este verán a súa biografía de X.L. Barreiro ("Barreiro contra Barreiro"), escrito aló a inicios dos anos 90, cando o autor aínda tiña devaneos co galeguismo tirando a nacionalista.
En canto ao que hoxe escribe de Cora en El Progreso, dubido que teña moita audiencia.
Este verán aproveitei tamén para ler a historia de Santiago de Compostela editada pola Univ. de Santiago. Os capítulos dedicados ao XIX son moi interesantes.
Teño ganas de meterlle o dente a ese de Beramendi, con ou sen polémica.
Á HISTORIA DO GALEGUISMO POLÍTICO, de Beramendi, dedicarémoslle un fío específico, por suposto. Pero haberá que agardar a que a leamos varios, para poder opinar. Aínda que tamén lle brindo a oportunidade a LEITUGA de abrir o fío cun texto seu, se así o quixese.
Publicar un comentario